Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
CT215A
Subvencións a festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Entidades locais
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
O establecemento das bases reguladoras e a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións destinadas a financiar os gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado para o ano 2024.
Poderán ser beneficiarias das subvencións previstas nesta convocatoria as seguintes entidades:
a) Institucións sen ánimo de lucro.
b) Entidades locais.
As axudas, no ámbito das entidades locais, están dirixidas a concellos de Galicia, mediante solicitude individual ou mediante xestión compartida, a través da solicitude conxunta de agrupación ou asociación de concellos, as mancomunidades de concellos e consorcios locais de Galicia constituídos exclusivamente por concellos; así mesmo, poderán ser beneficiarias as entidades resultantes dunha fusión municipal.
Quedan excluídas do ámbito de aplicación desta convocatoria as deputacións provinciais.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Dirección Xeral de Cultura
Servizo de Promoción da Cultura
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544856/ 881999782
Email: dirección.xeral.cultura@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
25/01/2024 00:00 - 26/02/2024 23:59
As entidades solicitantes relacionadas no artigo 3 da orde de convocatoria que de-sexen acollerse a estas axudas, deberán presentar a correspondente solicitude no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes. En todo caso, sempre estarán excluídos do cómputo os sábados, domingos e os declarados festivos.
1. Requisitos aplicables a todas as entidades:
Non poderán obter a condición de beneficiarias destas subvencións as entidades en que concorran algunha das circunstancias ou prohibicións indicadas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
No caso de agrupacións ou asociacións de concellos todos os concellos agrupados ou asociados deberán cumprir os requisitos anteriores, polo que o incumprimento por parte de algún dos concellos participantes na solicitude de subvención suporá a inadmisión desta.
Para poder acceder ás subvencións deberán cumprirse os requisitos e condicións establecidos nesta convocatoria e na normativa xeral de subvencións na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
A acreditación de que as entidades non están incursas nas prohibicións ou circunstancias relacionadas nas epígrafes anteriores realizarase mediante declaración responsable, a través do anexo I de solicitude.
2. Requisitos específicos aplicables ás institucións sen ánimo de lucro:
a) Ademais dos requisitos establecidos no número 2.1 deste artigo, as institucións sen fin de lucro deben reunir os seguintes requisitos específicos:
– Ter representación na Comunidade Autónoma de Galicia.
– Ter como obxecto social o fomento e dinamización da cultura galega.
– Desenvolver a maior parte das súas actividades na Comunidade Autónoma de Galicia.
Non poderán ser beneficiarias das axudas as seguintes institucións sen fin de lucro:
– Entidades ou asociacións que pertenzan ao ámbito educativo.
– Asociacións ou federacións de veciños, e da terceira idade.
b) As fundacións que se acollan a esta convocatoria non poderán percibir subvencións nin axudas públicas se non cumpren coa obriga de presentarlle as contas ao protectorado, segundo o establecido no artigo 38.3 da Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego.
3. Requisitos específicos aplicables ás entidades locais:
a) As entidades locais deberán cumprir co requisito de ter remitido as contas do exercicio orzamentario 2022 ao Consello de Contas de Galicia.
No caso de agrupación ou asociación de concellos, deberán cumprir con este requisito todos os concellos integrantes.
b) As agrupacións ou asociacións de concellos deberán xestionar o servizo de forma conxunta e supoñer un aforro de custos respecto dos que implicaría a prestación individual; no caso de mancomunidades e consorcios locais deberá acreditarse que as actuacións se prestan de xeito mancomunado ou consorciado e que, en todo caso, non supoñen actuacións illadas ou independentes.
Forma e lugar de presentación de solicitudes.
1. As solicitudes de participación para estas axudas deberán respectar as seguintes condicións:
a) Para as institucións sen fin de lucro, cada entidade só poderá presentar unha única solicitude cun único proxecto.
b) Para as entidades locais, cada entidade poderá presentar unha única solicitude, ben sexa individual ou a través da xestión compartida, a cal debe corresponderse co proxecto do mesmo evento cultural de carácter afeccionado.
No caso de xestión compartida mediante agrupación de concellos, a solicitude presentada pola agrupación corresponderase co proxecto do mesmo evento cultural de carácter afeccionado para cada un dos concellos agrupados.
Ningún concello poderá figurar simultaneamente nunha solicitude de xestión individual e compartida. O incumprimento desta medida dará lugar a inadmisión da solicitude individual e considerarase efectiva a solicitude de xestión compartida.
c) Cando o órgano tramitador observe que unha institución sen ánimo de lucro participa en máis dunha solicitude; ou no caso de entidades locais, cando unha entidade local participa en máis dunha solicitude a nivel individual ou en máis dunha solicitude a nivel de xestión compartida, poñerao de manifesto para que, no prazo máximo de dez (10) días, poida desistir da solicitude ou solicitudes necesarias para dar cumprimento ao establecido neste artigo; de non o facer, non se admitirá ningunha das solicitudes presentadas.
2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
1.1. Documentación xeral:
a) Certificado de acordo de solicitude da axuda, que deberá recoller a aceptación das condicións e requisitos establecidos na orde, así como o compromiso de financiar o importe da actividade que non resulte subvencionado ao abeiro desta convocatoria ata o importe total da execución prevista segundo a documentación achegada coa solicitude.
O certificado irá asinado electronicamente polo órgano competente da entidade solicitante. No caso de agrupacións de concellos a certificación será asinada polo/a secretario/a da entidade representante, en que se fagan constar os anteriores preceptos con base nos acordos adoptados polos órganos competentes de cada un dos concellos agrupados e/ou nas certificacións emitidas polos/as secretarios/as dos concellos integrantes da agrupación.
b) Declaración responsable de que o proxecto para o que se solicita a subvención cumpre cos requisitos establecidos no artigo 1.3 da orde.
c) Remisión das contas da entidade local ao Consello de Contas de Galicia, correspondentes ao exercicio orzamentario 2022. No certificado quedará acreditado que a remisión das contas ao Consello de Contas se efectuou antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes.
No caso de agrupación de concellos, deberán cumprir con estes requisitos todos os concellos integrantes da agrupación.
d) No caso de fundacións, acreditación de atoparse ao día no cumprimento das obrigas de presentación das contas do padroado, de acordo coa normativa específica que rexa a entidade.
e) Acreditación da representación da persoa que asina a solicitude en nome da entidade.
f) Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro que corresponda.
1.2. Documentación específica:
a) Ficha do proxecto (anexo II).
b) Memoria da traxectoria e interese cultural e artístico do evento en edicións anteriores, que deberá abordar conforme o establecido no artigo 14.1.A) os seguintes aspectos:
– Antigüidade do evento.
– Premios e recoñecementos acreditados.
– Asistencia de público, con achega de datos de participación presencial.
– Calidade das programacións, facendo explícitos os seus aspectos innovadores e creativos.
– Repercusión nos medios de comunicación e no territorio.
A memoria deberá ter unha extensión mínima de dúas páxinas e máxima de doce a dobre cara co seguinte formato: letra Arial tamaño 12, entreliñado sinxelo, aliñación xustificada e marxes de 2 cm.
c) Memoria completa e detallada do proxecto que se vai realizar que deberá abordar, conforme o establecido no artigo 14.1.B), os seguintes aspectos:
– Interese, singularidade e relevancia artística e cultural da edición.
– Contribución e estratexias de captación ou creación de novos públicos.
– Programación de actividades culturais complementarias vinculadas ao proxecto presentado.
– Plan de comunicación.
– Repercusión territorial.
– Contribución ao desenvolvemento e difusión da cultura e lingua galegas, o establecemento do uso da lingua non suporá un límite ao establecemento ou prestación das actuacións.
A memoria deberá expoñer con claridade o carácter musical ou escénico do proxecto e concretará os obxectivos que se perseguen, os resultados esperados, así como a temporalización e localización do evento.
A memoria deberá ter unha extensión mínima de dúas páxinas e máxima de doce a dobre cara co seguinte formato: letra Arial tamaño 12, entreliñado sinxelo, aliñación xustificada e marxes de 2 cm.
d) Memoria de aforro de custos estimado respecto á realización das actuacións ou proxecto de forma individualizada (no caso de agrupación ou asociación de concellos).
e) Convenio de colaboración ou instrumento xurídico que regule a agrupación ou asociación.
2. Sen prexuízo de todo o anterior, a entidade solicitante poderá achegar calquera outra documentación que entenda que é pertinente para unha mellor valoración da solicitude; así mesmo, a unidade tramitadora das subvencións poderá solicitar a documentación complementaria aclaratoria que considere pertinente.
3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
6. A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades poderá requirir as entidades solicitantes para que acheguen cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación do procedemento.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña a súa consulta:
▪ NIF da entidade solicitante.
▪ DNI/NIE da persoa representante.
▪ Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.
▪ Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
▪ Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.
▪ Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
▪ Consulta de concesións de subvencións e axudas.
▪ Consulta de concesións pola regra de minimis.
No caso de agrupación ou asociación de concellos, consultaranse os documentos sinalados para cada un dos concellos integrantes.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Ficha do proxecto (Anexo II)
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de xustificación
- Solicitude de pagamento da subvención (Anexo III)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 22 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a institucións sen fin de lucro e entidades locais galegas, destinadas ao financiamento de gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado, e se convocan para o ano 2024 (DOG nº 17 do 24 de xaneiro de 2024).
-
Extracto da Orde do 22 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a institucións sen fin de lucro e entidades locais galegas, destinadas ao financiamento de gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado, e se convocan para o ano 2024 (DOG nº 17 do 24 de xaneiro de 2024).
-
Resolución do 21 de xuño 2024 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 22 de decembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 17, do 24 de xaneiro de 2024), pola que establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a institucións sen fin de lucro e entidades locais galegas, destinadas ao financiamento de gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado, e se convocan para o ano 2024 (DOG nº 127 do 2 de xullo de 2024).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .
Aberto todo o ano
Inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.
Aberto todo o ano
Cancelación da inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.
Aberto todo o ano
Premio Elías Valiña ao esforzo revitalizador e promocional dos Camiños de Santiago.
Prazo aberto: 16/05/2025 00:00 - 16/06/2025 23:59