Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
CT215B
Subvencións a festivais do sector audiovisual.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Cidadáns, Empresas e profesionais, Entidades locais
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
A concesión das subvencións establecidas pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), para o apoio á realización de festivais de cinema de carácter profesional celebrados en Galicia que, polas súas características, teñan un interese estratéxico para o sector e proceder á súa convocatoria para o ano 2024.
1. Poderán acceder a estas axudas as persoas físicas e xurídicas privadas legalmente constituídas domiciliadas en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo que desenvolvan a súa actividade en Galicia, así como as entidades locais galegas que leven a cabo algún dos festivais descritos no obxecto da convocatoria e cumpran os requisitos referidos no artigo 10.1 da Lei de subvencións de Galicia.
2. As entidades locais galegas poderán presentar a súa solicitude individual ou conxuntamente, como agrupación, asociación, mancomunidade, fusión ou outra fórmula similar. Nos supostos de mancomunidades, consorcios ou áreas metropolitanas, deberá acreditarse que o servizo se presta de xeito mancomunado, metropolitano ou consorciado e que, en todo caso, non supón unha actuación illada ou independente.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)
Cidade da Cultura - Monte Gaiás, s/n
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996077/ 881996078
Fax: 881996080
Email: agadic@xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
30/12/2023 00:00 - 29/01/2024 23:59
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte á publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Requisitos para obter a condición de persoas beneficiarias.
1. Poderán obter a condición persoas beneficiarias aquelas persoas ou entidades enumeradas no artigo 4 que se atopen na situación que fundamenta a concesión da subvención e concorran as circunstancias previstas na presente convocatoria.
2. Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, os solicitantes presentarán unha declaración responsable de non estaren incursos en tales circunstancias, consonte o modelo establecido no anexo II desta convocatoria.
3. Sen prexuízo da posible presentación de máis dun proxecto distinto por un mesmo solicitante, só poderá ser obxecto de subvención un proxecto por solicitante. No caso de que varios proxectos se consideren subvencionables, optarase polo que teña maior puntuación.
4. Quedarán excluídas as solicitudes conxuntas das entidades locais en que non se acredite a realización conxunta do festival e que supoñan actuacións independentes en cada entidade local.
5. Será requisito para a concesión de subvencións ás entidades locais que estas cumprisen o deber de remisión ao Consello de Contas das contas xerais de cada exercicio, o que deberán acreditar antes da concesión, segundo o previsto no artigo 4 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan as especialidades nas subvencións ás entidades galegas.
Requisitos dos festivais para optar as axudas.
1. Para optar a estas axudas os festivais terán que reunir os seguintes requisitos:
a) Celebrarse nas datas comprendidas entre o 1 de novembro de 2023 ata o 31 de outubro de 2024, ambos os días incluídos.
Enténdense incluídos os festivais iniciados ata o día 31 de outubro do ano 2024 e que se desenvolvan máis do 50 % das actividades dentro deste período.
b) Ter unha duración mínima de 4 xornadas e realizar un mínimo de 20 proxeccións.
c) Ter realizado un mínimo de tres edicións consecutivas inmediatamente anteriores ao ano da convocatoria respectiva.
d) Que a programación proposta para a edición obxecto de axuda conteña un mínimo dun 5 % de títulos ou 5 sesións de produción cinematográfica galega e/ou dirección galega.
e) Que acaden unha puntuación mínima na fase de valoración de 30 puntos, segundo o disposto no artigo 17.2, resultando excluídos de subvención os que no acaden a dita puntuación.
f) As actividades para desenvolver obxecto desta subvención non poden estar subcontratadas nin total nin parcialmente, de acordo co establecido no artigo 27 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.
Solicitudes
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. En relación coa presentación de solicitudes, as persoas beneficiarias ás cales vai dirixida esta resolución de subvencións, que sexan persoas físicas, encádranse nun colectivo especialmente cualificado en canto á súa capacidade técnica, profesional e funcional que acredita a posibilidade e dispoñibilidade de acceso aos medos electrónicos e, polo tanto, teñen a obriga de empregalos para a realización de calquera trámite deste procedemento administrativo, tal e como establece o artigo 10 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación:
A) Persoas xurídicas privadas:
1.1. Certificado do acordo de solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade, se a persoa solicitante é persoa xurídica.
1.2. Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro que corresponda, se a persoa solicitante é persoa xurídica.
1.3. Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.
B) Entidades locais:
1.1. Acreditación do cumprimento do deber de remisión ao Consello de Contas das contas xerais do exercicio 2022.
1.2. Certificación emitida e asinada electronicamente polo secretario ou secretaria da entidade local solicitante, en que se faga constar o acordo do concello polo que se solicita a subvención, así como o compromiso de financiar o importe ou parte non subvencionable obxecto da actividade ata o importe total de execución.
