Guía de procedementos e servizos

PE616C

Inscrición nos exames teóricos e prácticos para a obtención dos títulos que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2025 - Próxima apertura: 04/08/2025 00:00 - 18/08/2025 23:59

Consellería do Mar

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Regular a convocatoria para inscrición nos exames teóricos e prácticos para a obtención dos títulos que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer e motos náuticas na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025.

Aspirantes para a obtención do título para o goberno das embarcacións de lecer na Comunidade Autónoma de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Subdirección Xeral de Xestión, Ensino e Relacións Sectoriais

Servizo de Ensino e Titulacións Náutico-pesqueiras

Rúa dos Irmandiños, s/n Salgueiriños

15701  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546139

Fax: 981546138

Email: cma.dxdesenvolvemento@xunta.gal

https://mar.xunta.gal/

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Centros Públicos de Ensinanzas Náuticas e Marítimo-pesqueiro

Instituto Politécnico Marítimo-pesqueiro del Atlántico de Vigo

Avenida Beiramar, nº 55

36202  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 886110825/ 886110826

Fax: 986201286

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar da Coruña

Oficina Comarcal do Mar en Ribeira

Praza dos Mariñeiros, s/n

15960  Ribeira  (Coruña, A)

Teléfono: 881997155

Fax: 881997151

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Centros Públicos de Ensinanzas Náuticas e Marítimo-pesqueiro

Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ribeira

Rúa dos Estudantes, nº 7

15960  Ribeira  (Coruña, A)

Teléfono: 881866317/ 881866324

Fax: 981874368

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar da Coruña

Oficina Comarcal do Mar en Ferrol

Praza Camilo José Cela, s/n

15403  Ferrol  (Coruña, A)

Teléfono: 981337315

Fax: 981337318

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar de Celeiro

Rúa Ramón Canosa, nº 1 - Celeiro

27863  Viveiro  (Lugo)

Teléfono: 982555002

Fax: 982555005

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar de Vigo

Oficina Comarcal do Mar en Vilagarcía de Arousa

Alto da Rosa, s/n - Carril

36610  Vilagarcía de Arousa  (Pontevedra)

Teléfono: 886206308

Fax: 886206314

Email: xefatura.cmar.vilagarcia@xunta.es

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar da Coruña

Rúa Ramón y Cajal, nº 2 - 5º andar

15006  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981182029

Fax: 981182027

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar de Vigo

Rúa Concepción Arenal, nº 8

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817113

Fax: 986817160

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar de Vigo

Oficina Comarcal do Mar en Pontevedra

Rúa Fernández Ladreda, nº 43 - 4ª Planta

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805470

Fax: 986805512

Email: delegación.mar.pontevedra@xunta.es

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Centros Públicos de Ensinanzas Náuticas e Marítimo-pesqueiro

Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ferrol

Rúa 19 de Febreiro, nº 30-34

15407  Ferrol  (Coruña, A)

Teléfono: 881938212/ 881938213

Fax: 881938224

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Prazo de presentación: PECHADO

31/03/2025 00:00 - 11/04/2025 23:59

04/08/2025 00:00 - 18/08/2025 23:59

Convocatoria de abril de 2025:

Matrícula: do 31 de marzo ata o 11 de abril, ambos inclusive.

Convocatoria de setembro de 2025:

Matrícula: do 4 ao 18 de agosto, ambos inclusive.

Para obter o título de lecer correspondente, ademais de superar estas probas, os/as interesados/as deberán reunir os requisitos establecidos no Real decreto 875/2014, do 10 de outubro, polo que se regulan as titulacións náuticas para o goberno das embarcacións de lecer.

  • Exame teórico para a obtención do titulo para o goberno de embarcacións de lecer. ( 30.21.01)

Pode realizar o pago destas taxas na sede electrónica como un dos pasos da tramitación en liña.

Solicitude.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Para poder presentarse ás convocatorias ordinarias, as persoas interesadas teñen que presentar, dentro do período de matrícula de cada unha delas, a solicitude dirixida ao centro oficial de ensino pesqueiro onde queiran realizar o exame. O modelo de solicitude é o que figura no anexo I desta resolución (procedemento PE616C).

Unha vez finalizado o prazo de matrícula de cada convocatoria que aparece indicado no anexo II, farase pública a listaxe provisional das persoas admitidas e excluídas no portal web de formación da Consellería do Mar https://mar.xunta.gal/gl/formacion/informacion-do-alumnado e nos taboleiros de anuncios de cada centro oficial de ensino marítimo-pesqueiro, e darase un prazo de 10 días hábiles para que as persoas excluídas poidan emendar as deficiencias, de acordo co disposto no artigo 68.1 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Acreditar o pagamento das taxas se se realiza de xeito presencial ou se fai de xeito telemático. O pagamento da taxa debe realizarse dentro do período de matrícula e, no caso de que as persoas interesadas non realicen o pagamento da taxa antes da data do fin da matrícula, non poderán presentarse aos exames. Os códigos das taxas son os seguintes: 30.21.01 e 30.21.06

Segundo a actualización das tarifas contida nos anexos 1, 2, 3, 4 e 5 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, as taxas polos dereitos de exame das distintas titulacións de lecer son as seguintes:

1. Exames teóricos:

– Patrón/patroa para navegación básica: 31,92 €.

