Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
BS310Q
Xuventude Crea.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Convocar, para o ano 2023, a concesión dos premios do programa Xuventude Crea.
Cos premios do programa Xuventude Crea trátase de favorecer o traballo creativo da xuventude galega, coa finalidade de fomentar a actividade creadora, facilitar a súa promoción e a difusión da súa obra nas especialidades de artes plásticas, arte urbana, banda deseñada, cociña, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, fotografía, moda, música, novela curta, poesía, teatro e videocreación.
Os premios do programa Xuventude Crea que se convocan inclúen as seguintes especialidades:
a) Artes plásticas.
b) Arte urbana.
c) Banda deseñada.
d) Cociña.
e) Creación de videoxogos.
f) Danza moderna.
g) Deseño de xoias.
h) Fotografía.
i) Moda.
j) Música.
k) Novela curta.
l) Poesía.
ll) Teatro.
m) Videocreación.
Premios
1. Establécense os seguintes premios por cada unha das especialidades:
Un primeiro premio de 3.000 €.
Un segundo premio de 1.500 €.
Un terceiro premio de 1.000 €.
Un premio especial de 1.000 € para a modalidade de música clásica da especialidade de música.
Poderanse outorgar mencións de honra, que carecerán de dotación económica, nas diferentes especialidades, a aquelas obras que consigan chegar á fase final en relación coas especialidades que establezan a dita fase a que acceden as persoas concursantes finalistas seleccionadas e que, coa avaliación da Comisión de Selección, acaden a suficiente calidade.
2. Cada participante non poderá recibir máis dun premio por especialidade, a excepción do premio especial da modalidade de música clásica, que será compatible coa obtención de calquera dos outros premios da especialidade de música.
3. A dotación destes premios será complementada de acordo co disposto na parte específica de cada especialidade respecto das persoas participantes que sexan seleccionadas para a fase final.
4. As contías dos premios obxecto desta convocatoria serán as únicas e estarán suxeitas ás retencións correspondentes conforme a lexislación tributaria.
5. Segundo a calidade das obras poderían ser declarados desertos ou compartidos algúns dos premios. Neste último caso, a contía do premio repartirase de xeito directamente proporcional ao número de obras premiadas.
6. Entregarase un diploma acreditativo a todas as persoas premiadas.
7. A obtención dun premio económico neste programa suporá a incompatibilidade de presentar a obra premiada a outros certames.
As persoas galegas ou residentes en Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Dirección Xeral de Xuventude
Subdirección Xeral de Programas e Asesoramento para a Xuventude
Servizo de Programas e Mobilidade Xuvenil
Edificio Administrativo San Lázaro, 3º andar
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541689
Fax: 981545843
Email: xuventudecrea.cps@xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
02/09/2023 00:00 - 02/10/2023 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
1. Poderán solicitar a participación na obtención dos premios nas especialidades do programa Xuventude Crea 2023 as persoas galegas ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade feitos no ano 2023, agás o establecido no capítulo II para cada especialidade.
2. Enténdese por profesional aquela persoa que mantén unha relación contractual permanente ou ocasional con algunha empresa vinculada á especialidade concreta na que solicita participar levando a cabo traballos directamente relacionados con ela, ou que está dada de alta como autónoma nunha actividade que teña unha relación directa coa citada especialidade.
3. A participación será sempre a título individual, salvo no caso das especialidades de cociña, creación de videoxogos, danza moderna, música, teatro e videocreación.
Nestas especialidades poderán presentarse asociacións privadas sen ánimo de lucro legalmente constituídas ou grupos informais, en que unha das persoas integrantes asumirá o papel de representante único/a do grupo e con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como persoa beneficiaria, lle correspondan ao grupo e, en consecuencia, a todas as persoas que o forman.
4. Aquelas persoas que gañasen o primeiro premio dunha especialidade das convocadas na edición do ano anterior non poderán participar na mesma especialidade na presente convocatoria.
5. Os requisitos deberán cumprirse segundo o disposto no capítulo II (parte específica) da Orde do 25 de agosto de 2023 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 166 do 1 de setembro de 2023)
Solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (anexo I).
A presentación electrónica será obrigatoria para as asociacións privadas sen ánimo de lucro legalmente constituídas e as persoas representantes delas.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude de xeito presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Os grupos informais e demais persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
2. Os grupos informais presentarán unha única solicitude (anexo I) e deberán acompañala coa relación das persoas integrantes do grupo (anexo III), de acordo co previsto no artigo seguinte. As comunicacións efectuaranse coa persoa que conste como representante único/a do grupo informal no dito anexo III, cos poderes segundo o establecido no artigo 5.3.
3. Só se permite presentar na mesma solicitude a participación para unha das especialidades. No caso de querer presentarse a varias, a persoa solicitante deberá efectuar unha solicitude para cada especialidade.
Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) No caso de que calquera persoa participante, a título individual ou colectivo, sexa menor de idade, precísase a autorización do/da pai/nai ou titor/a legal para participar nesta convocatoria, así como para calquera cuestión con ela relacionada.
b) A obra e a documentación que corresponda de acordo co disposto na parte específica para cada especialidade concreta. Esta documentación non pode levar ningún dato persoal.
Deberá presentarse separadamente a documentación relativa á obra, por un lado, e a propia obra, polo outro.
En todo caso, o soporte audiovisual que se envíe (memoria USB) deberá ter as óptimas condicións de visibilidade e gravado.
2. No caso de grupos informais, deberán achegar, ademais, a seguinte documentación:
a) Anexo II, para a comprobación de datos de terceiras persoas interesadas. Deberá presentarse un anexo II por cada unha das persoas integrantes do grupo.
b) Anexo III, en que constará a relación de persoas que compoñen o grupo e o poder de representación para unha das persoas integrantes.
3. No caso de asociacións privadas sen ánimo de lucro, deberán achegar a acreditación da persoa que, en nome e representación da entidade, asina a solicitude, mediante a correspondente documentación de apoderamento, resolución, mandato, certificado expedido polo secretario ou secretaria, ou acta, onde se determine a dita representación.
4. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
5. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.
A presentación electrónica será obrigatoria para as asociacións privadas sen ánimo de lucro legalmente constituídas. Se algunha destas persoas presenta a documentación complementaria de xeito presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
6. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
7. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, en especial, as especialidades de creación de videoxogos, danza moderna, moda, música, teatro e videocreación, permitirase a presentación destes de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán realizarse os ditos trámites de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) Documento acreditativo da identidade da persoa solicitante e dos membros do grupo, de ser o caso, consistente no número de identificación fiscal (NIF) no caso de persoas xurídicas e no documento nacional de identidade (DNI) ou número de identidade de estranxeiro/a (NIE) no caso de persoas físicas.
b) DNI/NIE da persoa representante, de ser o caso.
c) Datos de residencia con data de última variación do padrón da persoa solicitante e dos membros do grupo informal, de ser o caso.
d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social da persoa solicitante e dos membros do grupo informal, de ser o caso.
e) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma da persoa solicitante e dos membros do grupo informal, de ser o caso.
f) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT) da persoa solicitante e dos membros do grupo informal, de ser o caso.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán facer constar a súa oposición expresa no recadro habilitado para o efecto no anexo I (solicitude) e anexo II (en caso de grupos) e achegar os documentos correspondentes.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 25 de agosto de 2023 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 166 do 1 de setembro de 2023).
-
Extracto da Orde do 25 de agosto de 2023 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 166 do 1 de setembro de 2023).
-
Resolución do 18 de decembro de 2023, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se dá publicidade das resolucións de concesión das axudas para o desenvolvemento das fases finais das especialidades de arte urbana, cociña, deseño de xoias, moda, música e teatro, ao abeiro da Orde do 25 de agosto de 2023 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2023 (DOG nº 246 do 29 de decembro de 2023).
-
Resolución do 18 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se dá publicidade das resolucións de concesión dos premios das especialidades de artes plásticas, arte urbana, banda deseñada, cociña, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, fotografía, moda, música, novela curta, poesía, teatro e videocreación ao abeiro da Orde do 25 de agosto de 2023 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 25 do 5 de febreiro de 2024).
-
Outros procedementos relacionados
Axudas enmarcadas no Programa Iniciativa Xove.
Prazo aberto: 07/05/2025 00:00 - 06/06/2025 23:59
Inclusión no censo de entidades xuvenís.
Aberto todo o ano
Expedición de títulos de ensinanzas impartidas nas escolas de tempo libre.
Aberto todo o ano
Recoñecemento oficial dos servizos de información xuvenil.
Aberto todo o ano