Guía de procedementos e servizos

BS404B

Renovación de praza en escolas infantís 0-3 do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2021 - Prazo pechado: 24/03/2021 00:00 - 12/04/2021 23:59

Consellería de Política Social e Igualdade

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Esta resolución ten por obxecto convocar o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar integradas na Rede de escolas infantís de Galicia A Galiña Azul para o curso 2021/22 (código BS404B solicitudes de renovación).

A adxudicación das prazas no procedemento ordinario realizarase pola seguinte orde:

a) As nenas e os nenos escolarizados durante o curso 2020/21 en calquera das escolas infantís obxecto desta resolución terán dereito á renovación automática da súa praza na quenda en que estivesen escolarizadas/os sempre que reúnan os requisitos establecidos no artigo 2, e sempre que estivesen matriculadas/os no presente curso con anterioridade ao 31 de xaneiro de 2021, tal e como se recolle no artigo 14.2.a) do Regulamento de réxime interno das escolas infantís xestionadas polo Consorcio (RRI).

As persoas usuarias de media xornada só poderán variar o horario establecido na súa solicitude se hai prazas vacantes no horario solicitado. De haber máis solicitudes que prazas vacantes, a adxudicación de prazas na nova franxa horaria farase en función da orde de puntuación acadada no proceso de baremación polo que se incorporou á escola, segundo o recollido no artigo 15.a) do RRI.

b) As familias cun/cunha neno/a escolarizado/a nunha escola infantil da Rede Galiña Azul no curso que xustifiquen un cambio de domicilio e/ou lugar de traballo terán dereito preferente a unha praza no centro que soliciten sempre que, unha vez rematado o proceso de renovación de praza do alumnado da propia escola, existan prazas suficientes.

c) As solicitudes de novo ingreso seguirán a seguinte orde de adxudicación:

1º. As dos fillos e as fillas do persoal que preste servizo nas escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, cando soliciten a praza para o centro onde presta servizo a nai, o pai, a persoa acolledora ou a titora ou o titor legal.

2º. As de nenas/os con irmán ou irmá con praza no centro para o cal solicitan a praza, renovada ou de novo ingreso.

3º. As de menores con medidas administrativas de tutela ou garda en situación de acollemento familiar.

4º. As prazas que queden vacantes adxudicaranse segundo a puntuación obtida pola aplicación do baremo que figura no anexo V. Esta puntuación determinará a orde de prelación na adxudicación das prazas dentro dos criterios de prioridade para adxudicación de prazas previstos no artigo 14.1 do RRI:

En primeiro lugar, obterán praza nas escolas os/as nenos/as empadroados/as no concello en que se sitúe a escola. En segundo lugar, de existiren prazas vacantes, poderán obter praza os/as fillas/os de persoas que, estando empadroadas noutro concello, teñan os seus postos de traballo no concello en que se localice a escola. En terceiro lugar, poderán acceder tamén persoas dos concellos limítrofes.

Nenos e nenas desde tres meses de idades na data de ingreso, ata os 3 anos, sempre que os cumpla con anterioridade ao 31 de decembro de 2021.

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Escolas Infantís do Consorcio Galego

Edificio Admtvo. San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996477 (provincias de A Coruña e Ourense)

Email: auxiliarcentros.ei@igualdadebenestar.org (provincias de A Coruña e Ourense)

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Escolas Infantís do Consorcio Galego

Edificio Admtvo. San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996480 (provincias de Pontevedra e Lugo)

Email: auxiliarcentros.ei@igualdadebenestar.org (provincias de Pontevedra e Lugo)

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Prazo de presentación: PECHADO

24/03/2021 00:00 - 12/04/2021 23:59

O prazo para a presentación das solicitudes comeza o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e finaliza o día 12 de abril de 2021.

Para a renovación de praza é requisito imprescindible estar ao día no pagamento das cotas polos servizos recibidos na data de presentación da solicitude.

Forma e lugar para a presentación das solicitudes.

As solicitudes para a renovación de praza (procedemento BS404B) do alumnado escolarizado durante o curso 2020/21 presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo VI) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Os impresos estarán dispoñibles, ademais, no enderezo electrónico https://www.igualdadebenestar.org e https://politicasocial.xunta.gal e facilitaranse tamén nos propios centros en que se solicite praza.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).

Documentación complementaria.

1. Para a renovación de praza, as persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación (procedemento BS404B):

a) Anexo II relativo á comprobación de datos da persoa cónxuxe ou parella da persoa solicitante ou outros membros da unidade familiar, de ser o caso.

b) Anexo IV no caso de persoas solicitantes separadas ou divorciadas que necesitan dunha autorización expresa do proxenitor ou proxenitora non solicitante para presentar a solicitude de praza.

c) Outros documentos que acrediten cambios de carácter socio-económico na unidade familiar, de ser o caso.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. Opcionalmente as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación do procedemento BS404B consultaranse os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) Documento nacional de identidade (DNI) ou número de identidade de estranxeiro/a (NIE) da persoa solicitante e da persoa cónxuxe ou parella, de ser o caso.

b) Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF), da persoa solicitante, da/do cónxuxe ou parella e demais membros da unidade familiar, de ser o caso, correspondente ao ano 2019.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado nos anexos I, II e VI, segundo o caso, e achegar os documentos acreditativos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación das solicitudes.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 11 de marzo de 2021 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta entidade para o curso 2021/22 (DOG nº 55 do 23 de marzo de 2021).

    • Resolución do 21 de maio de 2021 pola que se publica a relación definitiva de nenas e nenos admitidas/os e da lista de agarda para o curso 2021/22 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta entidade. (DOG nº 100 do 31 de maio de 2021).

Outros procedementos relacionados

BS401E

Solicitude adopción internacional

Aberto todo o ano

BS401F

Solicitude de adopción nacional.

Aberto todo o ano

BS401G

Solicitude de acollemento familiar

Aberto todo o ano

BS402A

Novo ingreso en escolas infantís 0-3.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 15/03/2025 00:00 - 13/03/2026 23:59