Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
BS404B
Renovación de praza en escolas infantís 0-3 do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Política Social e Igualdade
Esta resolución ten por obxecto convocar o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e integradas na Rede de escolas infantís de Galicia A Galiña Azul para o curso 2020/21.
a) Renovación de praza.
As nenas e os nenos escolarizadas/os durante o curso 2019/20 en calquera das escolas infantís obxecto desta resolución terán dereito á renovación automática da súa praza sempre que reúnan os requisitos establecidos no artigo 2, e sempre que estivesen matriculadas/os no presente curso con anterioridade ao 31 de xaneiro de 2020, tal e como se recolle no artigo 14.2.a) do Regulamento de réxime interno das escolas infantís xestionadas polo Consorcio (RRI).
As persoas usuarias de media xornada só poderán variar o horario establecido na súa solicitude se houber prazas vacantes no horario solicitado. De haber máis solicitudes que prazas vacantes, a adxudicación de prazas na nova franxa horaria farase en función da orde de puntuación acadada no proceso de baremación polo cal se incorporou á escola segundo o recollido no artigo 15.a) do RRI.
b) Traslado de centro.
As familias cun/cunha neno/a escolarizado/a nunha escola infantil da rede A Galiña Azul no curso 2019/20 que xustifiquen un cambio de domicilio e/ou lugar de traballo terán dereito preferente a unha praza no centro que soliciten sempre que, unha vez rematado o proceso de renovación de praza do alumnado da propia escola, existan prazas suficientes.
Nenos e nenas desde tres meses de idades na data de ingreso, ata os 3 anos, sempre que os cumpla con anterioridade ao 31 de decembro de 2020.
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
Escolas Infantís do Consorcio Galego
Edificio Admtvo. San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996477 (provincias de A Coruña e Ourense)
Email: auxiliarcentros.ei@igualdadebenestar.org (provincias de A Coruña e Ourense)
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
Escolas Infantís do Consorcio Galego
Edificio Admtvo. San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996480 (provincias de Pontevedra e Lugo)
Email: auxiliarcentros.ei@igualdadebenestar.org (provincias de Pontevedra e Lugo)
Prazo de presentación: PECHADO
16/05/2020 00:00 - 29/05/2020 23:59
O prazo para a presentación das solicitudes é de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Acórdase o levantamento da paralización da aprobación e publicación das bases do procedemento, nos termos previstos na Resolución do 27 de abril de 2020 do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
Para a renovación de praza é requisito imprescindible estar ao día no pagamento das cotas polos servizos recibidos na data de presentación da solicitude.
As solicitudes de renovación de praza coa documentación requirida presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).
Para a renovación da praza do alumnado escolarizado durante o curso 2019/20, presentarase o modelo normalizado de solicitude segundo o anexo VI, que estará dispoñible nos enderezos electrónicos https://sede.xunta.gal e http://www.igualdadebenestar.org, así como nas propias escolas infantís 0-3.
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Anexo II relativo á comprobación de datos do/da cónxuxe, parella ou outros membros da unidade familiar e autorización para a presentación da solicitude de praza.
b) Outros documentos que acrediten cambios de carácter socio-económico na unidade familiar.
- Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
- A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
- No caso de que algún dos documentos que se vai presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- A información relativa ao procedemento poderase consultar na páxina web: https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos e nas escolas infantís que figuran no anexo VII.
Comprobación de datos
1. De conformidade co establecido na normativa de protección de datos, para a tramitación destes procedementos consultaranse os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) Documento nacional de identidade (DNI) ou número de identidade de estranxeiro/a (NIE) da persoa solicitante e da persoa cónxuxe ou parella, de ser o caso.
b) Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF), da persoa solicitante, da/o cónxuxe ou parella e demais membros da unidade familiar, de ser o caso, correspondente ao ano 2018.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado nos anexos I, II e VI, segundo o caso, e achegar os correspondentes documentos acreditativos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 27 de abril de 2020 pola que se levanta a paralización da aprobación das bases do procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta entidade para o curso 2020/21. (DOG nº 93 do 14 de maio de 2020).
-
Resolución do 27 de abril de 2020 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta entidade para o curso 2020/21 (códigos de procedemento BS404A e BS404B). (DOG nº 94 do 15 de maio de 2020).
-
Corrección de erros. Resolución do 27 de abril de 2020 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta entidade para o curso 2020/21 (DOG nº 110 do 08 de xuño de 2020).
-
Resolución do 26 de xuño de 2020 pola que se publica a relación provisional de nenas e nenos admitidas/os para o curso 2020/21 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta entidade (DOG nº 127 do 29 de xuño de 2020).
-
Resolución do 13 de xullo de 2020 pola que se publica a relación definitiva de nenas e nenos admitidas/os e a lista de espera para o curso 2020/21 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta entidade (DOG nº 144 do 20 de xullo de 2020).
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude adopción internacional
Aberto todo o ano
Solicitude de adopción nacional.
Aberto todo o ano
Solicitude de acollemento familiar
Aberto todo o ano
Novo ingreso en escolas infantís 0-3.
Prazo aberto: 15/03/2025 00:00 - 13/03/2026 23:59