Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR239K
Solicitude de modificación do Sistema de información xeográfica de parcelas (Sixpac).
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
Establecer o procedemento para a xestión das alegacións e solicitudes de modificación sobre a base de datos do Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas SIXPAC como referencia para a solicitude de axudas da PAC baseadas na superficie agraria.
Agricultores e outras persoas propietarias ou titulares de parcelas situadas na Comunidade Autónoma de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Subdirección Xeral de Xestión da Pac
Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546262
Fax: 981546268
Email: saa.fogga@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Servizo Territorial do FOGGA da Coruña
Rúa Vicente Ferrer, nº 2-4º
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184525
Fax: 981184559
Email: fogga.coruna@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Servizo Territorial do FOGGA de Lugo
Rolda da Muralla, nº 70-B-1
27003 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294462
Fax: 982294411
Email: fogga.lugo@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Servizo Territorial do Fogga de Ourense
Rúa do Paseo, nº 22-1º
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386948
Fax: 988386940
Email: fogga.ourense@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Servizo Territorial do Fogga de Pontevedra
Paseo de Cervantes, nº 7-1º
36001 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805455
Fax: 986805569
Email: fogga.pontevedra@xunta.gal
Prazo de presentación: ABERTO
06/03/2025 00:00 - 31/10/2025 23:59
O prazo de presentación iniciarase na data de comezo do prazo para a presentación da solicitude única e rematará o 31 de outubro de 2025. Non obstante, para que as resolucións teñan efecto sobre as superficies declaradas na solicitude única do ano 2025, o prazo rematará co fin do prazo de modificación da solicitude única.
Documentación para a presentación.
Solicitude normalizada segundo o formulario electrónico accesible no enderezo http://sgapac.xunta.es
Xeral:
Copia do DNI/NIE do solicitante no caso de persoas físicas que se opoñan expresamente á consulta dos datos de identidade na Dirección Xeral da Policía.
Copia do NIF cando o solicitante non sexa persoa física.
Copia do DNI do representante legal cando o solicitante non sexa persoa física. Documentación de autorización de sinatura se o solicitante non e persoa física ou, sendo persoa física, non e quen presenta a solicitude. No caso de persoas físicas, esta documentación consistirá nun documento de autorización asinado polo autorizante e polo autorizado ao que se xuntarán as copias dos DNI en vigor, de ambos os dous.
Acreditativa da alegación ou solicitude de modificación proposta:
Delimitación gráfica da liña de declaración das superficies da solicitude única ou a saída gráfica obtida a través do Visor SIXPAC. Delimitando por medio de bosquexo acoutado ou en formato electrónico WKT ou shape o cambio proposto sobre o recinto afectado.
Acreditación de que os cambios alegados figuran actualmente na Oficina Virtual de Catastro.
Certificado de dereitos de rega ou rexistro de auga expedido pola Administración hidráulica competente. Saída gráfica do Catastro de Urbana coa parcela catastral obxecto da alegación.
Memoria descritiva que xustifique a necesidade da modificación ou eliminación do elemento estrutural.
Para as solicitudes de modificación do Sixpac en recintos que impliquen un incremento do valor do CAP (tipos 9 e 14), cambios de usos iniciais: forestal (FO), pasto con arboredo (PA) ou pasto arbustivo (PR) ou alegacións ao Sixpac tipo 12, deberán achegar, para acreditar os cambios solicitados, un mínimo de dúas fotografías datadas e xeorreferenciadas, indicando sobre a saída gráfica do visor o punto onde se tomaron e orientación. As mesmas serán voluntarias en calquera outra alegación como xustificación do cambio proposto.
Cando a superficie do recinto sexa maior de 1 ha, e para alegacións dos tipos 1 e 3 en cambios de uso non agrario a un uso agrario, tipo 5 e tipo 12 en recintos inactivos (con incidencia 199), e tipo 39 (con incidencia 231-dispoñibilidade non acreditada), documentación xustificativa da posesión do recinto e do seu dereito de uso: contrato de arrendamento ou parcería, contrato de compra-venda, Nota simple do rexistro da propiedade, etc
Outra documentación xustificativa das alegacións ao Sixpac presentadas que se considere convinte.
Prazo de resolución:
Nove meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 25 de febreiro de 2025 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (códigos de procedemento MR250A, MR239G, MR239K, MR239O, MR239Q, MR240D, MR241C e MR241D) (DOG nº 44 do 5 de marzo de 2025).
-
Extracto da Orde do 25 de febreiro de 2025 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (códigos de procedemento MR250A, MR239G, MR239K, MR239O, MR239Q, MR240D, MR241C e MR241D) (DOG nº 44 do 5 de marzo de 2025).
-
Orde do 16 de abril de 2025 pola que se modifica a Orde do 25 de febreiro de 2025 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (DOG nº 80 do 28 de abril de 2025).
-
Extracto da Orde do 16 de abril de 2025 pola que se modifica a Orde do 25 de febreiro de 2025 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (DOG nº 80 do 28 de abril de 2025).
-
-
Ámbito Estatal
-
Real decreto 1047/2022, de 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e control das intervencións do Plan Estratéxico e outras axudas da Política Agrícola Común. (BOE nº 312 do 29 de decembro de 2022)
-
-
Ámbito Europeo
-
Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, sobre o financiamento, a xestión e o seguimento da política agrícola común, polo que se derroga o regulamento (UE) nº 1306/2013 (DOUE nº 435, de 6 de decembro de 2021)
-
Corrección de erros do Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, sobre o financiamento, a xestión e o seguimento da política agrícola común, polo que se derroga o regulamento (UE) nº 1306/2013. (DOUE nº 29, de 10 de febreiro de 2022)
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria
Aberto todo o ano
Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Inicio de actividade/baixa/modificación na sección de explotacións acollidas ao réxime de venda directa.
Aberto todo o ano