1.3. Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.
2. As persoas solicitantes deberán presentar a seguinte documentación específica:
2.1. Ficha do proxecto debidamente cuberto e asinado (anexo III).
2.2. Segundo a orde que se especifica e sen información adicional, os seguintes datos relativos á edición do certame inmediatamente anterior ao da convocatoria:
2.2.1. Relación de obras audiovisuais galegas presentadas cun mínimo do 20 % de produción galega acreditada e/ou de autoría galega (director/a de orixe galega ou con máis de dous anos de residencia acreditada en Galicia), coa ficha técnica correspondente en que consten: o formato, a duración, a autoría, o ano de produción, e, de ser o caso, a empresa produtora galega e a porcentaxe de participación.
2.2.2. Documentación que acredite as seccións competitivas con premio económico ofertadas, de ser o caso.
2.2.3. Documentación que acredite a celebración de programas complementarios de carácter profesional directamente relacionados co ámbito audiovisual que individualmente ou en conxunto tivesen como mínimo tres horas de duración (obradoiros, ciclos de conferencias, mesas de traballo, outros a detallar), de ser o caso.
2.2.4. Documentación que acredite a realización de actividades relacionadas coa educación audiovisual e a formación de novos públicos.
2.2.5. Documentación acreditativa dos ingresos procedentes de patrocinios privados, venda de entradas, inscrición en actividades e venda de produtos propios do certame (asentos na contabilidade oficial, facturas, ingresos bancarios).
2.3. Memoria da edición inmediatamente anterior á da convocatoria en que se detallen exclusivamente aspectos relativos aos que se describen no punto 1 do artigo 17, letra B) das presentes bases. Poderase achegar un documento complementario á memoria da edición anterior con información adicional que a persoa beneficiaria considere relevante para unha mellor defensa da solicitude.
2.4. Memoria do proxecto que se presenta para a edición desta convocatoria en que se detallen exclusivamente aspectos relativos aos que se describen no punto 1 do artigo 17, letra c).1 das presentes bases. Poderase achegar un documento complementario á memoria do proxecto con información adicional que a persoa beneficiaria considere relevante para unha mellor defensa da solicitude.
2.5. Descrición da estratexia de comunicación e impactos en redes sociais e outras plataformas deseñada para a difusión da edición do certame que se presenta á convocatoria.
2.6. Descrición da estratexia de captación de recursos públicos e privados, deseñada para cumprir o plan de financiamento da edición do certame que se presenta á convocatoria.
2.7. Memoria económico-financeira (anexo IV) co orzamento completo e detallado dos gastos subvencionables sinalados no artigo 8 e a previsión doutros ingresos públicos e privados. A memoria incluirá o orzamento desagregado, con e sen IVE.
2.8. Para as solicitudes conxuntas presentadas por entidades locais, memoria de aforro de custos respecto da presentación de modo individual.
2.9. Autoavaliación (anexo V).
3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
5. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
6. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
7. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos, ou teña un formato non admitido pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
– DNI ou NIE da persoa solicitante.
– DNI ou NIE da persoa representante.
– NIF da entidade solicitante.
– Certificado de estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na epígrafe/subepígrafe que corresponda, no exercicio actual.
– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
– Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
– Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
– Concesión de subvencións e axudas.
– Inhabilitación para obter subvencións e axudas.
– Concesión pola regra de minimis.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Para a contestación do requirimento empregar a ficha do proxecto para a emenda.
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 30 de novembro de 2023 pola que se aproban as bases, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a festivais do sector audiovisual celebrados en Galicia e se convocan para o ano 2024 (DOG nº 246 do 29 de decembro de 2023).
-
Extracto da Resolución do 30 de novembro de 2023 pola que se aproban as bases, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a festivais do sector audiovisual celebrados en Galicia e se convocan para o ano 2024 (DOG nº 246 do 29 de decembro de 2023).
-
Resolución do 29 de xaneiro de 2025 pola que se dá publicidade das axudas concedidas durante o ano 2024 (DOG nº 27 do 10 de febreiro de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Subvencións para a participación de persoas creadoras galegas en residencias literarias fóra de Galicia
Prazo aberto: 08/03/2025 00:00 - 30/05/2025 23:59
Outorgamento de licenzas para a prestación do servizo público de comunicación audiovisual radiofónica por entidades locais.
Aberto todo o ano
Subvencións á creación audiovisual para o desenvolvemento e a promoción do talento audiovisual galego.
Prazo pechado: 24/01/2025 00:00 - 24/02/2025 23:59
Subvencións a entidades locais de Galicia, para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais.
Prazo pechado: 11/03/2025 00:00 - 10/04/2025 23:59