Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
CT215E
Subvencións a laboratorios, incubadoras e residencias de proxectos audiovisuais.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Determinar as condicións polas cales se regulará a concesión das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, da Axencia Galega das Industrias Culturais para laboratorios, incubadoras e residencias de creación ou desenvolvemento de proxectos audiovisuais e se convocan para o ano 2024.
1. Poderán acadar a condición de entidades beneficiarias as persoas xurídicas privadas con actividade habitual en Galicia, promotoras e xestoras de laboratorios, incubadoras ou residencias orientadas ao asesoramento e impulso de proxectos audiovisuais.
Deberán cumprir, ademais, os seguintes requisitos:
1.1. Ter no obxecto social dos seus estatutos actividades directamente vinculadas ao ámbito audiovisual.
1.2. Ter organizado, cando menos, unha edición da iniciativa nos dous anos anteriores ao desta convocatoria.
1.3. Que na edición xa realizada participasen, como mínimo, dous proxectos de creación ou produción galega.
2. Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades que non cumpran os requisitos referidos no artigo 10.1 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, ou nas cales concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10.2 e 3 da mencionada lei. En todo caso, os solicitantes presentarán unha declaración responsable de non estaren incursos en tales circunstancias, consonte o modelo establecido no anexo I desta convocatoria.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)
Cidade da Cultura, Monte Gaiás, s/nº
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996077/ 881996078
Email: agadic@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
12/03/2024 00:00 - 11/04/2024 23:59
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
3. Achegaranse as seguintes declaracións responsables que se recollen no anexo II:
3.1. Declaración de ter no obxecto social dos seus estatutos actividades directamente vinculadas ao ámbito audiovisual.
3.2. Declaración de ter organizado, cando menos, unha edición da iniciativa nos dous anos anteriores ao desta convocatoria.
3.3. Declaración de que na edición anterior da inciativa participaron, cando menos, dous proxectos de creación ou produción galega.
3.4. Declaración de que non se admitirán obras audiovisuais que participen noutros laboratorios, incubadoras e residencias de natureza similar que se realicen en Galicia e sexan obxecto da mesma convocatoria.
3.5. Declaración de que os mentores ou profesores que realicen as súas actividades dentro do programa do laboratorio, incubadora ou residencia en Galicia o farán de xeito exclusivo e non serán docentes ao mesmo tempo noutro programa que se realice en Galicia e sexa obxecto da mesma convocatoria.
Documentación complementaria.
1. As persoas solicitantes (persoas xurídicas) deberán achegar, xunto coa solicitude (anexo II), a seguinte documentación xeral:
a) Certificado do acordo de solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade xurídica que solicita a subvención.
b) Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no Rexistro Mercantil ou no que corresponda.
c) Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.
Toda a documentación anterior terá a consideración de obrigatoria, segundo a modalidade de axuda correspondente, para os efectos de admisión de solicitudes.
2. As persoas solicitantes deberán presentar, seguindo a mesma orde de numeración e nomenclatura, a seguinte documentación específica:
a) Ficha da actividade executada na edición inmediatamente anterior á desta convocatoria, segundo os parámetros que se detallan no anexo III.
b) Memoria do proxecto, indicando de maneira clara os obxectivos do laboratorio ou incubadora e as actuacións previstas para levalos a cabo. O documento non poderá superar as 10 páxinas nin as 3.500 palabras e deberá responder estritamente aos criterios de valoración que se establecen no artigo 16, número 1.
c) Memoria que recolla o curriculum vitae (CV) do equipo principal de organización e coordinación do proxecto, e os CV e traxectoria de titores e doutros posibles participantes. O documento non poderá superar as cinco páxinas nin as 2.000 palabras.
d) Memoria económico-financeira segundo o anexo IV, co orzamento completo e detallado dos gastos subvencionables sinalados no artigo 5 destas bases e a previsión doutros ingresos públicos e privados. A memoria incluirá o orzamento desagregado, con e sen IVE.
Os documentos presentados en branco non se considerarán defectos emendables, senón que continuarán coa súa tramitación para efectos da instrución do expediente.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada que os achegue.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento, consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta.
– NIF da entidade solicitante.
– DNI ou NIE da persoa representante.
– Certificado de estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na epígrafe/subepígrafe que corresponda, no exercicio actual, de ser o caso.
– Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
– Certificado de estar ao día no pagamento á Seguridade Social.
– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas á Administración pública da Comunidade Autónoma.
– Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
– Consulta de concesión de subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de xustificación
- Memoria económico financeira (Anexo IV)
- Declaración de axudas (Anexo V)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 22 de febreiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para laboratorios, incubadoras e residencias de creación ou desenvolvemento de proxectos audiovisuais, e se convocan para o ano 2024 (DOG nº 50 do 11 de marzo de 2024).
-
Extracto da Resolución do 22 de febreiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para laboratorios, incubadoras e residencias de creación ou desenvolvemento de proxectos audiovisuais, e se convocan para o ano 2024 (DOG nº 50 do 11 de marzo de 2024).
-
Resolución do 29 de xaneiro de 2025 pola que se dá publicidade das axudas concedidas durante o ano 2024 (DOG nº 27 do 10 de febreiro de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .
Aberto todo o ano
Depósito en réxime de comodato de fondos documentais en arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
Aberto todo o ano
Doazón de fondos documentais en arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
Aberto todo o ano
Autorización de reprodución de fondos de arquivos para publicación e/ou difusión.
Aberto todo o ano