Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
CT207C
Subvencións a proxectos desenvolvidos por empresas de exhibición cinematográfica de carácter comercial.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
1. Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto fixar as bases que regularán o réxime de subvencións de concorrencia non competitiva establecidas pola Agadic para proxectos de empresas de exhibición cinematográfica comercial, que contribúan a garantir e fortalecer a súa viabilidade, favorecer a captación de público, promover a difusión do cine comunitario e doutras cinematografías con baixa cota de pantalla en España, e fortalecer a actividade empresarial, e convocalas para o ano 2021.
2. Os proxectos que se financien deberán Beneficiariosconter accións relacionadas cunha ou varias das propostas que se relacionan a continuación:
2.1. Implantación de tecnoloxía dixital para a venda de entradas ou adaptación dos sistemas xa existentes aos condicionantes derivados da pandemia, compra de dispositivos para o control de accesos, produción de vídeos ou outros materiais explicativos das medidas de seguridade adoptadas.
2.2. Campañas orientadas á reapertura e/ou á captación de público: estudos de impacto, campañas individuais ou colectivas de comunicación e márketing, deseño e realización dos materias utilizados nas ditas campañas, compra de espazos publicitarios e outras accións dirixidas ao fin proposto.
2.3. Programacións especiais ou regulares, dun mínimo dunha semana consecutiva en carteleira, de cine galego (autoria e/ou produción galega): áreas temáticas, monográficos de autores, curtametraxes...
2.4. Programacións especiais ou regulares, dun mínimo dunha semana consecutiva en carteleira, de cinema europeo ou de terceiros países con baixa representación na cota de pantalla anual por número de sesións.
2.5. Realización de campañas orientadas á promoción da cinematografía galega como poden ser eventos de presentación de películas, organización de coloquios relacionados cos títulos exhibidos, presenza de autores e membros do equipo nas proxeccións ou outros que fomenten a interacción entre as películas e o seu público.
2.6. Promocións de entradas a prezo especial ou invitacións dirixidas ao público infantil ou xuvenil e a colectivos profesionais especialmente recoñecidos pola súa implicación durante a pandemia sanitaria.
1. Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas con domicilio ou sucursal en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, titulares ou arrendatarios salas de exhibición cinematográfica independentes, situados na Comunidade Autónoma, habilitados legalmente para a exhibición comercial de películas cinematográficas.
2. Só se poderá presentar un único proxecto por local. As empresas titulares de máis dun local poderán presentar un máximo de tres proxectos.
3. As salas deberán estar en funcionamento un mínimo de tres meses durante o período subvencionable, salvo por imposibilidade derivada da COVID-19.
Obrigas das persoas beneficiarias.
As persoas beneficiarias das subvencións adquiren os seguintes compromisos e obrigas, de conformidade co establecido no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, sen prexuízo das demais obrigas que resulten da normativa aplicable:
a) Cumprir o obxectivo e realizar a actuación subvencionada, de conformidade co proxecto presentado ou, se é o caso, ao modificado coa autorización da Agadic.
b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, a xustificación dos gastos conforme o artigo 42 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determine a concesión ou o beneficio da subvención.
c) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará a Agadic, ás de control financeiro que lle corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coas subvencións e axudas concedidas, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e o Consello de Contas para o que se achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
d) Comunicarlle á Agadic a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Estas comunicacións deberanse efectuar tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos. No caso de agrupacións, todos os integrantes presentarán cadansúa declaración.
e) As persoas beneficiarias deberán dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos na lexislación mercantil e sectorial aplicable coa finalidade de garantir o exercicio adecuado das facultades de comprobación e control. Así mesmo, deberán conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos.
f) Acreditar con anterioridade a ditarse a proposta de resolución, resolución de concesión, así como antes das correspondentes propostas de pagamento, que está ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da comunidade autónoma. A tales efectos, o solicitante deberá achegar certificación de estar ao día nas citadas obrigas no caso de denegar expresamente que se soliciten polo órgano xestor, de conformidade co disposto no artigo 5.1. No caso de que as actuacións de oficio levadas a cabo polo órgano instrutor, consonte o artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, desen como resultado que o solicitante ou o beneficiario ten débedas ou obrigas con algunha destas administracións, requirirase o solicitante ou beneficiario para que regularice a situación e presente, por si mesmo, o correspondente certificado. No caso de agrupacións, todos os integrantes presentarán cadansúa declaración.
g) As persoas beneficiarias deberán dar a adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do artigo 15.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.
h) As persoas beneficiarias deberán incluír na programación das salas a proxección dun clip promocional de non máis de 90 segundos de duración, facilitado pola Agadic, nun mínimo de 24 sesións en cada unha das pantallas das que dispoña o local de exhibición, durante o período subvencionable.
i) Nas accións promocionais e no material de difusión que se realice ao abeiro do proxecto, as persoas beneficiarias deberán incluír os logotipos da Xunta de Galicia e Xacobeo 2021, seguindo as súas respectivas normativas de identidade corporativa.
j) Subministrar á Agadic, en virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, logo de requirimento, a información necesaria para o cumprimento pola Agadic, das obrigas previstas no título I da citada lei.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)
Cidade da Cultura. Monte Gaiás, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996077/ 881996078
Email: agadic@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
29/04/2021 00:00 - 28/05/2021 23:59
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte á publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
1. As persoas solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Ter social ou estatutariamente como obxecto social a exhibición comercial de películas cinematográficas, no suposto de persoas xurídicas.
b) Estar dados de alta no imposto de actividades económicas, na epígrafe 963.1, cunha antigüidade mínima dun ano.
c) Contar cun establecemento ou ser arrendatario del na Comunidade Autónoma de Galicia habilitado como cine, de conformidade coa definición que destes establecementos se determina no Decreto 124/2019, do 5 de setembro, polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos abertos ao público e se establecen determinadas disposicións xerais de aplicación na materia (punto III.1.1 do anexo) ou ben aqueles habilitados anteriormente a este decreto e que se estean adaptando as tipoloxías da vixente normativa.
d) Realizar a actividade entre o 1 de xaneiro de 2021 e o 31 de outubro de 2021.
2. No poderán ter a condición de beneficiarias as empresas en que concorra algunha do resto de circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007. A acreditación de non estar incursos nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable do interesado.
3. Os requisitos para ser beneficiario deberán cumprirse na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
Inicio do procedemento.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria.
1. Ademais da solicitude (anexo I) as persoas interesadas nesta subvención presentarán, con carácter xeral, a seguinte documentación:
1.1. Certificado do acordo social de solicitude da axuda, se o solicitante é persoa xurídica.
1.2. Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro que corresponda e as súas modificacións, se o solicitante é persoa xurídica.
1.3. Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.
Se o solicitante é unha sociedade civil, comunidade de bens ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia:
1.4. Nomeamento de representante ou apoderado legal único, con poder bastante para cumprir as obrigas que, como persoa beneficiaria lle corresponda.
1.5. Compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación e o importe da subvención que se aplicará a cada un.
1.6. Compromiso de non disolución da agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. Ademais, as solicitudes deberán ir acompañadas da seguinte documentación específica:
2.1. Ficha resumo do proxecto e da empresa (anexo II). Coas actividades que se pretenden desenvolver de conformidade coa base primeira punto dous.
2.2. Memoria económico-financeira (anexo III). (Que inclúa un orzamento completo e detallado de investimento subvencionable que se prevé realizar no cal figuren os gastos subvencionables sinalados na base décimo sexta así como a previsión de ingresos).
2.3. Copia da escritura de propiedade, contrato de alugamento ou outros documentos válidos en dereito que amose a dispoñibilidade da sala por parte da persoa solicitante.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou otros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos que se presenten de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación destes de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
6. Sen prexuízo do disposto no parágrafo 1, a Agadic poderá requirir á persoa solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.
7. Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na convocatoria, o órgano competente requirirá o interesado para que a emende no prazo máximo e improrrogable de 10 días, e indicaralle que, se non o fixer, se terá por desistido da súa solicitude, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
– DNI ou NIE da persoa solicitante.
– DNI ou NIE da persoa representante.
– NIF da entidade solicitante.
– Certificado de estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na epígrafe/subepígrafe que corresponda, no exercicio actual.
– Certificado de estar ao día das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
– Certificado de estar ao día de pagamento coa Seguridade Social.
– Certificado de non ter pendente de pagamento débedas coa Comunidade Autónoma.
– Concesión de subvencións e axudas.
– Inhabilitación para obter subvencións e axudas.
– Concesión pola regra de minimis
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar trala presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Dous meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de xustificación
- Declaración de axudas (Anexo IV)
- Memoria económico - financieira (Anexo III)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 15 de abril de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a proxectos desenvolvidos por empresas galegas de exhibición cinematográfica de carácter comercial que contribúan a garantir e fortalecer a súa viabilidade, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (DOG nº 79 do 28 de abril de 2021).
-
Extracto da Resolución do 15 de abril de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a proxectos desenvolvidos por empresas galegas de exhibición cinematográfica de carácter comercial que contribúan a garantir e fortalecer a súa viabilidade, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (DOG nº 79 do 28 de abril de 2021).
-
Resolución do 24 de xaneiro de 2022 pola que se dá publicidade das axudas concedidas durante o ano 2021 (DOG nº 26 do 8 de febreiro de 2022).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .
Aberto todo o ano
Depósito en réxime de comodato de fondos documentais en arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
Aberto todo o ano
Doazón de fondos documentais en arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
Aberto todo o ano
Autorización de reprodución de fondos de arquivos para publicación e/ou difusión.
Aberto todo o ano