Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
VI406A
Subvencións do programa de infravivenda do Plan rehaVIta: plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020.
Procedemento dirixido a: Entidades locais
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que rexerán a concesión das subvencións do Programa de infravivenda correspondente ao Plan RehaVIta: Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020; código do procedemento VI406A.
2. Así mesmo, por medio desta orde procédese á convocatoria destas subvencións para a anualidade 2018.
Estas subvencións están dirixidas a prestar apoio aos concellos de Galicia de menos de 10.000 habitantes para que poidan axudar con carácter urxente as unidades de convivencia que residan, en condicións de propietarias, nunha edificación ou nunha vivenda que se encontre en mal estado de conservación e non dispoñan de recursos para acometer obras que permitan ter as mínimas condicións de habitabilidade.
Así mesmo, estas subvencións terán por obxecto permitir aos concellos de Galicia de menos de 10.000 habitantes rehabilitar edificacións ou vivendas do seu patrimonio municipal para destinalos a solucionar os problemas de residencia de unidades de convivencia que cumpran os requisitos fixados nesta orde.
Actuacións subvencionables.
Consideraranse actuacións subvencionables a execución de obras de rehabilitación en edificacións e vivendas co obxecto de que estas acaden unhas mínimas condicións de habitabilidade. Estas actuacións poden afectar os elementos exteriores, as condicións estruturais e de seguridade, a habitabilidade e/ou a accesibilidade da edificación ou da vivenda. Entre as condicións de habitabilidade poderase prever a execución de medidas que eviten a entrada no edificio do gas radon ou a adopción de medidas que garantan a súa eliminación do interior das vivendas.
As subvencións concederanse polo procedemento de concorrencia non competitiva, de conformidade co establecido no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
Concellos de Galicia de menos de 10.000 habitantes.
Ademais das recollidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, serán obrigas dos concellos beneficiarios as seguintes:
1. Executar as actuacións subvencionadas nas condicións e nos prazos indicados que consten na resolución de concesión.
2. Destinar a vivenda rehabilitada a solucionar os problemas de infravivenda durante un prazo non inferior a cinco anos, contados desde a finalización das obras, para o caso de que a edificación ou vivenda sexa de propiedade municipal.
3. Acreditarlle documentalmente ao IGVS a efectividade dos pagamentos realizados nos prazos establecidos no artigo 3 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro.
4. Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das subvencións.
5. Dar a adecuada publicidade de que as actuacións están subvencionadas pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda a través do IGVS.
6. Subministrarlle ao IGVS, logo de requirimento para o efecto, de conformidade co artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, toda a información necesaria para o cumprimento das obrigas previstas no título I da citada lei.
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Área Central. Fontiñas
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541982
Email: dx.igvs@xunta.es
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de A Coruña
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Coruña
R/ Vicente Ferrer, 2
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184824
Fax: 981184860
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Lugo
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Lugo
Avda. Ramón Ferreiro nº 28
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294600
Fax: 982294624
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Ourense
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Ourense
R/ Antonio Sáenz Díez, 1
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386273
Fax: 988386235
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Pontevedra
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Pontevedra
R/ Alcalde Hevia, 7
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805610
Fax: 986805663
Prazo de presentación: PECHADO
25/01/2018 00:00 - 01/06/2018 23:59
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 1 de xuño de 2018 e, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario, que será publicado no Diario Oficial de Galicia mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.
- Para poderen ser beneficiarios destas subvencións os concellos deberán ter cumprido o deber de remisión ao Consello de Contas de Galicia das contas xerais do exercicio inmediatamente anterior ao ano da convocatoria, en que o seu prazo de presentación estivese vencido.
- Non poderán ser beneficiarios destas axudas aqueles concellos que se atopen nalgún dos supostos previstos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
Á solicitude xuntarase a seguinte documentación:
a) Certificado do acordo municipal de solicitar a subvención ao IGVS, aceptando os termos da convocatoria, de conformidade coa memoria, o orzamento e o prazo de execución propostos na documentación que se xunta á solicitude.
b) Para o suposto de que a vivenda sexa de titularidade privada, o anexo II de autorización das persoas propietarias do inmoble, membros da unidade de convivencia, para que o concello execute as obras de rehabilitación, así como compromiso de dedicar a vivenda a domicilio habitual e permanente da unidade de convivencia durante un prazo non inferior a tres anos, contado desde a finalización das obras.
c) Certificado da secretaría municipal en que se acredite terse cumprido os requisitos recollidos nos artigos 6.2 e 6.3.
d) Memoria relativa á infravivenda obxecto das actuacións. Esta memoria deberá conter a seguinte documentación:
1. Informe social sobre as circunstancias persoais, así como das económico-sociais de cada un dos membros da unidade de convivencia. No caso de tratarse dunha infravivenda de titularidade municipal, que aínda non estea ocupada por unha unidade de convivencia, non se presentará este informe.
2. Informe asinado polo/a correspondente técnico/a municipal, relativo á localización da infravivenda, das súas características e do seu estado de deterioración. Este informe deberá ir acompañado dunha reportaxe fotográfica en cor da edificación ou vivenda e dunha xustificación da necesidade e idoneidade das actuacións propostas.
3. Memoria da actuación proposta, do orzamento de execución material e do calendario de execución.
4. Informe do/da técnico/a municipal de que as actuacións propostas cumpren coa lexislación vixente.
5. Informe municipal sobre o financiamento da actuación que xustifique a súa viabilidade.
6. Certificado do correspondente órgano do concello de que o nivel de renda da unidade de convivencia das persoas beneficiarias está dentro dos criterios establecidos nesta orde. No caso de tratarse dunha infravivenda de titularidade municipal, que aínda non estea ocupada por unha unidade de convivencia, non se presentará este informe.
7. No caso de tratarse dunha vivenda de titularidade municipal, certificado da secretaría municipal no cal se acredite que a edificación ou vivenda obxecto de rehabilitación é de titularidade municipal.
8. No caso de que a edificación ou vivenda pertenza a algún dos membros da unidade de convivencia, certificado da secretaría municipal no cal se acredite a propiedade da edificación ou da vivenda obxecto de rehabilitación.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) Documento nacional de identidade ou número de identidade de estranxeiro da persoa que exerza a titularidade da alcaldía, ou persoa en quen delegue.
b) Validación de número de identificación fiscal da entidade solicitante.
2. Cando os concellos interesados se opoñan a estas consultas, deberán facelo constar no correspondente cadro habilitado para tal efecto na solicitude e, ao mesmo tempo, achegar os documentos oportunos.
3. No caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
No caso de que os concellos pretendan financiar varias actuacións a través desta convocatoria, deberán presentar unha solicitude para cada unha delas.
A solicitude deberá formalizala, en representación do concello, a persoa titular da alcaldía ou a persoa en quen esta delegue.
As solicitudes deberanse presentar por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Se algún dos concellos interesados presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Nestes casos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
No modelo de solicitude realizaranse as seguintes declaracións:
a) Declaración das axudas solicitadas ou obtidas de calquera entidade pública ou privada ou, de ser o caso, declaración de que non se solicitasen ou obtivesen outras axudas para a mesma finalidade. No caso de que se solicitasen ou obtivesen outras axudas para a mesma finalidade, deberase indicar cales.
b) Compromiso de comunicar calquera outra subvención que lle sexa concedida para a mesma finalidade.
c) Declaración de non estar incurso en ningunha clase de inhabilitación para a obtención das axudas.
d) Declaración de estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións.
e) Que se compromete, no caso de edificacións do patrimonio municipal, a destinar a edificación rehabilitada, durante un prazo non inferior a cinco anos, contado desde a finalización destas obras, a solucionar os problemas de residencia de unidades de convivencia que cumpran os requisitos previstos nesta orde.
f) Declaración responsable de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
g) Declaración de que todos os datos consignados na solicitude, así como os documentos que se xunten, son certos.
A documentación complementaria deberase presentar electronicamente na sede electrónica da Xunta de Galicia. Para o caso de que algún dos concellos presente a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que o faga electronicamente. Nestes casos, considerarase como data de presentación da documentación complementaria aquela en que fose presentada por vía electrónica.
Para o caso de que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.
Os concellos interesados responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, o IGVS poderá requirirlles a exhibición dos documentos orixinais para o seu cotexo coas copias electrónicas presentadas.
No caso de que os documentos que se van presentar superen os tamaños máximos establecidos na sede electrónica ou teñan un formato non admitido por esta, deberanse seguir, para os efectos da súa presentación, as instrucións que figuran no seguinte enderezo: https://sede.xunta.gal/documentacion-de-gran-tamano.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
- Autorización para execución de obras (Anexo II)
Prazo de resolución: Dous meses
Sentido do silencio: Negativo
- Fase de xustificación
- Comunicación do remate das obras (Anexo III)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 26 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras aplicables á concesión das subvencións do Programa de infravivenda do Plan RehaVIta: Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG nº 17 do 24 de xaneiro de 2018).
-
Orde do 20 de decembro de 2018 pola que se modifica a Orde do 26 de decembro de 2017, pola que se establecen as bases reguladoras aplicables á concesión das subvencións do Programa de infravivenda do Plan rehaVIta: Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG nº 3 do 4 de xaneiro de 2019).
-
Resolución do 15 de xullo de 2019 pola que se dá publicidade da relación das persoas ou entidades beneficiarias de varios programas de axudas concedidos ao abeiro das convocatorias realizadas no ano 2018 (DOG nº 140 do 24 de xullo de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Programa "Avais para a adquisición de vivenda".
Prazo aberto: 01/04/2025 00:00 - 31/10/2025 23:59
Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Prazo aberto: 08/05/2025 00:00 - 08/07/2025 23:59
Cualificación provisional para participar no Programa de axudas ás actuacións de rehabilitación e de renovación nas áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, das Illas Atlánticas e na ARI da Ribeira Sacra.
Prazo aberto: 31/10/2023 00:00 - 28/11/2025 23:59
Cualificación definitiva para participar no Programa de axudas ás actuacións de rehabilitación ou renovación nas áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, das Illas Atlánticas e da Ribeira Sacra.
Prazo aberto: 31/10/2023 00:00 - 28/11/2025 23:59