Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
VI483C
Programa de axuda ao alugamento de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Concesión inicial das subvencións do Programa de axudas ao alugamento de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia, para facilitar o goce dunha vivenda en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios económicos, mediante o outorgamento de axudas directas ás persoas arrendatarias.
As persoas físicas maiores de idade.
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de A Coruña
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Coruña
Praza de Luis Seoane, s/n
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184801
Email: alugacoruna@xunta.gal
881881257
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Lugo
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Lugo
Avda. Ramón Ferreiro, nº 28
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294602
Email: aluga.igvs.lugo@xunta.gal
982294940
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Ourense
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Ourense
Rúa Sáenz Díez, nº 1
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386268
Email: igvs.ourense@xunta.gal
988386873
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Pontevedra
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Pontevedra
Rúa Alcalde Hevia, nº 7
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805610
Email: subvencions.igvs.po@xunta.gal
986805284
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Área Central. Fontiñas, s/n
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541981
Email: aluga.igvs@xunta.gal
981541982
Prazo de presentación: PECHADO
15/01/2024 00:00 - 29/02/2024 23:59
01/03/2024 00:00 - 01/03/2024 23:59
1. O prazo de presentación de solicitudes de concesión inicial da axuda, anexo I (código de procedemento VI483C), comezará o día 15 de xaneiro de 2024 e terminará o día 29 de febreiro de 2024 e, en todo caso, ao esgotamento das partidas orzamentarias contidas nesta convocatoria, o que será obxecto de publicación no DOG e na páxina web do IGVS mediante resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.
2. Este prazo poderá ser ampliado mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS, que deberá ser publicada no DOG.
1. Poderán ser beneficiarias das axudas previstas neste programa as persoas físicas maiores de idade que reúnan todos e cada un dos requisitos seguintes:
a) Posuír a nacionalidade española ou a dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo, Suíza, ou o parentesco determinado pola normativa que lle sexa de aplicación. No caso de estranxeiros non comunitarios, deberán contar con autorización de estancia ou residencia en España.
b) Ser titular, en calidade de persoa arrendataria, dun contrato de alugamento de vivenda, formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos. Os contratos deberán ter unha duración mínima dun ano e facer mención expresa á referencia catastral da vivenda arrendada.
c) Ter a súa residencia habitual e permanente na vivenda arrendada, o que se deberá acreditar mediante certificado ou volante de empadroamento, en que conste, na data da solicitude, as persoas que teñen o seu domicilio habitual na vivenda obxecto do contrato de alugamento.
d) Que os ingresos mínimos da súa unidade de convivencia non sexan inferiores a 0,5 veces o IPREM.
e) Atoparse ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non ter pendente ningunha outra débeda, por ningún outro concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
2. Ademais dos anteriores requisitos, deberán cumprirse os seguintes:
a) Que a renda mensual da vivenda non supere os importes establecidos no ordinal oitavo destas bases reguladoras.
b) Que a suma total das rendas anuais das persoas que formen parte da súa unidade de convivencia, consten ou non como titulares do contrato de alugamento, sexan iguais ou inferiores a 3 veces o IPREM. O límite será de 4 veces o IPREM no caso de que a unidade de convivencia sexa unha familia numerosa de categoría xeral ou dentro dela haxa persoas con discapacidade ou vítimas de terrorismo. O límite será de 5 veces o IPREM cando a unidade de convivencia sexa familia numerosa de categoría especial ou teña persoas con discapacidade cun grao recoñecido igual ou superior ao 33 %.
3. Non se poderá conceder a axuda cando a persoa solicitante ou algunha das integrantes da súa unidade de convivencia na vivenda obxecto do contrato de alugamento se atope nalgunha das situacións que a seguir se indican:
a) Ser persoa propietaria ou usufrutuaria dalgunha vivenda en España. Para estes efectos, non se considerará que se é persoa propietaria ou usufrutuaria dunha vivenda se o dereito recae unicamente sobre unha parte alícuota desta e se obtivese por herdanza ou transmisión mortis causa sen testamento. Exceptuarase deste requisito quen, sendo titular dunha vivenda, acredite a non dispoñibilidade dela por causa de separación ou divorcio, por calquera outra causa allea á súa vontade ou cando a vivenda resulte inaccesible por razón de discapacidade da persoa titular ou dalgunha outra persoa da unidade de convivencia.
b) Ter parentesco en primeiro ou segundo grao de consanguinidade ou de afinidade coa persoa arrendadora.
c) Ser socia ou partícipe da persoa física ou xurídica que actúe como arrendadora.
d) Ser arrendataria dunha vivenda xestionada polo IGVS ou por calquera outra Administración pública.
e) Estar incursa nalgunha das circunstancias previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, e no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
4. Tampouco poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ás que se lles revogase algunha das axudas previstas neste ou no anterior plan de vivenda por incumprimento ou causa imputable á persoa solicitante ou a algunha das persoas integrantes da súa unidade de convivencia.
Solicitudes.
1. As solicitudes realizaranse mediante a presentación do formulario de solicitude de concesión inicial (código de procedemento VI483C) ou de renovación da axuda (código de procedemento VI483D) que se incorporan a esta resolución como anexo I e anexo III, respectivamente, debidamente cuberto, que deberá dirixirse á área provincial do IGVS onde estea situada a vivenda obxecto do contrato.
2. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
3. Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
4. Nos formularios de solicitude de concesión inicial (anexo I) e de renovación da axuda (anexo III) a persoa solicitante deberá realizar as seguintes declaracións:
a) Declaración responsable de que nin a persoa solicitante nin ningunha outra persoa integrante da súa unidade de convivencia solicitou nin obtivo ningunha outra axuda para a mesma finalidade. No caso de ter solicitado ou obtido algunha outra axuda, deberá indicar cales e a súa contía.
b) Compromiso de comunicar calquera outra subvención que lle sexa concedida á persoa solicitante ou a calquera das persoas integrantes da súa unidade de convivencia para a mesma finalidade.
c) Declaración responsable dos ingresos da unidade de convivencia correspondentes ao exercicio económico ou período impositivo con prazo de presentación vencido inmediatamente anterior á data de presentación da solicitude.
d) Declaración responsable de que nin a persoa solicitante nin ningunha outra persoa integrante da súa unidade de convivencia é propietaria e/ou usufrutuaria dunha vivenda situada en territorio español, agás nos supostos exceptuados na letra a) do punto 3 do ordinal sexto.
e) Declaración responsable de que nin a persoa solicitante nin ningunha outra persoa integrante da súa unidade de convivencia ten parentesco por consanguinidade, adopción ou afinidade, ata o segundo grao, coa persoa arrendadora.
f) Declaración responsable de que nin a persoa solicitante nin ningunha outra persoa integrante da súa unidade de convivencia é socia ou partícipe da persoa física ou xurídica que actúe como arrendadora.
g) Declaración responsable de que nin a persoa solicitante nin ningunha outra persoa integrante da súa unidade de convivencia é arrendataria de vivendas xestionadas polo IGVS ou por calquera outra Administración pública.
h) Declaración responsable de que nin a persoa solicitante nin ningunha outra persoa integrante da súa unidade de convivencia está incursa nas causas previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
i) Declaración responsable de que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia están ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 13.2.g) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
j) Declaración responsable de que todos os datos da solicitude son certos.
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude de concesión inicial da axuda, anexo I (código de procedemento VI483C) a seguinte documentación:
a) Documentación acreditativa da representación da persoa que actúe no nome da persoa solicitante, de ser o caso. A representación deberá acreditarse a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro medio válido en dereito. O modelo normalizado pódese descargar na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/modelos-normalizados
b) Contrato de alugamento de vivenda, formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro. O contrato que se presente deberá ter unha duración mínima dun ano e facer mención expresa á referencia catastral da vivenda arrendada.
c) Anexo II, de declaración responsable das persoas integrantes da unidade de convivencia, distintas da persoa solicitante, no momento de presentación da solicitude, e de comprobación dos datos necesarios para a tramitación do procedemento.
d) Xustificante de empadroamento conxunto de todas as persoas integrantes da súa unidade de convivencia. As persoas integrantes da unidade de convivencia deben constar empadroadas na vivenda obxecto do contrato de alugamento na data da presentación da solicitude. Para estes efectos, recoñeceranse os certificados expedidos nos tres meses anteriores á data de presentación da solicitude. As persoas que figuren no xustificante de empadroamento conxunto deberán constar no anexo II.
e) No suposto de persoas emigrantes galegas retornadas a España deberá achegarse a seguinte documentación:
1º. Documentación acreditativa da vinculación con Galicia da persoa solicitante: nacemento en Galicia ou, de ser o caso, ser cónxuxe ou parella de feito inscrita ou descendente por consanguinidade dunha persoa galega e nacida en Galicia.
