Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
CT110B
Bolsas de formación en materia de patrimonio moble galego.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.
Disculpe as molestias que poida ocasionarlle.
2. O persoal bolseiro realizará a súa actividade en diversos museos propios e xestionados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Serán tutelados, dirixidos e coordinados polos servizos técnicos da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.
3. As bolsas reguladas nesta orde concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, concorrencia, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.
4. A formación comprende unha parte teórica e unha parte práctica, que serán impartidas por persoal técnico da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.
O número de prazas convocadas será de oito (8), que se adxudicarán de acordo co baremo indicado no artigo 6 desta convocatoria. Das oito prazas convocadas, farase unha reserva de dúas (2) prazas destinadas exclusivamente a licenciados/as universitarios/as nas materias de Historia da Arte e Historia cun mínimo, para as/os licenciados/as en Historia, de 100 créditos nas materias de Arqueoloxía, Prehistoria e Historia Antiga, que rematasen a súa licenciatura no ano 2010 ou posteriores.
As bolsas terán unha duración máxima de seis (6) meses, contados a partir da data de incorporación que estableza a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de acordo co centro de destino.
1.a) Solicitantes de bolsas de documentación de fondos de patrimonio moble:
Licenciatura universitaria ou equivalente, segundo o Espazo Europeo de Educación Superior, con formación académica nalgunha das materias que se relacionan a continuación:
- Historia ou Antropoloxía.
- Historia da Arte.
- Arqueoloxía.
1.b) Solicitantes de bolsas de restauración de fondos de museos e coleccións visitables de Galicia:
Diplomatura universitaria en Conservación e Restauración de Bens Culturais ou equivalente, nas especialidades de:
- Arqueoloxía.
- Pintura ou Escultura.
2. Acreditar dominio da lingua galega, nivel iniciación, mediante certificación oficial ou certificado Celga 3.
3. Non ter desfrutado, con anterioridade á publicación da respectiva convocatoria, de bolsas dun período de tempo igual ou superior a vinte e catro meses (24) das convocadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para inventario, catalogación e restauración de fondos de patrimonio moble.
4. Non ter emprego remunerado nin desfrutar doutra bolsa ou axuda.
5. Non ter sido sancionado por infracción cometida por razón de bolsas concedidas para a formación en materia de patrimonio moble galego.
6. Cada solicitante só poderá presentar unha solicitude para unha bolsa como máximo.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Dirección Xeral de Cultura
Subdirección Xeral de Arquivos e Centros Museísticos
Servizo de Centros Museísticos
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545934
Prazo de presentación: PECHADO
14/04/2016 00:00 - 13/05/2016 23:59
Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
a) Solicitude segundo o modelo que figura como anexo I na convocatoria.
b) Copia compulsada do expediente academico coas cualificacións obtidas nas diferentes materias.
c) Copia compulsada do certificado de superación do curso de iniciación á lingua galega ou do Celga 3 cando non sexa expedido pola Xunta de Galicia e, no caso de ser expedido por esta, só no caso de non autorizar a súa consulta.
A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural poderalles exixir aos solicitantes a presentación dos orixinais ou copia compulsada dos meritos alegados, que se deberán presentar nun prazo máximo de tres días, contados a partir do momento do seu requirimento.
Serán causas de exclusión a demostración da falsidade documental, a non correspondencia cos orixinais e a incorrección na documentación presentada.
A presentación das solicitudes comporta a autorización expresa a favor da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos ou documentos achegados nos termos previstos polo artigo 4.2 da Orde do 12 de xaneiro de 2012 da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
As solicitudes deberanse presentar preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).
Opcionalmente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou do representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
A documentación complementaria tamen se poderá presentar en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou o seu representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Prazo de resolución: Catro meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 22 de marzo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan bolsas de formación en materia de patrimonio moble galego (DOG nº 70 do 13 de abril de 2016).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización de actuación arqueolóxica.
Aberto todo o ano
Proposta de avaliación de documentos
Aberto todo o ano
Proposta de eliminación de documentos
Aberto todo o ano
Depósito en réxime de comodato de fondos documentais en arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
Aberto todo o ano