Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TU300A
Subvencións para proxectos de dinamización do Xacobeo 2021,” o teu Xacobeo”
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Entidades locais
Presidencia da Xunta de Galicia
1. Esta resolución ten por obxecto fixar as bases reguladoras e a convocatoria plurianual das subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos de promoción e dinamización con motivo da conmemoración do Ano Santo Xacobeo 2021 que se celebren entre o 1 de maio de 2020 e o 30 de abril de 2021, co obxectivo principal de lograr unha programación sociocultural cara ao Xacobeo 2021 para a promoción e potenciación de Galicia, así como reforzo da dimensión internacional do Camiño de Santiago e da propia Comunidade Autónoma, tales como: exposicións, mostras, intervencións, exhibicións, concertos, feiras e festivais, publicacións, creacións audiovisuais, talleres, xornadas de formación, conferencias, charlas, encontros, foros, actividades deportivas dirixidas, torneos, mostras gastronómicas, catas e degustacións, actividades de formación e intercambio, e outras (código de procedemento TU300A).
Segundo a Resolución do 4 de xuño de 2020 pola que se modifican os prazos de execución e xustificación recollidos na Resolución do 19 de novembro de 2019:
Os proxectos presentados ao abeiro da Resolución do 19 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a proxectos de promoción e dinamización do Xacobeo 2021 dentro do programa O teu Xacobeo, e se procede á súa convocatoria para os anos 2020 e 2021, executaranse entre o 1 de outubro de 2020 e o 30 de setembro de 2021.
O prazo de xustificación rematará o 15 de outubro de 2021.
Todos/as os/as solicitantes poderán solicitar no prazo de 15 días hábiles contados a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, o cambio de datas para a execución dos proxectos que tiñan presentados no ámbito temporal recollido no punto anterior.
3. As actividades que terán que ser de nova creación ou, se é o caso, unha segunda edición dun proxecto presentado ou executado ao abeiro da anterior edición do programa O teu xacobeo, desenvolveranse dentro dos seguintes ámbitos e disciplinas:
Ámbito artístico:
– Artes visuais.
– Cultura dixital.
– Deseño e moda.
– Cinema e documental.
– Música: clásica, popular, tradicional, músicas do mundo e outras.
– Artes escénicas: teatro, danza, novo circo e outras.
Ámbito de patrimonio e pensamento:
– Patrimonio material: arquitectura, arqueoloxía, etnografía, xeografía, topografía e outras.
– Patrimonio inmaterial: antropoloxía, tradicións, oficios, artesanía, gastronomía, enoloxía e outros.
– Cultura científica e editorial: publicacións, conferencias, estudos, foros, seminarios, intercambios con expertos, xornadas formativas, libros.
Ámbito deportivo:
– Torneos.
– Eventos deportivos especiais.
– Actividades dirixidas, ao aire libre, e relacionadas co benestar e coa vida activa, respectuosa coa contorna e coa natureza.
Ámbito social:
– Programas de voluntariado en todas as súas dimensións.
– Programas sociais e educativos no campo da igualdade, da inclusión social e da participación cidadá.
4. Os proxectos presentados deberán desenvolverse no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e adherirse, polo menos, a tres dos seguintes obxectivos do Xacobeo 2021:
a) Obxectivos estratéxicos fixados polo Consello Xacobeo para o Xacobeo 2021:
• Camiño. Destacar a riqueza cultural, natural e humana do Camiño de Santiago.
• Europa. Convidar ao diálogo ao redor deste grande itinerario cultural europeo.
• Patrimonio. Promover o patrimonio cultural xacobeo como fonte de inspiración para a creación artística contemporánea.
• Territorio e desenvolvemento sustentable. Impulsar o desenvolvemento das áreas rurais do Camiño de Santiago.
• Audiencia e legado. Fomentar o coñecemento do patrimonio relacionado co Camiño de Santiago, particularmente entre os máis novos.
b) Obxectivos estratéxicos da Comisión Organizadora do Xacobeo 2021 en Galicia:
• Promoción. Promocionar Galicia como destino cultural e turístico.
• Alcance. Implicar toda a poboación galega na celebración e xerar un sentimento de orgullo e pertenza cara aos valores da nosa comunidade.
• Innovación. Apostar por novas fórmulas de difusión e contidos innovadores que poñan en valor a esencia do Camiño de Santiago.
