Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
CT214A
Convocatoria dos premios XXVI Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, XII Manuel María de literatura dramática infantil e XV Barriga Verde de textos para teatro de monicreques.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Por medio desta resolución establécense as bases reguladoras e anúnciase a convocatoria para o ano 2022, baixo o réxime de concorrencia competitiva, da XXVI edición do premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, da XII edición do premio Manuel María de literatura dramática infantil e da XV edición do premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques en dúas modalidades, para rapaces e para adultos, segundo o público ao que vaian dirixidos os textos (código de procedemento CT214A).
A concesión dos premios rexerase por estas bases, pola Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, subsidiariamente, pola Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de subvencións; pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; pola Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais; pola Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, e demais normativa que sexa de aplicación.
Persoas físicas maiores de idade.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)
Cidade da Cultura - Monte Gaiás s/n
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996077/ 881996078
Fax: 881996080
Email: agadic@xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
15/02/2022 00:00 - 02/05/2022 23:59
O prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte da publicación destas bases no Diario Oficial de Galicia e rematará o 2 de maio de 2022.
– Poderán optar aos premios as persoas físicas maiores de idade que presenten textos teatrais inéditos escritos en galego conforme a normativa vixente, non representados nin premiados anteriormente noutros concursos ou convocatorias.
– Os textos serán de tema e extensión libres, tendo en conta o principio de duración normal dun espectáculo completo para cada un dos premios.
– Non poderán presentarse textos de teatro de monicreques aos premios Álvaro Cunqueiro e Manuel María.
– Os gañadores da edición inmediatamente anterior non poderán presentarse ao mesmo premio (modalidade, no caso do Barriga Verde) no que resultaron galardoados.
– Non poderá presentarse o persoal da Agadic.
– Non poderán acceder a estes premios os participantes que se atopen afectados por algunha das circunstancias previstas nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
– Durante a tramitación do procedemento de concesión desta convocatoria, as persoas participantes teñen a obriga de comunicarlle á Agadic a concesión de calquera premio que obteña o texto presentado en canto esta situación se produza, o que dará lugar á súa exclusión do proceso.
Forma de presentación das solicitudes.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
De acordo co artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no caso de que a solicitude e/ou o texto non reúnan os requisitos exixidos nestas bases, requirirase a persoa solicitante que a complete ou emende no prazo de 10 días coa advertencia de que, transcorridos eses días sen que se achegue a documentación, se terá por desistida da súa solicitude, logo de resolución expresa.
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude (anexo I) o texto.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
2. O texto presentarase preferiblemente por vía electrónica.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar o texto presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. A presentación presencial poderá facerse en formato papel ou en soporte dixital. Os textos presentados en papel entregaranse en tamaño A-4, paxinados, sen grampar nin encadernar. Os textos presentados en formato dixital deberán entregarse en formato pdf.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Na portada do texto indicarase exclusivamente o título e/ou lema e o premio ao que se opta e no caso do Barriga Verde debe especificarse, ademais, a modalidade: rapaces ou adultos. Nos textos, en calquera dos formatos presentados, non figurará ningún dato que poida identificar o participante para garantir o anonimato. O incumprimento deste aspecto suporá a exclusión do proceso.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
– DNI ou NIE da persoa solicitante.
– DNI ou NIE da persoa representante.
– Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
– Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.
– Certificado de estar ao día do pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
- Inicio
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución:
A resolución será notificada antes do 10 de decembro de 2022
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 28 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, e se fai pública a convocatoria para a concesión dos premios XXVI Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, XII Manuel María de literatura dramática infantil e XV Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, edición 2022 (DOG nº 30 do 14 de febreiro de 2022).
-
Extracto da Resolución do 28 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, e se fai pública a convocatoria para a concesión dos premios XXVI Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, XII Manuel María de literatura dramática infantil e XV Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, edición 2022 (DOG nº 30 do 14 de febreiro de 2022).
-
Resolución do 7 de febreiro de 2023 pola que se dá publicidade das axudas concedidas durante o ano 2022 (DOG nº 32 do 15 de febreiro de 2023).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .
Aberto todo o ano
Autorización de actuación arqueolóxica.
Aberto todo o ano
Proposta de avaliación de documentos
Aberto todo o ano
Proposta de eliminación de documentos
Aberto todo o ano