2º. Baixa consular, certificado de persoa emigrante retornada expedido polas delegacións ou subdelegacións do Goberno ou calquera outra documentación que acredite de xeito fidedigno a data de retorno a España, así como o tempo de residencia no estranxeiro durante un mínimo de dous anos inmediatamente anteriores á data do seu retorno a España.
f) No caso de non presentar declaración do IRPF ou no suposto de percibir algunha das rendas exentas previstas no artigo 7 da Lei 35/2006, do 28 de novembro, deberá achegarse a seguinte documentación:
1º. Certificado de retribucións e retencións da empresa ou empresas nas cales estivese de alta no exercicio económico previsto na correspondente convocatoria, de ser o caso.
2º. Certificado de pensións ou prestacións periódicas, emitido polo correspondente organismo oficial, no caso de non ser outorgadas polo Instituto Nacional da Seguridade Social (en diante, INSS) relativo ao exercicio económico previsto na correspondente convocatoria, de ser o caso.
3º. Certificados bancarios de rendementos de capital mobiliario, de ser o caso.
4º. Certificado da contía percibida pola renda de integración social de Galicia, de ser o caso.
g) No suposto de ingresos obtidos no estranxeiro, copia da declaración similar á do IRPF, autenticada pola correspondente delegación consular e, de ser o caso, certificado acreditativo de equivalencia en euros do importe declarado.
h) No caso de que algunha das persoas integrantes da súa unidade de convivencia sexa propietaria ou usufrutuaria dalgunha vivenda en territorio español e non poida dispoñer dela:
1º. Convenio regulador de separación ou divorcio ou sentenza que acredite a dita circunstancia, de ser o caso.
2º. Documentación que acredite que a persoa solicitante ou algunha das persoas integrantes da súa unidade de convivencia non poden habitar a vivenda por calquera outra causa allea á súa vontade, de ser o caso.
3º. Informe técnico que xustifique a inaccesibilidade da vivenda por razón da discapacidade da persoa solicitante ou dalgunha das persoas integrantes da súa unidade de convivencia, de ser o caso.
i) No caso de que a persoa solicitante ou algunha das persoas integrantes da súa unidade de convivencia sexan propietarias ou usufrutuarias da parte alícuota dunha vivenda en territorio español, documentación acreditativa de que foi obtida por transmisión mortis causa.
j) Extracto ou certificado bancario acreditativo do pagamento da renda das mensualidades correspondentes, no suposto de que o recoñecemento do dereito da axuda teña carácter retroactivo.
k) No caso de familias numerosas, título de familia numerosa, no suposto de tratarse dun documento non expedido pola Xunta de Galicia.
l) Certificado de discapacidade, con indicación do seu grao, da persoa solicitante e/ou das persoas que integran a súa unidade de convivencia, de ser o caso e para o suposto de tratarse dun documento non expedido pola Xunta de Galicia.
m) Acreditación da condición de vítima de terrorismo, de ser o caso.
2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, tanto no caso de solicitude inicial da axuda (código de procedemento VI483C), como no de renovación da axuda (código de procedemento VI483D), non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
3. De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente da persoa interesada a súa achega.
Forma de presentación da documentación complementaria.
1. A documentación complementaria, tanto no procedemento VI483C (solicitude de concesión inicial da axuda) como no procedemento VI483D (solicitude de renovación da axuda), presentarase preferiblemente por vía electrónica.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
2. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial nos termos sinalados no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Tanto para a tramitación das solicitudes de concesión inicial da axuda, anexo I (código de procedemento VI483C), como de renovación da axuda, anexo III (código de procedemento VI483D), consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) Documento nacional de identidade (DNI) ou, de ser o caso, número de identidade de estranxeiro (NIE) da persoa solicitante e, de ser o caso, da súa persoa representante, así como das persoas que integran a súa unidade de convivencia.
b) Número de identificación fiscal (NIF) da entidade representante da persoa solicitante, de ser o caso.
c) Certificacións da Axencia Estatal de Administración Tributaria (en diante, AEAT), da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e da Axencia Tributaria de Galicia (Atriga), acreditativas do cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, correspondentes á persoa solicitante e ás persoas que integran a súa unidade de convivencia.
d) Certificado da renda expedido pola AEAT da persoa solicitante e das persoas que integran a súa unidade de convivencia correspondente aos datos fiscais que se establezan en cada convocatoria.
e) Certificación de titularidade de bens inmobles da Dirección Xeral do Catastro do Ministerio de Facenda e Función Pública, onde conste que nin a persoa solicitante nin as persoas que integran a súa unidade de convivencia teñen en propiedade e/ou en usufruto outra vivenda en territorio español.
f) Consulta de inhabilitación para obter subvencións e axudas da Intervención Xeral do Estado da persoa solicitante e dos restantes membros da unidade de convivencia que figuran no anexo II.
g) Consulta de concesións de subvencións e axudas da Intervención Xeral do Estado da persoa solicitante e dos restantes membros da unidade de convivencia que figuran no anexo II.
2. Consultaranse, ademais, os seguintes datos, cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:
a) Consulta de datos de residencia legal en España, no caso das persoas estranxeiras non comunitarias, da persoa solicitante e das persoas que integran a súa unidade de convivencia.
b) Consulta das prestacións do Rexistro de prestacións sociais públicas, incapacidade temporal e maternidade do INSS, da persoa solicitante e das persoas que integran a súa unidade de convivencia.
c) Certificado das prestacións da renda de integración social de Galicia da persoa solicitante e das persoas que integran a súa unidade de convivencia.
d) Certificado dos importes das prestacións de desemprego percibidos no período fiscal especificado na correspondente convocatoria pola persoa solicitante e polas persoas que integran a súa unidade de convivencia.
e) Título autonómico de familia numerosa da persoa solicitante e das persoas que integran a súa unidade de convivencia.
f) Certificado da Xunta de Galicia de monoparentalidade da persoa solicitante.
g) Certificado acreditativo da discapacidade da persoa solicitante e das persoas que integran a súa unidade de convivencia, para o suposto de que o documento deba ser expedido pola Xunta de Galicia.
h) Consulta da inscrición da persoa solicitante no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia.
3. No caso de que a persoa solicitante, calquera das persoas que integran a súa unidade de convivencia e/ou a persoa arrendadora se opoñan á consulta, deberá indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar das persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e os rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 18 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa de axuda ao alugamento de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria, con financiamento plurianual, para o ano 2024 (DOG nº 8 do 11 de xaneiro de 2024).
-
Extracto da Resolución do 18 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa de axuda ao alugamento de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria, con financiamento plurianual, para o ano 2024 (DOG nº 8 do 11 de xaneiro de 2024).
-
Resolución do 28 de febreiro de 2025 pola que se notifican as resolucións de denegación da subvención do Programa de axuda ao alugamento de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria para o ano 2024 (DOG nº 48 do 11 de marzo de 2025).
-
-
Ámbito Estatal
-
Real Decreto 42/2022, do 18 de xaneiro, polo que se regula o Bono Aluguer Novo e o Plan Estatal para o acceso á vivenda 2022-2025 (BOE nº 16 do 19 de xaneiro de 2022).
-
Real Decreto 903/2022, do 25 de outubro, polo que se modifican o Real Decreto 42/2022, do 18 de xaneiro, polo que se regula o Bono Aluguer Novo e o Plan Estatal para o acceso á vivenda 2022-2025, así como o Real Decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan Estatal de Vivenda 2018-2021, e o Real Decreto 853/2021, do 5 de outubro, polo que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (BOE nº 257 do 26 de outubro de 2022).
-
Outros procedementos relacionados
Inscrición/modificación do certificado de edificios de nova construción no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.
Aberto todo o ano
Inscrición/modificación do certificado de edificios existentes no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.
Aberto todo o ano
Programa "Avais para a adquisición de vivenda".
Prazo aberto: 01/04/2025 00:00 - 31/10/2025 23:59
Cualificación provisional para participar no Programa de axudas ás actuacións de rehabilitación e de renovación nas áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, das Illas Atlánticas e na ARI da Ribeira Sacra.
Prazo aberto: 31/10/2023 00:00 - 28/11/2025 23:59