Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR807I
Programa I: fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
1. Este programa ten por obxecto fixar as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2019 do Programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación, e proceder á súa convocatoria para o ano 2019.
2. A finalidade deste programa é xerar emprego estable para persoas desempregadas, principalmente entre as mulleres, as persoas con discapacidade e en risco de exclusión social, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia, con especial atención aos concellos do rural galego.
O programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación inclúe os seguintes tipos de axudas:
a) Subvención á xeración de emprego estable.
b) Subvención para formación.
c) Subvención para o inicio da actividade.
d) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.
1. Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas neste programa as empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, comunidades de bens, sociedades civís, cooperativas e sociedades laborais, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde para cada tipo de axuda e nas cales concorran, na data do seu inicio de actividade, as seguintes circunstancias:
a) Que sexan empresas de nova creación.
b) Que sexan viables técnica, económica e financeiramente.
c) Que xeren emprego estable para persoas desempregadas.
d) Que teñan o seu domicilio social, fiscal e o seu centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
e) Que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os socios ou as socias promotoras non figure ningunha persoa xurídica.
f) Que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros.
g) Que, como mínimo, o 50 % do seu capital social sexa de titularidade das persoas promotoras e promotoras que sexan persoas desempregadas que creen o seu propio posto de traballo na empresa.
2. Ademais, tamén poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as empresas privadas que obtivesen a cualificación como iniciativa local de emprego (ILE).
Estas empresas, cualificadas previamente como ILE, calquera que sexa a súa forma xurídica, incluídos autónomos ou autónomas e as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, deben estar constituídas e ter iniciado a súa actividade no prazo máximo dun ano desde a notificación da resolución de cualificación ou, de ser o caso, no prazo que se estableza na resolución de cualificación, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde para cada tipo de axuda.
A actividade desenvolta pola empresa debe coincidir coa do proxecto previamente cualificado como iniciativa local de emprego.
No caso de sociedades civís e comunidades de bens, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiario. En calquera caso, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle correspondan á agrupación.
3. Poderán ser beneficiarias as persoas promotoras para a axuda para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Subdirección Xeral de Emprego
Servizo de Emprego Autónomo
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545625 / 981957729
Fax: 981544678
Email: autónomos.emprego@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
26/01/2019 00:00 - 31/07/2019 23:59
O prazo xeral para presentar as solicitudes das axudas establecidas neste programa comezará o día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria e finalizará o 31 de xullo de 2019.
Documentación xeral:
Alta no censo de obrigados tributarios na Axencia Estatal de Administración Tributaria (Modelo 036 ou 037).
Memoria económica e descritiva do proxecto empresarial asinada pola persoa solicitante (segundo o modelo do anexo II).
Listaxe asinada, unha para cada axuda solicitada (agás para a subvención á xeración de emprego estable), coa relación de investimentos e gastos (segundo o modelo do anexo III).
Documentación acreditativa da pertenza ao colectivo polo cal se opta(para os casos de exclusión social ou discapacidade recoñecida fora de Galicia.
Anexo VI, de ser o caso
Poder suficiente para actuar en nome da entidade, de ser o caso.
Escritura de constitución da entidade e inscrición no Rexistro Mercantil, de ser o caso.
Documentación específica:
a) Subvención para a xeración de emprego estable.
Declaración do número de empregos estables de carácter indefinido ocupados por colectivos beneficiarios e relación nominal deles, con indicación da data de incorporación efectiva, onde se fagan constar os custos salariais totais anuais de cada traballador ou traballadora por conta allea pola que se solicita a subvención (segundo o modelo anexo IV).
Documentos acreditativos da incorporación efectiva con carácter indefinido e altas no correspondente réxime da Seguridade Social.
Documentos xustificativos do nacemento en Galicia da persoa solicitante e ademais no caso de alegar algunha relación de parentesco coa persoa nacida en Galicia, documentación que acredite o vinculo con esta, no caso de solicitar o incremento de emigrante retornado, de ser o caso.
Certificado de emigrante retornado, expedido polas delegacións ou subdelegacións do Goberno, baixa consular ou calquera outra documentación que acredite fidedignamente a residencia no exterior e a data de retorno a España, no caso de solicitar o incremento de emigrante retornado, de ser o caso.
Documentación xustificativa de ter obtido ante o Rexistro Civil a rectificación da mención relativa ao sexo ou ben o cambio de nome para a asignación dun diferente ao do sexo rexistrado ao nacer,de ser o caso.
b) Subvención para a formación
Memoria descritiva do curso/actividade de formación solicitada en que consten, entre outros, a xustificación da súa necesidade para o desenvolvemento da súa formación xerencial ou a relación directa coa actividade económica na que estea de alta a empresa.
Certificación da entidade formadora en que consten, entre outros, os seguintes aspectos: nome do curso/actividade, lugar e datas de realización, módulos e distribución de horas, prazo de inscrición e número de prazas.
Solicitude de inscrición ou matrícula no curso/actividade.
Facturas e o seu correspondente xustificante bancario do seu pagamento, de non ser así facturas pro forma, no caso de estar realizando o curso.
c) Subvención para o inicio de actividade
Facturas, e no caso de estar efectivamente pagadas, o correspondente xustificante bancario do seu pagamento ou, no seu defecto facturas pro forma ou orzamentos dos provedores e acredores dos gastos obxecto da subvención.
Declaración do número de postos de postos de traballos estables que se crearán ata o 31 de xullo de 2018 e relación nominal das persoas que os vaian ocupar, con indicación daquelas polas cales se solicita a subvención (segundo o modelo do anexo IV).
Documentos xustificativos do nacemento en Galicia da persoa solicitante e ademais no caso de alegar algunha relación de parentesco coa persoa nacida en Galicia, documentación que acredite o vinculo con esta, no caso de solicitar o incremento de emigrante retornado, de ser o caso.
Certificado de emigrante retornado, expedido polas delegacións ou subdelegacións do Goberno, baixa consular ou calquera outra documentación que acredite fidedignamente a residencia no exterior e a data de retorno a España, no caso de solicitar o incremento de emigrante retornado, de ser o caso.
Documentación xustificativa de ter obtido ante o Rexistro Civil a rectificación da mención relativa ao sexo ou ben o cambio de nome para a asignación dun diferente ao do sexo rexistrado ao nacer, de ser o caso.
d) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras
Libro de familia, co nome das persoas titulares da familia e dos fillos/as menores de tres anos. De ser o caso, documentos acreditativos do carácter monoparental da familia.
Anexo VI.
Documento acreditativo do custo da mensualidade da gardería.
Facturas, e no caso de estar efectivamente pagadas, o correspondente xustificante bancario do seu pagamento das mensualidades xa aboadas na data da solicitude.
Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo achegar unha copia dos documentos.
DNI/NIE da persoa solicitante.
DNI/NIE da persoa representante.
NIF da entidade solicitante.
Vida laboral no réxime especial de traballadores autónomos.
Informe de períodos de inscrición no Servizo Público de Emprego.
Certificado de empadroamento da persoa solicitante, de ser o caso.
Alta no Imposto de Actividades Económicas.
Certificación de estar ao día das súas obrigas coa Seguridade Social.
Certificación de estar ao día das súas obrigas coa Administración Tributaria de Galicia.
Certificación de estar ao día coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
MARQUE NO ANEXO I O RECADRO CORRESPONDENTE PARA SINALAR AS CIRCUNSTANCIAS QUE LLE SEXAN DE APLICACIÓN
Certificado de discapacidade recoñecida pola Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Listaxe coa relación dos investimentos e gastos realizados ou que se van realizar e da axuda solicitada ou concedida (Anexo III)
- Solicitude (Anexo I)
- Memoria do proxecto empresarial (Anexo II)
- Declaración do número de empregos estables creados ou que se van crear con carácter inicial e relación nominal das persoas empregadas (Anexo IV)
- Comprobación de datos da persoa traballadora contratada e dos membros da súa unidade familiar (Anexo VI)
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para o fomento e a consolidación do emprego a través do Programa I para as pequenas empresas de nova creación e do Programa II de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica, e se realiza a súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 18 do 25 de xaneiro de 2019).
-
Extracto da Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para o fomento e a consolidación do emprego a través do Programa I para as pequenas empresas de nova creación e do Programa II de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica, e se realiza a súa convocatoria para o ano 2019 (Programa I) (DOG nº 18 do 25 de xaneiro de 2019).
-
Corrección de erros. Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para o fomento e a consolidación do emprego a través do Programa I para as pequenas empresas de nova creación e do Programa II de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica, e se realiza a súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 30 do 12 de febreiro de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (Programa Re-acciona), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027
Prazo aberto: 21/01/2025 09:00 - 17/11/2025 14:00
Rexistro de entidades recoñecidas para impartir cursos teórico-prácticos no ámbito da seguridade industrial.
Aberto todo o ano
Memoria anual de actividades realizadas por entidades de formación no ámbito da seguridade industrial.
Aberto todo o ano
Curso para a expedición da certificación profesional para extracción de recursos específicos con técnicas de mergullo.
Aberto todo o ano