Guía de procedementos e servizos

BS324B

Mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa: Axudas a entidades sen ánimo de lucro.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong

Convocatoria 2019 - Prazo pechado: 30/04/2019 00:00 - 29/05/2019 23:59

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

1. Esta orde ten por obxecto establecer o procedemento de concesión de subvencións para o programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa, con cargo ao Plan operativo de emprego xuvenil (en adiante, POEX), para a realización de prácticas formativas non laborais en entidades/empresas públicas ou privadas en países europeos. O procedemento de concesión das subvencións será en réxime de concorrencia competitiva e conforme os principios de publicidade, transparencia, igualdade e non discriminación.

2. A finalidade do programa de mobilidade é fomentar a empregabilidade e as competencias profesionais dos/das mozos/as inscritos/as no Sistema nacional de garantía xuvenil (en adiante, SNGX), non ocupados/as e non integrados/as nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo á mellora da súa formación e á adquisición da experiencia profesional necesaria para a incorporación ao mercado de traballo dunha maneira duradeira no tempo. Ademais, a mobilidade transnacional apoia a adquisición de competencias en idiomas estranxeiros que aumentan a empregabilidade das persoas novas.

3. A realización das prácticas formativas non laborais xerará o dereito a solicitar a expedición do certificado de experiencias en educación non formal en materia de mocidade, regulado na Orde do 26 de febreiro de 2015.

4. As bases específicas reguladoras de cada un dos procedementos incorporaranse no título II desta orde.

Poderán ser beneficiarias as entidades sen ánimo de lucro con sede permanente ou domicilio social en Galicia que desenvolvan actividades no eido da mocidade e cumpran os requisitos establecidos na convocatoria.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Dirección Xeral de Xuventude

Subdirección Xeral de Programas e Asesoramento para a Xuventude

Servizo de Programas e Mobilidade Xuvenil

Edificio Administrativo San Lázaro, 3º andar

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981541688/ 981544645

Fax: 981545843

Email: galeuropapr-garantiaxuvenil@xunta.es

http://xuventude.xunta.es

http://garantiaxuvenil.xunta.es/

Dirección Xeral de Xuventude

Prazo de presentación: PECHADO

30/04/2019 00:00 - 29/05/2019 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto no artigo 29 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. O día final do citado prazo será o correspondente, no mes seguinte, ao mesmo número ordinal do día da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se este último día é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo finaliza o derradeiro día do mes.

1. As persoas destinatarias das mobilidades, ademais dos requisitos que poidan exixir os procedementos específicos destas bases reguladoras, deberán ter cumpridos os 18 anos e estar inscritas e figurar como beneficiarias no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia o día en que presenten a solicitude de concesión da subvención, e cumprir co establecido na Lei 18/2014, do 15 de outubro, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficacia, e no Real decreto lei 6/2016, do 23 de decembro, de medidas urxentes para o impulso do Sistema nacional de garantía xuvenil, entre outros:

a) Non ter traballado no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.

b) Non ter recibido accións educativas no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.

c) Non ter recibido accións formativas no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.

2. Non poderán participar nas mobilidades financiadas na presente convocatoria os mozos e mozas que participaran en convocatorias anteriores do programa Galeuropa.

  • As entidades sen ánimo lucro (BS324B) presentarán as súas solicitudes obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).

Documentación complementaria necesaria para a tramitación dos procedementos.

  • As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a documentación indicada no título II para cada un dos distintos procedementos.

  • Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

  • A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

  • No caso de que algún dos documentos a presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tiver un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • Comprobación de datos.

1. De conformidade coa normativa de protección de datos persoais, para a tramitación deste procedemento consultaranse os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade solicitante.

d) NIF da entidade representante, cando o representante sexa unha persoa xurídica.

e) Comprobación de estar inscrito/a e ser beneficiario/a no Sistema nacional de garantía xuvenil.

f) Certificado de discapacidade cando sexa emitido pola Xunta de Galicia.

g) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT).

h) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

i) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Documentación.

  • As solicitudes das entidades sen ánimo de lucro (anexo I-B) irán acompañadas da seguinte documentación:

a) Documentación acreditativa da súa lexitimación como representante da entidade, mediante a certificación do secretario ou secretaria da entidade ou fotocopia compulsada da acta en que se recolla a composición do órgano de dirección no momento da presentación da solicitude.

b) Anexo II co proxecto de mobilidade.

c) De ser o caso, anexo IV debidamente asinado.

d) Documentación que acredite que ten sede permanente ou o domicilio social en Galicia.

e) No caso de desenvolver o proxecto con medios humanos da entidade, certificación da persoa representante da entidade na cal consten os nomes das persoas designadas para levar a cabo o proxecto de mobilidade, con indicación da función que desempeñarán como responsable do proxecto e/ou como mentor. Constarán tamén a súa titulación adecuada e experiencia mínima dun ano no ámbito da mocidade ou do emprego, así como a xornada que realizará (número de horas semanais) e o período de tempo durante o cal realizará as súas tarefas. A certificación deberá estar asinada pola persoa representante da entidade e tamén polas persoas designadas ou adscritas ao proxecto de mobilidade.

f) Acordos de colaboración bilaterais con entidades europeas para a acollida de mobilidades transnacionais, se procede.

g) Copia dos estatutos de constitución da entidade.

h) Acreditación da persoa representante da entidade de que a entidade conta con capacidade administrativa, financeira e operativa.

i) Certificación da persoa representante da entidade na cal conste a relación de proxectos específicos xestionados cuxos participantes fosen mozos e mozas con discapacidade igual ou superior ao 33 %, se procede. A certificación debe indicar nome do proxecto, ano ou anos de execución e entidade/organismo convocante.

j) Certificación da persoa representante da entidade onde conste que na data de presentación do proxecto de mobilidade a entidade está a xestionar un/uns proxecto/s específico/s cuxos participantes son mozos e mozas con discapacidade igual ou superior ao 33 %, se procede. A certificación debe indicar o nome do proxecto, o ano ou anos de execución e a entidade/organismo convocante.

k) Certificación da persoa representante da entidade onde conste a relación de proxectos específicos xestionados cuxos participantes fosen mozos e mozas en situación de risco de exclusión social, se procede. A certificación debe indicar o nome do proxecto, o ano ou anos de execución e a entidade/organismo convocante.

l) Certificación da persoa representante da entidade onde conste que na data de presentación do proxecto de mobilidade a entidade está a xestionar un/uns proxecto/s específico/s cuxos participantes son mozos e mozas en situación de risco de exclusión social, se procede. A certificación debe indicar o nome do proxecto, o ano ou anos de execución e a entidade/organismo convocante.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 26 de abril de 2019 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións destinadas ao programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa dirixido ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 81 do 29 de abril de 2019).

    • Extracto da Orde do 26 de abril de 2019 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións destinadas ao programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa dirixido ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 81 do 29 de abril de 2019).

    • Resolución do 1 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 27 de xuño de 2019, do procedemento BS324C, de concesión de subvencións destinadas ao Programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa dirixido ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 134 do 16 de xullo de 2019).

    • Resolución do 10 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 9 de xullo de 2019 do procedemento BS324B de concesión de subvencións destinadas ao Programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa, dirixido ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 137 do 19 de xullo de 2019).

    • Resolución do 23 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 22 de xullo de 2019 do procedemento BS324A de concesión de subvencións individuais de mobilidade para a mocidade galega destinadas ao Programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa dirixido ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 144 do 31 de xullo de 2019).

    • Resolución do 1 de agosto de 2019, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 30 de xullo de 2019 de corrección de erros na Resolución do 9 de xullo de 2019 do procedemento BS324B de concesión de subvencións destinadas a proxectos de mobilidade presentados por entidades sen ánimo de lucro, que desenvolven actividades no eido da xuventude na convocatoria do Programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa dirixido ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 151 do 9 de agosto de 2019).

    • Resolución do 14 de agosto de 2019, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 13 de agosto de 2019, do procedemento BS324A de concesión de subvencións individuais de mobilidade para a mocidade galega destinadas a Programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa dirixido ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 160 do 26 de agosto de 2019).

    • Resolución do 9 de agosto de 2019, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 7 de agosto de 2019 do procedemento BS324B de concesión de subvencións destinadas ao Programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa dirixido ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 162 do 28 de agosto de 2019).

Outros procedementos relacionados

BS103D

Autorización para a creación /construción de centros de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103E

Autorización de inicio de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103F

Autorización de cesamento de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103K

Autorización de modificación substancial de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano