Guía de procedementos e servizos

BS324D

Programa xuventude Mentoring na empresa.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Entidades locais

Convocatoria 2023 - Prazo pechado: 22/06/2023 00:00 - 21/07/2023 23:59

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Establecer o procedemento de concesión de subvencións para a posta en marcha de programas de estadías formativas para persoas mozas en empresas ou entidades públicas ou privadas, vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia (programa Xuventude Mentoring na empresa 2023).

1. Poderán ser beneficiarias das subvencións previstas nesta orde:

a) As entidades privadas sen ánimo de lucro legalmente constituídas con sede permanente ou domicilio social en Galicia que desenvolvan actividades no eido da mocidade e/ou do emprego, e cumpran os requisitos establecidos na convocatoria.

b) Os concellos galegos, mancomunidades de concellos ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a un concello, cuxa titularidade corresponda integramente a este, así como as entidades resultantes da fusión de concellos a que se refire a Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia.

Así mesmo, aqueles concellos que, sen constituíren mancomunidade, acorden desenvolver programas conxuntos de actuación, poderán solicitar as subvencións que regula esta orde, de conformidade co Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 28 de febreiro de 2013, polo que se determinan os criterios aplicables ás subvencións destinadas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para primar proxectos de xestión compartida e incentivar procesos de fusión municipal. Neste suposto, todos os concellos quedarán obrigados solidariamente ao cumprimento das obrigas que deriven da concesión da subvención.

Será requisito para a concesión da subvención que a entidade local solicitante ou entidades locais no caso de solicitudes presentadas por agrupación de concellos cumprisen coa súa obriga de remisión ao Consello de Contas das contas xerais do último exercicio a que estean obrigadas.

2. Para os efectos de lograr unha mellor e máis ampla distribución do importe da convocatoria, unha mesma entidade non poderá presentar máis dunha solicitude.

Así mesmo, ningún concello ou entidade local dos sinalados no número anterior poderá:

a) Presentar a solicitude de subvención no suposto de que a entidade local en que estea integrado ou da cal dependa a presentase.

b) Figurar en máis dunha solicitude colectiva.

c) Figurar nunha solicitude colectiva e subscribir outra individual.

O incumprimento destas obrigas dará lugar á non admisión de todas as solicitudes individuais de subvención subscritas pola entidade de que se trate, dando validez á solicitude realizada de forma conxunta. No caso de figurar en máis dunha solicitude conxunta, non será admitida ningunha delas.

3. Serán excluídas as entidades solicitantes que se encontren nalgunha das situacións de prohibición recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Non poderán obter a condición de beneficiarias das subvencións aquelas entidades que non estean ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social, ou teñan pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Dirección Xeral de Xuventude

Subdirección Xeral de Programas e Asesoramento para a Xuventude

Servizo de Programas e Mobilidade Xuvenil

Edificio Administrativo San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544645

Email: programas.xuventude@xunta.es

Dirección Xeral de Xuventude

Prazo de presentación: PECHADO

22/06/2023 00:00 - 21/07/2023 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

As persoas mozas que formen parte dos programas de estadías formativas-programa Xuventude Mentoring na empresa deberán cumprir os seguintes requisitos na data en que a entidade beneficiaria da subvención realice a súa selección:

a) Ter feitos os 18 anos e non superar a idade máxima que estableza a normativa vixente do SNGX, de conformidade co disposto no artigo 97.c) da Lei 18/2014, do 15 de outubro, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia.

b) Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.

c) Estar inscritas no SNGX e figurar como beneficiarias no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Solicitudes.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria.

1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Memoria explicativa do programa, no modelo que se publica como anexo II para cada procedemento, que deberá facer referencia aos seguintes aspectos:

– Descrición do programa e das súas fases.

– Horas de formación que se van impartir.

– Actividades, sectores e ámbito territorial en que se pretende actuar.

– Relación dos recursos humanos propios de que dispón a entidade solicitante en que se especifiquen as condicións daqueles, con indicación dos que se van afectar para levar a cabo as accións propostas.

No caso de que a entidade beneficiaria solicitante da subvención non teña medios humanos suficientes, expresarase o número de persoas que se contratarán con indicación da xornada que desenvolverán e o compromiso expreso de enviar a relación dos recursos humanos propios indicada no parágrafo anterior en canto se realice a contratación.

– Experiencia da entidade solicitante nos últimos tres anos en programas de mellora da empregabilidade para persoas mozas.

b) Se é o caso, anexo/s IV, acordo das entidades beneficiarias coas empresas/entidades para a realización das estadías formativas en Galicia, debidamente asinado/s.

c) Acreditación da persoa que, en nome e representación da entidade, asina a solicitude, mediante a correspondente documentación de apoderamento, resolución, mandato, certificado expedido polo secretario ou secretaria, ou acta, onde se determine a dita representación.

d) Documentación acreditativa da personalidade xurídica da entidade solicitante mediante copia da escritura de constitución e dos estatutos da entidade solicitante, onde conste que dispón de personalidade xurídica e carece de fins lucrativos. Quedan exceptuadas da presentación destes documentos as entidades locais, agás que concorran en agrupación de concellos constituída a través dun convenio de colaboración, suposto en que deberán achegar copia do devandito convenio.

e) Acreditación da persoa representante da entidade de que a entidade conta con capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da subvención.

f) No caso de agrupacións de concellos baixo calquera modalidade: anexo I-bis, pluralidade de entidades locais solicitantes, no caso de agrupacións de concellos ou mancomunidades de concellos, todos os concellos integrantes deberán cubrilo; copia do convenio de colaboración, memoria explicativa da realización conxunta do proxecto con indicación das achegas económicas ou doutra índole dos concellos agrupados, así como o nomeamento da persoa representante ou apoderada única da agrupación, de acordo co exixido no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Ademais, cada un dos concellos da agrupación deberá presentar unha declaración, asinada pola persoa representante legal de cada un deles, en que se recolla o conxunto de todas as axudas ou subvencións, solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade polas distintas administracións públicas competentes ou entes públicos estatais ou internacionais, segundo o modelo que aparece no anexo I.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a entidade interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) NIF de cada unha das entidades locais que integran a agrupación de concellos.

d) DNI/NIE da persoa representante de cada entidade que integra a agrupación de concellos.

e) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria da entidade solicitante e de cada unha das entidades locais integrantes da agrupación de concellos.

f) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social da entidade solicitante e de cada unha das entidades locais integrantes da agrupación de concellos.

g) Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Tributaria de Galicia da entidade solicitante e de cada unha das entidades locais integrantes da agrupación de concellos.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

6. Consultaranse, ademais, os seguintes datos das persoas mozas participantes:

a) DNI/NIE da persoa moza participante.

b) Certificado de residencia con data de última variación padroal da persoa moza participante. No caso de que a última variación padroal sexa inferior a un ano, deberá achegarse certificado de residencia con data de última variación padroal.

b) Comprobación de estar inscrito/a e ser beneficiario/a no SNGX da persoa moza participante.

c) Certificado de discapacidade da persoa moza cando sexa expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar logo da presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 8 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de estadías formativas en entidades e empresas vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, destinados ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (programa Xuventude Mentoring na empresa, código de procedemento BS324D) (DOG nº 117 do 21 de xuño de 2023).

    • Extracto da Orde do 8 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de estadías formativas en entidades e empresas vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, destinados ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (programa Xuventude Mentoring na empresa, código de procedemento BS324D) (DOG nº 117 do 21 de xuño de 2023).

    • Orde do 18 de xullo de 2023 pola que se modifica a Orde do 8 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de estadías formativas en entidades e empresas vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, destinados ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (programa Xuventude Mentoring na empresa, código de procedemento BS324D) (DOG nº 139 do 21 de xullo de 2023).

    • Resolución do 7 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 4 de agosto de 2023 de concesión de subvencións destinadas á realización de programas de estadías formativas en entidades e empresas vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, destinados ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, Programa operativo de emprego xuvenil (programa Xuventude Mentoring na empresa) (DOG nº 155 do 17 de agosto de 2023).

    • Orde do 9 de novembro de 2023 pola que se modifica a Orde do 8 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de estadías formativas en entidades e empresas vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, destinados ás persoas mozas rexistradas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (programa Xuventude Mentoring na empresa (DOG nº 217 do 15 de novembro de 2023).

Outros procedementos relacionados

BS103D

Autorización para a creación /construción de centros de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103E

Autorización de inicio de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103F

Autorización de cesamento de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103K

Autorización de modificación substancial de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano