Guía de procedementos e servizos

BS607A

Programa Benestar en Balnearios.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2018 - Prazo pechado: 18/04/2018 00:00 - 16/05/2018 23:59

Consellería de Política Social e Igualdade

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

1. O obxecto é a oferta de prazas para as estadías e os tratamentos termais dentro do programa de Benestar en balnearios 2018 e proceder á súa convocatoria (código do procedemento BS607A).

2. Para tal efecto enténdese por establecementos balnearios aqueles que dispoñen de augas mineromedicinais declaradas de utilidade pública segundo o artigo 2 do Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento de augas mineromedicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia.

1. Serán persoas beneficiarias do programa de Benestar en balnearios aquelas que reúnan os seguintes requisitos:

a) Ser maior de 60 anos ou maior de 55 e, neste caso, reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.

b) Estar empadroado e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa, agás no caso de fillos ou fillas que acudan en calidade de acompañantes.

d) Non padecer alteracións do comportamento que poidan afectar a normal convivencia nos establecementos nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.

e) Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.

f) Acadar, de conformidade co baremo establecido, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.

2. A persoa solicitante poderá ir acompañada de:

a) O seu ou a súa cónxuxe ou, se for o caso, a parella de feito ou persoa con que teña unha unión estable e de convivencia con análoga relación á conxugal, sempre que cumpra os requisitos citados anteriormente, excepto o sinalado na letra a) do punto primeiro.

b) Un fillo ou filla que teña un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, sempre e cando este o poida facer sen necesidade de apoio de terceira persoa, se poida desprazar con autonomía, comparta o cuarto coas persoas proxenitoras e cumpra os requisitos citados no número 1 deste artigo, agás o da letra a).

c) Unha persoa coa que desexe participar no programa, sempre e cando esta cumpra todos os requisitos citados no número 1.

3. As persoas solicitantes terán que cumprir os requisitos establecidos na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade

Subdirección Xeral de Programas de Apoio á Discapacidade

Servizo de Programas para a Discapacidade

San Caetano

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981547391 / 981544640 / 981546737

Fax: 981545691

Email: autonomiapersoal.sxps@xunta.es

http://www.xunta.es/politica-social

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña

Servizo de Dependencia da Coruña

R/ Concepción Arenal, 7-9

15006  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881881537

Fax: 981881506

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Lugo

Servizo de Dependencia de Lugo

R/ Serra de Ancares, 68 baixo

27003  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294896

Fax: 982889162

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Ourense

Servizo de Dependencia de Ourense

R/ Concello, 14

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988372430

Fax: 988370884

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo

Servizo de Dependencia de Vigo

Praza da Estrela, s/n - 3º Andar

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817214

Fax: 986817637

Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade

Prazo de presentación: PECHADO

18/04/2018 00:00 - 16/05/2018 23:59 Para as quendas que se leven a cabo nos meses de maio e xuño, ambos inclusive.

18/04/2018 00:00 - 31/05/2018 23:59 Para as quendas que se leven a cabo nos meses de xullo a outubro, ambos inclusive.

  • As persoas solicitantes deberán achegar, xunto co anexo I, os anexos II e III, se procede, e a seguinte documentación:

    • a) Copia compulsada do pasaporte, se procede, relativa á persoa solicitante e, se for o caso, á que a acompaña: cónxuxe, parella de feito ou relación análoga á conxugal, filla ou fillo con discapacidade ou outra persoa.

    • b) Copia do libro de familia da persoa solicitante no caso de que queira acudir ao programa acompañada dun fillo ou filla con discapacidade.

    • c) Certificado do grao de discapacidade do fillo ou filla da persoa solicitante, se o dito certificado non foi expedido pola Xunta de Galicia ou non está no poder desta.

    • d) Certificado das pensións non outorgadas polo INSS nin pola Xunta de Galicia, da persoa solicitante e da acompañante, se for o caso.

  • Comprobación de datos.

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • a) Documento nacional de identidade (DNI), ou número de identificación de estranxeiro (NIE), segundo proceda, relativo á persoa solicitante e, se for o caso, á que a acompaña: cónxuxe, parella de feito ou relación análoga á conxugal, filla ou fillo con discapacidade ou outra persoa.

  • b) Certificado de empadroamento relativo á persoa solicitante e, se for o caso, á que a acompaña: cónxuxe, parella de feito ou relación análoga á conxugal, filla ou fillo con discapacidade ou outra persoa.

  • c) Declaración do imposto da renda das persoas físicas correspondente ao último período en que se presente a solicitude ou certificado das pensións outorgadas polo INSS ou pola Xunta de Galicia, da persoa solicitante e da acompañante, se for o caso.

  • d) Certificado do grao de discapacidade do fillo ou filla da persoa solicitante, se o dito certificado foi expedido pola Xunta de Galicia.

No caso de que as persoas interesadas ou acompañantes se opoñan a esta consulta deberán indicalo no cadro habilitado no modelo de solicitude ou nos anexos II ou III, segundo de que se trate, e achegar os documentos correspondentes.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  • En cada solicitude só se poderá relacionar un máximo de tres destinos por orde de prioridade.

Non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá requirir de maneira motivada a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas non resulten obrigadas á presentación electrónica tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos rexistros e lugares establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 10 de abril de 2018 pola que se regula a oferta de prazas para as estadías e o tratamento termal dentro do programa de Benestar en balnearios 2018 e se procede á súa convocatoria (DOG nº 74 do 17 de abril de 2018).

Outros procedementos relacionados

BS604A

Traslado en servizos prestados en centros propios ou concertados, no ámbito da atención á dependencia e da promoción da autonomía persoal.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS605A

Solicitude de estancias temporais nos servizos prestados en centros propios ou concertados, no ámbito da atención á dependencia e da promoción da autonomía persoal.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS614B

Programa Respiro Familiar.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 21/05/2025 00:00 - 15/10/2025 23:59

BS640A

Integración na rede galega de centros de dia de atención social para persoas con Alzheimer e outras demencias neurodexenerativas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano