Guía de procedementos e servizos

VI442A

Axudas, en réxime de concorrencia competitiva, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, dirixidas á mellora enerxética dos edificios de vivendas de titularidade dos concellos galegos.

Procedemento dirixido a: Entidades locais

Convocatoria 2017 - Prazo pechado: 26/01/2017 00:00 - 27/03/2017 23:59
Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras que rexerán o procedemento de concesión das axudas dirixidas á mellora enerxética dos edificios de vivendas de titularidade dos concellos galegos.

Para os efectos desta orde, equipáranse as vivendas unifamiliares aos edificios de vivendas.

Actuacións subvencionables.

Consideraranse actuacións subvencionables todas aquelas obras que, cumprindo o obxecto previsto no artigo 6, consistan en actuacións integrais de melloras do illamento térmico e/ou da carpintería da envolvente, que poderán ir acompañadas de melloras nas instalacións térmicas, sempre que se axusten á normativa técnica aplicable vixente no momento da súa execución.

Poderán ser beneficiarios das subvencións os concellos titulares dos edificios contemplados no ámbito de aplicación que vaian realizar actuacións obxecto da subvención.

Son obrigas dos concellos beneficiarios, ademais das recollidas no artigo 11 da LSG, as seguintes:

a) Xustificar ante o IGVS o cumprimento dos requisitos e das condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determine a concesión ou o desfrute desta.

b) Executar o proxecto que fundamenta a concesión da subvención no prazo establecido na resolución da concesión e manter os investimentos durante, polo menos, 5 anos.

c) Someterse ás actuacións de comprobación material do investimento que efectúe o IGVS, así como calquera outra actuación de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, en especial a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas e os órganos de control da Comisión Europea, achegando canta información se lle requira no exercicio das actuacións anteriores e ás verificacións previstas no artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Consello.

Para este fin, deberá dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos esixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e abono dos gastos e inversións subvencionables, coa finalidade de garantir o adecuado exercicio das facultades de comprobación e control, durante, polo menos, un período de tres anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas nas que estean incluídos os gastos da operación. O IGVS informará da data de inicio a que se refire esta obriga.

d) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas aos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.

e) Comunicar inmediatamente ao IGVS cantas axudas solicite e/ou obteña doutras administracións públicas ou doutros entes públicos, nacionais ou internacionais en relación coas actuacións que solicita, así como a modificación das circunstancias que teñan fundamentado a concesión da subvención. A dita comunicación deberá efectuarse no momento no que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos. En ningún caso o importe da subvención poderá ser de tal contía que, illadamente o en concorrencia con outras subvenciones doutras administracións públicas, supere o custe elixible do proxecto que vai desenvolver o beneficiario.

f) Cumprir as obrigas en materia de información e comunicación sobre o apoio procedente do Feder, de acordo co apartado 2.2 o Anexo XII do Regulamento nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013 e, de acordo coas especificacións técnicas establecidas nos artigos. 3 ao 5 do Regulamento de execución (UE) nº 821/2014 da Comisión, de 28 de xullo de 2014.

En particular, o beneficiario deberá informar ao público do apoio obtido do Feder facendo unha breve descrición no sitio web, no caso que se dispoña deste e colocará unha placa permanente, unha vez rematadas as obras, nun lugar visible do edificio obxecto da actuación. Para estes efectos o IGVS, xunto coa resolución de concesión, facilitará ao beneficiario as características, tamaño e modelo desta placa de información.

g) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da LSG.

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

Área Central. Fontiñas

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981541982

Email: dx.igvs@xunta.es

http://www.igvs.es

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

Prazo de presentación: PECHADO

26/01/2017 00:00 - 27/03/2017 23:59

Dous meses, a contar desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Para ter a condición de beneficiario será requisito necesario que o concello teña presentada no Consello de Contas as contas xerais do exercicio inmediatamente anterior á correspondente convocatoria, conforme ao artigo 208 e seguintes do texto refundido da lei reguladora de facendas locais, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.

Os beneficiarios non poderán estar incursos en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10.2º da LSG.

  • A solicitude de axuda, debidamente cumprimentada e asinada, deberá presentarase conforme co artigo 15 das bases reguladoras, xunto coa seguinte documentación:

    • a) Documentación administrativa:

      • Copia do DNI da persoa representante da entidade solicitante, só no caso de denegación expresa da súa consulta ao IGVS.

      • Certificado expedido polo/a secretario/a do concello no que se acredite o acordo adoptado polo pleno ou, no seu caso, pola xunta de goberno local para a realización das obras e a petición desta subvención.

      • Certificado do/da secretario/a do concello no que se acredite a presentación das contas da entidade no Consello de Contas de Galicia.

      • Copia do título de propiedade do/s edificio/s para o/s que se solicite esta axuda ou certificado do/da secretario/a do concello no que se acredite a titularidade municipal do/s edificio/s.

      • Datos do/s edificio/s nos que se pretende facer as actuacións de mellora enerxetica, indicando a súa referencia catastral e dirección, así como o seu número de vivendas.

    • b) Documentación tecnica:

      • Memoria descritiva das obras que se pretenden executar, con indicación dunha previsión sobre o seu prazo de execución.

      • Orzamento das obras, así como dos demais gastos que se consideren necesarios para as actuacións subvencionables.

      • Xustificación da mellora enerxetica obtida despois da actuación, sobre a base dunha auditoría enerxetica de cada edificio que conteña, polo menos, descrición do estado actual, descrición da medida proposta, porcentaxe de redución da demanda, aforro de emisións de CO2, cualificación enerxetica comparativa do antes e despois da mellora, investimento preciso a realizar e período de retorno desta actuación.

        O concello solicitante poderá achegar calquera outro documento que considere necesario como complemento da documentación anterior.

    • A solicitude de axuda poderá referirse a varios edificios. Neste caso, deberá xuntarse o listado deles e o seu número de vivendas, así como a documentación administrativa e tecnica relativa a cada un dos edificios para os que se pide a axuda.

    • A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

    • A documentación complementaria deberá presentarase tamen por medios electrónicos. Os concellos responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

      Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.

    • Todos os trámites administrativos que os concellos interesados deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta do cidadán do concello interesado.

    • Se a solicitude non reúne os requisitos necesarios, requirirase ao concello para que, nun prazo de dez días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que se así non o fixera teráselle por desistido, previa resolución ditada para o efecto.

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio: negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 23 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, dirixidas á mellora enerxética dos edificios de vivendas de titularidade dos concellos galegos. (DOG nº 249 do 30 de decembro de 2016).

    • Resolución do 30 de decembro de 2016 pola que se convocan as axudas cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas á mellora enerxética dos edificios de vivendas de titularidade dos concellos galegos (DOG nº 17 do 25 de xaneiro de 2017).

    • Resolución do 31 de xaneiro de 2018 pola que se dá publicidade á relación das persoas ou entidades beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro das convocatorias realizadas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no ano 2017 (DOG nº 31 do 13 de febreiro de 2018).

Outros procedementos relacionados

IN223B

Obtención/renovación do selo de mercado excelente.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IN308C

Subvencións a entidades locais para actuacións encamiñadas ao acondicionamento e mellora das instalacións dos espazos termais de uso lúdico da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 15/02/2023 00:00 - 03/07/2023 23:59

IN418E

Subvencións para planificación enerxética de entidades locais e comunidades enerxéticas

Prazo pechado: 20/01/2025 09:00 - 15/05/2025 23:59

IN421G

Proxectos de enerxías renovables térmicas.

Prazo pechado: 26/05/2021 00:00 - 25/06/2021 23:59