Guía de procedementos e servizos

BS303F

Prazas xuvenís, Programa campaña de verán (Múltiple).

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2020 - Prazo pechado: 16/06/2020 00:00 - 25/06/2020 23:59

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

1. Para facilitar que a mocidade galega poida participar en actividades de tempo libre de calidade, a Consellería de Política Social oferta a programación de actividades para o ano 2020 que se detalla no anexo I (códigos de procedemento: BS303F).

As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diferentes quendas durante os meses de xullo, agosto e setembro.

2. A información sobre a convocatoria desta campaña, así como de cada actividade e instalación xuvenil onde se desenvolverá, atoparase detallada na páxina web http://xuventude.xunta.es/.

 Servizos ofertados

1. A participación na oferta da Campaña de verán 2020 realizarase mediante solicitude individual ou múltiple (para os supostos de dous/dúas, tres ou catro irmáns/ás).

2. As persoas participantes disporán dos seguintes servizos:

a) Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación do/a mozo/a.

b) Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.

c) Manutención en réxime de pensión completa.

d) O material necesario para a actividade.

e) Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Así mesmo, e para o caso das persoas con necesidades especiais que por razón da súa discapacidade precisen apoio, disporase de persoal que conte con formación e experiencia para atender as súas necesidades.

f) Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.

3. A incorporación e a recollida das persoas participantes nos campamentos e albergues de Galicia será por conta da persoa interesada nos termos que indique a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, na páxina web xuventude.xunta.es e antes do inicio da actividade, e de conformidade coas medidas de prevención indicadas polas autoridades sanitarias sobre o COVID-19.

No suposto de abandono da actividade ou expulsión da persoa participante, será responsabilidade das persoas proxenitoras ou titoras legais o traslado para o regreso ao seu domicilio, así como os gastos que se ocasionen.

Poden solicitar a súa participación nas actividades ofertadas nesta convocatoria as persoas mozas residentes en Galicia, nacidas no ano sinalado no anexo I para cada actividade.

Obrigas das persoas adxudicatarias

As persoas adxudicatarias das prazas están obrigadas:

a) A incorporarse á actividade e regresar polos medios e nos prazos establecidos.

b) A non abandonar a actividade sen o permiso da persoa responsable. En todo caso, o abandono da actividade antes da súa finalización requirirá a comparecencia das persoas proxenitoras ou titoras, ou persoa debidamente autorizada por estes/as, e será responsabilidade destes/as o traslado para o regreso ao seu domicilio, así como os gastos que por tal causa se ocasionen, tal e como se especifica no artigo 2.3.

c) A respectar as normas establecidas polos equipos de animación, as normas de réxime interior das respectivas instalacións, as relativas ao cumprimento de medidas persoais de hixiene e prevención obrigatorias fronte ao COVID-19 e, en xeral, as establecidas pola lexislación vixente na materia. Poderán ser expulsadas do campamento as persoas participantes que non respecten as citadas normas e cando o seu comportamento dificulte ou impida a convivencia.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Dirección Xeral de Xuventude

Edificio Administrativo San Lázaro, 3º andar

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881999025 / 881999194 / 981545293 / 881999314

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Coruña

Servizo de Xuventude e Voluntariado da Coruña

CC. Elviña - Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881881240 / 881881238 / 881881241/ 881881239

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Lugo

Servizo de Xuventude e Voluntariado de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27001  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294224 / 982294353 / 982294923

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Ourense

Servizo de Xuventude e Voluntariado de Ourense

Avda. da Habana, 81 baixo

32004  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386120 / 988386116 / 988386113

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Pontevedra

Servizo de Xuventude e Voluntariado de Vigo

Rúa Concepción Arenal, 8, 1º andar

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817078 / 986817080 / 986817781 / 986817656

Dirección Xeral de Xuventude

Prazo de presentación: PECHADO

16/06/2020 00:00 - 25/06/2020 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será de sete (7) días hábiles contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

1. En canto á idade mínima e máxima para participar na Campaña de verán 2020, cómpre destacar o seguinte:

a) As persoas nacidas no ano 2002 non poderán cumprir 18 anos antes da finalización do campamento.

b) As persoas nacidas no ano 2011 deberán ter cumpridos 9 anos ao inicio do campamento.

2. Para ser admitido/a no campamento será necesario non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio nin sintomatoloxía compatible co COVID-19, sen prexuízo da documentación que deberán asinar as persoas proxenitoras ou titoras a que se fai referencia no artigo 8. Para os campamentos que inclúan na súa programación actividades de auga, é requisito saber nadar, sen prexuízo do sinalado para as persoas con discapacidade no número 5.

3. Ningunha persoa participante poderá ser admitida en máis dun campamento por ano. A praza adxudicada será intransferible.

4. As persoas menores en situación de tutela ou garda pola Administración e que se atopen en acollemento residencial poderán participar nesta convocatoria e deberán indicar esta condición no anexo de solicitude, marcando o recadro correspondente.

5. O incumprimento dos requisitos sinalados neste artigo impedirá a participación da persoa solicitante no campamento.

Solicitude e forma de presentación.

As pretensións dunha pluralidade de persoas de contido e fundamento idéntico ou substancialmente similar poderán formularse nunha única solicitude múltiple, tanto no procedemento xeral como no de inclusión.

As persoas que presenten unha solicitude múltiple deben empregar o formulario que se incorpora como anexo III, correspondente ao procedemento xeral (código de procedemento BS303F).

A solicitude múltiple admitirase para o suposto de dous/dúas, tres e ata catro irmáns/ás. As persoas menores que convivan no domicilio en situación de acollemento familiar tamén se poderán incluír na solicitude múltiple, equiparándose a súa situación a dos/as irmáns/as.

Esta solicitude múltiple só se poderá empregar no caso de persoas que pidan idéntica instalación, quenda e actividade (mesmo código). Todas as persoas interesadas que figuren nunha mesma instancia deben cumprir os requisitos de idade exixidos para as instalacións e quendas solicitadas.

Cando se trate dunha persoa sen discapacidade que teña irmáns/ás con discapacidade e queiran presentar unha solicitude conxunta, só o poderán facer polo procedemento xeral, para as actividades do anexo I A e en ningún caso unha persoa sen discapacidade poderá ocupar unha praza das reservadas para inclusión.

O incumprimento do disposto neste número por unha das persoas participantes suporá a exclusión de todas as que figuren nesa mesma solicitude.

Estas solicitudes múltiples teñen efecto durante o sorteo para a adxudicación da praza e para xerar as listas de espera. Non obstante, no momento das adxudicacións desde a lista de espera teranse en conta como solicitudes individuais.

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario/a e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Os impresos de solicitude deben ser cubertos de acordo coas seguintes normas:

a) Cada mozo/a só poderá cubrir unha solicitude e elixirá, por orde de prioridade, un máximo de cinco quendas ou actividades. Cada quenda ou actividade vai identificada cun código no anexo I, alíneas A e B.

b) Os datos da persoa solicitante deben ser os do/a mozo/a que opta a participar nas actividades. No caso de solicitudes múltiples deberán cubrirse os datos de todos os/as irmáns/irmás que soliciten a súa participación.

c) As solicitudes deberanas asinar as persoas proxenitoras ou titoras dos/as menores solicitantes.

d) As persoas solicitantes deben residir na Comunidade Autónoma de Galicia e polo tanto, o enderezo que se inclúa na solicitude deberá ser, necesariamente, nalgún concello de Galicia.

e) A duplicidade dunha solicitude dará lugar á non admisión de ambas, e a persoa solicitante quedará fóra do sorteo.

A persoa interesada deberá comprobar, na páxina web http://xuventude.xunta.es/, a correcta mecanización da súa solicitude, co fin de emendar os erros detectados. Nesa páxina aparecerá un enlace para consultar os datos da solicitude e o número de expediente asignado á persoa menor solicitante. Para ter acceso a estes deberase incluír o número do DNI da persoa proxenitora ou titora que cubriu a instancia, así como a data de caducidade dese DNI. Se as persoas interesadas detectan algún erro nos datos mecanizados ou non atopan a solicitude, deben chamar a calquera dos números de teléfono que aparecen no anexo VII. A comunicación dos erros deberá efectuarse, como data límite, ata tres días hábiles antes do sinalado para a realización do sorteo. Unha vez transcorrido ese día, non procederá reclamación ningunha.

A presentación da solicitude implica a aceptación das normas deste procedemento.

Documentación

1. As persoas admitidas deberán presentar no prazo de cinco (5) días hábiles contado desde o seguinte ao da realización do sorteo, preferiblemente por vía electrónica, a seguinte documentación:

a) Xustificación de pagamento.

b) Se a persoa menor non dispón de DNI deberá achegarse a copia do libro de familia.

c) Tarxeta sanitaria ou seguro médico privado.

d) Cuestionario de saúde e autonomía persoal (anexo VI).

e) Declaración responsable de que sabe nadar, nos termos do artigo 3.3.

f) Declaración responsable de aceptación de condicións de participación, obrigación de información e consentimento informado, conforme o modelo que se publicará na páxina web xuventude.xunta.es.

2. No caso de persoas con discapacidade, ademais:

a) Certificado acreditativo do grao de discapacidade e copia do ditame técnico facultativo, emitido polo equipo de valoración e orientación correspondente, cando os ditos documentos non fosen expedidos na nosa comunidade autónoma.

b) Cuestionario de saúde e autonomía persoal (anexo VI), con todas as epígrafes cubertas e a información actualizada que permita valorar os apoios específicos que precisa, se é o caso. (Non se prestará ningún tipo de atención que non se reflicta neste documento ou en informes complementarios que se acheguen coa solicitude).

3. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Comprobación de datos

1. De conformidade coa normativa de protección de datos, para a tramitación deste procedemento consultarase o DNI ou NIE da persoa solicitante.

2. Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Certificado de discapacidade emitido pola Xunta de Galicia.

b) Título de familia numerosa.

c) Certificado de familia monoparental.

d) Carné xove.

3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 9 de xuño de 2020 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2020 e se procede á súa convocatoria (DOG nº 116 de 15 de xuño de 2020).

Outros procedementos relacionados

BS306B

Axudas enmarcadas no Programa Iniciativa Xove.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 07/05/2025 00:00 - 06/06/2025 23:59

BS307A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de escolas de tempo libre.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS308A

Inclusión no censo de entidades xuvenís.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS309A

Expedición de títulos de ensinanzas impartidas nas escolas de tempo libre.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano