Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TU200A
Axudas para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases, que se inclúen como anexo I, polas que se rexerá a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das bolsas para os/as alumnos/as que cursen as titulacións que imparte o Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG), así como efectuar a súa convocatoria para o curso 2017/18.
Estas bases teñen por obxecto o establecemento das bolsas de matrícula e de excelencia, en réxime de concorrencia competitiva, para os/as alumnos/as que cursen as titulacións que imparte o Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG), para o curso 2017/18.
Clases e contías das bolsas.
1. As modalidades de bolsa, que se concederán en réxime de concorrencia competitiva, alcanzarán unicamente unha parte porcentual dos prezos da matrícula en réxime externo da titulación en que se matricule.
2. Segundo a contía, as bolsas distribúense da seguinte forma:
Bolsas tipo I: cobren aproximadamente o 80 % da matrícula en réxime externo.
Bolsas tipo II: cobren aproximadamente o 50 % da matrícula en réxime externo.
3. Conforme os requisitos académicos e económicos, se é o caso, as bolsas divídense en dous grupos:
A) Bolsas de matrícula.
a) 6 bolsas tipo I para o 1º curso de diploma superior en xestión hoteleira.
b) 12 bolsas tipo II para o 1º curso de diploma superior en xestión hoteleira.
c) 3 bolsas tipo II para o 1º curso de diploma de gastronomía e xestión en cociña.
B) Bolsas de excelencia.
2 bolsas tipo I para o 1º curso de diploma superior en xestión hoteleira.
Os/as alumnos/as que cursen as titulacións que imparte o Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG).
Obrigas dos/das solicitantes e beneficiarios/as.
Os/as solicitantes deben cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiarios/as de acordo co artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, segundo o indicado no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007.
O alumnado que resulte beneficiario destas bolsas comprométese ao cumprimento do establecido nesta convocatoria e na súa resolución, así como a cumprir as seguintes obrigas:
a) Seguir durante o curso académico, con carácter presencial, os estudos en que estea matriculado e non anular a matrícula.
b) Cumprir os requisitos e condicións establecidos para a concesión e gozo da bolsa.
c) Cooperar coa Administración nas actuacións de comprobación que sexa necesario verificar, se procede, do cumprimento e da efectividade das condicións determinantes da concesión da bolsa.
d) Comunicar por escrito calquera variación ou modificación que se produza durante a tramitación do procedemento respecto das circunstancias alegadas na solicitude ou na declaración responsable e de someterse ás actuacións de comprobación que acorde a Axencia Turismo de Galicia.
e) Comunicar á Axencia Turismo de Galicia a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien o custo da matrícula solicitada, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da bolsa.
f) Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das bolsas, segundo dispón o artigo 14.1.k) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
g) Comunicar por escrito a renuncia á bolsa no caso de producirse unha causa que determine a dita renuncia.
h) Subministrar á Axencia Turismo de Galicia, en virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento pola Axencia Turismo de Galicia das obrigas previstas no título I da citada lei.
Xunta de Galicia
Presidencia da Xunta de Galicia
Axencia Turismo de Galicia
Dirección de Profesionalización
A Barcia. Estrada Santiago-Noia Km.3
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981542519 / 981542559
Fax: 981542590
Email: informacion.cshg@xunta.es.
Prazo de presentación: PECHADO
04/07/2017 00:00 - 03/08/2017 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro do mes.
Requisitos xerais.
Para poder optar á concesión dunha bolsa deberán cumprirse as seguintes condicións:
1. Ser español, ou posuír a nacionalidade dun Estado membro da Unión Europea. Neste último caso requirirase que o propio estudante ou os seus sustentadores se encontren traballando en España. De conformidade co disposto na Lei 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, e na redacción dada pola Lei orgánica 8/2000, do 22 de decembro, os estudantes estranxeiros non comunitarios deberán acreditar a súa condición de residentes e queda excluído de concorrer a estas bolsas quen se encontre en situación de estancia.
2. Non estar en posesión dunha titulación universitaria do mesmo nivel ou superior.
3. Matricularse por primeira vez no curso para o que se pide a bolsa.
4. Non ter en vigor unha bolsa ou exención do CSHG.
5. Optar só por un tipo de bolsa (matrícula ou excelencia).
Requisitos específicos segundo o tipo de bolsas.
1. Para ter dereito ás bolsas de matrícula serán necesarios os seguintes requisitos:
a) Para as bolsas de 1º curso de diploma superior en xestión hoteleira, acreditar unha cualificación na proba de acceso á universidade (PAAU) ou noutras ensinanzas que lle permitan o acceso, con exclusión da cualificación da fase específica, igual ou superior a 5 puntos antes de que remate o prazo de solicitude destas bolsas.
b) Para as bolsas de diploma de gastronomía e xestión en cociña, acreditar ter superado o bacharelato (ou equivalente), un ciclo formativo superior ou outras ensinanzas superiores, antes de que remate o prazo de solicitude destas bolsas.
c) En ambos os casos, a renda familiar non debe superar os límites de renda establecidos nesta resolución.
2. Para ter dereito ás bolsas de excelencia desta resolución será necesario acreditar unha cualificación na proba de acceso á universidade (PAAU) ou noutras ensinanzas que lle permitan o acceso, con exclusión da cualificación da fase específica, igual ou superior a 8 puntos antes de que remate o prazo de solicitude destas bolsas.
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
Anexo III debidamente cuberto e asinado.
Certificación, que inclúa a nota media dos estudos da persoa solicitante que permitan o acceso á universidade ou tarxeta PAAU, para os que se matriculen no diploma superior en xestión hoteleira; ou do bacharelato (ou equivalente), dun ciclo formativo superior ou outras ensinanzas superiores, para os que se matriculen no diploma de gastronomía e xestión en cociña.
Certificado municipal de convivencia.
Copia do libro de familia.
Declaración responsable da persoa solicitante en que se detallarán os ingresos e gastos anuais da unidade familiar.
Xustificante de orfandade absoluta da persoa solicitante.
Documentación acreditativa da independencia familiar e económica.
Título oficial de familia numerosa (Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección das familias numerosas), só no caso de que non se autorice a súa consulta ou sexa expedido por outra comunidade autónoma.
Xustificante da condición e grao de discapacidade dos outros membros da unidade familiar expedido por outra comunidade autónoma.
Xustificante de viuvez, estado de solteiro/a, de separación ou divorcio do/da pai/nai da persoa solicitante.
Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
DNI ou NIE da persoa solicitante.
Consulta de datos de residencia da persoa solicitante.
Estudos universitarios da persoa solicitante.
Certificacións de ingresos (IRPF/datos fiscais) da persoa solicitante, maior de 18 anos, no ano 2016.
Certificacións catastrais literais da persoa solicitante.
Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:
Título de familia numerosa.
Certificado de discapacidade.
No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que debe presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tiver un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para a facilitar ás persoas interesadas a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio, que poderán ser presentados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada ou presencialmente, só para o caso daquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
- Fase de posterior
- Modelo de renuncia (Anexo IV)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 21 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de bolsas para realizar estudos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia, e se convocan para o curso 2017/18 (DOG nº 125 do 3 de xullo de 2017).
-
Outros procedementos relacionados
Bolsas destinadas ao alumnado das universidades públicas do SUG que participa en programas de mobilidade con países extracomunitarios, fóra do programa "Erasmus+".
Prazo aberto: 07/06/2025 00:00 - 07/07/2025 23:59
Formación práctica de alumnos en centros asistenciais dependentes do Servizo Galego de Saúde.
Aberto todo o ano
Bolsas para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG) (bolsas excelencia académica)
Prazo aberto: 19/06/2025 00:00 - 18/07/2025 23:59
Premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado universitario.
Prazo pechado: 29/01/2025 00:00 - 28/02/2025 23:59