Guía de procedementos e servizos

BS303F

Prazas xuvenís, Programa campaña de verán (Múltiple).

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2024 - Prazo pechado: 17/04/2024 00:00 - 30/04/2024 23:59

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Ofertar as prazas para actividades xuvenís dentro da programación da Campaña de verán 2024 que se detalla no anexo I (A e C) da orde, no procedemento xeral (solicitude múltiple), para facilitar que a mocidade galega poida participar en actividades de tempo libre de calidade.

As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diferentes quendas durante os meses de xullo, agosto e setembro.

A información sobre a convocatoria desta campaña atoparase detallada na páxina web xuventude.xunta.es

Persoas mozas residentes en Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Dirección Xeral de Xuventude

Edificio administrativo San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881999025/ 881999194/ 981545293/ 881999314

Email: actividades.xuventude@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Coruña

Servizo de Xuventude e Voluntariado da Coruña

Espazo Amizar, Gregorio Hernández, nº 2 - 4,

15011  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881881238/ 881881240/ 881881241

Email: xuventudecoruna.benestar@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Lugo

Servizo de Xuventude e Voluntariado de Lugo

Ronda da Muralla, nº 70

27001  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294224/ 982294599/ 982294923

Email: xuventudelugo@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Ourense

Servizo de Xuventude e Voluntariado de Ourense

Rúa Celso Emilio Ferreiro, nº 27

32004  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386120/ 988386117

Email: servicio.xuventude.ourense@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Pontevedra

Servizo de Xuventude e Voluntariado de Vigo

Praza da Estrela, s/n

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817078/ 986817080/ 986817079/ 986817782

Email: xuventude.voluntariado.vigo@xunta.gal

Dirección Xeral de Xuventude

Prazo de presentación: PECHADO

17/04/2024 00:00 - 30/04/2024 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

1. Poderán solicitar a súa participación nas actividades xuvenís ofertadas nesta convocatoria as persoas mozas  residentes en Galicia, nacidas no ano sinalado no anexo I para cada actividade.

2. En canto ás idades mínima e máxima para participar na Campaña de verán 2024, as persoas nacidas no ano 2015 deberán ter feitos os 9 anos ao inicio do campamento e as persoas nacidas no ano 2006 non poderán facer os 18 anos antes da finalización do campamento.

3. Para ser admitida/o no campamento será necesario non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio. Para os campamentos que inclúan na súa programación actividades acuáticas, é requisito saber nadar, sen prexuízo do sinalado para as persoas con discapacidade no número 5.

4. Ningunha persoa participante poderá ser admitida en máis dun campamento nesta convocatoria. A praza adxudicada será intransferible.

Así mesmo, as persoas admitidas nun campamento desta convocatoria non poderán solicitar praza noutros programas da Campaña de verán, agás que previamente se dean de baixa no campamento adxudicado.

5. As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 % deberán facer constar esta circunstancia no apartado que figura no seu anexo de solicitude, co fin de planificar os apoios persoais necesarios, se os precisase.

Para facilitar a selección dos campamentos e instalacións xuvenís máis axeitadas ás condicións das persoas solicitantes, a programación de actividades e as características das instalacións nas que se desenvolven poderanse consultar na páxina web de xuventude, xuventude.xunta.es.

En función do tipo de discapacidade, poderá exceptuarse, de ser o caso, o requisito de saber nadar.

As persoas solicitantes con discapacidade deben optar, de conformidade co artigo seguinte, polo  procedemento xeral ou  polo procedemento das prazas reservadas para inclusión, de xeito que quedarán excluídas no suposto de que presenten a solicitude por ambos os procedementos.

6. As persoas menores en situación de tutela ou garda pola Administración e que se atopen en acollemento residencial, poderán participar nesta convocatoria e deberán indicar esta condición no anexo de solicitude, marcando o recadro correspondente.

7. O incumprimento dos requisitos sinalados neste artigo impedirá a participación da persoa solicitante no campamento.

Solicitude e forma de presentación.

1. Poderá presentarse unha solicitude múltiple para o suposto de dous/dúas ou máis irmáns/ás, tres e ata catro irmáns/ás, tanto no procedemento xeral como no de inclusión. Poderán incluírse na solicitude múltiple as persoas menores que convivan no domicilio en situación de acollemento familiar, equiparándose a súa situación á de persoas irmás.

Esta solicitude múltiple só se poderá empregar no caso de persoas que soliciten idéntica instalación, quenda e campamento, identificado co mesmo código. Todas as persoas interesadas que figuren nunha mesma solicitude deben cumprir os requisitos de idade esixidos para as instalacións, quendas e actividades solicitadas.

As  persoas que presenten unha solicitude múltiple deben empregar o formulario que se incorpora como anexo III, correspondente ao procedemento xeral (procedemento BS303F).

Estas solicitudes múltiples teñen efecto durante o sorteo para a adxudicación da praza e para xerar as listas de espera. Non obstante, no momento das adxudicacións desde a lista de espera teranse en conta como solicitudes individuais

2. Os anexos de solicitude deben ser cubertos de acordo co seguinte réxime:

a) Cada persoa moza só poderá cubrir unha solicitude e elixirá, por orde de prioridade, un máximo de cinco quendas ou actividades. Cada quenda ou actividade vai identificada cun código no anexo I, alíneas A e C.

b) Os datos da persoa solicitante deben ser os da persoa moza que opta a participar nas actividades. No caso de solicitudes múltiples deberán cubrirse os datos de todos os/as irmáns/irmás que soliciten a súa participación.

c) As solicitudes deberanas asinar as persoas proxenitoras ou titoras das persoas  menores solicitantes.

d) As persoas solicitantes deben residir na Comunidade Autónoma de Galicia e polo tanto, o enderezo que se inclúa na solicitude deberá ser, necesariamente, nalgún concello de Galicia.

e) A duplicidade dunha solicitude dará lugar á non admisión de ambas, e a persoa solicitante quedará fóra da adxudicación.

3. Na páxina web xuventude.xunta.es habilitarase un enlace para consultar o número de expediente asignado á persoa menor solicitante e os datos da solicitude. Para ter acceso á consulta de datos deberase incluír o número do DNI da persoa proxenitora ou  titora que cubriu a solicitude, así como a data de caducidade dese DNI.

Se na consulta se detectan algún erro ou non consta a solicitude que a persoa interesada presentou en forma e prazo, debe chamar a calquera dos números de teléfono que aparecen no anexo IX, de información sobre a convocatoria.

A comunicación dos erros deberá efectuarse, como data límite, ata tres días hábiles antes do sinalado para a realización do sorteo. Unha vez transcorrido ese día non procederá reclamación ningunha.

4. A presentación da solicitude implica a aceptación das normas deste procedemento.

5. As persoas solicitantes poderán solicitar información e asesoramento en relación coa convocatoria nos teléfonos relacionados no anexo IX e tamén de modo presencial nas dependencias  sinaladas no citado anexo.

Documentación complementaria para a adxudicación.

1. As persoas admitidas deberán presentar no prazo de cinco (5) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do resultado do sorteo, a seguinte documentación:

a) Xustificación de pagamento.

b) Se a persoa menor non ten DNI deberá achegarse a copia do libro de familia.

c) Copia da tarxeta sanitaria ou seguro médico privado.

d) Cuestionario de saúde e autonomía persoal e declaración de saber nadar (anexo VI). As persoas con discapacidade deberán facilitar neste documento a información actualizada que permita valorar os apoios específicos que precisa, de ser o caso.

e)  Declaración sobre a autorización para a captación de imaxes (anexo VII).

2. No caso de persoas con discapacidade, ademais, deberán presentar un certificado acreditativo do grao de discapacidade, cando non fose expedido na nosa comunidade autónoma, e copia do ditame técnico facultativo, emitido polo equipo de valoración e orientación correspondente.

3. A documentación complementaria para a adxudicación deberá presentarse electronicamente.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

Comprobación de datos tras a adxudicación de praza.

1. Para a tramitación destes procedementos e tras a adxudicación da praza, de ser o caso, consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas Administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a)  DNI / NIE da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa titular da conta, no caso de solicitude de devolución de cota prevista no artigo 15.

c) Datos de residencia con data da última variacion padroal da persoa solicitante.

2. Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Certificado do grao de discapacidade expedido pola Xunta de Galicia.

b) Título de familia numerosa.

c) Certificado de recoñecemento da condición de familia monoparental.

d) Resolución de acollemento familiar.

e) Carné xove.

3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Cando así o esixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar trala presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 4 de abril de 2024 pola que se regula a oferta de prazas para actividades xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2024 e se procede á súa convocatoria (códigos de procedemento BS303A, BS303F, BS303G e BS303H) (DOG nº 75 do 16 de abril de 2024).

Outros procedementos relacionados

BS307A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de escolas de tempo libre.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS308A

Inclusión no censo de entidades xuvenís.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS309A

Expedición de títulos de ensinanzas impartidas nas escolas de tempo libre.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS312A

Recoñecemento oficial dos servizos de información xuvenil.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano