Guía de procedementos e servizos

CT207G

Axudas para a realización de rodaxes audiovisuais en Galicia.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2024 - Prazo pechado: 27/06/2024 00:00 - 02/12/2024 23:59

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Determinar as condicións polas cales se regulará a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para a realización de rodaxes audiovisuais en Galicia co o obxecto de mellorar a súa competitividade, o crecemento sostible e o mantemento do empleo en calidade das empresas e posicionar a Galicia como escenario de rodaxes audiovisuasi de nivel internacional.

1. Poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas (traballadoras autónomas) ou xurídicas, constituídas como produtoras audiovisuais independentes dadas de alta cunha antigüidade mínima, e sen interrupcións, dun ano na epígrafe IAE 961.1 e cun centro de traballo ou oficina permanente, de polo menos un ano previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a área Económica Europea.

Por produtora audiovisual independente enténdese, para os efectos desta convocatoria, toda persoa física (autónoma) ou xurídica privada, que teña a iniciativa e asuma a responsabilidade na produción audiovisual e non sexa obxecto de influencia dominante por parte dun prestador de servizo de comunicación/difusión audiovisual nin dun titular de canle televisiva privada nin, pola súa banda, exerza unha influencia dominante, tal e como establece a Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema, artigo 4.n).

Cando a persoa xurídica sexa unha agrupación de interese económico (AIE), os requisitos citados deberán ser cumpridos polo menos por unha das empresas que a integran no momento da súa constitución. A agrupación non poderá disolverse ata que finalice o prazo de prescrición para o reintegro e as infraccións previsto polos artigos 35 e 63 da Lei de subvencións de Galicia.

2. As empresas produtoras que soliciten participar nesta convocatoria determinarán o tipo de actividade que van desenvolver, cuxa denominación virá determinada pola porcentaxe de propiedade industrial que teñan sobre a produción audiovisual:

a) Coprodución. Entenderase que unha empresa produtora actúa no ámbito da coprodución cando, no momento da solicitude, acredita unha participación na propiedade industrial da produción audiovisual igual ou superior ao 20 %. Esta porcentaxe de participación na propiedade industrial da obra poderá reducirse ao 15 % no caso de coproducións internacionais e que interveñan tres países ou ao 10 % cando na coprodución internacional interveñen catro ou máis países.

b) Servizo de produción. Entenderase que unha empresa produtora actúa no ámbito do servizo de produción cando, no momento da solicitude, dispón dun contrato en firme para asumir os servizos de produción obxecto desta convocatoria, non tendo participación na propiedade industrial da produción audiovisual ou sendo esta menor que as porcentaxes descritas na letra a).

3. A persoa solicitante ou, de ser o caso, a persoa responsable da produción executiva deberá producir nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria un mínimo dunha obra previa que coincida con algunha das condicións que se describen:

– Longametraxe cinematográfica estreada en salas comerciais nacionais cun mínimo de 20.000 espectadores e con distribución internacional nun mínimo de dous países, non sendo consideradas as presentacións en festivais de cinema.

– Serie ou miniserie de ficción para TV ou plataforma dun mínimo de 150 minutos que fosen emitidas nun mínimo de dous países, ademais de en España.

– longametraxe cinematográfica de ficción en réxime de coprodución internacional.

– longametraxe cinematográfica ou serie ou miniserie de ficción, que tivese un orzamento de produción de máis de 800.000 euros.

4. As persoas solicitantes deben estar comprendidas na definición de pequena e mediana empresa (peme) segundo a definición contida no Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014 sobre a definición de microempresas, pequenas e mediana empresas (DOUE-L-2014-81403), en función dos seus efectivos e do seu volume de negocio e do seu balance anual.

5. A presente convocatoria non será aplicable ás empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior.

De acordo co artigo 2, punto 18 do Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, nesta convocatoria poderán ser persoas beneficiarias as empresas que non teñan a consideración de empresa en crise no momento da presentación da solicitude, circunstancia que será comprobada pola Agadic.

6. Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, as persoas solicitantes declararán non estar incursas en tales circunstancias, conforme o establecido no anexo II desta convocatoria.

7. Unha mesma persoa solicitante, ou as súas empresas vinculadas, poderán obter unha subvención por un máximo de dous proxectos ao abeiro desta convocatoria.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)

Cidade da Cultura - Monte Gaiás, s/n

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996077/ 881996078

Fax: 881996080

Email: agadic@xunta.es

http://industriasculturais.xunta.gal

Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)

Prazo de presentación: PECHADO

27/06/2024 00:00 - 02/12/2024 23:59

O prazo para a presentación das solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia ata o 2 de decembro de 2024. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Solicitudes.

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de maneira presencial, requiriráselle, para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

3. Na solicitude (anexo II), constan as seguintes declaracións responsables:

3.1. Declaración responsable de todas as axudas solicitadas e concedidas para a mesma finalidade ou os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

3.2. Declaración responsable de que os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan son certos, e acepta as condicións e obrigas recollidas nesta convocatoria.

3.3. Declaración responsable de que non está incurso en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

3.4. Declaración responsable de que non está incurso en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3.5. Declaración responsable de que está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e ao artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e de reembolso de préstamos ou anticipos concedidos con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

3.6. Declaración responsable de que coñece que os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores e que non concorren neles ningunha das prohibicións recollidas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, nin no artigo 43 do regulamento que desenvolve a citada lei, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, tendo en conta, ademais, o disposto no Regulamento (UE) núm. 651/2014 sobre empresas vinculadas e o establecido nestas bases.

3.7. Declaración responsable de que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o cal solicita a axuda e garantir a súa sustentabilidade financeira.

3.8. Declaración responsable de que manterá un sistema de contabilidade separada ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.

3.9. Declaración responsable de que conservará toda a documentación relativa a esta subvención durante un período de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento polo órgano concedente, segundo o establecido no artigo 82 do Regulamento (UE) núm. 2021/1060. Este prazo quedará interrompido se se inicia un procedemento xudicial ou por pedimento da Comisión da UE.

3.10. Declaración responsable de que asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeitas de fraude.

3.11. Declaración responsable de que cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións, así como a normativa vixente sobre accesibilidade de persoas con discapacidade.

3.12. Declaración responsable de non consideración de empresa en crise no momento da presentación da solicitude nin estar suxeita a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior. Con todo, a Axencia Galega das Industrias Culturais utilizará os medios que considere oportunos para a súa verificación e requirirá ao solicitante, se for necesario, os documentos oportunos.

3.13. Que está comprendida na definición de pequena e mediana empresa (peme) segundo o Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014 sobre a definición de microempresas, pequenas e mediana empresas (DOUE-L-2014-81403), en función dos seus efectivos e do seu volume de negocio e do seu balance anual. (Non obstante a Axencia Galega das Industrias Culturais utilizará os medios que considere oportunos para a súa verificación e requirirá ao solicitante, se for necesario, os documentos oportunos).

3.14. Declaración responsable de que o proxecto financiado non inclúe actividades que ocasionen un prexuízo significativo aos obxectivos ambientais (principio Do no significant harm-DNSH), previstos no artigo 17 do Regulamento (UE) nº 2020/852 relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables mediante a implantación dun sistema de clasificación (ou taxonomía) das actividades económicas ambientais sustentables.

3.15. Declaración responsable de que o proxecto financiado cumpre co establecido no artigo 9 do Regulamento (UE) núm. 2021/1060 relativo aos principios horizontais en materia de igualdade, accesibilidade e dereitos fundamentais.

3.16. Declaración responsable de que o proxecto non se iniciou antes da presentación da solicitude de axuda.

3.17. Declaración de que a obra audiovisual terá carácter cultural e poderá obter o certificado cultural por parte do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA).

3.18. Declaración de que a entidade solicitante ou, de ser o caso, as empresas que integran a entidade xurídica solicitante, cumpren cos requisitos de produtor independente tal e como establece o artigo 4.n) da Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema.

3.19. Declaración de que a entidade solicitante cumpre un dos requisitos seguintes:

– É titular dos dereitos de propiedade da obra, de acordo co establecido no artigo 24.2 da Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema, de ser o caso.

– Asinou un contrato en firme para realizar a totalidade dos servizos de produción da obra, de ser o caso.

3.20. Que realizará en Galicia as actividades para as cales solicita a axuda.

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas deberán achegar, xunto coa solicitude (anexo II), a seguinte documentación complementaria:

– Documentación administrativa:

1.1. Certificado do acordo social da solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine e nome da entidade, se a persoa solicitante é persoa xurídica.

1.2. Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro mercantil ou o que corresponda, se a persoa solicitante é persoa xurídica.

1.3. Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.

1.4. Documentación acreditativa de que a persoa solicitante é propietaria dun mínimo do 20 % dos dereitos de propiedade da obra, ou do 15 % ou do 10 % segundo as presentes bases, de ser o caso.

1.5. Contrato para realizar os servizos de produción en Galicia da obra, de ser o caso.

1.6. Documentación acreditativa de que o proxecto é obra orixinal e de posuír os dereitos suficientes do guión, obra literaria ou calquera outro medio que requira a obtención de dereitos ou opción de compra sobre eles, no caso de que a entidade solicitante sexa coproductora da obra.

– Documentación técnica:

1.7. Documentación relativa á empresa ou, de ser o caso, á persoa responsable da produción executiva en Galicia, e ao proxecto, en que deberá constar o historial creativo e profesional, con extensión máxima de 10 páxinas, que acredite o cumprimento do establecido no punto 3 do artigo 2 das presentes bases, acompañado da documentación que, de ser o caso, corresponda:

1.7.1. Cando se trate de longametraxes cinematográficas, informe de compañía distribuidora que acredite a estrea en salas comerciais nacionais de exhibición cinematográfica cun mínimo de 20.000 espectadores e informe de compañía de vendas que acredite a distribución internacional nun mínimo de dous países, non sendo consideradas as presentacións en festivais de cinema. Ambos os informes deberán acompañarse do historial das empresas que os emitan.

1.7.2. Cando se trate de series ou miniseries de ficción, informe emitido por canles de TV ou plataformas VOD que acredite a emisión nun mínimo de dous países ademais de en España.

1.7.3. Recoñecementos oficiais de coprodución e de nacionalidade de longametraxes cinematográficas realizadas con anterioridade emitidos polas autoridades do país correspondente.

1.7.4. Documentación que acredite o custo de produción superior a 800.000 euros de longametraxes cinematográficas, series ou miniseries realizados nos cinco anos anteriores á publicación da presente convocatoria.

1.8. Orzamento estimado de custos do proxecto subvencionable segundo o anexo III da convocatoria, desagregado por capítulos de gasto, con IVE e sen IVE.

1.9. Cronograma da produción en Galicia en que se relacionen as zonas xeográficas onde se realizará a produción audiovisual e se especifíque as localizacións galegas, os días de rodaxe que terán lugar en Galicia e a porcentaxe destes con respecto á totalidade da rodaxe da produción audiovisual.

1.10. Plan de financiamento. As persoas solicitantes deberán acreditar que dispoñen dos recursos financeiros suficientes para efectuar o obxecto da subvención:

a) Coprodución. A persoa solicitante deberá presentar un plan de financiamento da produción audiovisual, con indicación do importe total desta e as diferentes fontes de financiamento para a súa realización. Neste sentido, deberá presentar a documentación que acredite que a produción audiovisual posúe un financiamento mínimo en firme do 60 % sobre o seu custo total. Para os efectos da devandita acreditación, os contratos que se anexen para acreditar o financiamento deberán ter data posterior ao 31 de decembro de 2023 ou estar acompañados dunha actualización ou addenda. Os contratos de investimento privado directo deberán estar acompañados da correspondente orde de transferencia bancaria en favor da persoa beneficiaria. Deberase documentar suficientemente o dereito para percibir outras axudas, así como o dereito para obter financiamento a través de incentivos públicos.

b) Servizo de produción. A persoa solicitante deberá presentar o contrato subscrito coa entidade produtora da produción audiovisual.

1.11. Calquera outra documentación que a persoa solicitante considere pertinente para a mellor defensa do proxecto.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os devanditos documentos que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se poidan obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos para presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento, consultarase automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta.

– DNI ou NIE da persoa solicitante.

– NIF da entidade solicitante.

– DNI ou NIE da persoa representante.

– Certificado de estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na epígrafe/subepígrafe que corresponda, no exercicio actual.

– Certificado de estar ao día no pagamento de débedas tributarias coa AEAT.

– Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

– Certificado de estar ao día no pagamento de débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

– Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

– Consulta de concesión de subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas opóñanse á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta Cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

Catro meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 10 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para a realización de rodaxes audiovisuais en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (DOG nº 123 do 26 de xuño de 2024).

    • Extracto da Resolución do 10 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para a realización de rodaxes audiovisuais en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (DOG nº 123 do 26 de xuño de 2024).

    • Resolución do 29 de xaneiro de 2025 pola que se dá publicidade das axudas concedidas durante o ano 2024 (DOG nº 27 do 10 de febreiro de 2025).

    • Corrección de erros. Resolución do 29 de xaneiro de 2025 pola que se dá publicidade das axudas concedidas durante o ano 2024 (DOG nº 43 do 4 de marzo de 2025).

Outros procedementos relacionados

BS314A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT113A

Depósito en réxime de comodato de fondos documentais en arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT115A

Doazón de fondos documentais en arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT116A

Autorización de reprodución de fondos de arquivos para publicación e/ou difusión.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano