Guía de procedementos e servizos

VI440D

Bolsas de formación en materia de vivenda

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2023 - Prazo pechado: 19/01/2023 00:00 - 20/02/2023 23:59

1. Mediante a presente resolución convócanse dez bolsas de formación coa finalidade de que as persoas con titulacións universitarias e de grao relacionados cos ámbitos de actuación deste organismo poidan complementar os seus coñecementos teóricos cunha formación práctica (código de procedemento VI440D).

2. As prazas que se convocan son as seguintes:

– Cinco bolsas para persoas con grao en Arquitectura ou con grao en estudos de Arquitectura con máster habilitante.

– Unha bolsa para persoas con grao de Arquitectura Técnica.

– Unha bolsa para persoas con grao en Enxeñaría con máster en Enxeñería de Camiños, Canais e Portos ou máster en Enxeñería industrial.

– Dúas bolsas para persoas con grao en Dereito.

– Unha bolsa para persoas con grao en Economía.

3. As bolsas de formación levaranse a cabo en xornada de mañá, de luns a venres, nas dependencias do IGVS, coa seguinte distribución territorial:

– Unha persoa con grao en Arquitectura ou grao en estudos de Arquitectura con máster habilitante na área provincial do IGVS da Coruña.

– Unha persoa con grao en Arquitectura ou grao en estudos de Arquitectura con máster habilitante na área provincial do IGVS de Lugo.

– Unha persoa con grao en Arquitectura ou grao en estudos de Arquitectura con máster habilitante na área provincial do IGVS de Ourense.

– Unha persoa con grao en Arquitectura ou grao en estudos de Arquitectura con máster habilitante na área provincial do IGVS de Pontevedra.

– As demais bolsas levaranse a cabo nos servizos centrais do IGVS, en Santiago de Compostela.

As persoas titulacións universitarias e de grao

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

Area central s/n. Polígono de Fontiñas

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981541982

Email: dx.igvs@xunta.es

http://www.igvs.es

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

Prazo de presentación: PECHADO

19/01/2023 00:00 - 20/02/2023 23:59

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Poderán solicitar esta bolsa todas aquelas persoas que no momento de presentar a súa solicitude reúnan os seguintes requisitos:

– Ter rematado o grao exixido con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2019.

– Ter competencia en lingua galega no nivel Celga 4, equivalente ou superior.

– Non ter sido con anterioridade beneficiario/a doutra bolsa de formación do IGVS.

– Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa similar a esta. Noutro caso, deberá renunciarse ao emprego ou á bolsa con anterioridade ao inicio da formación.

– Non estar incursa en ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

 Presentación de solicitudes

1. A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado, que se incorpora como anexo I a esta resolución, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

2. En virtude do establecido nos parágrafos segundo e terceiro do artigo 10 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, establécese a presentación electrónica de solicitudes tendo en conta que as persoas solicitantes dispoñen da capacidade técnica necesaria para acceder aos medios electrónicos precisos.

3. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

4. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

5. A presentación da solicitude implica o coñecemento e aceptación das bases reguladoras.

Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) De ser o caso, documentación acreditativa da representación da persoa que actúe no nome da persoa solicitante. A representación deberá acreditarse a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro medio válido en dereito. O modelo normalizado pódese descargar na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/modelos-normalizados

b) Xustificación do pagamento dos dereitos para a expedición do título do grao exixido, só no caso de que aínda non se atopase expedido.

c) Certificación académica en que conste a nota media do expediente, calculada consonte o establecido na Resolución do 15 de setembro de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se dispón a publicación do protocolo de colaboración subscrito entre a Consellería e as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo para a valoración dos expedientes académicos (DOG núm. 188, do 30 de setembro). Só serán admitidas as certificacións académicas en que conste a nota media do expediente calculada conforme o prescrito.

d) Currículo da persoa solicitante, con exposición dos méritos académicos, de acordo co modelo que se inclúe nesta convocatoria como anexo II.

e) Documentos que acrediten os méritos relacionados no currículo.

f) Certificado oficial acreditativo da competencia en lingua galega no nivel Celga 4, equivalente ou superior, só no caso de que a persoa interesada conte con un que non fose expedido polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

3. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación destes de forma presencial na forma indicada no ordinal anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás, que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) Documento nacional de identidade ou número de identificación do estranxeiro da persoa solicitante e, de ser o caso, da súa persoa representante.

b) Título do grado exixido nesta resolución de convocatoria.

c) Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

d) Certificado de estar ao día do pagamento coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

e) Certificado de estar ao día do pagamento das obrigas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

f) Documento acreditativo da competencia en lingua galega no nivel Celga 4, equivalente ou superior, expedido polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia.

g) Certificado de non estar inhabilitado para obter subvencións.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os devanditos documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 21 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das bolsas de formación e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 151 do 9 de agosto de 2022).

    • Extracto da Resolución do 21 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das bolsas de formación e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 151 do 9 de agosto de 2022).

    • Resolución do 23 de decembro de 2022 pola que se convocan as bolsas de formación deste instituto para o ano 2023 (DOG nº 12 do 18 de xaneiro de 2023).

    • Extracto da Resolución do 23 de decembro de 2022 pola que se convocan as bolsas de formación deste instituto para o ano 2023 (DOG nº 12 do 18 de xaneiro de 2023).

Outros procedementos relacionados

VI402B

Programa "Avais para a adquisición de vivenda".

Tramitar en liña

Prazo aberto: 01/04/2025 00:00 - 31/10/2025 23:59

VI442A

Axudas, en réxime de concorrencia competitiva, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, dirixidas á mellora enerxética dos edificios de vivendas de titularidade dos concellos galegos.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 26/01/2017 00:00 - 27/03/2017 23:59

VI471A

Renda básica de emancipación.

Tramitar en liña

Pechado