Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
CT214A
Convocatoria dos premios Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, Manuel María de literatura dramática infantil e Barriga Verde de textos para teatro de monicreques.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Por medio desta resolución establécense as bases reguladoras e anúnciase a convocatoria para o ano 2018, baixo o réxime de concorrencia competitiva, da XXIV edición do premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, da X edición do premio Manuel María de literatura dramática infantil e da XIII edición do premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques en dúas modalidades: para rapaces e para adultos, segundo o público ao que vaian dirixidos os textos.
As persoas físicas maiores de idade que presenten textos teatrais inéditos escritos en galego conforme á normativa vixente, non representados nin premiados anteriormente noutros concursos ou convocatorias.
Os beneficiarios dos premios quedan sometidos ás actuacións de comprobación e control efectuadas polo órgano competente para resolver, así como ás de control financeiro desenvolvidas pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, segundo o establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, ou polo Consello de Contas segundo a súa normativa propia.
Ademais, deberáselle facilitar á Agadic toda a información e documentación complementarias que considere precisas para a concesión ou aboamento do importe dos premios.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)
Cidade da Cultura - Monte Gaiás s/n
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996077 / 881996078
Fax: 881996080
Email: agadic@xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
29/12/2017 00:00 - 10/05/2018 23:59
O prazo comezará ao día seguinte da publicación destas bases no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 10 de maio de 2018.
- Os textos serán de tema e extensión libres, tendo en conta o principio de duración normal dun espectáculo completo para cada un dos premios.
- Non poderán presentarse textos de teatro de monicreques aos premios Álvaro Cunqueiro e Manuel María.
- Os gañadores da edición inmediatamente anterior non poderán presentarse ao mesmo premio (modalidade, no caso do Barriga Verde) no que resultaron galardoados.
- Non poderá presentarse o persoal da Agadic.
- Non poderán acceder a estes premios os participantes que se atopen afectados por algunha das circunstancias previstas nos artigos 10.2º e 10.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
- Durante o proceso de resolución desta convocatoria, os participantes teñen a obriga de comunicarlle á Agadic a concesión de calquera premio que obteña a obra presentada no momento en que esta situación se produza, o que dará lugar á súa exclusión do proceso.
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (Anexo I) o texto literario que presenten.
O texto presentarase preferiblemente por vía electrónica. Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar o texto presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. A presentación presencial poderá facerse en formato papel ou en soporte dixital. Os textos presentados en papel deberán entregarse en tamaño A-4, paxinados, sen grampar nin encadernar. Os textos presentados en formato dixital deberán entregarse en formato pdf.
Na portada do texto indicarase exclusivamente o título e/ou lema e o premio a que optan (no caso do Barriga Verde debe especificarse, ademais, a modalidade: rapaces ou adultos). Nos textos, en calquera dos formatos presentados, non poderá figurar ningún dato que poida identificar o participante e romper o anonimato. O incumprimento deste aspecto provocará a exclusión do proceso.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas Administracións públicas:
DNI ou NIE da persoa solicitante.
DNI ou NIE da persoa representante.
Certificado de estar ao corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
Certificado de estar ao corrente de pago coa Seguridade Social.
Certificado de estar ao corrente de pago coa Consellería de Facenda.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os devanditos documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no paragrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten a disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para a facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo de resolución: A resolución producirase antes do 15 de novembro de 2018.
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 4 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se fai pública a convocatoria para a concesión dos premios XXIV Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, X Manuel María de literatura dramática infantil e XIII Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, edición 2018 (DOG nº 245 do 28 de decembro de 2017).
-
Extracto da Resolución do 4 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se fai pública a convocatoria para a concesión dos premios XXIV Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, X Manuel María de literatura dramática infantil e XIII Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, edición 2018 (DOG nº 245 do 28 de decembro de 2017).
-
Resolución do 18 de xuño de 2019 pola que se dá publicidade aos premios concedidos ao abeiro da Resolución do 4 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se fai pública a convocatoria para a concesión dos premios XXIV Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, X Manuel María de literatura dramática infantil e XIII Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, edición 2018 (DOG nº 120 do 26 de xuño de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .
Aberto todo o ano
Autorización de actuación arqueolóxica.
Aberto todo o ano
Proposta de avaliación de documentos
Aberto todo o ano
Proposta de eliminación de documentos
Aberto todo o ano