Guía de procedementos e servizos

CT110B

Bolsas de formación en materia de museos

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2021 - Prazo pechado: 22/12/2021 00:00 - 21/01/2022 23:59

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

- Por medio da presente orde establécense as bases reguladoras do procedemento CT110B Bolsas de formación en materia de museos e procédese á convocatoria para o 2022 en centros museísticos que formen parte do Sistema galego de centros museísticos.

- O persoal bolseiro realizará a súa actividade nos centros indicados anteriormente e nos servizos centrais da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Serán tutelados, dirixidos e coordenados polos servizos técnicos da Secretaría Xeral de Cultura.

- As bolsas reguladas nesta orde concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, concorrencia, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.

- A formación comprende unha parte teórica e unha parte práctica, que será impartida por persoal técnico da Secretaría Xeral de Cultura.

- O número de bolsas convocadas será de vinte (20), que se adxudicarán de acordo co baremo indicado no artigo 10 desta convocatoria. Das vinte bolsas convocadas, farase unha reserva de cinco (5) bolsas destinadas exclusivamente a persoas graduadas ou con titulación equivalente que rematasen os estudos no curso 2016/17 ou posteriores. No caso de quedar deserta a reserva de praza nalgunha das especialidades, acudirase á listaxe na modalidade xeral da especialidade correspondente.

- As bolsas terán unha duración de 6 meses, contados a partir da data de incorporación que estableza a Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, de acordo co centro de destino.

Poderán ser beneficiarias destas bolsas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Dirección Xeral de Cultura

Subdirección Xeral de Arquivos e Centros Museísticos

Servizo de Centros Museísticos

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545934

Dirección Xeral de Cultura

Prazo de presentación: PECHADO

22/12/2021 00:00 - 21/01/2022 23:59

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes. En todo caso, sempre estarán excluídos do cómputo os sábados, domingos e os declarados festivos.

1. Dispoñer da seguinte titulación:

a) No caso de persoas solicitantes de bolsas de formación en museos, ter grao universitario ou equivalente, segundo o Espazo europeo de educación superior, cunha configuración curricular (expediente académico) en que se acredite un mínimo de 75 créditos nestas materias para cada unha das especialidades seguintes:

1º. Historia da arte.

2º. Arqueoloxía.

Para a especialidade de Arqueoloxía, para o cómputo dos 75 créditos, teranse en conta as materias de arqueoloxía, historia antiga e medieval, prehistoria, epigrafía e numismática, paleografía e diplomática, métodos e técnicas de investigación, tendencias historiográficas e similares ou a realización de másteres ou cursos de especialización relacionados coa arqueoloxía cun mínimo de 30 créditos ECTS ou de 750 horas lectivas.

b) No caso de persoas solicitantes de bolsas de formación en restauración de fondos de museos, ter grao ou diplomatura universitaria en conservación e restauración de bens culturais ou equivalente, nas especialidades de:

1º. Arqueoloxía.

2º. Pintura ou escultura.

2. Acreditar dominio da lingua galega, nivel iniciación, mediante certificación oficial ou certificado Celga 3.

3. Non desfrutar, con anterioridade á publicación desta convocatoria de bolsas, dun período de tempo igual ou superior a doce (12) meses destas mesmas bolsas, nin renunciar a elas sen unha causa de forza maior, ao xuízo da Secretaría Xeral de Cultura, logo de iniciado o período de vixencia.

4. Non ter emprego remunerado nin desfrutar doutra bolsa ou axuda durante o período de duración das reguladas por medio desta orde.

5. Non ter sido sancionado/a por infracción cometida durante o desfrute dunha bolsa concedida para a formación en materia de museos.

6. Cada solicitante só poderá presentar unha solicitude de bolsa para unha especialidade, como máximo.

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (anexo I).

A presentación será obrigatoriamente electrónica porque, de acordo co disposto tanto no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, como no artigo 10 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, estarán obrigados a relacionarse a través dos medios electrónicos para a realización de calquera trámite dun procedemento administrativo os seguintes suxeitos:

Colectivos de persoas físicas respecto das cales, por razón da súa capacidade económica, técnica, dedicación profesional ou outros motivos, quede acreditado que teñen o acceso e a dispoñibilidade dos medios electrónicos necesarios.

As persoas solicitantes, posuidoras de grao universitario ou equivalente, dispoñen da capacidade técnica e dos medios económicos necesarios para utilizar e dispoñer dos medios electrónicos requiridos para a realización dos trámites deste procedemento administrativo.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365.

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Copia do expediente académico coas cualificacións obtidas nas diferentes materias

b) Certificado de Celga 3 ou equivalente, non expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

c) Copia dos documentos acreditativos dos méritos alegados. Só contabilizarán aqueles méritos dos que se achegue proba documental.

d) Poder de representación da persoa representante; a representación acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración.

Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

c) Certificado de Celga 3 expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística ou equivalente.

d) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa AEAT.

e) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa Atriga.

f) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa Seguridade Social.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar trala presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

As listaxes definitivas das bolsas de formación de museos (procedemento CT110B) están dispoñibles nesta ligazón.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 2 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan bolsas de formación en materia de museos correspondentes ao programa 2022 (DOG nº 243 do 21 de decembro de 2021).

    • Extracto da Orde do 2 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan bolsas de formación en materia de museos correspondentes ao programa 2022 (DOG nº 243 do 21 de decembro de 2021).

    • Resolución do 31 de marzo de 2022 pola que se publican a relación das persoas beneficiarias e o importe das bolsas concedidas en virtude da Orde do 2 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 243, do 21 de decembro) pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as bolsas de formación en materia de museos correspondentes ao programa 2022 (DOG nº 71 do 12 de abril de 2022).

Outros procedementos relacionados

CT102A

Autorización de actuación arqueolóxica.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT111A

Proposta de avaliación de documentos

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT111B

Proposta de eliminación de documentos

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT113A

Depósito en réxime de comodato de fondos documentais en arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano