Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
BS404B
Renovación de praza en escolas infantís 0-3 do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Política Social e Igualdade
Esta resolución ten por obxecto convocar o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar integradas na Rede de escolas infantís de Galicia A Galiña Azul para o curso 2022/23 (código BS404B solicitudes de renovación).
A adxudicación das prazas no procedemento ordinario realizarase pola seguinte orde:
a) As nenas e os nenos escolarizados durante o curso 2021/22 en calquera das escolas infantís obxecto desta resolución terán dereito á renovación automática da súa praza na quenda en que estivesen escolarizadas/os sempre que reúnan os requisitos establecidos no artigo 2, e sempre que estivesen matriculadas/os no presente curso con anterioridade ao 31 de xaneiro de 2022, tal e como se recolle no artigo 14.2.a) do Regulamento de réxime interno das escolas infantís xestionadas polo Consorcio (RRI).
As persoas usuarias de media xornada só poderán variar o horario establecido na súa solicitude se hai prazas vacantes no horario solicitado. De haber máis solicitudes que prazas vacantes, a adxudicación de prazas na nova franxa horaria farase en función da orde de puntuación acadada no proceso de baremación polo que se incorporou á escola, segundo o recollido no artigo 15.a) do RRI.
b) As familias cun/cunha neno/a escolarizado/a nunha escola infantil da Rede Galiña Azul no curso que xustifiquen un cambio de domicilio e/ou lugar de traballo terán dereito preferente a unha praza no centro que soliciten sempre que, unha vez rematado o proceso de renovación de praza do alumnado da propia escola, existan prazas suficientes.
Nenos e nenas desde tres meses de idades na data de ingreso, ata os 3 anos, sempre que os cumpla con anterioridade ao 31 de decembro de 2022.
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
Escolas Infantís do Consorcio Galego
Edificio Administrativo San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996477 (provincias de A Coruña e Ourense)
Email: auxiliarcentros.ei@igualdadebenestar.org
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
Escolas Infantís do Consorcio Galego
Edificio Administractivo San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996480 (provincias de Pontevedra e Lugo)
Email: auxiliarcentros.ei@igualdadebenestar.org
Prazo de presentación: PECHADO
17/03/2022 00:00 - 08/04/2022 23:59
O prazo para a presentación das solicitudes comeza o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e finaliza o día 8 de abril de 2022.
Para a renovación de praza é requisito imprescindible estar ao día no pagamento das cotas polos servizos recibidos na data de presentación da solicitude.
Forma e lugar para a presentación das solicitudes.
As solicitudes para a renovación de praza (procedemento BS404B) do alumnado escolarizado durante o curso 2021/22, presentarase preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo V) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Os impresos estarán dispoñibles ademais no enderezo electrónico https://www.igualdadebenestar.org e https://politicasocial.xunta.gal e facilitaranse tamén nos propios centros nos que se solicite praza.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).
Documentación complementaria.
1. Para a renovación de praza, as persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación (procedemento BS404B):
a) Anexo II relativo á comprobación de datos da persoa cónxuxe ou parella da persoa solicitante ou outros membros da unidade familiar, de ser o caso.
b) Anexo III no caso de persoas solicitantes, separadas ou divorciadas, que necesitan dunha autorización expresa do proxenitor ou proxenitora non solicitante para presentar a solicitude de praza.
2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recabados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados ao efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puideran obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
3. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. Opcionalmente as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación do procedemento BS404B consultaranse os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas Administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) Documento nacional de identidade (DNI) ou número de Identidade de Estranxeiro/a (NIE) da persoa solicitante e da persoa cónxuxe ou parella, de ser o caso.
b) Declaración do IRPF, da persoa solicitante, da/o cónxuxe ou parella e demais membros da unidade familiar, de ser o caso, correspondente ao último período impositivo con prazo de presentación vencido no momento de presentación da solicitude.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no anexo I, anexo II e anexo V, segundo o caso, e achegar os correspondentes documentos acreditativos.
Cando así o esixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación das solicitudes.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Fase de Solicitude
- No caso de persoas solicitantes, separadas ou divorciadas, que necesitan dunha autorización expresa do proxenitor ou proxenitora non solicitante para presentar a solicitude de praza (Anexo III)
- Comprobación de datos da persoa cónxuxe, parella ou outros membros da unidade familiar (Anexo II)
- Solicitude (Anexo V)
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 8 de marzo de 2022 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta entidade para o curso 2022/23 (DOG nº 52 do 16 de marzo de 2022).
-
Resolución do 19 de maio de 2022 pola que se publica a relación definitiva de nenas e nenos admitidas/os e da lista de agarda para o curso 2022/23 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta entidade (DOG nº 103 do 31 de mayo de 2022).
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude adopción internacional
Aberto todo o ano
Solicitude de adopción nacional.
Aberto todo o ano
Solicitude de acollemento familiar
Aberto todo o ano
Novo ingreso en escolas infantís 0-3.
Prazo aberto: 15/03/2025 00:00 - 13/03/2026 23:59