Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TU200A
Axudas para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Presidencia da Xunta de Galicia
Estas bases teñen por obxecto o establecemento de bolsas de matrícula, en réxime de concorrencia competitiva, para os/as alumnos/as que cursen as titulacións que imparte o CSHG, para o curso 2021/22, código do procedemento TU200A.
Clases e contías das bolsas.
1. As bolsas supoñen un desconto no prezo da matrícula ordinaria por titulación en réxime externo, segundo se reflicte na Orde do 4 de xullo de 2014 pola que se fixan os prezos privados correspondentes aos estudos conducentes á obtención das titulacións do CSHG (DOG núm. 128, do 8 de xullo), modificada pola Orde do 3 de outubro de 2019 (DOG núm. 199, do 18 de outubro).
2. As bolsas serán de dous tipos, ao abeiro do disposto no artigo 6.2 da Orde do 4 de xullo de 2014, modificada pola Orde do 3 de outubro de 2019:
Tipo I. Supoñen un desconto do 80 % do prezo da matrícula ordinaria por titulación.
Tipo II. Supoñen un desconto do 50 % do prezo da matrícula ordinaria por titulación.
3. Conforme as titulacións que se imparten no CSHG a través da presente convocatoria, outorgaranse as seguintes bolsas para o curso 2021/22:
a) 6 bolsas tipo I para o 1º curso de diploma superior en Xestión Hoteleira.
b) 12 bolsas tipo II para o 1º curso de diploma superior en Xestión Hoteleira.
c) 3 bolsas tipo II para o 1º curso de diploma de Gastronomía e Xestión en Cociña.
1. Poderán solicitar estas bolsas os/as alumnos/as que reúnan os requisitos académicos e económicos que establece esta resolución e teñan feito, se procede, a reserva de praza nalgunha das titulacións do CSHG para o curso 2021/22, no seu primeiro curso.
2. No caso de que non se outorguen a totalidade das bolsas incluídas para a convocatoria do curso 2021/22, poderán outorgarse ao alumnado do resto de cursos, sempre que reúnan os requisitos establecidos para a obtención das bolsas no artigo 4 destas bases, salvo o de cursar o primeiro curso.
En todo caso só poderán obter bolsa neste suposto, os alumnos/as que non obtivesen bolsa en ningunha ocasión anterior e superen o curso nas convocatorias de xuño a excepción do stage.
Xunta de Galicia
Presidencia da Xunta de Galicia
Axencia Turismo de Galicia
Dirección de Profesionalización
A Barcia. Estrada Santiago-Noia Km.3
15896 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981542519/ 981542559
Fax: 981542590
Email: informacion.cshg@xunta.gal
http://www.cshg.gal
Prazo de presentación: PECHADO
28/07/2021 00:00 - 27/08/2021 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
Requisitos xerais.
Para poder optar á concesión dunha bolsa deberán cumprirse as seguintes condicións:
1. Ser español, ou posuír a nacionalidade dun Estado membro da Unión Europea. Neste último caso requirirase que o propio estudante ou os seus proxenitores/titores ou representante legal se encontren traballando en España. De conformidade co disposto na Lei 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, na redacción dada pola Lei orgánica 8/2000, do 22 de decembro, os estudantes estranxeiros non comunitarios deberán acreditar a súa condición de residentes, quedando excluído de concorrer a estas bolsas quen se encontre en situación de estancia.
2. Non estar en posesión dunha titulación universitaria do mesmo nivel ou superior.
3. Matricularse por primeira vez no primeiro curso das titulacións do CSHG para o que se pide a bolsa.
4. Non ter en vigor unha bolsa ou exención do CSHG.
Requisitos específicos segundo o tipo de bolsas.
a) Para as bolsas de 1º curso de diploma superior en Xestión Hoteleira, acreditar unha cualificación na proba de acceso á universidade (EBAU) ou noutras ensinanzas que lle permitan o acceso, con exclusión da cualificación da fase específica, igual ou superior a 5 puntos antes de que remate o prazo de solicitude destas bolsas.
b) Para as bolsas de 1º curso de diploma de Gastronomía e Xestión en Cociña, acreditar ter superado o bacharelato (ou equivalente), ciclo formativo superior ou outras ensinanzas superiores, antes de que remate o prazo de solicitude destas bolsas.
c) En ambos os casos, a renda familiar non debe superar os límites de renda establecidos no artigo 11 desta resolución.
Forma e lugar de presentación das solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na convocatoria, o órgano competente requirirá o interesado para que a emende no prazo máximo e improrrogable de 10 días, e indicaralle que, se así non o fixer, se lle terá por desistido da súa solicitude, logo de resolución ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Documentación complementaria e declaracións responsables.
1. No caso das bolsas que se solicitan por primeira vez, as persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
– Anexo III, destinado á comprobación de datos de terceiras persoas interesadas, debidamente cuberto e asinado.
– Certificación que inclúa a nota media dos estudos da persoa solicitante, que permitan o acceso á universidade ou tarxeta PAAU para os que se matriculen en diploma superior en Xestión Hoteleira, ou do bacharelato (ou equivalente), ciclo formativo superior ou outras ensinanzas superiores para os que se matriculen en diploma de Gastronomía e Xestión en Cociña.
– Certificado municipal de convivencia ou de inscrición múltiple dos membros da unidade familiar.
– Copia do Libro de familia.
– No caso de que non exista información en poder das administracións tributarias da persoa solicitante e dos compoñentes da súa unidade familiar, achegarase unha declaración responsable en que se detallarán os ingresos e gastos anuais da unidade familiar correspondentes ao último exercicio fiscal, incluíndo, ademais, unha relación de bens mobles e inmobles, acompañadas dun extracto cos saldos medios mensuais de contas bancarias que posúan os membros da unidade familiar.
E, de ser o caso:
– Xustificante de orfandade absoluta da persoa solicitante.
– Documentación acreditativa da independencia familiar e económica.
– Título oficial de familia numerosa (Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección das familias numerosas) só no caso de que sexa expedido por outra comunidade autónoma.
– Xustificante da condición de persoa con discapacidade, con indicación do grao, da persoa solicitante, no caso de que non fose expedido pola Xunta de Galicia.
– Xustificante de viuvez, de ser solteiro/a, separación ou divorcio do pai/nai da persoa solicitante.
– Certificación académica de estar cursando estudos universitarios, dos membros da unidade familiar menores de 25 anos e residentes fóra do domicilio familiar, durante o curso 2020/21.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recabados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puideran obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
2. No caso das persoas solicitantes que aspiren á renovación da bolsa deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
– Anexo III, destinado á comprobación de datos de terceiras persoas interesadas, debidamente cuberto e asinado.
– Certificado municipal de convivencia ou de inscrición múltiple dos membros da unidade familiar.
– No caso de que non exista información en poder das administracións tributarias da persoa solicitante e dos compoñentes da súa unidade familiar, achegarase unha declaración responsable en que se detallarán os ingresos e gastos anuais da unidade familiar correspondentes ao último exercicio fiscal, incluíndo, ademais, unha relación de bens mobles e inmobles, acompañadas dun extracto cos saldos medios mensuais das contas bancarias que posúan os membros da unidade familiar.
A documentación relacionada neste punto non é preciso achegala no caso dos beneficiarios de bolsas de excelencia para a renovación da bolsa.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos para presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Sen prexuízo do disposto no parágrafo 1, a Axencia Turismo de Galicia poderá requirir ao solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.
Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na convocatoria, o órgano competente requirirá o interesado para que a emende no prazo máximo e improrrogable de 10 días e indicaralle que, se non o fai, se terá por desistido da súa solicitude, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei do procedemento administrativo común das administracións públicas.
4. As persoas solicitantes deberán declarar responsablemente:
a) Que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan son certos.
b) Que non están incursas en ningunha clase de inhabilitacións para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
c) Que están ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e ao artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
d) Que están ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e que non teñen pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
e) Que, en relación con outras subvencións, axudas, recursos ou ingresos concedidos ou solicitados procedentes de calquera administración ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, se solicitaron e/ou se lle concederon outras subvencións, axudas, recursos ou ingresos que financien o custo da matrícula solicitada, ou non.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
– DNI ou NIE da persoa solicitante e do resto de membros da unidade familiar.
– Consulta de datos de residencia da persoa solicitante e dos demais membros que integran a unidade de convivencia.
– Certificacións catastrais literais da persoa solicitante e de todos os membros da unidade familiar.
– Certificación de que a persoa solicitante está ao día das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
– Certificación de que a persoa solicitante está ao día de pagamento coa Seguridade Social.
– Certificación de que a persoa solicitante está ao día de pagamento coa Consellería de Facenda.
– Nivel de renda da persoa solicitante e do resto dos membros da unidade familiar.
2. No caso das bolsas que se solicitan por primeira vez, consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle son de aplicación as circunstancias que acreditan os seguintes documentos, e sempre que fosen expedidos pola Comunidade Autónoma de Galicia:
– Título de familia numerosa.
– Certificado de discapacidade da persoa solicitante (anexo II) e dos membros da unidade familiar (anexo III).
3. No caso de que as persoas interesadas ou os membros da súa unidade familiar se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente no caso do solicitante (anexo II), ou no anexo III no caso dos membros da unidade familiar, e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase posterior
- Documento de renuncia (Anexo IV)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 15 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de bolsas para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o curso 2021/22 (DOG nº 142 do 27 de xullo de 2021).
-
Extracto da Resolución do 15 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de bolsas para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o curso 2021/22 (DOG nº 142 do 27 de xullo de 2021).
-
Resolución do 20 de decembro de 2021 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 15 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de bolsas para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia e se procede á súa convocatoria para o curso 2021/22 (DOG nº 3 do 5 de xaneiro de 2022).
-
Corrección de erros. Resolución do 20 de decembro de 2021 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 15 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de bolsas para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia e se procede á súa convocatoria para o curso 2021/22 (DOG nº 29 do 11 de febreiro de 2022).
-
Outros procedementos relacionados
Formación práctica de alumnos en centros asistenciais dependentes do Servizo Galego de Saúde.
Aberto todo o ano
Premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado universitario.
Prazo pechado: 29/01/2025 00:00 - 28/02/2025 23:59
Axudas ao alumnado das universidades públicas para estadías noutros países co obxecto de coñecer a súa lingua durante o verán.
Prazo pechado: 04/02/2025 00:00 - 03/03/2025 23:59
Axudas complementarias do Programa comunitario de mobilidade de estudantes "Erasmus+" das universidades públicas.
Prazo pechado: 03/01/2025 00:00 - 03/02/2025 23:59