Guía de procedementos e servizos

CT215A

Subvencións a festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais, Entidades locais

Convocatoria 2021 - Prazo pechado: 08/07/2021 00:00 - 09/08/2021 23:59

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Sobre o procedemento

1. Esta orde ten como obxecto o establecemento das bases reguladoras e a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións destinadas a financiar os gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado para o ano 2021, de acordo co establecido nesta orde.

2. Estas axudas contribúen á promoción e cooperación cultural, á difusión e animación sociocultural e, en definitiva, á promoción da cultura en Galicia, por considerar que as artes escénicas e musicais son elementos claves da creatividade artística e da dinamización cultural da nosa comunidade autónoma.

3. Os festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais obxecto de subvención deben cumprir cos seguintes requisitos:

– Ter unha duración mínima de dous días consecutivos e un máximo de seis.

– O orzamento destinado á contratación artística non superará o 50 % do orzamento do proxecto presentado e o importe por actuación non superará en ningún caso os 5.000 €.

– A programación contará, cando mínimo, cun 30 % do total das actuacións artísticas a cargo de grupos e/ou compañías galegas.

– O proxecto obxecto de subvención debe ter un carácter libre e gratuíto para o público asistente.

O cumprimento destes requisitos acreditarase mediante unha declaración responsable que se xuntará á solicitude (anexo I).

4. Serán subvencionables os proxectos constituídos polas actuacións sinaladas no artigo 2, que se desenvolvan no período que comprende desde o 1 de xaneiro de 2021 ata o 31 de outubro de 2021.

5. Estas axudas outorgaranse en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración da Xunta de Galicia e eficiencia na asignación e na utilización dos recursos públicos.

6. O procedemento de concesión de subvencións regulado nesta orde ten o código CT215A para os efectos de identificación na sede electrónica da Xunta de Galicia

(https://sede.xunta.gal) e o acceso aos formularios específicos, de uso obrigatorio para os interesados.

Actuacións subvencionables.

Serán obxecto de subvención as actuacións relativas á organización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames musicais, teatrais, de danza e outras artes escénicas que teñan lugar no territorio de Galicia e que dediquen unha especial atención á programación e difusión da música, o teatro e a danza de Galicia. Para efectos desta convocatoria, non se consideran actuacións subvencionables os eventos de carácter audiovisual e/ou cinematográfico.

Quedan excluídas do obxecto desta convocatoria as seguintes actividades:

– As programacións culturais de carácter xeral.

– Os cursos e actividades de formación e divulgación, como obradoiros, seminarios, conferencias, encontros ou similares.

– Os proxectos de carácter exclusivamente académicos ou gremiais e os actos conmemorativos.

– Os premios e as galas.

– As actividades internas das entidades, dirixidas a un público propio.

– As actividades lúdico-deportivas.

– As festas patronais.

– As feiras sectoriais.

– As actividades de promoción turística.

– As feiras gastronómicas.

Gastos subvencionables.

1. Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, consideraranse gastos subvencionables aqueles gastos que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionada e se inclúan entre os seguintes:

a) Gastos de difusión e publicidade en calquera soporte.

b) Alugamento de espazos e equipamentos técnicos.

c) Gastos de contratación de servizos técnicos e profesionais.

d) Premios e galardóns oficiais.

e) Gastos de viaxes, aloxamento e manutención das persoas participantes nas actividades propostas. Estes gastos deberanse especificar motivadamente no orzamento.

2. Os ditos gastos deberán estar realizados entre o 1 de xaneiro de 2021 e o 31 de outubro de 2021.

3. En ningún caso serán subvencionables:

a) Gastos ordinarios de funcionamento e mantemento da entidade.

b) Gastos de salarios ou calquera tipo de retribución ou remuneración, seguros sociais ou retencións de impostos do promotor, se é persoa física, ou das persoas pertencentes á entidade promotora das actuacións.

c) Investimento ou adquisición de material ou equipos que supoñan incremento de patrimonio do solicitante.

d) Gastos protocolarios.

e) Degustacións gastronómicas e actividades complementarias que non teñan carácter cultural.

f) Os gastos excluídos no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Non se poderán subcontratar, nin total nin parcialmente, as actividades obxecto de subvención, de acordo co establecido no artigo 27 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

5. As dúbidas ou controversias en relación coa subvencionalidade dos gastos será resolta pola Secretaría Xeral de Cultura por propia iniciativa ou por pedimento de calquera das entidades solicitantes.

Poderán ser beneficiarias das subvencións previstas nesta convocatoria as seguintes entidades:

a) Institucións sen ánimo de lucro.

b) Entidades locais.

As axudas, no ámbito das entidades locais, están dirixidas a concellos de Galicia, mediante solicitude individual ou mediante xestión compartida, a través da solicitude conxunta de agrupación ou asociación de concellos, as mancomunidades de concellos e consorcios locais de Galicia constituídos exclusivamente por concellos; así mesmo, poderán ser beneficiarias as entidades resultantes dunha fusión municipal.

Quedan excluídas do ámbito de aplicación desta convocatoria as deputacións provinciais.

Obrigas das entidades beneficiarias.

As persoas beneficiarias desta axuda quedarán suxeitas ás obrigas recollidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e, en concreto, estarán obrigadas a:

1. Destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foran concedidos. A Consellería de Cultura, Educación e Universidade poderá comprobar, cando o considere conveniente, a execución das axudas.

2. Consentir expresamente a inclusión dos datos relevantes da subvención nos rexistros públicos que proceda, conforme se establece no artigo 24 da orde de convocatoria.

3. Facer constar en toda a publicidade xerada polo proxecto subvencionado que a entidade beneficiaria recibiu unha subvención da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, utilizando a normativa de imaxe corporativa da Xunta de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Dirección Xeral de Cultura

San Caetano s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544882/ 881995510

Email: xestion-administrativa.cultura@xunta.gal

Dirección Xeral de Cultura
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

08/07/2021 00:00 - 09/08/2021 23:59

As entidades solicitantes relacionadas no artigo 3 da orde de convocatoria que desexen acollerse a estas axudas deberán presentar a correspondente solicitude no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes. En todo caso, sempre estarán excluídos do cómputo os sábados, domingos e os declarados festivos.

As entidades ao abeiro desta orde, sen prexuízo do cumprimento da totalidade da normativa aplicable, deberán reunir os seguintes requisitos:

1. Requisitos aplicables a todas as entidades:

Non poderán obter a condición de beneficiarias destas subvencións as entidades en que concorra algunha das circunstancias ou prohibicións indicadas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

No caso de agrupacións ou asociacións de concellos, todos os concellos agrupados ou asociados deberán cumprir os requisitos anteriores, polo que o incumprimento por parte dalgún dos concellos participantes na solicitude de subvención supoñerá a inadmisión desta.

Para poder acceder ás subvencións deberanse cumprir os requisitos e as condicións establecidos nesta convocatoria e na normativa xeral de subvencións na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

A acreditación de que as entidades non están incursas nas prohibicións ou circunstancias relacionadas nos puntos anteriores realizarase mediante declaración responsable, a través do anexo I de solicitude.

2. Requisitos específicos aplicables ás institucións sen ánimo de lucro:

a) Ademais dos requisitos establecidos no número 2.1 deste artigo, as institucións sen fin de lucro deben reunir os seguintes requisitos específicos:

– Ter representación na Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ter como obxecto social o fomento e a dinamización da cultura galega.

– Desenvolver a maior parte das súas actividades na Comunidade Autónoma de Galicia.

Non obstante, non poderán ser beneficiarias das axudas as seguintes institucións sen fin de lucro:

– Entidades ou asociacións que pertenzan ao ámbito educativo.

– Asociacións ou federacións de veciños e da terceira idade.

b) As fundacións que se acollan a esta convocatoria non poderán percibir subvencións nin axudas públicas se non cumpren coa obriga de presentarlle as contas ao protectorado, segundo o establecido no artigo 38.3 da Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego.

3. Requisitos específicos aplicables ás entidades locais:

a) As entidades locais deberán cumprir co requisito de ter remitido as contas do exercicio orzamentario 2019 ao Consello de Contas de Galicia.

No caso de agrupación ou asociación de concellos, deberán cumprir con este requisito todos os concellos integrantes.

b) As agrupacións ou asociacións de concellos deberán xestionar o servizo de forma conxunta e supoñer un aforro de custos respecto dos que implicaría a prestación individual; no caso de mancomunidades e consorcios locais, deberase acreditar que as actuacións se prestan de xeito mancomunado ou consorciado e que, en todo caso, non supoñen actuacións illadas ou independentes.

1. Presentación de solicitudes.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. As entidades interesadas deberán achegar, xunto coa solicitude (anexo I), a seguinte documentación:

2.1. Documentación xeral:

2.1.1. Certificado de acordo de solicitude da axuda, que deberá recoller a aceptación das condicións e dos requisitos establecidos na orde, así como o compromiso de financiar o importe da actividade que non resulte subvencionado ao abeiro desta convocatoria ata o importe total da execución prevista segundo a documentación achegada coa solicitude.

O certificado irá asinado electronicamente polo órgano competente da entidade solicitante. No caso de agrupacións de concellos, a certificación será asinada polo/a secretario/a da entidade representante, na cal se fagan constar os anteriores preceptos con base nos acordos adoptados polos órganos competentes de cada un dos concellos agrupados e/ou nas certificacións emitidas polos/polas secretarios/as dos concellos integrantes da agrupación.

2.1.2. Declaración responsable de que o proxecto para o cal se solicita a subvención cumpre cos requisitos establecidos no artigo 1.3 da orde.

2.1.3. Remisión das contas da entidade local ao Consello de Contas de Galicia, correspondentes ao exercicio orzamentario 2019. No certificado quedará acreditado que a remisión das contas ao Consello de Contas se efectuou antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes.

No caso de agrupación de concellos, deberán cumprir con este requisitos todos os concellos integrantes da agrupación.

