Guía de procedementos e servizos

VI406A

Subvencións do programa de infravivenda do Plan rehaVIta: plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020.

Procedemento dirixido a: Entidades locais

Convocatoria 2020 - Prazo pechado: 27/02/2020 00:00 - 07/07/2020 23:59
Sobre o procedemento

1. Estas subvencións están dirixidas a prestar apoio aos concellos de Galicia de menos de 10.000 habitantes para que poidan axudar con carácter urxente ás unidades de convivencia que residan, en condicións de propietarias, nunha infravivenda e non dispoñan de recursos económicos para acometer obras que permitan ter as mínimas condicións de habitabilidade.

2. Así mesmo, estas subvencións terán por obxecto permitirlles aos concellos de Galicia de menos de 10.000 habitantes rehabilitar infravivendas do seu patrimonio municipal para destinalas a solucionar os problemas de residencia de unidades de convivencia que cumpran os requisitos fixados nas bases reguladoras.

  • A concesión das subvencións recollidas nesta resolución tramitarase polo procedemento de concorrencia non competitiva ata esgotar o crédito dispoñible previsto na convocatoria, de acordo co sinalado no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Bases reguladoras

As bases reguladoras das subvencións obxecto desta convocatoria están recollidas nas seguintes disposicións:

Orde do 23 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras aplicables á concesión das subvencións do Programa de infravivenda do Plan RehaVIta: Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020, código de procedemento VI406A (DOG núm. 8, do 14 de xaneiro).

 Actuacións subvencionables

Consideraranse actuacións subvencionables a execución de obras de rehabilitación en edificacións e vivendas, co obxecto de que estas acaden unhas mínimas condicións de habitabilidade.

En concreto, serán subvencionables con cargo a este programa as actuacións que teñan por obxecto:

– A reforma ou rehabilitación de elementos exteriores.

– A mellora das condicións estruturais e de seguranza.

– A mellora da accesibilidade da edificación ou das vivendas.

– A mellora da habitabilidade. Dentro destas últimas, será subvencionable a execución de obras que eviten a entrada no edificio do gas radón ou a adopción de medidas que garantan a súa eliminación do interior das vivendas.

Poderán ser beneficiarios destas axudas os concellos de Galicia.

Obrigas dos concellos

Os concellos beneficiarios terán as obrigas recollidas no artigo 21 da Orde do 23 de decembro de 2019 pola que se establecen as súas bases reguladoras.

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

Área Central. Fontiñas

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981541982

Email: dx.igvs@xunta.es

http://www.igvs.es

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de A Coruña

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Coruña

R/ Vicente Ferrer, 2

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184824

Fax: 981184860

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Lugo

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Lugo

Avda. Ramón Ferreiro nº 28

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294600

Fax: 982294624

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Ourense

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Ourense

R/ Antonio Sáenz Díez, 1

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386273

Fax: 988386235

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Pontevedra

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Pontevedra

R/ Alcalde Hevia, 7

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805610

Fax: 986805663

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

27/02/2020 00:00 - 07/07/2020 23:59

Continúa o prazo de presentación de solicitudes ata o 7 de xullo de 2020 nos termos previstos na Resolución do 14 de maio de 2020.

Resolución do director xeral do IGVS do 30 de abril de 2020 pola que o prazo de presentación de solicitudes continúa aberto ata 00:00 do día 24 de maio de 2020.

O prazo para presentar as solicitudes desta convocatoria comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e terminará co esgotamento da partida orzamentaria contida nesta convocatoria –que será publicado no DOG mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS– e, en todo caso, o día 30 de abril de 2020.

1. Poderán ser beneficiarios destas axudas os concellos de Galicia de menos de 10.000 habitantes. Para estes efectos, tomaranse como referencia as últimas cifras oficiais do padrón municipal de habitantes publicadas polo Instituto Galego de Estatística na data de publicación da presente convocatoria.

2. Para poderen ser beneficiarios destas subvencións, os concellos deberán ter cumprido o deber de remisión ao Consello de Contas de Galicia das contas xerais do exercicio inmediatamente anterior ao ano da convocatoria, en que o seu prazo de presentación estivese vencido.

3. Non poderán ser beneficiarios destas axudas aqueles concellos que estean nalgún dos supostos previstos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

1. A solicitude de concesión realizarase conforme o formulario que se incorpora como anexo IV (código de procedemento VI406A) desta convocatoria. Deberase dirixir á área provincial do IGVS onde estea situada a edificación ou a vivenda.

2. No caso de que os concellos pretendan financiar varias actuacións a través desta convocatoria, deberán presentar unha solicitude para cada unha delas. Ningún concello poderá presentar máis dunha solicitude para a mesma infravivenda na mesma convocatoria nin poderá solicitar unha subvención para traballos correspondentes a actuacións xa subvencionadas en convocatorias anteriores na mesma infravivenda.

3. A solicitude deberá formalizala, en representación do concello, a persoa titular da alcaldía ou a persoa en quen esta delegue.

4. Coa solicitude achegarase a seguinte documentación:

a) Certificado do acordo municipal de solicitar a subvención ao IGVS, con aceptación dos termos da convocatoria, de conformidade coa memoria, o orzamento e o prazo de execución propostos na documentación que se xunta coa solicitude.

b) Para o suposto de que a vivenda sexa de titularidade privada, o anexo XV (código de procedemento VI406A) de autorización das persoas propietarias do inmoble, membros da unidade de convivencia, para que o concello execute as obras de rehabilitación, así como o compromiso de dedicar a vivenda a domicilio habitual e permanente da unidade de convivencia durante un prazo non inferior a cinco anos, contado desde a finalización das obras.

c) Certificado da secretaría municipal en que se acredite ter cumpridos os requisitos recollidos no artigo 7 das bases reguladoras.

d) Proxecto técnico ou memoria relativa á infravivenda obxecto das actuacións. Deberá vir acompañado da seguinte documentación:

– Informe social sobre as circunstancias persoais, así como das económico-sociais de cada un dos membros da unidade de convivencia. No caso de tratarse dunha infravivenda de titularidade municipal que aínda non estea ocupada por unha unidade de convivencia, non se presentará este informe.

– Informe asinado pola persoa técnica municipal relativo á localización da infravivenda, das súas características e do seu estado de deterioración. Este informe deberá ir acompañado dunha reportaxe fotográfica en cor da edificación ou vivenda e dunha xustificación da necesidade e idoneidade das actuacións propostas.

– Memoria da actuación proposta, do orzamento de execución material e do calendario de execución.

– Informe da persoa técnica municipal de que as actuacións propostas cumpren coa lexislación vixente.

– Informe municipal sobre o financiamento da actuación que xustifique a súa viabilidade.

– Certificado do correspondente órgano do concello de que o nivel de renda da unidade de convivencia das persoas beneficiarias entra dentro dos criterios establecidos nesta resolución. No caso de tratarse dunha infravivenda de titularidade municipal que aínda non estea ocupada por unha unidade de convivencia, non se presentará este certificado.

– No caso de tratarse dunha vivenda de titularidade municipal, certificado da secretaría municipal en que se acredite que a edificación ou vivenda obxecto de rehabilitación é de titularidade municipal.

– No caso de que a edificación ou vivenda pertenza a algún dos membros da unidade de convivencia, certificado da secretaría municipal en que se acredite a propiedade da edificación ou da vivenda obxecto de rehabilitación.

Comprobación de datos

1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI ou NIE da persoa representante.

b) NIF do concello.

2. Cando os concellos interesados se opoñan a estas consultas, deberán facelo constar no correspondente cadro habilitado para tal efecto na solicitude e, ao mesmo tempo, achegar os documentos oportunos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar aos concellos interesados que presenten os documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas e ás entidades interesadas realizar trámites electrónicos con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa ou entidade interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

No suposto de suxeitos obrigados a relacionarse electronicamente coa Administración, todos os trámites administrativos que deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Dous meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 23 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras aplicables á concesión das subvencións do Programa de infravivenda do Plan RehaVIta: Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020 (DOG nº 8 do 14 de xaneiro de 2020).

    • Resolución do 6 de febreiro de 2020 pola que se convocan distintas liñas de subvencións para actuacións de rehabilitación xestionadas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo para o ano 2020 (DOG nº 38 de 26 de febreiro de 2020).

    • Extracto da Resolución do 6 de febreiro de 2020 pola que se convocan distintas liñas de subvencións para actuacións de rehabilitación xestionadas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo para o ano 2020 (código de procedemento VI406A, Programa de infravivenda do Plan RehaVIta: Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020) (DOG nº 38 do 26 de febreiro de 2020).

    • Resolución do 14 de maio de 2020 pola que se dispón a continuación do prazo de presentación de solicitudes de varios procedementos de subvencións (DOG nº 97 do 20 de maio de 2020).

    • Resolución do 19 de maio de 2020 pola que se amplía a dotación orzamentaria da convocatoria de subvencións do Programa de infravivenda do Plan RehaVIta: Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020, para o exercicio 2020 (DOG nº 100 do 26 de maio de 2020).

    • Resolución do 6 de agosto de 2020 pola que se amplía a dotación orzamentaria da convocatoria de subvencións do programa de infravivenda do Plan RehaVIta: Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020, para o exercicio 2020. (DOG nº 161 do 12 de agosto de 2020).

    • Resolución do 16 de novembro de 2020 pola que se amplía a dotación orzamentaria da convocatoria de subvencións dos programas de fomento de mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan estatal de vivenda 2018–2021, para o ano 2020 (DOG nº 233 do 18 de novembro de 2020).

    • Resolución do 2 de xuño de 2021 pola que se dá publicidade á relación das persoas ou entidades beneficiarias de varios programas de axudas concedidas ao abeiro das convocatorias realizadas no ano 2020 (DOG nº 112 do 15 de xuño de 2021).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

VI402B

Programa "Avais para a adquisición de vivenda".

Tramitar en liña

Prazo aberto: 01/04/2025 00:00 - 31/10/2025 23:59

VI406I

Fondo de cooperación cos concellos para o apoio ao financiamento da promoción de vivenda protexida de nova construción

Tramitar en liña

Prazo aberto: 02/06/2025 00:00 - 15/10/2025 23:59

VI408P

Cualificación definitiva para participar no Programa de axudas ás actuacións de rehabilitación ou renovación nas áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, das Illas Atlánticas e da Ribeira Sacra.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 31/10/2023 00:00 - 28/11/2025 23:59

VI409B

Cambio de réxime de alugamento a compravenda e de compravenda a alugamento de vivendas protexidas de promoción pública.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano