Guía de procedementos e servizos

CT207E

Subvencións á creación audiovisual para a promoción do talento audiovisual galego.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2023 - Prazo pechado: 27/04/2023 00:00 - 26/05/2023 23:59

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Concesión de subvencións establecidas pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) para o apoio á creación de obras audiovisuais con decidida vocación artística e cultural e, en concreto, a escrita de guións e a realización de curtametraxes a cargo de creadores/as individuais,  e a posprodución de curtametraxes e realización de longametraxes a cargo de empresas individuais ou produtoras.

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas todas as persoas físicas residentes, cando menos durante un ano previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE, ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea.

2. Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas autónomas ou xurídicas que estean constituídas como produtora independente no momento de presentar a solicitude e sexan residentes, cando menos durante un ano previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE, ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)

Cidade da Cultura - Monte Gaiás, s/n

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996077/ 881996078

Fax: 881996080

Email: agadic@xunta.es

http://agadic.gal

Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)

Prazo de presentación: PECHADO

27/04/2023 00:00 - 26/05/2023 23:59

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte á publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

1. As persoas beneficiarias deberán cumprir os seguintes requisitos específicos:

1.1. Proxectos da modalidade A (proxectos de escrita de guión), unicamente poderán presentarse aquelas persoas físicas que poidan acreditar a súa vinculación coa realización dunha obra audiovisual ou ben a súa formación académica no ámbito da creación ou produción audiovisual.

1.2. Para proxectos da modalidade B:

– Proxectos da submodalidade B1 (realización de curtametraxe): unicamente poderán presentarse aquelas persoas físicas que exerzan como director ou directora da obra.

– Proxectos da submodalidade B2 (curtametraxes en construción): a persoa beneficiaria terá que ser persoa autónoma ou empresa, en ambos casos constituída como produtora audiovisual.

1.3. Proxectos da modalidade C (longametraxes): a persoa beneficiaria terá que ser persoa autónoma ou empresa, en ambos casos constituída como produtora audiovisual.

2. Non poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Solicitudes.

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 ( https://sede.xunta.gal/chave365).

3. En relación coa presentación das solicitudes, as persoas beneficiarias ás cales vai dirixida esta convocatoria de subvencións, que sexan persoas físicas, encádranse nun colectivo especialmente cualificado en canto á súa capacidade técnica e dedicación profesional que acredita a posibilidade e dispoñibilidade de acceso aos medios electrónicos e, polo tanto, teñen a obriga de empregalos para a realización de calquera trámite deste procedemento administrativo, tal e como establece o artigo 10 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administación dixital de Galicia.

4. Cubriranse no anexo II, entre outras, as seguintes declaracións responsables:

Que en relación coa submodalidade B1 (curtametraxes sobre proxecto), de ser o caso:

‒ A persoa solicitante non figura como persoa responsable da dirección de ningunha longametraxe realizada.

‒ A persoa solicitante non recibiu axudas á realización de curtametraxes en anteriores convocatorias da Xunta de Galicia ou da Agadic.

Que en relación á modalidade C (longametraxe), de ser o caso:

‒ A persoa responsable da dirección do proxecto que se presenta non recibiu subvencións á realización de longametraxes en anteriores convocatorias da Xunta de Galicia ou da Agadic.

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación:

1.1. Se a persoa solicitante é persoa xurídica:

1.1.1. Certificado do acordo de solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade.

1.1.2. Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro que corresponda.

1.2. Se a persoa solicitante está domiciliada fóra da Comunidade Autónoma de Galicia (nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea), certificado de empadroamento.

1.3. Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude, de ser o caso.

1.4. Documentación acreditativa de ter autorización expresa da persoa propietaria dos dereitos da obra preexistente, de ser o caso.

Esta documentación terá a consideración de obrigatoria para os efectos de admisión da solicitude, e quedarán inadmitidas as solicitudes que non a presenten.

2. As persoas solicitantes deberán enviar a seguinte documentación específica:

2.1. Modalidade A: escrita individual de guión en galego para longametraxe cinematográfica de ficción ou animación.

2.1.1. Historial profesional da persoa solicitante.

2.1.2. Documentación que acredite a vinculación da persoa solicitante coa realización dunha obra audiovisual anterior (figuración nos créditos oficiais, contrato cunha empresa do ámbito audiovisual), ou ben a súa formación académica no ámbito da creación ou produción audiovisual, ou ben a participación en cursos ou obradoiros relacionados coa escrita de guión.

2.1.3. Memoria explicativa do proxecto cunha extensión de entre 250 e 750 palabras, que inclúa as intencións do/da autor/a con respecto á obra, así como as accións previstas de cara ao seu desenvolvemento.

2.1.4. Sinopse argumental cunha extensión máxima de 250 palabras.

2.1.5. Tratamento secuenciado do proxecto de guión, cunha extensión de entre 2.500 e 5.000 palabras.

2.1.6. Calquera outra documentación que o solicitante considere pertinente para a mellor defensa do proxecto.

Modalidade B: curtametraxes sobre proxecto e curtametraxes en construción.

2.2. Submodalidade B1 (curtametraxes sobre proxecto):

2.2.1. Memoria explicativa do proxecto, cunha extensión de entre 250 e 750 palabras, en que consten as intencións artísticas do/da autor/a e a proposta de promoción e distribución da curtametraxe.

2.2.2. Sinopse do proxecto, cunha extensión de 250 palabras.

2.2.3. Guión definitivo, técnico ou literario, da película.

2.2.4. Calendario e plan de produción.

2.2.5. Currículo do equipo técnico-artístico.

2.2.6. Calquera outra documentación que o solicitante considere pertinente para a mellor defensa do proxecto.

2.3. Submodalidade B2 (curtametraxes en construción).

2.3.1. Memoria explicativa do proxecto, cunha extensión de entre 250 e 750 palabras, en que consten as intencións artísticas do/da autor/a e a proposta de promoción e distribución da curtametraxe.

2.3.2. Sinopse do proxecto cunha extensión máxima de 250 palabras.

2.3.3. Ligazón ao primeiro corte da curtametraxe, con chave de acceso.

2.3.4. Calendario e plan de remate dos traballos de montaxe e posprodución.

2.3.5. Orzamento do proxecto segundo o modelo publicado na páxina web da Agadic.

2.3.6. Calquera outra documentación que o solicitante considere pertinente para a mellor defensa do proxecto.

2.4. Modalidade C: longametraxe.

2.4.1. Historial profesional do director ou directora.

2.4.2. Historial, acompañado das cartas de compromiso correspondentes, das persoas profesionais que compoñen o equipo creativo, técnico e artístico que intervirán na produción, se é o caso: guionista, persoas responsables de: produción executiva, composición da banda sonora, dirección de fotografía, montaxe, dirección de arte, dirección de son, actores e actrices, así como outras persoas profesionais que se queiran engadir por achegar valor á produción.

2.4.3. Unha memoria asinada polo director ou directora da película en que describirá, entre outros aspectos, as súas intencións artísticas, a proposta estética e o carácter innovador do proxecto en canto a temática e narrativa.

2.4.4. Sinopse argumental dun máximo de 250 palabras.

2.4.5. Guión definitivo do proxecto, ou tratamento, de ser o caso.

2.4.6. Cronograma do proxecto e breve descrición dos plans de produción, localizacións e rodaxe.

2.4.7. Orzamento do proxecto (segundo o modelo publicado na páxina web da Agadic).

2.4.8. Descrición das intencións en canto á promoción e difusión da obra.

2.4.9. Calquera outra documentación que a persoa solicitante considere pertinente para a mellor defensa do proxecto.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electrónicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderanse solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria deberase presentar electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria de modo presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pódese consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

‒ DNI ou NIE da persoa solicitante.

‒ DNI ou NIE da persoa representante.

‒ NIF da entidade solicitante.

‒ Certificado de estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na epígrafe/subepígrafe que corresponda, no exercicio actual.

‒ Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

‒ Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

‒ Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

‒ Consulta de concesións de subvencións e axudas.

‒ Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

‒ Consulta de concesión pola regra de minimis.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación das solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electrónicamente accedendo á carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 11 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións á creación audiovisual para a promoción do talento audiovisual galego e se convocan para o ano 2023 (DOG nº 80 do 26 de abril de 2023).

    • Extracto da Resolución do 11 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións á creación audiovisual para a promoción do talento audiovisual galego e se convocan para o ano 2023 (DOG nº 80 do 26 de abril de 2023).

    • Resolución do 29 de xaneiro de 2024 pola que se dá publicidade das axudas concedidas durante o ano 2023 (DOG nº 27 do 7 de febreiro de 2024)

Outros procedementos relacionados

PR852A

Axudas económicas destinadas a empresas xornalísticas e de radiodifusión.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 10/04/2025 00:00 - 12/05/2025 23:59

CT200A

Subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á xuventude e ao voluntariado, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do IRPF e do imposto de sociedades.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 18/09/2024 00:00 - 17/10/2024 23:59

CT207A

Subvencións á produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 15/02/2025 00:00 - 20/03/2025 23:59

CT207B

Subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais de produción galega.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 02/08/2024 00:00 - 02/09/2024 23:59