• Narrativa. Dar voz e recompilar as historias e experiencias que se xeren ao longo do Camiño.
• Diálogo. Fomentar o intercambio cultural entre a sociedade local e os peregrinos e visitantes.
5. As subvencións obxecto destas bases divídense en tres categorías ou liñas, en atención ás entidades solicitantes:
Liña 1. Entidades locais: concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades de concellos de Galicia e consorcios locais galegos.
Liña 2. Persoas físicas (traballadores autónomos) e persoas xurídicas constituídas baixo forma mercantil ou civil e as comunidades de bens que están comprendidos na definición de pequena e mediana empresa (peme).
Liña 3. Entidades sen ánimo de lucro: entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro.
6. O procedemento para a concesión destas subvencións será tramitado no réxime de concorrencia competitiva, ao abeiro do disposto no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, consonte os principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non-discriminación.
7. Co fin de cumprir co principio de concorrencia sinalado no parágrafo anterior, as solicitudes serán examinadas por unha comisión avaliadora, que se axustará aos principios contidos na sección 3ª, capítulo I, título I da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
Poderán participar nesta convocatoria segundo as categorías ou liñas que se establecen no artigo anterior:
Liña 1: concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades de concellos de Galicia e consorcios locais galegos.
Así mesmo, poderán presentarse solicitudes por agrupacións das devanditas entidades locais, de conformidade co disposto no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Liña 2: persoas físicas (traballadores autónomos) e persoas xurídicas constituídas baixo forma mercantil ou civil e as comunidades de bens que están comprendidos na definición de pequena e mediana empresa (peme).
Así mesmo, poderán presentarse solicitudes por agrupacións de persoas físicas e/ou xurídicas, de conformidade co disposto no citado artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
Liña 3: entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro.
Así mesmo, poderán presentarse solicitudes por agrupacións de entidades sen ánimo de lucro, de conformidade co disposto no citado artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
Xunta de Galicia
Presidencia da Xunta de Galicia
Axencia Turismo de Galicia
Dirección de Competitividade
Área de Fomento e Desenvolvemento Empresarial
A Barcia, Carretera Santiago-Noia, km. 3
15896 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546367 e 981547404, para dúbidas relativas á tramitación do procedemento, e o teléfono 9815463 58 para dúbidas técnicas.
Fax: 981546371
Prazo de presentación: PECHADO
30/11/2019 00:00 - 30/12/2019 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
1. Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades nas que se dea algunha das circunstancias previstas nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incurso nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable das entidades solicitantes; no caso de agrupación, deberá presentarse a declaración por cada unha das persoas ou entidades agrupadas.
2. Os concellos, así como as agrupacións e o resto de entidades locais da liña 1, deberán cumprir o requisito de ter remitidas ao Consello de Contas de Galicia as contas xerais de cada exercicio. Este requisito deberá estar cumprido antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de participación e a súa falta de acreditación por parte dalgún dos participantes na candidatura supoñerá a inadmisión desta. No caso de agrupacións de concellos, este requisito deberá ser acreditado por cada un dos concellos integrantes da agrupación.
3. Non se admitirán as solicitudes presentadas por consorcios locais dos cales forme parte a Xunta de Galicia e financie, en todo, os seus gastos de funcionamento.
4. Tampouco se permitirá a presentación de máis de dúas axudas por entidade ou agrupación de entidades locais, persoas físicas e/ou xurídicas e entidades sen ánimo de lucro.
5. As datas dos proxectos que se van desenvolver non poderán coincidir coas festas oficiais ou tradicionais do lugar de celebración.
6. Os requisitos para ser beneficiarios/as deberán cumprirse antes do remate do prazo de presentación das solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
2. Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na convocatoria, o órgano competente requirirá o interesado para que a emende no prazo máximo e improrrogable de 10 días, e indicaralle que, se así non o fixese, se lle terá por desistido da súa solicitude, logo de resolución ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
3. No caso de que a solicitude sexa presentada por unha agrupación, de conformidade co disposto no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, deberán facerse constar naquela os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se aplicará por cada un deles. Deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, corresponden á agrupación.