2.1.4. No caso de fundacións, acreditación de estar ao día no cumprimento das obrigas de presentación das contas do padroado, de acordo coa normativa específica que rexa a entidade.

2.1.5. Acreditación da representación da persoa que asina a solicitude en nome da entidade.

2.1.6. Estatutos rexistrados e escrituras de constitución, inscritos no rexistro que corresponda.

2.2. Documentación específica:

2.2.1. Ficha do proxecto (anexo II).

2.2.2. Memoria da traxectoria e interese cultural e artístico do evento en edicións anteriores, que deberá abordar, conforme o establecido no artigo 13.1.A), os seguintes aspectos:

– Antigüidade do evento.

– Premios e recoñecementos acreditados.

– Asistencia de público, con achega de datos de participación presencial.

– Calidade das programacións, facendo explícitos os seus aspectos innovadores e creativos.

– Repercusión nos medios de comunicación e no territorio.

A memoria deberá ter unha extensión mínima de dúas páxinas a dobre cara co seguinte formato: letra Times New Roman, tamaño 12, interliñado sinxelo, aliñación xustificada e marxes de 2 cm.

2.2.3. Memoria completa e detallada do proxecto que se vai realizar, que deberá abordar, conforme o establecido no artigo 13.1.B), os seguintes aspectos:

– Interese, singularidade e relevancia artística e cultural da edición.

– Contribución e estratexias de captación ou creación de novos públicos.

– Programación de actividades culturais complementarias vinculadas ao proxecto presentado.

– Plan de comunicación.

– Repercusión territorial.

– Contribución ao desenvolvemento e a difusión da cultura e lingua galegas, presenza do galego na realización da actividade e na súa difusión.

A memoria deberá expoñer con claridade o carácter musical ou escénico do proxecto e concretará os obxectivos que se perseguen, os resultados esperados, así como a temporalización e localización do evento.

A memoria deberá ter unha extensión mínima de dúas páxinas a dobre cara co seguinte formato: letra Times New Roman, tamaño 12, interliñado sinxelo, aliñación xustificada e marxes de 2 cm.

2.2.4. Memoria de aforro de custo estimado respecto á realización das actuacións ou proxecto de forma individualizada (no caso de agrupación ou asociación de concellos).

2.2.5. Convenio de colaboración ou instrumento xurídico que regule a agrupación ou asociación.

3. No caso de que algún dos documentos que cómpre presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pódese consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Conforme o anterior, as memorias requiridas nos números 4.2.2 e 4.2.3 deste artigo poderán ser entregadas en soporte papel, CD-Rom ou en memoria USB. En calquera dos soportes que se presente deberán figurar os mesmos ficheiros e con igual contido. Todos os ficheiros deberán incorporar un índice do seu contido. Os formatos dos ficheiros poderán ser PDF ou Excel. Se se inclúen fotografías ou debuxos, serán en formato JPG.

4. Sen prexuízo de todo o anterior, a entidade solicitante poderá achegar calquera outra documentación que entenda que é pertinente para unha mellor valoración da solicitude; así mesmo, a unidade tramitadora das subvencións poderá solicitar a documentación complementaria aclaratoria que xulgue pertinente.

5. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada que os achegue.

6. A documentación complementaria deberase presentar electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

7. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

8. A Consellería de Cultura, Educación e Universidade poderalles requirir ás entidades solicitantes que acheguen cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación do procedemento.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

– NIF da entidade solicitante.

– DNI/NIE da persoa representante.

– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias á AEAT.

– Certificado de estar ao día no pagamento á Seguridade Social.

– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias á Atriga.

– Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

– Consulta de concesións de subvencións e axudas.

– Consulta de concesións pola regra de minimis.

No caso de agrupación ou asociación de concellos, consultaranse os documentos sinalados para cada un dos concellos integrantes.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberano indicar no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 23 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a institucións sen fin de lucro e entidades locais galegas, destinadas ao financiamento de gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado, e se convocan para o ano 2021 (DOG nº 128 do 7 de xullo de 2021).

    • Extracto da Orde do 23 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a institucións sen fin de lucro e entidades locais galegas, destinadas ao financiamento de gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado, e se convocan para o ano 2021 (DOG nº 128 do 7 de xullo de 2021).

    • Orde do 18 de outubro de 2021 pola que se amplía o prazo de xustificación das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 23 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a institucións sen fin de lucro e entidades locais galegas, destinadas ao financiamento de gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado, e se convocan para o ano 2021 (DOG nº 205 do 25 de outubro de 2021).

    • Resolución do 12 de novembro de 2021 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 23 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a institucións sen fin de lucro e entidades locais galegas, destinadas ao financiamento de gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado, e se convocan para o ano 2021 (DOG nº 229 do 29 de novembro de 2021).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

BS314A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT102A

Autorización de actuación arqueolóxica.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT111A

Proposta de avaliación de documentos

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT111B

Proposta de eliminación de documentos

Tramitar en liña

Aberto todo o ano