Guía de procedementos e servizos

VI483A

Axudas ao alugueiro de vivenda do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2023 - Prazo pechado: 02/01/2023 00:00 - 05/05/2023 23:59
TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Facilitar o goce dunha vivenda en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios económicos, mediante o outorgamento de axudas directas ás persoas arrendatarias.

Persoas físicas maiores de idade.

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de A Coruña

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Coruña

Praza de Luis Seoane, s/n

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184801

Fax: 981184860

Email: alugacoruna@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Lugo

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Lugo

Avenida Ramón Ferreiro, nº 28

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294602

Fax: 982294624

Email: aluga.igvs.lugo@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Ourense

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Ourense

Rúa Sáenz Díez, nº 1

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386271

Fax: 988386235

Email: alugaourense@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Pontevedra

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Pontevedra

Rúa Alcalde Hevia, nº 7

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805610

Fax: 986805663

Email: alugapontevedra@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

Dirección Técnica de Axudas e Vivenda

Área Central, s/n - Polígono de Fontiñas

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981541981/ 981541982

Fax: 981541902

Email: aluga.igvs@xunta.gal

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

Prazo de presentación: PECHADO

02/01/2023 00:00 - 05/05/2023 23:59

1. O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 2 de xaneiro de 2023 e terminará o día 5 de maio de 2023 e, en todo caso, ao esgotamento da partida orzamentaria contida nesta convocatoria.

2. Este prazo poderá ser ampliado mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS, que deberá ser publicada no DOG.

1. Poderán beneficiarse das axudas previstas neste programa as persoas físicas maiores de idade que reúnan todos e cada un dos requisitos seguintes:

a) Posuír a nacionalidade española ou a dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo, Suíza, ou o parentesco determinado pola normativa que sexa de aplicación. No caso de estranxeiros non comunitarios, deberán contar con autorización de estadía ou residencia en España.

b) Ser titular, en calidade de persoa arrendataria, dun contrato de alugamento de vivenda, formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos. Os contratos deberán ter unha duración mínima dun ano e facer mención expresa á referencia catastral da vivenda arrendada.

c) Que a vivenda arrendada constitúa a residencia habitual e permanente da persoa arrendataria, o que se deberá acreditar mediante certificado ou volante de empadroamento, en que consten, á data da solicitude, as persoas que teñen o seu domicilio habitual na vivenda obxecto do contrato de alugamento.

d) Que a renda mensual da vivenda non supere os importes establecidos no ordinal oitavo destas bases reguladoras.

e) Que a suma total das rendas anuais das persoas que teñan o seu domicilio habitual ou permanente na vivenda arrendada, consten ou non como titulares do contrato de alugamento, sexan iguais ou inferiores a 3 veces o IPREM. O límite será de 4 veces o IPREM no caso de que a unidade de convivencia sexa unha familia numerosa de categoría xeral ou dentro dela haxa persoas con discapacidade ou vítimas de terrorismo. O límite será de 5 veces o IPREM cando a unidade de convivencia sexa familia numerosa de categoría especial ou teña persoas con discapacidade cun grao recoñecido igual ou superior ao 33 %.

f) Que os ingresos mínimos da unidade de convivencia non sexan inferiores a 0,5 veces o IPREM.

g) As persoas beneficiarias deberán atoparse ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non ter pendente ningunha outra débeda, por ningún outro concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

2. Non se poderá conceder a axuda cando a persoa solicitante ou algunha das integrantes da súa unidade de convivencia na vivenda obxecto do contrato de alugamento se atope nalgunha das situacións que a seguir se indican:

a) Ser persoa propietaria ou usufrutuaria dalgunha vivenda en España. Para estes efectos, non se considerará que se posúe a propiedade ou o usufruto dunha vivenda se o dereito recae unicamente sobre unha parte alícuota desta e foi obtido por herdanza ou transmisión mortis causa sen testamento. Exceptuaranse deste requisito aquelas persoas que, sendo titulares dunha vivenda, acrediten non teren a súa dispoñibilidade por causa de separación ou divorcio, por calquera outra causa allea á súa vontade ou cando a vivenda resulte inaccesible por razón de discapacidade da persoa titular ou algunha outra persoa da unidade de convivencia.

b) Ter parentesco en primeiro ou segundo grao de consanguinidade ou de afinidade coa persoa arrendadora.

c) Ser socia ou partícipe da persoa física ou xurídica que actúe como arrendadora.

d) Ser inquilina dunha vivenda xestionada polo IGVS ou por calquera outra Administración pública.

3. Non poderán obter a condición de beneficiarias destas axudas aquelas persoas ou entidades que estean incursas nalgunha das circunstancias previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, e no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

4. Tampouco poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ás cales se lles revogase algunha das axudas previstas neste ou no anterior plan de vivenda por incumprimento ou causa imputable ao solicitante.

- Solicitude segundo o Anexo I.

- Contrato de alugamento de vivenda formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro. O contrato deberá ter unha duración mínima dun ano e facer mención expresa da referencia catastral da vivenda arrendada.

- Xustificante de empadroamento conxunto de todas as persoas integrantes da unidade de convivencia.

- Anexo II, de declaración responsable das persoas integrantes da unidade de convivencia distintas da persoa solicitante e de comprobación dos datos necesarios para a tramitación do procedemento.

- Documentación xustificativa dos ingresos percibidos pola unidade de convivencia, no caso de non presentar declaración do IRPF ou percibir algunha das rendas exentas previstas no artigo 7 da Lei 35/2006, do 28 de novembro:

      1ª. Certificado de retribucións e retencións da empresa ou empresas nas cales estivese de alta no exercicio económico previsto na correspondente convocatoria, de ser o caso.

     2ª. Certificado de pensións ou prestacións periódicas, emitido polo correspondente organismo oficial, no caso de non ser outorgadas polo Instituto Nacional da Seguridade Social (en diante, INSS) relativo ao exercicio económico previsto na correspondente convocatoria, de ser o caso.

     3ª. Certificados bancarios de rendimientos de capital mobiliario, de ser o caso.

     4ª. Certificado da contía percibida pola renda de integración social de Galicia, de ser o caso.

- Copia da declaración similar á do IRPF autenticada pola correspondente delegación consular e, de ser o caso, o certificado acreditativo de equivalencia en euros do importe declarado, no caso de ingresos obtidos no estranxeiro.

- No caso de que algunha das persoas integrantes da súa unidade de convivencia sexan propietarias ou usufrutuarias dalgunha vivenda en territorio español e non poidan dispoñer dela:

      1ª. Convenio regulador de separación ou divorcio ou sentenza que acredite dita circunstancia, de ser o caso.

     2ª. Documentación que acredite que a persoa solicitante ou algunha das persoas integrantes da súa unidade de convivencia non poden habitar a vivenda por calquera outra causa allea á súa vontade, de ser o caso.

     3ª. Informe técnico que xustifique a inaccesibilidade da vivenda por razón da discapacidade da persoa solicitante ou dalgunha das persoas integrantes da súa unidade de convivencia, de ser o caso.

- No caso de que a persoa solicitante ou algunha das persoas integrantes da súa unidade de convivencia sexan propietarias ou usufrutuarias da parte alícuota dunha vivenda en territorio español, documentación acreditativa de que foi obtida por transmisión mortis causa.

- Extracto ou o certificado bancario acreditativo do pagamento da renda das mensualidades correspondentes, no suposto de que o recoñecemento do dereito da axuda teña carácter retroactivo.

- No caso de familias numerosas, título de familia numerosa, no suposto de tratarse dun documento non expedido pola Xunta de Galicia.

- Certificado de discapacidade, con indicación do seu grao, da persoa solicitante e/ou das persoas que integran a súa unidade de convivencia, no suposto de tratarse dun documento non expedido pola Xunta de Galicia, de ser o caso.

- Acreditación da condición de vítima de terrorismo, de ser o caso.

- De ser o caso, documentación acreditativa da representación da persoa que actúe no nome da persoa solicitante.

Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente no Anexo e achegar unha copia dos documentos.

- DNI ou NIE da persoa solicitante.

- DNI ou NIE da persoa representante.

- Certificado de estar ao día no pagamento coa Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).

- Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

- Certificación de titularidade de bens inmobles da Dirección Xeral do Catastro.

- Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

- Consulta de concesións de subvencións e axudas.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 29 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa de axuda ao alugueiro de vivenda do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025, e se procede á súa convocatoria, con financiamento plurianual, para o ano 2023 (DOG nº 236 do 14 de decembro de 2022).

    • Extracto da Resolución do 29 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa de axuda ao alugueiro de vivenda do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025, e se procede á súa convocatoria, con financiamento plurianual, para o ano 2023 (DOG nº 236 do 14 de decembro de 2022).

    • Resolución do 20 de marzo de 2024 pola que se notifican as resolucións de denegación da subvención do Programa de axuda ao alugueiro de vivenda do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025, da convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 75 do 16 de abril de 2024).

  • Ámbito Estatal
    • Real decreto 42/2022, do 18 de xaneiro, polo que se regula o bono alugueiro mocidade e o plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025 (BOE nº 16 de 19 de xaneiro de 2022)

    • Corrección de erros do Real Decreto 42/2022, de 18 de xaneiro, polo que se regula o Bono Aluguer Novo e o Plan Estatal para o acceso á vivenda 2022-2025 (BOE nº 72 de 25 de marzo de 2022).

Outros procedementos relacionados

IN413C

Inscrición/modificación do certificado de edificios de nova construción no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.

Aberto todo o ano

IN413D

Inscrición/modificación do certificado de edificios existentes no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.

Aberto todo o ano

VI402B

Programa "Avais para a adquisición de vivenda".

Tramitar en liña

Prazo aberto: 01/04/2025 00:00 - 31/10/2025 23:59

VI408O

Cualificación provisional para participar no Programa de axudas ás actuacións de rehabilitación e de renovación nas áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, das Illas Atlánticas e na ARI da Ribeira Sacra.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 31/10/2023 00:00 - 28/11/2025 23:59