Guía de procedementos e servizos

BS303C

Prazas en residencias xuvenís para persoas estudantes colaboradoras bolseiras.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2022 - Prazo pechado: 16/07/2022 00:00 - 16/08/2022 23:59

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

A presente orde ten por obxecto convocar en réxime de concorrencia competitiva a adxudicación de prazas e de bolsas, nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social para o curso académico 2022/23, e establecer as bases para a súa concesión.

Prazas convocadas.

1. O número de prazas residenciais convocadas e a súa distribución por residencias é o seguinte:

-78 prazas no Centro Residencial Xuvenil "LUG" en Lugo.

-60 prazas na residencia Florentino López Cuevillas en Ourense.

-85 prazas na residencia Altamar en Vigo.

2. Do total de prazas resérvase un 9% para o caso de mozas que sufran violencia de xénero ou para mozos e mozas cuxas proxenitoras a sufrisen. A distribución de prazas para esta reserva é:

-7  prazas no Centro Residencial Xuvenil "LUG" en Lugo.

-5  prazas na residencia Florentino L.Cuevillas en Ourense.

-7 prazas na residencia Altamar en Vigo.

Ademais, na residencia Altamar de Vigo resérvanse 2 prazas para persoas con discapacidade, adaptadas para persoas con mobilidade reducida.

Para o caso de que non se cubran todas as prazas reservadas coas solicitudes presentadas en prazo, as prazas restantes sumaranse ás anteriores.

Período de estadía.

1. O período máximo de estadía na residencia xuvenil de todas as persoas residentes será de 11 meses e estará comprendido no período establecido para cada curso académico, exceptuándose os períodos de vacacións de Nadal e Semana Santa.

2. Todas as as persoas residentes que teñan a condición de estudantes, colaboradoras bolseiras ou non, iniciarán e finalizarán a súa estadía na residencia xuvenil coincidindo co correspondente curso académico no cal estivesen matriculadas, respectando sempre o período máximo antes indicado e, en todo caso, concluirán a súa estadía co remate dos estudos desenvolvidos.

3. En calquera caso, as persoas residentes deberán iniciar a súa estadía na residencia xuvenil como prazo máximo o 31 de outubro do ano da presente convocatoria, a excepción do suposto de prazas vacantes que se irán cubrindo seguindo a data de entrada de acordo aos criterios establecidos no artigo 11.

Persoas estudantes colaboradoras bolseiras.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Coruña

Servizo de Xuventude e Voluntariado da Coruña

CC. Elviña - Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881881238

Fax: 881881237

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Lugo

Servizo de Xuventude e Voluntariado de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294599

Fax: 982294339

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Ourense

Servizo de Xuventude e Voluntariado de Ourense

Avda. da Habana, 81 baixo

32004  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386120 / 988386113

Fax: 988386119

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Pontevedra

Servizo de Xuventude e Voluntariado de Vigo

R/ Concepción Arenal, 8

36201  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986817781 / 986817782

Fax: 986817082

Dirección Xeral de Xuventude

Prazo de presentación: PECHADO

16/07/2022 00:00 - 16/08/2022 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta orde.

O día final do citado prazo será o correspondente, no mes seguinte, ao mesmo número ordinal do día da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se este último día é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non hai día equivalente ao da publicación entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.

1. Poderán optar ás prazas nas residencias xuvenís as persoas que reúnan os seguintes requisitos xerais:

a) Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser persoa estranxeira residente en España no momento de presentación da solicitude.

b) Non ter perdido a condición de residente en convocatorias anteriores por causa imputable á persoa solicitante.