Así mesmo, e para os efectos das declaracións contidas na solicitude, no caso das agrupacións, estas declaracións emitiranse con base nas emitidas polos respectivos representantes de cada unha das entidades que a integran. Estas declaracións orixinais deberán quedar en poder da entidade representante para a súa achega no procedemento de subvencións, de ser requirido para iso polo órgano tramitador.
A agrupación non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.
1. Coas solicitudes deberá achegarse a seguinte documentación:
1.1. Documentación administrativa:
Liña 1:
a) Certificación da secretaría do concello, da mancomunidade ou consorcio acreditando que a entidade local cumpriu co seu deber de remisión das contas xerais de cada exercicio ao Consello de Contas, de acordo co estipulado no artigo 4 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.
b) Certificación do/da secretario/a da entidade local na que conste o acordo da entidade local polo cal se solicita a subvención para as actividades ou proxectos e se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos nesta resolución, así como o compromiso de financiar o importe da actividade que non resulte subvencionado ao abeiro desta convocatoria ata o importe total da execución prevista segundo a documentación achegada coa solicitude.
Este acordo deberá estar adoptado antes do vencemento do prazo de presentación das solicitudes. O incumprimento destes requisitos constituirá causa de inadmisión da solicitude.
c) No caso de agrupación de concellos, instrumento xurídico que regule a agrupación e a xestión dos servizos que deberá incluír, en todo caso, os compromisos de execución asumidos por cada membro, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles e a designación do/da representante o apoderado único da agrupación. A este representante corresponderalle asinar a solicitude e con el efectuaranse todas as actuacións a que o procedemento dea lugar.
Así mesmo, achegarase unha certificación emitida pola secretaría do concello representante, na cal se faga constar con base nos acordos adoptados polos órganos competentes de cada un dos concellos agrupados e/ou nas certificacións emitidas polos/as secretarios/as dos concellos integrantes da agrupación:
– Que todos os concellos integrantes da agrupación adoptaron o acordo polo cal se solicita a subvención para as actividades e proxectos que se pretenden executar e se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos nestas bases, así como o compromiso de financiar o importe da actividade que non resulte subvencionado ao abeiro destas bases ata o importe total da execución prevista segundo a documentación achegada coa solicitude.
– O nomeamento do/da alcalde/sa representante con poderes suficientes para cumprir con todas as obrigas que como entidade beneficiaria corresponden á agrupación, e que actuará como coordinador/a, interlocutor/a e perceptor/a da subvención.
– Que todos os concellos participantes na solicitude remitiron as contas do concello ao Consello de Contas de Galicia. Nesta certificación deberá quedar acreditado que a remisión das contas ao Consello de Contas de Galicia se efectuou antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes.
Os acordos deberán estar adoptados e as contas remitidas antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes. O incumprimento destes requisitos ou a falta da referencia expresa ao contido determinado nos números anteriores, aínda que afecte unha soa das entidades agrupadas determinará a inadmisión da solicitude.
d) No caso de que se trate dunha mancomunidade ou consorcio deberá presentarse o instrumento xurídico acreditativo da súa constitución.
e) Acreditación de que o proxecto non está iniciado o 1 de maio de 2020.
Liñas 2 e 3:
a) Escritura de constitución.
b) Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.
Se a persoa solicitante é persoa xurídica, certificado do acordo de solicitude de axuda ou da autorización da persoa que asine en nome da entidade.
c) No caso de agrupacións, instrumento xurídico que regule a agrupación e a xestión dos servizos que deberá incluír, en todo caso, os compromisos de execución asumidos por cada membro, así como o importe de subvención que se vaia aplicar por cada un deles e a designación da persoa que actuará como representante da agrupación. A este representante corresponderalle asinar a solicitude e con el efectuaranse todas as actuacións a que o procedemento dea lugar.
d) Acreditación de que o proxecto non está iniciado o 1 de maio de 2020.
e) Acreditación do réxime de fiscalidade do IVE aplicable á entidade beneficiaria.
1.2. Documentación do proxecto (común a todas as liñas):
a) Ficha xeral identificativa do proxecto ou actuación.
– Promotor.
– Nome do proxecto.
– Descrición do proxecto (máximo 10 liñas).
– Lugar de celebración.
– Datas de celebración.
b) Memoria detallada xustificativa que permita unha definición exacta do proxecto ou actuación que se vai realizar e que obrigatoriamente deberá conter a xustificación dos aspectos puntuables que se sinalen no anexo II clasificados segundo a orde establecida no citado anexo así como, se é o caso, a documentación acreditativa correspondente.
Non serán obxecto valoración os aspectos puntuables non xustificados suficientemente.
c) O orzamento desagregado, con e sen IVE segundo o modelo do anexo III.
2. O defecto na solicitude seralles notificado aos/ás interesados/as e daráselles un prazo de 10 días hábiles para emendaren os erros ou omisións. No requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixeren, se terán por desistidos da súa petición, logo da resolución, que deberá ditarse consonte o disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Sen prexuízo do establecido no punto anterior, poderá requirirse ao solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.
3. Unha vez revisadas as solicitudes e as emendas feitas, aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria achegaranse á comisión encargada da súa valoración, de acordo co establecido nestas bases.
4. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de inadmisión, en que se indicarán as causas desta.
5. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir que se amose do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
6. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del.
7. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
8. Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir á persoa interesada a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
Comprobación de datos.
Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
– NIF da entidade solicitante.
– DNI/NIE da persoa solicitante.
– NIF da entidade representante.
– DNI/NIE da persoa representante.
– Certificados de estar ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social, e de que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia. No caso de que as actuacións de oficio levadas a cabo polo órgano instrutor, consonte o artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, desen como resultado que o solicitante ou o beneficiario ten débedas ou obrigas con algunha destas administracións, requirirase o solicitante ou beneficiario para que regularice a situación e presente por si mesmo o correspondente certificado.
– Consulta de concesións de subvencións e axudas.
– Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
– Consulta de concesións pola regra de minimis.
No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar as certificacións de estar ao día nas citadas obrigas.
Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes. Todo isto sen prexuízo de que se solicite documentación complementaria aclaratoria dos datos que figuren na solicitude.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada.
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
- Xustificación
- Declaracións (Anexo VII)
- Fase de xustificación
- Solicitude de cobramento (Anexo V)
- Modelo de renuncia (Anexo IV)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 4 de xuño de 2020 pola que se modifican os prazos de execución e xustificación recollidos na Resolución do 19 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a proxectos de promoción e dinamización do Xacobeo 2021 dentro do programa O teu Xacobeo, e se procede á súa convocatoria para os anos 2020 e 2021 (DOG nº 112 do 10 de xuño de 2020).
-
Extracto da Resolución do 4 de xuño de 2020 pola que se modifican os prazos de execución e xustificación recollidos na Resolución do 19 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a proxectos de promoción e dinamización do Xacobeo 2021 dentro do programa O teu Xacobeo, e se procede á súa convocatoria para os anos 2020 e 2021.(DOG nº 112 do 10 de xuño de 2020).
-
Resolución do 19 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a proxectos de promoción e dinamización do Xacobeo 2021 dentro do programa O teu Xacobeo, e se procede á súa convocatoria para os anos 2020 e 2021 (DOG nº 228 do 29 de novembro de 2019).
-
Extracto da Resolución do 19 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a proxectos de promoción e dinamización do Xacobeo 2021 dentro do programa O teu Xacobeo, e se procede á súa convocatoria para os anos 2020 e 2020 (DOG nº 228 do 29 de novembro de 2019).
-
Resolución do 26 de xaneiro de 2021 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 19 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a proxectos de promoción e dinamización do Xacobeo 2021 dentro do programa O teu Xacobeo, e se procede á súa convocatoria para os anos 2020 e 2021 (DOG núm. 26 do 9 de febreiro de 2021).
-
Resolución do 29 de setembro de 2021 pola que se amplía o prazo de execución previsto na Resolución do 4 de xuño de 2020 pola que se modifican os prazos de execución e xustificación recollidos na Resolución do 19 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a proxectos de promoción e dinamización do Xacobeo 2021 dentro do programa O teu Xacobeo, e se procede á súa convocatoria para os anos 2020 e 2021 (DOG nº 189 do 30 de setembro de 2021).
-
Outros procedementos relacionados
Tarxeta de identidade marítima náutica de lecer.
Aberto todo o ano
Permiso de apertura e inscrición da autorización de instalación dunha sala de bingo en Galicia.
Aberto todo o ano
Autorización modificación de sala de bingo.
Aberto todo o ano
Cancelación da inscrición de sala de bingo.
Aberto todo o ano