Guía de procedementos e servizos

TU951C

Habilitación de guías de turismo especializados de Galicia.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2019 - Prazo pechado: 28/05/2019 00:00 - 27/06/2019 23:59
TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Convocar os exames para a obtención ou ampliación a outros idiomas da habilitación de guías de turismo de Galicia no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

O programa que rexerá estas probas é o que figura como anexo I desta resolución.

Cidadáns que queran ser habilitados como guías de turismo.

Xunta de Galicia

Presidencia da Xunta de Galicia

Axencia Turismo de Galicia

Secretaría de Coordinación Económica e Administrativa

Área de Apoio Xurídico e Lexislativo

A Barcia. Estrada Santiago-Noia Km.3

15896  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546420

Email: xuridico.turismo@xunta.es

https://www.turismo.gal

Área de Fomento e Desenvolvemento Empresarial

Prazo de presentación: PECHADO

28/05/2019 00:00 - 27/06/2019 23:59

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o derradeiro do mes.

As persoas aspirantes que pretendan concorrer ás probas para a obtención da habilitación como guía de turismo de Galicia deberán cumprir cos seguintes requisitos, de conformidade co establecido no artigo 5.2 do Decreto 73/2015, do 7 de maio, polo que se regula a profesión de guía de turismo de Galicia:

a) Posuír a nacionalidade española ou a dalgún dos Estados membros da Unión Europea signatario do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo ou de calquera outro dos Estados a que, en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores e traballadoras.

Así mesmo, poderán participar nas probas os cidadáns estranxeiros con residencia legal en España.

b) Ser maior de idade.

c) Posuír algún dos seguintes títulos:

1º. Ciclo formativo de grao superior de formación profesional ou equivalente ou homologado previamente pola autoridade competente na materia.

2º. Grao ou diplomatura universitaria ou equivalente ou homologado previamente pola autoridade competente na materia.

3º. Mestrado oficial universitario, licenciatura ou equivalente ou homologado previamente pola autoridade competente na materia.

4º. Gran diploma de xestión e dirección de empresas hoteleiras.

5º. Diploma de xestión de empresas hoteleiras.

6º. Diploma superior en xestión hoteleira.

d) Non padecer ningunha enfermidade nin limitación física que poida ser incompatible coas funcións de guía de turismo.

e) Acreditar o dominio das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia e dalgunha lingua estranxeira, salvo que se opte por realizar a correspondente proba de idiomas nos termos recollidos no punto 13 desta Resolución.

  • Inscrición para participar nos exames para a habilitación de guía de turismo de galicia ( 31.19.07)
  • Expedición da habilitación de guía de turismo de galicia ( 31.19.06)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) para o procedemento TU951C. Este formulario axústase ao modelo que figura no anexo II.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e chave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).

  • A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

  • No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  •  Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • a) DNI ou NIE da persoa solicitante ou representante.

  • b) Título oficial universitario de licenciado ou grao.

  • c) Certificado do Celga 4 ou equivalente expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

4. Coas solicitudes das persoas interesadas deberán achegarse os documentos ou informacións previstos nesta norma, salvo que estes xa estean en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido no artigo 53.d) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sempre que se faga constar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

Documentación que se deberá presentar.

  • 1. Anexo II: modelo de solicitude normalizado.

  • 2. Xunto coa solicitude achegarase a seguinte documentación:

    • a) Copia dalgún dos títulos exixidos no punto 2.c) desta convocatoria ou, se for o caso, da certificación do pagamento dos dereitos da súa expedición, que non poidan ser consultados na base de datos do Ministerio de Educación e Formación Profesional. No caso de presentar un título estranxeiro, será preciso que estea debidamente validado pola Administración educativa española.

    • b) Para os efectos da exención do terceiro exercicio prevista no punto 9.1 desta resolución, certificación expedida polo organismo competente dun nivel de coñecemento equivalente, como mínimo, ao nivel B2 (avanzado), segundo o previsto no Marco común europeo de referencia para as linguas.

    • c) Para os efectos da exención do segundo exercicio prevista no artigo 9.2 e 9.3 desta resolución:

      • c.1. Certificado do Celga 4 ou equivalente non expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

      • c.2. No caso de estranxeiros, copia do diploma de español de nivel, como mínimo, B2, de conformidade co disposto no Real decreto 1137/2002, do 31 de outubro, que regula os diplomas de español como lingua estranxeira, ou equivalente, de conformidade co disposto nas disposicións adicionais segunda e cuarta do dito real decreto.

    • d) Para os efectos da acreditación do idioma do país de orixe, presentarase copia do pasaporte ou documento acreditativo da nacionalidade.

    • e) Xustificante de ter aboado os dereitos de exame, expedido pola entidade bancaria correspondente.

  • 3. De conformidade co disposto na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións da Comunidade Autónoma de Galicia, como requisito necesario para participar nestas probas deberá presentarse o xustificante de ter aboado en concepto de dereitos de exame o importe de 40,45 euros en calquera das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia.

O ingreso da taxa efectuarase no impreso oficial de autoliquidación de taxas. O dito impreso facilitaráselles aos interesados/as no Rexistro Único da Xunta de Galicia, no Rexistro Auxiliar da Axencia Turismo de Galicia e nos rexistros dos departamentos territoriais da Xunta de Galicia ou en calquera outro rexistro oficial da Xunta de Galicia, e deberá cubrirse cos seguintes códigos:

Consellería de Cultura e Turismo: código 10.

Axencia Turismo de Galicia: código 005.

Taxa. Denominación: inscrición para a participación en exames para a habilitación de guías de turismo de Galicia: código 31.19.07.

A presentación do xustificante do ingreso das taxas no cal non figure o selo da entidade bancaria coa indicación da data determinará a exclusión do/a aspirante. En ningún caso a presentación deste xustificante suporá a substitución da presentación en tempo e forma da solicitude.

Poderase facer efectivo, así mesmo, o pagamento da taxa pola internet nas entidades financeiras actualmente autorizadas. Para isto deberán acceder á oficina tributaria, a través da oficina virtual na páxina web da Consellería de Facenda (www.facenda.org) e premer na ligazón taxas, prezos, multas e sancións no menú da marxe esquerda. Neste caso, unha vez efectuado o pagamento da taxa correspondente, imprimirase o xustificante de ter aboado a taxa, que será o que se xunte coa instancia. En ningún caso a presentación deste xustificante suporá a substitución da presentación en tempo e forma da solicitude.

O importe aboado en concepto de dereitos de exame devolverase, logo dos trámites correspondentes, ás persoas candidatas excluídas que o soliciten no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución da Axencia Turismo de Galicia pola cal se declare a exclusión.

  • 4. A Axencia Turismo de Galicia poderá requirir a documentación complementaria que considere necesaria para completar a solicitude.

  • Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 73/2015, do 7 de maio, polo que se regula a profesión de guía de turismo de Galicia (DOG nº 92 do 19 de maio de 2015).

    • Resolución do 13 de maio de 2019 pola que se convocan os exames para a obtención ou ampliación a outros idiomas da habilitación de guías de turismo especializados de Galicia (DOG nº 99 do 27 de maio de 2019).

Outros procedementos relacionados

BS314A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF504B

Autoprestación do servizo ó pasaxe, que comprende o embarque e desembarque de pasaxeiros e pasaxeiras, así como a carga e descarga de equipaxes e vehículos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE616A

Tarxeta de identidade marítima náutica de lecer.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR303A

Permiso de apertura e inscrición da autorización de instalación dunha sala de bingo en Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano