Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
BS303C
Prazas de persoas colaboradoras-bolseiras para as residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, esta oferta de prazas para persoas colaboradoras bolseiras nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social para o curso académico 2017/18, e establecer as bases para a súa concesión.
O número de prazas convocadas e a súa distribución por residencias é a seguinte:
Residencia: Centro Residencial Xuvenil LUG Cidade: Lugo Prazas: 4 home/muller.
Residencia: Florentino L. Cuevillas Cidade: Ourense Prazas: 5 home/muller.
Residencia: Altamar Cidade: Vigo Prazas: 6 home/muller.
Criterios de selección.
1. Os criterios de selección que se terán en conta para conceder estas axudas serán os seguintes:
a) Proxecto de actividades. Este proxecto puntuarase de 1 a 7 puntos, de conformidade cos seguintes criterios de avaliación:
1º. Obxectivos. Valoraranse a definición a coherencia interna dos obxectivos e o sistema de avaliación e seguimento propostos: ata 1,25 puntos.
1º.1. Obxectivos: ata 1 punto.
1º.1.1. Inexistencia de descrición de obxectivos: 0 puntos.
1º.1.2. Descrición básica (obxectivos xerais): 0,50 puntos.
1º.1.3. Descrición correcta (obxectivos xerais e específicos): 1 punto.
1º.2. Sistema de avaliación: ata 0,25 puntos.
1º.2.1. Non se establecen sistemas de avaliación e seguimento ou os previstos son deficientes: 0 puntos.
1º.2.2. O/s sistemas elixido/s é/son básicos: 0,10 puntos.
1º.2.3. O/s sistema/s elixidos é/son destacados: 0,25 puntos.
Cando o sistema de avaliación se valora como correcto é porque se entende que resulta adecuado e suficiente para avaliar o grao de consecución dos obxectivos, a adecuada utilización dos recursos e a eficacia do programa.
2º. Metodoloxía: ata 0, 25 puntos.
2º.1. Descrición básica: 0,10 puntos.
2º.2. Descrición correcta: 0,25 puntos.
3º. Actividades previstas para a implementación práctica do proxecto (ata 5 puntos) tendo en conta:
3º.1. Descrición das actividades: ata 1 punto.
3º.1.1. Descrición básica: 0,25 puntos.
3º.1.2. Descrición correcta: 0,50 puntos.
3º.1.3. Descrición destacada: 1 punto.
3º.2. Tipoloxía de actividades: ata 2,50 puntos.
3º.2.1. Educativas didácticas: 1 punto.
3º.2.2. Lúdicas: 0,75 puntos.
3º.2.3. Deportivas: 0,50 puntos.
3º.2.4. Outras: 0,25 puntos.
3º.3. Carácter innovador: 0,50 puntos.
3º.4. Recursos que se van empregar: ata 1 punto.
3º.4.1. Descrición imprecisa: 0,25 puntos.
3º.4.2. Descrición detallada: 1 punto.
4º. Temporalización: ata 0,25 puntos.
4º.1. Imprecisión: 0,10 puntos.
4º.2. Precisión: 0,25 puntos.
5º. Custos: ata 0,25 puntos.
5º.1.Descrición imprecisa: 0,10 puntos.
5º.2. Descrición detallada: 0,25 puntos.
b) Renda da unidade familiar: terase en conta a relación de ingresos/número de persoas que compoñen a unidade familiar.
A renda calcularase por agregación da base impoñible xeral coa base impoñible do aforro; cadros 366+374 da declaración do imposto da renda das persoas físicas. Tomarase o importe do total dos ingresos da unidade familiar, para o cal se sumarán as rendas do total de membros computables, e o resultado dividirase entre o mesmo número para obter así a renda media da unidade familiar.
O importe da renda enténdese referido á declaración do IRPF presentada no ano inmediato anterior á data de publicación desta convocatoria.
Non obstante, cando as circunstancias na data da declaración do IRPF antes indicada non coincidan coas circunstancias concorrentes no momento de presentación da solicitude, teranse en conta estas últimas, previamente xustificadas documentalmente, e sempre e cando cumpran as condicións consideradas no último parágrafo do artigo 4.1.f).
A renda media da unidade familiar puntuarase segundo o seguinte baremo:
Inferior ao 50 % do IPREM: 10 puntos.
Entre o 50 % e o 75 % do IPREM: 8 puntos.
Superior ao 75 % e inferior ao 100 % do IPREM: 6 puntos.
Entre o 100 % e o 125 % do IPREM: 3 puntos.
c) Situación de familia numerosa:
1º. Categoría xeral: 0,25 puntos.
2º. Categoría especial: 0,50 puntos.
d) Distancia desde o seu domicilio ata a residencia solicitada, segundo o seguinte baremo:
1º. De 0 a 99 km: 1 punto.
2º. De 100 a 200 km: 2 puntos.
3º. Máis de 200 km: 3 puntos.
e) Orfandade:
1º. Condición de orfandade: 0,50 puntos.
2º. Condición de orfandade absoluta: 1 punto.
f) Discapacidade de calquera membro da unidade familiar. Por cada membro da unidade familiar con discapacidade:
1º. Igual ou superior ao 33 % e inferior ao 65 %: 0,50 puntos.
2º. Igual ou superior ao 65 %: 1 punto.
g) Residencia: por ter a súa residencia familiar en Galicia: 2 puntos.
h) Embarazo: por ser muller en estado de xestación: 1 punto.
i) Violencia de xénero: mulleres vítimas de violencia de xénero ou persoas solicitantes cuxas proxenitoras a sufrisen, sempre que a acreditación das ditas circunstancias fose emitida dentro do intervalo de tempo dos doce meses anteriores á data de presentación da solicitude e sempre que a dita acreditación se realice de conformidade co indicado no artigo 4.1.f): 1 punto.
j) Outras circunstancias sociofamiliares: por calquera outra circunstancia sociofamiliar que sexa susceptible de valoración ao xuízo da comisión cualificadora e adecuadamente acreditada no momento de presentar a solicitude: ata un máximo de 2 puntos. En todo caso:
1º. Por ter algún/algunha irmán/á-áns/ás con praza renovada na residencia: 1 punto.
2º. Por ter a condición de familia monoparental: 1 punto. Enténdese por familia monoparental a unidade familiar formada por un/unha único/a proxenitor/a que non conviva con outra persoa coa cal manteña unha relación análoga á conxugal e sempre que, de existir outro/a proxenitor/a, non contribúa economicamente ao sustento.
k) Rendemento académico segundo a nota media obtida no último curso ou na proba de selectividade ou proba de acceso á universidade (terase en conta só a nota media da parte xeral). Cando o curso universitario sobre o cal se fai a media non sexa completo, teranse en conta o número de créditos cursados e ponderarase a nota media con base en 60 créditos de que conta o curso universitario segundo o plan Boloña. A puntuación neste caso corresponderase coa dita nota media.
l) Entrevista persoal: a comisión cualificadora poderá citar as persoas solicitantes para a realización dunha entrevista persoal que se valorará de 1 a 5 puntos.
Puntuarase segundo o seguinte baremo:
1º. Resposta a diferentes situacións que poden xurdir na residencia: ata 1,5 puntos.
2º. Preguntas concretas sobre o desenvolvemento do proxecto presentado (aclaracións...): ata 1,5 puntos.
3º. Motivacións para a solicitude da praza de bolseiro/a: ata 1 punto.
4º. Análise de aptitudes e actitudes: ata 0,5 puntos.
5º. Preguntas base para ver a súa adaptación á figura de colaborador: ata 0,5 puntos.
m) Desemprego: situación laboral de desemprego sen prestación económica do pai e/ou da nai ou do/da titor/a legal: 1 punto por cada situación.
n) Ter sido residente na mesma residencia para a cal se solicita a bolsa, ben en anos anteriores ben no mesmo ano en que se solicita: 5 puntos.
Este criterio preferente non se terá en conta para o caso daqueles/as residentes que abandonasen a residencia xuvenil antes de rematar o curso académico. Non obstante, puntuaranse os criterios indicados no caso de non completar o curso académico na residencia polos seguintes motivos:
1º. Enfermidade persoal grave dos/das residentes ou dalgún/dalgunha familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, co/coa cal convivan, debidamente xustificada.
2º. Contrato laboral noutra localidade.
3º. Ser persoas merecedoras dunha bolsa Erasmus ou Séneca.
4º. Ter que realizar as prácticas académicas noutra localidade.
En todo caso, a admisión de persoas que xa fosen residentes en cursos anteriores queda condicionada á inexistencia dun informe desfavorable da dirección da residencia baseado no incumprimento das normas de réxime interno ou inadaptación á normal convivencia e mínimo respecto cívico que debe rexer nestes centros.