– Patrón/patroa de embarcacións de lecer: 41,09 €.

– Patrón/patroa de iate: 57,57 €.

– Capitán/capitá de iate: 69,85 €.

– Patrón/patroa de moto náutica «A» ou «B»: 31 €.

2. Exames prácticos:

– Patrón/patroa para navegación básica: 79,76 €.

– Patrón/patroa de embarcacións de lecer: 79,76 €.

– Patrón/patroa de iate: 119,66 €.

– Capitán/capitá de iate: 119,66 €.

– Patrón/patroa de moto náutica «A» ou «B»: 89,82 €.

Se desexa tramitar a taxa por vía telemática, deberá introducir os datos da taxa e efectuar o pagamento. Para isto dispón das modalidades de pagamento telemático (cargo na conta ou tarxeta) e pagamento presencial (mediante un impreso para presentar na entidade bancaria). Unha vez realizado o ingreso, obterá o xustificante correspondente.

Se desexa tramitar a taxa de xeito presencial poderá obter un modelo en branco para cubrir ou ben introducir os datos da taxa e a aplicación proporcionaralle o modelo xa cuberto.

O enderezo web é o seguinte:

https://ovt.atriga.gal/#!/detalle_servizo/?Pagamento+de+taxas+e+prezos/11609730/4126995/11609860/l/item-dark-blue

b) Consentimento dos seus pais, nais ou titores/as legais para os menores de idade que teñan feitos os 16 anos, no momento de realización das probas para obter o título de patrón/patroa para navegación básica.

c) Copia do título de patrón/patroa para navegación básica, se foi expedido fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, para poder presentarse á parte complementaria do exame teórico para obter o título de patrón/patroa de embarcacións de lecer. Deberán achegar copia do título antes de finalizar o prazo de matrícula.

d) Copia do título de patrón/patroa de embarcacións de lecer, se foi expedido fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, para as persoas que se presenten ao exame de patrón/patroa de iate. Deberán achegar copia do título antes de finalizar o prazo de matrícula.

e) Copia do título de patrón/patroa de iate, se foi expedido fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, para as persoas que se presenten ao exame de capitán/capitá de iate. Deberán achegar copia do título antes de finalizar o prazo de matrícula.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento, consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á consulta:

• DNI ou NIE da persoa solicitante.

• DNIE ou NIE da persoa representante.

• NIF da entidade representante.

• Título de patrón/patroa para navegación básica cando fose expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

• Título de patrón/patroa de embarcacións de lecer cando fose expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

• Título de patrón/patroa de iate cando fose expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

• Certificado de exame de patrón/patroa para navegación básica cando fose expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

• Certificado de exame de patrón/patroa de embarcacións de lecer cando fose expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

• Certificado de exame de patrón/patroa de iate cando fose expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

• Certificado de exame de capitán/capitá de iate cando fose expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación das solicitudes.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 8 de xaneiro de 2009 pola que se establecen as condicións e se regulan os requisitos para a obtención dos títulos que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 11 do 16 de xaneiro de 2009).

    • Resolución do 4 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se convocan exames ordinarios teóricos e prácticos para a obtención das titulacións que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer e motos náuticas na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 30 do 13 de febreiro de 2025).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 875/2014, do 10 de outubro, polo que se regulan as titulacións náuticas para o goberno das embarcacións de recreo (BOE nº 247 do 11 de outubro de 2014).

    • Real Decreto 238/2019, do 5 de abril, polo que se establecen habilitacións anexas ás titulacións náuticas para o goberno das embarcacións de recreo e se actualizan as medidas de seguridade na utilización das motos náuticas (BOE nº 104, do 1 de maio de 2019).

Outros procedementos relacionados

IF501A

Autorización temporal de uso de posto de atracada, en portos dependentes da comunidade autónoma de Galicia, outorgada por Portos de Galicia, para barcos con base no porto.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF502A

Práctica da pesca marítima de recreo en superficie en zonas de servizo dos portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE113E

Axudas destinadas aos familiares dos profesionais do mar falecidos no exercicio da súa actividade.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 30/01/2025 00:00 - 15/12/2025 23:59

PE401B

Permiso de explotación a pé.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano