Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
TU300A - Subvencións para proxectos de dinamización do Xacobeo 2021,” o teu Xacobeo”
1. Esta resolución ten por obxecto fixar as bases reguladoras e a convocatoria plurianual das subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos orixinais de dinamización con motivo da conmemoración do Ano Santo Xacobeo 2021, co obxectivo principal de lograr unha programación sociocultural que anticipe a celebración do Xacobeo 2021, para a promoción e potenciación de Galicia, así como reforzo da dimensión internacional do Camiño de Santiago e da propia Comunidade Autónoma, tales como exposicións, mostras, intervencións, exhibicións, concertos, feiras e festivais, publicacións, creacións audiovisuais, talleres, xornadas de formación, conferencias, charlas, encontros, foros, actividades deportivas dirixidas, torneos, mostras gastronómicas, catas e degustacións, actividades de formación e intercambio, e outras (TU300A).
2. As actividades desenvolveranse dentro dos seguintes ámbitos e disciplinas:
Ámbito artístico:
– Artes visuais, arquitectura, deseño, cultura dixital, artesanía, moda e outras.
– Cinema e documental.
– Música: clásica, popular, tradicional, músicas do mundo e outras.
– Artes escénicas: teatro, danza, novo circo e outras.
– Literatura e libro.
Patrimonio, historia, pensamento e espiritualidade: foros de reflexión, encontros, publicacións, estudos, conferencias, xornadas de formación, programas de intercambio con expertos doutras nacionalidades, charlas educativas en colexios e outras.
Gastronomía: experiencias e actividades gastronómicas de elevado valor engadido, que contribúan a dar a coñecer e gozar do patrimonio gastronómico de Galicia achegando a visitantes e locais unha parte das tradicións, oficios, cultura, historia e identidade territorial, así como a promoción de produtos con denominación de orixe ou indicacións xeográficas, por exemplo, catas e degustacións, charlas, talleres, actividades de formación e intercambio, publicacións, feiras e outras.
Ámbito deportivo: calquera disciplina deportiva, torneos, retos deportivos, partidos especiais, con especial atención ás actividades non profesionais e para todos os públicos, como carreiras populares. Inclúense actividades dirixidas e ao aire libre, como camiñadas ou rutas organizadas, clases en grupo e tamén disciplinas relacionadas co benestar, o fomento da vida activa e o goce respectuoso da natureza.
Ámbito social: programas de voluntariado, sociais, educativos e outros, que fomenten a inclusión e participación.
3. Os proxectos presentados deberán desenvolverse no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e adherirse, polo menos, a tres dos seguintes obxectivos do Xacobeo 2021:
a) Obxectivos estratéxicos fixados polo Consello Xacobeo para o Xacobeo 2021:
• Camiño. Destacar a riqueza cultural, natural e humana do Camiño de Santiago.
• Europa. Convidar ao diálogo ao redor deste grande itinerario cultural europeo.
• Patrimonio. Promover o patrimonio cultural xacobeo como fonte de inspiración para a creación artística contemporánea.
• Territorio e desenvolvemento sustentable. Impulsar o desenvolvemento das áreas rurais do Camiño de Santiago.
• Audiencia e legado. Fomentar o coñecemento do patrimonio relacionado co Camiño de Santiago, particularmente entre os máis novos.
b) Obxectivos estratéxicos da Comisión Organizadora do Xacobeo 2021 en Galicia:
• Promoción. Promocionar Galicia como destino cultural e turístico.
• Alcance. Implicar toda a poboación galega na celebración e xerar un sentimento de orgullo e pertenza cara aos valores da nosa comunidade.
• Innovación. Apostar por novas fórmulas de difusión e contidos innovadores que poñan en valor a esencia do Camiño de Santiago.
• Narrativa. Dar voz e recompilar as historias e experiencias que se xeren ao longo do Camiño.
• Diálogo. Fomentar o intercambio cultural entre a sociedade local e os peregrinos e visitantes.
4. As subvencións obxecto destas bases divídense en tres categorías ou liñas, en atención ás entidades solicitantes:
Liña 1. Entidades locais: concellos, mancomunidades de concellos de Galicia, consorcios locais galegos e deputacións provinciais de Galicia.
Liña 2. Entidades privadas: persoas físicas ou xurídicas constituídas baixo forma mercantil ou civil e as comunidades de bens que están comprendidos na definición de pequena e mediana empresa (peme).
Liña 3. Entidades sen ánimo de lucro: entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro.
5. O procedemento para a concesión destas subvencións será tramitado no réxime de concorrencia competitiva, ao abeiro do disposto no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, consonte os principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non-discriminación.
6. Co fin de cumprir co principio de concorrencia sinalado no parágrafo anterior, as solicitudes serán examinadas por unha comisión avaliadora, que se axustará aos principios contidos na sección 3ª, capítulo I, título I da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
1. Poderán participar nesta convocatoria segundo as categorías ou liñas que se establecen no artigo anterior:
Liña1: concellos, mancomunidades de concellos de Galicia, consorcios locais galegos e deputacións provinciais de Galicia.
Así mesmo, poderán presentar solicitudes agrupacións das devanditas entidades locais, de conformidade co disposto no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Liña 2: persoas físicas ou xurídicas constituídas baixo forma mercantil ou civil e as comunidades de bens que están comprendidas na definición de pequena e mediana empresa (peme).
Así mesmo, poderán presentarse solicitudes por agrupacións de persoas físicas e/ou xurídicas, de conformidade co disposto no citado artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
Liña 3: entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro.
Así mesmo, poderán presentarse solicitudes por agrupacións de entidades sen ánimo de lucro, de conformidade co disposto no citado artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
- Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que se dea algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incurso nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable das entidades solicitantes; no caso de agrupación deberá presentarse a declaración por cada unha das persoas ou entidades agrupadas.
- Os concellos, así como as agrupacións e o resto das entidades locais da liña 1 deberán cumprir o requisito de teren remitidos ao Consello de Contas de Galicia as contas xerais de cada exercicio. Este requisito deberá estar cumprido antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de participación e a súa falta de acreditación por parte dalgún dos participantes na candidatura supoñerá a inadmisión desta. No caso de agrupacións de concellos, este requisito deberá ser acreditado por cada un dos concellos integrantes da agrupación.
- Non se admitirán as solicitudes presentadas por consorcios locais dos cales forme parte a Xunta de Galicia e financie, en todo ou en parte, os seus gastos de funcionamento.
- Tampouco se permitirá a presentación de máis de tres axudas por entidade ou agrupación de entidades locais, persoas físicas e/ou xurídicas e entidades sen ánimo de lucro.
- As datas dos proxectos que se desenvolverán non poderán coincidir coas festas oficiais ou tradicionais do lugar de celebración
- Os requisitos para ser beneficiarios deberán cumprirse antes do remate do prazo de presentación das solicitudes.
Xunta de Galicia
Presidencia da Xunta de Galicia
Axencia Turismo de Galicia
Dirección de Competitividade
Área de Fomento e Desenvolvemento Empresarial
A Barcia, Carretera Santiago-Noia, km. 3
15896 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546367 e 981547404, para dúbidas relativas á tramitación do procedemento, e o teléfono 9815463 58 para dúbidas técnicas.
Fax: 981546371
Axencia Turismo de Galicia
Resolución do 28 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a proxectos novos de dinamización do Xacobeo 2021 dentro do programa O teu Xacobeo e se procede á súa convocatoria para os anos 2019 e 2020 (DOG nº 9 do 14 de xaneiro de 2019).
Extracto da Resolución do 28 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a proxectos novos de dinamización do Xacobeo 2021 dentro do programa O teu Xacobeo e se procede á súa convocatoria para os anos 2019 e 2020 (DOG nº 9 do 14 de xaneiro de 2019).
Resolución do 14 de xaneiro de 2019 pola que se modifica a Resolución do 28 de decembro de 2018, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a proxectos novos de dinamización do Xacobeo 2021 dentro do programa O teu Xacobeo e se procede á súa convocatoria para os anos 2019 e 2020 (DOG nº 13 do 18 de xaneiro de 2019).
Resolución do 11 de xuño de 2019 pola que se amplían e redistribúen os créditos orzamentarios existentes para a concesión das axudas previstas na Resolución do 28 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a proxectos novos de dinamización do Xacobeo 2021 dentro do programa O teu Xacobeo, e se procede á súa convocatoria para os anos 2019 e 2020 (DOG nº 112 do 14 de xuño de 2019).
Resolución do 24 de outubro de 2019 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 28 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a proxectos novos de dinamización do Xacobeo 2021 dentro do programa O teu Xacobeo, e se anuncia a convocatoria para os anos 2019 e 2020 (DOG nº 211 do 6 de novembro de 2019).
Resolución do 29 de abril de 2020 pola que se amplían os prazos de execución e de xustificación previstos na Resolución do 28 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a proxectos novos de dinamización do Xacobeo 2021 dentro do programa O teu Xacobeo e se procede á súa convocatoria para os anos 2019 e 2020 (código de procedemento TU300A). (DOG nº 93 do 14 de maio de 2020).
Extracto da Resolución do 29 de abril de 2020 pola que se amplían os prazos de execución e de xustificación previstos na Resolución do 28 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a proxectos novos de dinamización do Xacobeo 2021 dentro do programa O teu Xacobeo e se procede á súa convocatoria para os anos 2019 e 2020 (código de procedemento TU300A). (DOG nº 93 do 14 de maio de 2020).
Prazo de presentación: PECHADO
15/01/2019 00:00 - 15/02/2019 23:59
As solicitudes poderán presentarse a partir do día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. O último día de prazo para presentar as solicitudes será o 15 de febreiro de 2019.
- As solicitudes irán acompañadas da seguinte documentación:
- Documentación administrativa:
Liña 1 :
- a) Certificación da secretaría do concello, da mancomunidade, consorcio ou deputación, que acredite que a entidade local cumpriu co seu deber de remisión das contas xerais de cada exercicio ao Consello de Contas, de acordo co estipulado no artigo 4 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.
- b) Certificación do/a secretario/a da entidade local en que conste o acordo da entidade local polo cal se solicita a subvención para as actividades ou proxectos e se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos nesta resolución, así como o compromiso de financiar o importe da actividade que non resulte subvencionado ao abeiro desta convocatoria ata o importe total da execución prevista segundo a documentación achegada coa solicitude.
Este acordo deberá estar adoptado antes do vencemento do prazo de presentación das solicitudes. O incumprimento destes requisitos constituirá causa de inadmisión da solicitude.
- c) No caso de agrupación de concellos, instrumento xurídico que regule a agrupación e a xestión dos servizos, que deberá incluír, en todo caso os compromisos de execución asumidos por cada membro, así como o importe de subvención que se aplicará por cada un deles e a designación do/a representante ou apoderado único da agrupación. A este representante corresponderalle asinar a solicitude e con el efectuaranse todas as actuacións a que o procedemento dea lugar.
Así mesmo, achegarase unha certificación emitida pola secretaría do concello representante na cal se faga constar con base nos acordos adoptados polos órganos competentes de cada un dos concellos agrupados e/ou nas certificacións emitidas polos/as secretarios/as dos concellos integrantes da agrupación:
- Que todos os concellos integrantes da agrupación adoptaron o acordo polo cal se solicita a subvención para as actividades e proxectos que se pretenden executar e se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos nestas bases, así como o compromiso de financiar o importe da actividade que non resulte subvencionado ao abeiro destas bases ata o importe total da execución prevista segundo a documentación achegada coa solicitude.
- O nomeamento do/a alcalde/sa representante con poderes suficientes para cumprir con todas as obrigas que, como entidade beneficiaria, corresponden á agrupación, e que actuará como coordinador/a, interlocutor/a e perceptor/a da subvención.
- Que todos os concellos participantes na solicitude remitiron as contas do concello ao Consello de Contas de Galicia. Nesta certificación deberá quedar acreditado que a remisión das contas ao Consello de Contas de Galicia se efectuou antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes.
Os acordos deberán estar adoptados e as contas remitidas antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes. O incumprimento destes requisitos ou a falta da referencia expresa ao contido determinado nos números anteriores, aínda que afecte unha soa das entidades agrupadas, determinará a inadmisión da solicitude.
- d) No caso de que se trate dunha mancomunidade ou consorcio deberá presentarse o instrumento xurídico acreditativo da súa constitución.
- e) Acreditación de que o proxecto non está iniciado o 1 de xaneiro de 2019.
- f) Acreditación da poboación da agrupación de acordo cos últimos datos do padrón de habitantes na data de publicación da convocatoria.
Liñas 2 e 3 :
- a) Escritura de constitución.
- b) Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.
Se a persoa solicitante é persoa xurídica, certificado do acordo de solicitude de axuda ou da autorización da persoa que asine en nome da entidade.
-
c) No caso de agrupacións, instrumento xurídico que regule a agrupación e a xestión dos servizos, que deberá incluír, en todo caso os compromisos de execución asumidos por cada membro, así como o importe de subvención que se aplicará por cada un deles e a designación da persoa que actuará como representante da agrupación. A este representante corresponderalle asinar a solicitude e con el efectuaranse todas as actuacións a que o procedemento dea lugar.
-
d) Acreditación de que o proxecto non está iniciado o 1 de xaneiro de 2019.
- Documentación do proxecto (común a todas as liñas) :
- a) Memoria xustificativa e descritiva que permita unha definición exacta do proxecto ou actuación que se vai a realizar: promotor, nome do proxecto, descrición do proxecto, lugar...
Obrigatoriamente deberá conter a xustificación dos aspectos puntuables que se sinalen no anexo III clasificados segundo a orde establecida no citado anexo, así como, se for o caso, a documentación acreditativa correspondente.
- b) Memoria detallada xustificativa dos diferentes aspectos que poidan ser puntuables en relación con cada un dos criterios de valoración sinalados nos números A), B), C), F) e D) do número 1 do artigo 10, segundo o modelo do anexo III.
Non serán obxecto valoración os aspectos puntuables non xustificados suficientemente na memoria indicada na alínea a) anterior.
- c) Memoria económico-financeira que inclúa o orzamento completo e detallado do investimento subvencionable, no cal figuren todos os gastos subvencionables e a previsión de ingresos. A memoria incluirá o orzamento desagregado, con e sen IVE, segundo o modelo do anexo IV.
- Comprobación de datos.
Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
- NIF/DNI/NIE da entidade ou persoa solicitante.
- NIF/DNI/NIE da entidade ou persoa representante.
- Acreditación de estar ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da comunidade autónoma. Para tales efectos, o solicitante deberá achegar certificación de estar ao día nas citadas obrigas, no caso de denegar expresamente que as solicite o órgano xestor, de conformidade co disposto no artigo 5.1. No caso de que as actuacións de oficio levadas a cabo polo órgano instrutor, consonte o artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, desen como resultado que o solicitante ou o beneficiario ten débedas ou obrigas con algunha destas administracións, requirirase o solicitante ou beneficiario para que regularice a situación e presente por si mesmo o correspondente certificado.
No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes. Todo isto sen prexuízo de que se solicite documentación complementaria aclaratoria dos datos que figuren na solicitude.
- A presentación das solicitudes realizarase preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
A presentación electrónica será obrigatoria para as administracións públicas, as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica e as persoas representantes delas.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del.
- No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Na sede electrónica encóntranse publicados os formatos admitidos para a presentación de documentación. Se o solicitante desexa presentar calquera documentación en formatos non admitidos, poderá realizalo de forma presencial a través de calquera dos rexistros habilitados. A persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizaren trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
- Fase posterior á solicitude
- Renuncia (Anexo V)
- Xustificación
- Declaracións (Anexo VII)
- Solicitude de cobramento (Anexo VI)
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"