2. Para os efectos do disposto neste artigo, considéranse membros computables da unidade familiar:
a) A persoa solicitante, o pai, a nai ou os/as titores/as legais, e os/as irmáns/irmás menores de idade que convivan no domicilio familiar ou os/as de maior idade incapacitados/as xudicialmente suxeitos/as á patria potestade prorrogada ou rehabilitada. Tamén se considerarán membros da unidade familiar irmáns e irmás, descendentes e ascendentes ata segundo grao que convivan coa persoa solicitante e que non dispoñan de ingresos ou que os teñan inferiores ao 50 % do IPREM.
b) En cumprimento do establecido no artigo 6.2 da Lei 5/2010, do 23 de xuño, pola que se establece e regula unha rede de apoio á muller embarazada, terase en conta o seguinte:
1º. Computarase que a unidade familiar da cal forme parte a muller embarazada está integrada por un ou máis membros adicionais desde o momento da fecundación, dependendo do número de fillos/as que espere, sempre que na aplicación desta fórmula se obteña un maior beneficio.
2º. Se a nai xestante non forma parte da unidade familiar, entenderase que, polo feito de estar embarazada, a constitúe.
c) No caso de divorcio ou separación legal do matrimonio, non se considerará membro computable aquel/aquela que non conviva coa persoa solicitante, sen prexuízo de que nos ingresos de base de familia se inclúa a súa contribución económica. Non obstante, si terá a consideración de membro computable, se é o caso, o/a novo/a cónxuxe ou persoa unida por análoga relación de afectividade e terase que incluír a súa renda e o seu patrimonio.
d) Cando a persoa solicitante constitúa unidade familiar independente, tamén se considerarán membros computables o/a cónxuxe ou persoa coa cal estea unido/a por análoga relación, así como os/as fillos/as se os tiver. Neste caso, deberá acreditar suficientemente esta circunstancia e o seu domicilio, así como o pagamento do alugamento da vivenda, se é o caso, e dos medios económicos con que conta. De non xustificar suficientemente estes datos, a solicitude será sometida a exame pormenorizado con comprobación da renda e a situación real do/da solicitante.
Poderán solicitar as bolsas para residencia todas as persoas físicas.
Obrigas dos/as colaboradores/as bolseiros/as.
1. A condición de persoa colaboradora bolseira obriga a esta nos termos previstos no artigo 14.1 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
2. Obriga de incorporarse ás residencias xuvenís o día de inicio do curso académico, segundo o plan de estudos de cada persoa beneficiaria e como máximo o 16 de outubro de 2017, salvo causa de forza maior debidamente acreditada.
En caso contrario, perderán o dereito á praza adxudicada e cubrirase a vacante conforme a lista confeccionada pola comisión cualificadora.
A xefatura territorial correspondente emitirá certificación da incorporación dos/as bolseiros/as ás residencias xuvenís.
3. Obriga de participar en todas as tarefas e os labores relacionados coa dinamización do centro en actividades de información xuvenil, biblioteca, informática e deporte, entre outras. Correspóndelle ao/á director/a da residencia asignar estas tarefas en función do proxecto de actividades previsto no artigo 4.1.j), así como tamén colaborar no funcionamento ordinario da residencia segundo as indicacións da dirección do centro.
En ningún caso o/a bolseiro/a realizará prácticas vinculadas a tarefas que sexan exclusivas do persoal propio da Xunta Galicia.
4. Dentro das actividades de información xuvenil a que fai referencia o parágrafo anterior, inclúese a de participar no programa Correspondentes xuvenís 3.0 da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado asumindo as obrigas e os dereitos derivados do referido programa.
5. Obriga de subministrar á Administración concedente a información necesaria ao abeiro do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Coruña
Servizo de Xuventude e Voluntariado da Coruña
CC. Elviña - Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881881238
Fax: 881881237
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Lugo
Servizo de Xuventude e Voluntariado de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294599
Fax: 982294339
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Ourense
Servizo de Xuventude e Voluntariado de Ourense
Avda. da Habana, 81 baixo
32004 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386120 / 988386113
Fax: 988386119
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Pontevedra
Servizo de Xuventude e Voluntariado de Vigo
R/ Concepción Arenal, 8
36201 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986817781 / 986817782
Fax: 986817082
Prazo de presentación: PECHADO
13/07/2017 00:00 - 14/08/2017 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da presente orde.
O día final do citado prazo será o correspondente, no mes seguinte, ao mesmo número ordinal do día da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se este último día é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non hai día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.
a) Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro/a residente en España no momento da solicitude de praza.
b) Ter unha idade mínima de 18 anos e menos de 30 en 31 de decembro do ano en curso.
c) Estar cursando estudos universitarios nunha facultade ou escola universitaria, estudos superiores en ensinanzas artísticas ou ciclo formativo de grao superior, que admitan polo seu contido e saídas profesionais a formación e a práctica a través de calquera das tarefas que se poden desenvolver nunha residencia xuvenil.
d) Non ter perdido con anterioridade a condición de colaborador/a por causa imputable á persoa solicitante.
e) Non padecer defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento normal da actividade no centro.
f) Ter unha renda media familiar que non supere o 150 % do indicador público de renda de efectos múltiples (en diante, IPREM) do ano en curso. A dita renda media calcúlase segundo o establecido no artigo 9.1.b).
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Copia de todas as follas do libro de familia onde figuren todas as persoas que compoñen a unidade familiar.
b) Copia do título de familia numerosa cando non fose expedido en Galicia.
c) Certificado de convivencia das persoas que compoñen a unidade familiar, no caso de que non se achegase xa certificado de empadroamento onde conste este dato.
d) No caso de que se produzan causas sobrevidas que afecten os recursos da unidade familiar, poderanse presentar outros documentos que acrediten oficialmente a nova situación económica, sempre e cando as variacións de ingresos supoñan unha diminución ou incremento de máis do 20 % no cómputo anual fronte aos declarados na solicitude de praza, variacións que deberán ter unha duración mínima de catro meses consecutivos para ser tomadas en consideración.
e) A acreditación de ser muller xestante, se é o caso, xustifícase presentando unha certificación médica que acredite o embarazo no momento de presentación da solicitude de axuda.
f) A situación de violencia de xénero acreditarase por calquera dos medios recoñecidos no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, que son:
1º. Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, ou testemuño ou copia autenticada pola secretaria ou polo secretario xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar.
2º. Sentenza de calquera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu violencia en calquera das modalidades definidas nesta lei.
3º. Certificación e/ou informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local.
4º. Certificación dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local.
5º. Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia.
6º. Informe da Inspección de Traballo e da Seguridade Social.
7º. Calquera outra que se estableza regulamentariamente.
g) A situación de orfandade: acreditación desta condición, se é o caso.
h) Discapacidade: acreditación da discapacidade igual ou superior ao 33 % de calquera das persoas que compoñen a unidade familiar cando non fose expedido en Galicia.
i) Certificación académica: orixinal ou copia na cal figuren as notas correspondentes ao último curso académico en que estivo matriculado/a ou, se é o caso, da proba de obtención de título. Na certificación deberá constar a nota media.
j) Proxecto de actividades que pretenda desenvolver na residencia xuvenil de acordo coas funcións recollidas nos números 3 e 4 do artigo 13. Este proxecto deberá incluír: obxectivos, metodoloxía, actividades e a temporalización e custos destas. Como tal proxecto, deberá ter en conta a realidade, o centro en que se pretende desenvolver e as peculiaridades dos/as destinatarios/as.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI/NIE da persoa solicitante.
b) Certificado de residencia da persoa solicitante.
c) Datos do imposto da renda das persoas físicas (IRPF).
2. Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:
a) Datos do título de familia numerosa expedido pola Xunta de Galicia.
b) Grao de discapacidade da persoa solicitante recoñecida pola Xunta de Galicia.
c) Desemprego.
d) Familia monoparental, certificado de monoparentalidade expedido pola Dirección Xeral de Familia.
e) Certificado de empadroamento.
3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Se na solicitude se aprecian defectos ou falta de documentación, a xefatura territorial correspondente requirirá a persoa solicitante para que no prazo de dez (10) días emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se considerará desistida da súa petición, de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de resolución que será ditada nos termos do artigo 21.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación das solicitudes poderán empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que vai presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pódese consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén os poderán presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo de resolución: Dous meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 3 de xullo de 2017 pola que se determinan as bases reguladoras e se convocan prazas de persoas colaboradoras bolseiras para as residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social para o curso 2017/18 (DOG nº 132 do 12 de xullo de 2017).
-
Extracto da Orde do 3 de xullo de 2017 pola que se determinan as bases reguladoras e se convocan prazas de persoas colaboradoras bolseiras para as residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social para o curso 2017/18 (DOG nº 132 do 12 de xullo de 2017).
-
Corrección de erros. Orde do 3 de xullo de 2017 pola que se determinan as bases reguladoras e se convocan prazas de persoas colaboradoras bolseiras para as residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social para o curso 2017/18 (DOG nº 139 do 21 de xullo de 2017)
-
Outros procedementos relacionados
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de escolas de tempo libre.
Aberto todo o ano
Inclusión no censo de entidades xuvenís.
Aberto todo o ano
Expedición de títulos de ensinanzas impartidas nas escolas de tempo libre.
Aberto todo o ano
Recoñecemento oficial dos servizos de información xuvenil.
Aberto todo o ano