Guía de procedementos e servizos

BS607A

Programa en Balnearios.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2024 - Prazo pechado: 18/06/2024 00:00 - 17/07/2024 23:59

Consellería de Política Social e Igualdade

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Concesión de estadías en prazas de establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia dentro do programa de Benestar en balnearios.

1. Serán persoas beneficiarias do programa Benestar en balnearios para o ano 2024 aquelas que reúnan os seguintes requisitos:

a) Ser maior de 60 anos ou maior de 55 e reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.

b) Estar empadroada e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Valerse por si mesma para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa.

d) Non padecer alteracións do comportamento que poidan afectar a convivencia normal nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.

e) Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.

f) Acadar, de conformidade co baremo establecido, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e das quendas solicitadas.

g) Deben cumprir cos requisitos e coas obrigas sinalados no artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

2. A persoa solicitante poderá participar na convocatoria da oferta de estadías e tratamentos do programa acompañadas das seguintes persoas:

a) Polo seu ou a súa cónxuxe ou, se fose o caso, a parella de feito ou persoa coa que teña unha unión estable e de convivencia con análoga relación á conxugal, sempre que cumpra os requisitos citados no número 1, excepto o sinalado na letra a).

b) Por un fillo ou filla que teña un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, sempre e cando este poida acudir sen necesidade de apoio de terceira persoa, se poida desprazar con autonomía, comparta o cuarto coas persoas proxenitoras solicitantes e cumpra os requisitos citados no número 1, agás o da letra a).

c) Por unha persoa coa que desexe participar no programa, sempre e cando esta cumpra todos os requisitos citados no número 1.

3. As persoas solicitantes terán que cumprir os requisitos establecidos na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria

Subdirección Xeral de Envellecemento Activo, Prevención da Dependencia e Innovación Sociosanitaria

Servizo de Envellecemento Activo e Prevención da Dependencia

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881999183/ 881995965/ 881995791

Email: subxeaiss.politicasocial@xunta.gal

Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria

Prazo de presentación: PECHADO

18/06/2024 00:00 - 17/07/2024 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Cando o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte segundo o artigo 30.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e se no mes do vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

Solicitudes.

As solicitudes presentaranse preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderase presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 ( https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria.

1. As persoas solicitantes deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Anexo II, se procede: datos do/da fillo/a da persoa solicitante. Xunto co anexo II deberá achegarse a seguinte documentación:

a.1) Copia do pasaporte, se procede, do fillo ou filla con discapacidade acompañante.

a.2) Informe médico actualizado do/da fillo/a, no caso de ter algunha limitación, alerxia ou enfermidade que requira dalgunha atención especial como tratamento farmacolóxico, alimentación, accesorio de apoio, cuarto individual ou similar.

a.3) Certificado do grao de discapacidade do fillo ou filla da persoa solicitante, se o dito certificado non fose expedido pola Xunta de Galicia ou non estiver no poder desta.

b) Anexo III, se procede: datos da persoa acompañante. Xunto co anexo III deberá achegarse a seguinte documentación:

b.1) Copia do pasaporte, se procede, da persoa acompañante.

b.2) Informe médico actualizado da persoa acompañante, no caso de ter algunha limitación, alerxia ou enfermidade que requira dalgunha atención especial como tratamento farmacolóxico, alimentación, accesorio de apoio, cuarto individual ou similar.

b.3) Certificado das pensións non outorgadas polo Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) nin pola Xunta de Galicia da persoa acompañante, se for o caso.

c) Copia do pasaporte, se procede, da persoa solicitante.

d) Copia do libro de familia ou certificado do rexistro civil equivalente da persoa solicitante no caso de que queira acudir ao programa acompañada dun fillo ou filla con discapacidade.

e) Certificado das pensións non outorgadas polo Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) nin pola Xunta de Galicia da persoa solicitante, se for o caso.

f) Informe médico actualizado da persoa solicitante, no caso de ter algunha limitación, alerxia ou enfermidade que requira dalgunha atención especial como tratamento farmacolóxico, alimentación, accesorio de apoio, cuarto individual ou similar.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, para poder acceder a eles electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados ao efecto, agás que conste no procedemento a súa oposición expresa.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitárselle novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante e, se for o caso, da persoa que a acompaña: cónxuxe, parella de feito ou relación análoga á conxugal, filla ou fillo con discapacidade ou outra persoa.

b) Consulta de datos de residencia con data da última variación no padrón da persoa solicitante, filla ou fillo con discapacidade e da persoa que a acompaña, de ser o caso.

c) Declaración do imposto da renda das persoas físicas da persoa solicitante e da acompañante, se for o caso, correspondente ao último período en que se teña presentado, en relación coa presentación da solicitude.

d) Certificado das pensións outorgadas polo Instituto Nacional da Seguridade Social da persoa solicitante e da acompañante, se for o caso.

e) Certificado das pensións outorgadas pola Xunta de Galicia, da persoa solicitante e da acompañante, se for o caso.

f) Certificado do grao de discapacidade do fillo ou filla da persoa solicitante, se o dito certificado for expedido pola Xunta de Galicia.

g) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT) da persoa solicitante e da persoa acompañante, se for o caso.

h) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social da persoa solicitante e da persoa acompañante, se for o caso.

i) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Tributaria de Galicia da persoa solicitante e da persoa acompañante, se for o caso.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos relacionados no número anterior.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas solicitantes a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares ou rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de resolución:

Dous meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 6 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de estadías en prazas de establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia dentro do programa Benestar en balnearios e de axudas para o ano 2024, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 116 do 17 de xuño de 2024).

    • Extracto da Orde do 6 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de estadías en prazas de establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia dentro do programa Benestar en balnearios e de axudas para o ano 2024, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 116 do 17 de xuño de 2024).

    • Resolución do 2 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, pola que se publica a Resolución do 1 de outubro de 2024 pola que se aproban a relación de persoas admitidas e excluídas e a lista de espera para cubrir as estadías en prazas de establecementos balnearios dentro do programa Benestar en balnearios para o ano 2024 (DOG nº 195 do 9 de outubro de 2024).

Outros procedementos relacionados

BS105A

Presentación directa de reclamacións en materia de centros, servizos e programas de servizos sociais

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS105B

Remisión polas entidades prestadoras de servizos sociais de reclamacións presentadas no seu libro de reclamacións

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS309A

Expedición de títulos de ensinanzas impartidas nas escolas de tempo libre.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS312A

Recoñecemento oficial dos servizos de información xuvenil.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano