Guía de procedementos e servizos

TU951B

Recoñecemento de cualificacións profesionais.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano
TRAMITAR PRESENCIALMENTE

O obxecto deste decreto é a regulación da profesión de guía de turismo no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Instrución e resolución sobre recoñecemento de cualificacións profesionais.

1. A instrución do expediente de recoñecemento da cualificación profesional corresponde á Dirección de Competitividade da Axencia Turismo de Galicia, a cal procederá á cualificación xurídica da documentación presentada para determinar a súa validez e comprobar o cumprimento dos requisitos exixidos para o recoñecemento.

2. Instruído o procedemento, e inmediatamente antes de redactar a proposta de resolución, daráselle trámite de audiencia á persoa interesada, de conformidade co disposto no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

3. A proposta de resolución conterá un dos seguintes pronunciamentos:

a) Recoñecer as cualificaciones profesionais e habilitación como guía de turismo á persoa solicitante, se se estimar que a formación ou experiencia do peticionario cobre os contidos formativos exixidos, segundo se establece no Real decreto 1837/2008, do 8 de novembro.

b) Exixir as medidas compensatorias, se se estimar que a formación ou experiencia da persoa peticionaria non cobre os contidos formativos exixidos. Na proposta determinaranse os contidos que se deberán acreditar mediante a superación dunha proba de aptitude ou a realización dun período de prácticas.

c) Desestimar a solicitude, se se considerar que non se cumpren os requisitos previstos nesta norma.

4. A Dirección da Axencia Turismo de Galicia deberá ditar e notificar a correspondente resolución sobre recoñecemento da cualificación profesional no prazo máximo de catro meses computados desde que a solicitude tivo entrada no órgano competente para a súa tramitación. Transcorrido o devandito prazo sen que se tivese notificado a citada resolución, entenderase estimada a solicitude de recoñecemento para exercer a actividade de guía de turismo en Galicia.

5. Se a resolución establece a necesidade de medidas compensatorias, deberá motivarse a necesidade destas medidas e recoller a lista de materias sinaladas no artigo 11.2, sobre as cales versarán a proba ou as prácticas, e que non se consideren cubertas polo certificado de competencia, título de formación presentado pola persoa solicitante ou pola súa experiencia profesional.

Elección da medida compensatoria no procedemento de recoñecemento.

1. Cando a resolución determine a exixencia de medidas compensatorias, a persoa interesada poderá optar entre a realización dunha proba de aptitude ou a realización de prácticas tuteladas.

2. A persoa solicitante deberá comunicar, no prazo de 15 días, a súa decisión á Dirección da Axencia Turismo de Galicia, que adoptará as medidas encamiñadas á efectividade da opción.

Proba de aptitude.

1. A proba de aptitude estará formada por preguntas tipo test, preguntas breves e preguntas de desenvolvemento, que versarán sobre cuestións teóricas e prácticas.

2. Por resolución da Dirección da Axencia Turismo de Galicia establecerase o lugar e data de celebración da proba.

3. Para a realización das probas e a avaliación do seu resultado constituirase una comisión de valoración formada por un número impar de membros nomeados pola Dirección da Axencia Turismo de Galicia entre persoas con coñecementos nas materias obxecto das probas.

O funcionamento da comisión de valoración rexerase polo previsto para os órganos colexiados no título I, capítulo I, sección 3ª, da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e no título II, capítulo II, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

4. A persoa aspirante será cualificada como apta ou non apta. A comisión de avaliación formulará proposta de recoñecemento das cualificacións profesionais dos/as aspirantes declarados/as aptos/as.

5. A Dirección da Axencia Turismo de Galicia ditará e notificará a correspondente resolución no prazo de dez días contados desde que se formule a proposta de recoñecemento das cualificacións pola comisión de avaliación.

Guías de Turismo.

Considéranse guías de turismo os/as profesionais que, debidamente habilitados/as, prestan de xeito habitual e retribuído servizos de asistencia, acompañamento e información en materia cultural, artística, histórica e xeográfica aos/ás usuarios/as turísticos/as nas súas visitas a museos e demais bens integrantes do patrimonio cultural de Galicia.

Non teñen a consideración de actividades profesionais propias dos/as guías de turismo as seguintes:

a) Os servizos de mero acompañamento e asistencia proporcionada a grupos de usuarios/as turísticos/as fóra dos lugares comprendidos no artigo 2.

b) As actividades que realicen ocasionalmente e sen percibir retribución específica por iso os/as profesionais do ensino con ocasión de visitas formativas dirixidas a grupos de alumnos/as ou os/as funcionarios/as e persoal ao servizo da Administración pública con motivo de visitas de carácter institucional.

c) As realizadas polos/as empregados/as de museos ou monumentos histórico-artísticos que no seu interior faciliten información sobre estes aos/ás visitantes, sen percibir retribución por este concepto e sen que ofrezan os seus servizos mediante anuncio ou publicidade.

Xunta de Galicia

Presidencia da Xunta de Galicia

Axencia Turismo de Galicia

Dirección de Competitividade

Área de Fomento e Desenvolvemento Empresarial

A Barcia. Estrada Santiago-Noia Km.3

15703  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546360

Fax: 981546371

http://turismo.xunta.es

Área de Fomento e Desenvolvemento Empresarial

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

O presente decreto entrará en vigor aos vinte días naturais desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

1. De conformidade coas previsións do artigo 21 do Real decreto 1837/2008, do 8 de novembro, poderán acceder á habilitación de guía de turismo da Comunidade Autónoma de Galicia mediante o recoñecemento das súas cualificacións profesionais e nas mesmas condicións que as persoas que obteñan as habilitacións previstas na sección anterior os/as nacionais dos Estados membros da Unión Europea ou signatarios do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo que:

a) Posúan o certificado de competencias ou o título de formación exixidos por outro Estado membro para acceder a esa mesma profesión no seu territorio ou exercela nel, ou

b) Exercesen a tempo completo a profesión durante dous anos, no transcurso dos dez anos anteriores, noutro Estado membro en que a dita profesión non se atope regulada, sempre que estean en posesión dun ou varios certificados de competencia ou dun ou varios títulos de formación. Os dous anos de experiencia non poderán exixirse cando o solicitante acredite unha cualificación profesional adquirida a través da superación dunha formación regulada das definidas no artigo 8 do Real decreto 1837/2008, do 8 de novembro, e que corresponda aos niveis de cualificación previstos nos números 2, 3, 4 e 5 do artigo 19 do mesmo real decreto.

2. Os certificados de competencia ou títulos de formación deberán:

a) Ter sido expedidos por unha autoridade competente dun Estado membro, designada conforme as disposicións legais, regulamentarias ou administrativas do devandito Estado.

b) Acreditar un nivel de cualificación profesional equivalente, como mínimo, ao nivel inmediatamente anterior ao establecido no artigo 19.3 do Real decreto 1837/2008, do 8 de novembro.

c) Acreditar a preparación do/a titular para o exercicio da profesión de guía de turismo.

3. Segundo o establecido no artigo 71 do Real decreto 1837/2008, do 8 de novembro, as persoas beneficiarias do recoñecemento das súas cualificacións profesionais deberán posuír os coñecementos lingüísticos dos idiomas oficiais da Comunidade Autónoma galega. Estes coñecementos deberán acreditarse mediante proba de aptitude ou, se for o caso, segundo se dispón nos números 2 e 3 do artigo 12.

4. A habilitación de guía de turismo expedirase nos idiomas estranxeiros que se acrediten de conformidade co disposto no artigo 12.1.

  • A presentación das solicitudes, que se axustarán ao modelo que figura como anexo II (TU951B), deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es ), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.

    Opcionalmente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

    A documentación complementaria tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

    As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.

    Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

  • Á solicitude debidamente cuberta xuntaráselle a seguinte documentación e información:

    • a) Documentación acreditativa da nacionalidade da persoa interesada.

    • b) Copia autenticada do certificado de competencias ou título de formación exixido para o acceso á profesión de guía de turismo no Estado membro de orixe da Unión Europea ou signatario do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo, así como, se e o caso, certificado da experiencia profesional da persoa interesada.

      Para a acreditación da experiencia profesional exixirase, en todo caso, a presentación de documento oficial emitido por unha autoridade competente do Estado de orixe que certifique o exercicio da profesión.

    • c) Se for o caso, documentación acreditativa do coñecemento do castelán e do galego, falado e escrito, e do idioma estranxeiro.

    • d) Unha fotografía tamaño carne.

Prazo de resolución: Catro meses

Sentido do silencio: Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 73/2015, do 7 de maio, polo que se regula a profesión de guía de turismo de Galicia (DOG nº 92 do 19 de maio de 2015).

Outros procedementos relacionados

BS314A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA002A

Subministración electrónica dos cartóns de bingo autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo do bingo.

Aberto todo o ano

PR303F

Instalación de caixeiros e/ou datáfonos nas salas de bingo da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR320A

Inscrición no Rexistro de Empresas de Máquinas de Xogo da Comunidade Autónoma de Galicia, seccións I a V.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano