Guía de procedementos e servizos

CT207I

Selección dunha entidade colaboradora para a xestión e organización das actividades do programa de desenvolvemento do polo de aceleración do sector de videoxogos para impulso do sector.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong

Convocatoria 2022 - Prazo pechado: 29/03/2022 00:00 - 12/04/2022 23:59

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Convocatoria.

Convócase o procedemento para a selección da entidade colaboradora que participará na xestión e na realización de todas as actividades que compoñen o programa de desenvolvemento do Polo de aceleración do sector dos videoxogos, de acordo coa Resolución da Axencia Galega das Industrias Culturais pola que se establezan as bases de participación no devandito Polo de aceleración (código de procedemento CT207I).

Por iso, desde a Axencia Galega das Industrias Culturais deseñouse, entre as liñas de acción para o impulso do Hub audiovisual e industria cultural creativa, unha liña específica dirixida á captación e apoio ao talento, para que a través de polos de aceleración se poida instrumentalizar un elenco de ferramentas que permita a profesionalización empresarial da base creativa da industria galega, particularmente en campos como os videoxogos e contidos interactivos.

Estas liñas de traballo incluídas no Hub audiovisual-industria creativa financiadas ao 100 % cos fondos REACT-UE, concordan perfectamente co espírito da UE cando recomenda que a intervención dos fondos Feder no ámbito da cultura deben dirixirse a apoiar sectores culturais estreitamente ligados á innovación e á creatividade, co fin de propiciar industrias altamente competitivas que contribúan ao emprego e ao crecemento.

Concretamente, esta actuación corresponde a:

Eixe prioritario: 20. Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais, e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía.

Prioridade de investimento 13.i) Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais, e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía.

Obxectivo específico OE 20.1.3.2 OE REACT-UE 3.2.

Actuación CPSO 20.1.3.2.4: axudas para o impulso da industria cultural e creativa galega.

Campo de intervención 067: desenvolvemento empresarial das pemes, apoio ao espírito de empresa e á incubación (incluído o apoio a empresas incipientes e empresas derivadas).

Liña de actuación 81: medidas de impulso do sector audiovisual.

Indicador de resultado: R03A: taxa de supervivencia nacional/rexional de pemes no 4º ano de vida.

Obxecto da colaboración.

O obxecto da colaboración é o deseño, a xestión e o desenvolvemento das actividades do programa de desenvolvemento do Polo de aceleración: consultoría, mentoring, presentación e difusión de proxectos, participación en eventos do sector dos videoxogos das entidades seleccionadas como beneficiarias para participar no devandito Polo de aceleración.

Para estes efectos, subscribirase o oportuno convenio de colaboración entre a entidade colaboradora e a Agadic, segundo o modelo que figura como anexo I desta convocatoria.

Prazo de duración.

O prazo de duración da colaboración estenderase desde o momento da sinatura do correspondente convenio á finalización da súa vixencia, que non poderá ser superior ao 30 de outubro de 2023.

O convenio poderá ser obxecto de prórroga dentro dos límites establecidos no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia.

As entidades asociativas.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)

Cidade da Cultura. Monte Gaiás, s/n

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996077/ 88199678

Email: agadic@xunta.gal

www.agadic.gal

Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)

Prazo de presentación: PECHADO

29/03/2022 00:00 - 12/04/2022 23:59

O prazo máximo de presentación das solicitudes será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Poderán ser entidades colaboradoras as entidades asociativas con personalidade xurídica e plena capacidade de obrar, validamente constituídas e que cumpran os seguintes requisitos:

– Non ter ánimo de lucro.

– Desenvolver o seu traballo no ámbito territorial en Galicia.

– Ter experiencia e coñecemento do sector dos videoxogos.

– Ter experiencia acreditada na organización e participación en actividades de difusión do sector dos videoxogos no eido da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Poder acreditar a súa solvencia económica por algún dos medios previstos no artigo 87.1 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

A entidade colaboradora actuará en nome do órgano concedente para todos os efectos relacionados co programa, xestionando e desenvolvendo as actividades en que participarán as entidades seleccionadas para ser beneficiarias do Polo de aceleración de videoxogos.

Solicitudes.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, segundo o modelo que se inclúe como anexo II a esta resolución.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realiza a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria.

1. As entidades interesadas deberán achegar, xunto coa solicitude, a seguinte documentación administrativa:

– Escritura de constitución/modificación.

– Poderes acreditativos da representación da persoa que asina a solicitude de participación.

– Proposta técnica, memoria e toda a documentación que a xuízo da entidade permita á Administración valorar a solicitude conforme os criterios obxectivos fixados no artigo sexto.

– As seguintes declaracións responsables, recollidas no anexo II:

• Declaración responsable de non estar incursa nas prohibicións para obter a condición de entidade colaboradora do artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

• Declaración responsable do cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 3 sen prexuízo da súa verificación ou acreditación posterior.

• Declaración responsable de que ten a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto obxecto desta convocatoria.

• Declaración responsable de cumprimento dos requisitos de minimis nos termos establecidos no Regulamento (UE 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352/1 do 24.12.2013).

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen achegados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración.

Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderase solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.

A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.

3. No caso de que algún dos documentos que hai que presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia

Excepcionalmente, cando a relevancia do documento do procedemento o exixa ou existan dúbidas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

– NIF da entidade solicitante.

– DNI/NIE da persoa representante.

– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT, coa Administración pública da Comunidade Autónoma e coa Seguridade Social.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

10 días naturais, contados a partir do día seguinte ao do remate do prazo de presentación de solicitudes.

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 17 de marzo de 2022 pola que se convoca o procedemento de concorrencia para a selección dunha entidade colaboradora para a xestión e organización das actividades que conforman o programa de desenvolvemento do Polo de aceleración do sector de videoxogos para impulso do sector financiado ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 como resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19 (DOG nº 60 do 28 de marzo de 2022).

    • Corrección de erros. Resolución do 17 de marzo de 2022 pola que se convoca o procedemento de concorrencia para a selección dunha entidade colaboradora para a xestión e organización das actividades que conforman o programa de desenvolvemento do Polo de aceleración do sector de videoxogos para impulso do sector financiado ao 100 % no marco do eixe React-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-1 (DOG nº 73 do 18 de abril de 2022).

Outros procedementos relacionados

BS314A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT128A

Inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT128B

Cancelación da inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT402C

Subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 21/02/2025 09:00 - 21/08/2025 14:00