Guía de procedementos e servizos

VI440D

Bolsas de formación en materia de vivenda.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2019 - Prazo pechado: 04/10/2019 00:00 - 04/11/2019 23:59

1. Convócanse seis bolsas para persoas tituladas en grao de estudos de Arquitectura e dúas para persoas tituladas en grado de Arquitectura técnica que rematasen os seus estudos con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2016.

2. As bolsas de formación levaranse a cabo en xornada de maña, de luns a venres, nas dependencias do IGVS, coa seguinte distribución territorial:

– Dúas/dous graduadas/os en estudos de Arquitectura e unha/un graduada/o en Arquitectura Técnica nos servizos centrais do IGVS en Santiago de Compostela.

– Unha/un graduada/o en estudos de Arquitectura e un graduada/o en Arquitectura Técnica na Área Provincial do IGVS da Coruña.

– Unha/un graduada/o en estudos de Arquitectura na Área Provincial do IGVS en Lugo.

– Unha/un graduada/o en estudos de Arquitectura na Área Provincial do IGVS en Ourense.

–Una/un graduada/o en estudos de Arquitectura na Área Provincial do IGVS en Pontevedra.

Poderán solicitar esta bolsa todas aquelas persoas que no momento de presentar a súa solicitude reúnan os seguintes requisitos:

– Ter rematado o grao exixido na correspondente convocatoria, dentro do prazo indicado nela.

– Ter competencia en lingua galega no nivel Celga 4, equivalente ou superior.

– Non ter sido con anterioridade beneficiaria doutra bolsa de formación do IGVS.

– Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa similar a esta. Noutro caso, deberá renunciarse ao emprego ou á bolsa con anterioridade ao inicio da formación.

– Non estar incursa en ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Obrigas das persoas beneficiarias.

As persoas beneficiarias das bolsas terán as seguintes obrigas:

a) Cumprir co plan de formación establecido para a correspondente convocatoria.

b) Colaborar nas accións formativas que lle indiquen as persoas que asuman a titoría da formación.

c) Cumprir co programa de formación establecido cuns niveis de rendemento satisfactorios, presentando os traballos e informes que determine o titor. Así mesmo, deberán asistir ás actividades que o dito centro directivo considere convenientes para a súa formación.

d) Presentar ante a Dirección Xeral do IGVS, durante o último mes do desfrute bolsa, unha memoria detallada das actividades realizadas en que especificará o programa formativo desenvolvido e os obxectivos acadados.

e) Facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control interno.

f) Reintegrar as cantidades percibidas, cos xuros de demora correspondentes, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a concesión da bolsa.

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

Dirección Técnica de Edificación e Calidade

Area central s/n. Polígono de Fontiñas

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981541982

Email: xestioneconomica.igvs@xunta.gal

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

Prazo de presentación: PECHADO

04/10/2019 00:00 - 04/11/2019 23:59

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

  • A solicitude realizarase mediante a presentación do modelo que se incorpora como anexo I a esta resolución, que está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Deberá dirixirse á Dirección Xeral do IGVS.

  • En virtude do establecido nos parágrafos segundo e terceiro do artigo 10 da Lei 4/2019, de 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, tendo en conta que as persoas solicitantes dispoñen de capacidade técnica necesaria para accederen aos medios electrónicos precisos.

  • Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda.

  • Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

  • As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

    • a) De ser o caso, documentación acreditativa da representación da persoa que actúe no nome da persoa solicitante. A representación deberá acreditarse a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro medio válido en dereito. O modelo normalizado pódese descargar na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/modelos-normalizados.

    • b) Xustificación do pagamento dos dereitos para expedición do título do grao exixido na correspondente resolución de convocatoria, só no caso de que aínda non se atopase expedido.

    • c) Certificación académica en que conste a nota media do expediente, calculada consonte o establecido na Resolución do 15 de setembro de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se dispón a publicación do protocolo de colaboración subscrito entre a consellería e as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo para a valoración dos expedientes académicos (DOG núm. 188, do 30 de setembro de 2011). So serán admitidas as certificacións académicas en que conste a nota media do expediente calculada conforme o prescrito.

    • d) Currículo da persoa solicitante, con exposición dos méritos académicos, de acordo co modelo que se inclúe nesta convocatoria como anexo II.

    • e) Documentos que acrediten os méritos relacionados no currículo.

    • f) Certificado oficial acreditativo da competencia en lingua galega no nivel Celga 4, equivalente ou superior, só no caso de que a persoa interesada conte con un que non fose expedido polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia.

Non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

  • A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que foi realizada a emenda.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

  • No caso de que algún dos documentos supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación destes de forma presencial na forma indicada no ordinal anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • a) Documento nacional de identidade ou número de identificación do estranxeiro da persoa solicitante e, se é o caso, da súa persoa representante.

  • b) Título do grao exixido na correspondente resolución de convocatoria.

  • c) Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

  • d) Certificado de estar ao día do pagamento coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

  • e) Certificado de estar ao día do pagamento das obrigas coa Administración pública da comunidade autónoma.

  • f) Documento acreditativo da competencia en lingua galega no nivel Celga 4, equivalente ou superior, expedido polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os devanditos documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

  • Trámites posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 20 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das bolsas de formación deste instituto e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 188 do 3 de outubro de 2019).

    • Extracto da Resolución do 20 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das bolsas de formación deste instituto e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 188 do 3 de outubro de 2019).

    • Resolución do 30 de decembro de 2020 pola que se reaxustan as anualidades da Resolución do 20 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das bolsas de formación deste instituto e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 6 do 12 de xaneiro de 2021).

Outros procedementos relacionados

ED011A

Actualización e/ou modificación do expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte ensinanzas non universitarias en centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Aberto todo o ano

ED301A

Autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED301C

Autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED321A

Certificación persoal na manipulación de gases fluorados

Tramitar en liña

Aberto todo o ano