2. Requisitos especificos para as persoas estudantes colaboradoras bolseiras:

a) Ter os 18 anos cumpridos e non superar os 30 a data 31 de decembro de 2022.

b) Non ter perdido a condición de persoa colaboradora bolseira da que foi beneficiaria en convocatorias anteriores, por causa imputable á dita persoa solicitante e beneficiaria da bolsa.

c) Non padecer defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento normal da actividade como persoa colaboradora na residencia xuvenil.

d) Ter unha renda media familiar inferior ao 150% do indicador público de renda de efectos múltiples (Iprem) do ano en curso. A dita renda media calcúlase segundo o establecido no artigo 11.2.

e) Ademais, as persoas beneficiarias destas bolsas teñen que cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Non poderán obter a condición de beneficiarias das subvencións aquelas persoas que non se encontren ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social, ou teñan pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Solicitudes.

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. Se a solicitude non reúne algún dos requisitos esixidos nestas bases reguladoras, o órgano responsable da tramitación requirirá ás persoas interesadas para que, nun prazo de dez días hábiles a partir do día seguinte á notificación do requirimento, emenden a falta ou presenten os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixeren, teranse por desistidas da súa petición, logo da correspondente resolución, nos termos previstos polo artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

3. Para resolver as dúbidas relacionadas con dificultades técnicas ou no caso de máis información durante o proceso de obtención dos formularios e da súa presentación por vía electrónica, as persoas interesadas poderán facer as súas consultas ao teléfono de información 012 ou ao enderezo electrónico 012@xunta.gal

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

1. As persoas solicitantes deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación xeral:

a) Libro de familia: copia de todas as follas do libro de familia en que figuren todas as persoas que compoñen a unidade familiar. A determinación dos membros da unidade familiar realizarase atendendo á situación existente na data de presentación da solicitude.

b) Título de familia numerosa: copia do título de familia numerosa cando non fose expedido na Comunidade Autónoma de Galicia, se é o caso.

c) Certificado de convivencia das persoas que compoñen a unidade familiar, se é o caso.

d) Certificación de Facenda de non ter obriga de declarar, se é o caso.

Cando non sexa posible achegar a dita certificación na data de presentación da solicitude, por non estar dispoñible, a adxudicación de praza quedará condicionada á presentación desta certificación con anterioridade á incorporación na residencia xuvenil.

e) Certificación médica acreditativa do estado de xestación no momento de presentación da solicitude, no caso de ser muller xestante.

f) A situación de violencia de xénero, se é o caso. Esta situación acreditarase, por calquera dos medios recoñecidos no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, que son:

1º. Certificación da orde de protección ou da medida cautelar ou testemuño ou copia autenticada pola secretaria ou polo secretario xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar.

2º. Sentenza de calquera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu violencia en calquera das modalidades definidas na Lei 11/2007, do 27 de xullo.

3º. Certificación e/ou informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local.

4º. Certificación dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local.

5º. Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia.

6º. Informe da Inspección de Traballo e da Seguridade Social.

7º. Calquera outra que se estableza regulamentariamente.

g) Acreditación da condición de orfandade, se é o caso.

h) Acreditación da discapacidade igual ou superior ao 33 % da persoas solicitante ou de calquera das persoas que compoñen a unidade familiar cando non fose expedido na Comunidade Autónoma de Galicia, se é o caso.

i) Acreditación de que a persoa solicitante constitúe unha unidade familiar independente, se é o caso. Neste caso, a persoa solicitante debe achegar:

1º. Acreditación da relación matrimonial ou análoga á conxugal así como da súa descendencia, se é o caso.

2º. Acreditación do domicilio mediante volante de empadroamento conxunto.

3º. Acreditación do pagamento de vivenda, se é o caso.

4º. Acreditación dos medios económicos con que conta a persoa solicitante.

j) Anexo IV, de comprobación de datos de terceiras persoas, se é o caso.

2. As persoas solicitantes, estudantes colaboradoras bolseiras ou non (procedemento BS303C), deberán achegar, ademais da documentación xeral, a seguinte documentación específica:

a) Certificación académica ou documento acreditativo en que figuren as notas correspondentes ao curso académico anterior ao da presentación da solicitude ou, se é o caso, da proba de acceso á universidade correspondente a ese mesmo curso. Na certificación deberá constar a nota media. No caso de que a persoa solicitante non cursase estudos durante ese ano académico, a certificación referirase ao último curso académico no que estivo matriculada ou á media de bacharelato (1º e 2º), se é o caso.

b) Copia da preinscrición/reserva de praza nas facultades ou escolas universitarias, centros de bacharelato ou ciclos formativos, para o caso de que se vaia cursar o primeiro ano de estudos

Cando non se dispoña desta documentación, por non estar aberto o prazo de preinscrición ou reserva durante o prazo de presentación de solicitudes de praza na residencia xuvenil, a persoa solicitante achegará un documento comunicando esta circunstancia e comprometéndose a presentala no momento en que se realice.

3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o esixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

6. No caso de que algún dos documentos a presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no paragrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación dos procedementos establecidos na presente orde consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña a súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante e, se é o caso, do representante e demais membros que compoñen á unidade familiar.

b) Certificado de residencia con data de última variación padroal da persoa solicitante.

c) Datos do imposto da renda das persoas físicas, en adiante IRPF, de acordo coa declaración presentada no ano inmediatamente anterior á data da presentación da solicitude da persoa solicitante e, se é o caso, dos demais membros que compoñen a unidade familiar.

Para o procedemento BS303C (persoas estudantes colaboradoras bolseiras), ademais dos datos anteriores:

a) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social da persoa solicitante.

b) Certificado de estar ao día no pagamento de débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

c) Certificado de estar ao día no pagamento de débedas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

2. Consultaranse ademais os seguintes datos, cando a persoa solicitante faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Título de familia numerosa expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Certificado de recoñecemento da condición de familia monoparental.

c) Certificado de discapacidade da persoa solicitante e, se é o caso, dos demais membros que compoñen a unidade familiar expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Acreditación dos importes de prestacións por desemprego percibidas na data actual da persoa solicitante e, se é o caso, dos demais membros que compoñen a unidade familiar.

e) Acreditación da situación legal de desemprego sen prestación económica da persoa solicitante e, se é o caso, dos demais membros da unidade familiar.

3. No caso de que as persoas interesadas, as persoas titoras ou representantes legais, se é o caso, ou os demais membros que compoñen a unidade familiar se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente (anexos I, II ou III segundo o procedemento para a persoa solicitante, e anexo IV para os demais membros da unidade familiar) e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas, ao/á titor/a ou representante legal e aos demais que compoñen a unidade familiar, a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

Catro meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 5 de xullo de 2022 pola que se determinan as bases reguladoras para a concesión de prazas e bolsas nas residencias xuvenís dependentes desta consellería e se convocan para o curso académico 2022/23 (DOG nº 135 do 15 de xullo de 2022).

    • Extracto da Orde do 5 de xullo de 2022 pola que se determinan as bases reguladoras para a concesión de prazas e bolsas nas residencias xuvenís dependentes desta consellería e se convocan para o curso académico 2022/23 (DOG nº 135 do 15 de xullo de 2022).

    • Resolución do 31 de agosto de 2022, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se dá publicidade das resolucións de adxudicación de prazas e concesión de bolsas nas residencias xuvenís, ao abeiro da Orde do 5 de xullo de 2022 pola que se determinan as bases reguladoras para a concesión de prazas e bolsas nas residencias xuvenís dependentes desta consellería e se convocan para o curso académico 2022/23 (DOG nº 187 de 30 de setembro de 2022).

Outros procedementos relacionados

BS306B

Axudas enmarcadas no Programa Iniciativa Xove.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 07/05/2025 00:00 - 06/06/2025 23:59

BS307A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de escolas de tempo libre.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS308A

Inclusión no censo de entidades xuvenís.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS309A

Expedición de títulos de ensinanzas impartidas nas escolas de tempo libre.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano