Guía de procedementos e servizos

TR807I

Fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2017 - Prazo pechado: 24/05/2017 00:00 - 31/07/2017 23:59

1. Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2017 do Programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación, e proceder á súa convocatoria para o ano 2017.

2. A finalidade deste programa é xerar emprego estable para persoas desempregadas, principalmente entre as mulleres, as persoas con discapacidade e en risco de exclusión social e as unidades familiares con todos os seus membros en situación de desemprego, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia, con especial atención aos concellos do rural galego.

O Programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación inclúe os seguintes tipos de axudas:

a) Subvención á xeración de emprego estable.

b) Subvención para formación.

c) Subvención para o inicio da actividade.

d) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.

1. Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas e sociedades laborais, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde para cada tipo de axuda e nas cales concorran, na data do seu inicio de actividade, as seguintes circunstancias:

a) Que sexan empresas de nova creación.

b) Que sexan viables técnica, económica e financeiramente.

c) Que xeren emprego estable para persoas desempregadas.

d) Que teñan o seu domicilio social, fiscal e o seu centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os socios ou as socias promotoras non figure ningunha persoa xurídica.

f) Que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros.

g) Que como mínimo o 50 % do seu capital social sexa de titularidade dos promotores e promotoras que sexan persoas desempregadas que creen o seu propio posto de traballo na empresa.

2. Ademais, tamén poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as empresas privadas que obtivesen a cualificación como iniciativa local de emprego (ILE).

Estas empresas, cualificadas previamente como ILE, calquera que sexa a súa forma xurídica, incluídos os autónomos ou as autónomas e as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, deben estar constituídas e ter iniciada a súa actividade no prazo máximo dun ano desde a notificación da resolución de cualificación ou, de ser o caso, no prazo que se estableza na resolución de cualificación, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde para cada tipo de axuda.

A actividade desenvolta pola empresa debe coincidir coa do proxecto previamente cualificado como iniciativa local de emprego.

No caso de sociedades civís e comunidades de bens, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiario. En calquera caso, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle correspondan á agrupación.

3. Poderán ser beneficiarias as persoas promotoras para a axuda para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar desas persoas promotoras.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Subdirección Xeral de Emprego

Servizo de Emprego Autónomo

San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545625 / 981957590

Fax: 981544678

Email: secretaria-xeral.emprego@xunta.gal

Servizo de Emprego Autónomo

Prazo de presentación: PECHADO

24/05/2017 00:00 - 31/07/2017 23:59

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo xeral para a presentación de solicitudes das axudas deste programa finalizará o 31 de xullo de 2017.

  • As solicitudes, unha por cada tipo de axuda, deberanse presentar nos modelos normalizados que figuran como anexos numéricos desta orde, unha para cada axuda solicitada, e deberán ir xunto coa documentación, común e específica, que se relaciona.

  • As solicitudes de axudas deberán ir xunto coa seguinte documentación común para todas as axudas:

    • a) Se é o caso, poder suficiente da persoa representante e asinante da solicitude, para actuar en nome da entidade.

    • b) Escritura de constitución e inscrición no Rexistro Mercantil, de ser o caso.

    • c) Alta no Censo de obrigados tributarios na Axencia Estatal de Administración Tributaria (modelo 036 ou 037).

    • d) Memoria económica e descritiva do proxecto empresarial, asinada pola persoa representante da empresa, que deberá conter os datos de identificación e descrición da actividade, o número de empregos creados e que estea previsto crear, os aspectos técnicos de produción e comercialización, o orzamento de investimento, o plan de financiamento que acredite a viabilidade da iniciativa empresarial, as medidas de seguridade e saúde laboral e de prevención de riscos e a adecuación en materia de protección do ambiente segundo a localización e a actividade empresarial (segundo o modelo do anexo II).

    • e) Listaxe asinada, unha para cada axuda solicitada, coa relación dos investimentos e gastos, indicando o importe de cada un, a suma total, a referencia e a descrición das facturas en firme ou pro forma, orzamentos e demais documentos xustificativos do investimento realizado ou que se vai realizar e da axuda solicitada, segundo o modelo anexo III desta orde.

Esta listaxe non será necesario presentala coa solicitude de subvención á xeración de emprego estable.

  • f) Se é o caso, documentos que acrediten a pertenza aos colectivos polos que se solicita a subvención, certificación da concorrencia das circunstancias que determinen a pertenza aos colectivos en risco ou situación de exclusión social ou certificado de discapacidade nos casos de recoñecemento fóra de Galicia ou que denegase a súa consulta no anexo I ou VII, segundo corresponda.

  • g) No caso de que a persoa solicitante pertenza a unha familia en que todos os seus membros están desempregados:

    • 1. Declaración responsable da persoa solicitante da subvención sobre a composición da súa unidade familiar, de acordo co modelo do anexo VI.

    • 2. Certificado de empadroamento conxunto da unidade familiar.

    • 3. Copia do libro de familia.

Documentación acreditativa de que se encontra ao día das súas obrigas tributarias, estatais e autonómicas, e coa Seguridade Social, e de que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración da Comunidade Autónoma, unicamente no suposto de que a persoa solicitante denegase expresamente a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deba emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría da Seguridade Social e a Axencia Tributaria de Galicia.

  • Documentación específica:

    • a) Subvención á xeración de emprego estable:

      • Declaración do número de empregos estables de carácter indefinido ocupados por colectivos beneficiarios e relación nominal deles con indicación da data de incorporación efectiva, onde se faga constar os custos salariais de dúas anualidades de cada persoa traballadora por conta allea pola que se solicita subvención, segundo o modelo anexo IV desta orde.

      • Documentos acreditativos da incorporación efectiva con carácter indefinido e altas no correspondente réxime da Seguridade Social ou, de ser o caso, en colexio profesional e mutualidade que corresponda.

    • b) Subvención para a formación.

      • Memoria descritiva do curso/actividade de formación solicitada en que consten, entre outros, a xustificación da súa necesidade para o desenvolvemento da súa función xerencial ou a relación directa coa actividade económica en que estea de alta a empresa.

      • Certificación da entidade formadora en que consten, entre outros, os seguintes aspectos:

1. Nome do curso/actividade.

2. Lugar e datas de realización.

3. Módulos que se van impartir e distribución temporal (número de horas).

4. Prazo de inscrición.

5. Número de prazas.

  • Solicitude de inscrición ou matrícula no curso/actividade.

  • No caso de estar realizando o curso, facturas e o seu correspondente xustificante bancario de pagamento; de non ser así, factura pro forma.

De conformidade co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando o importe do gasto subvencionable supere a contía de 18.000 euros, prevista para o contrato menor no Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, no suposto de prestación de servizos, a persoa interesada deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o presten, ou salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da subvención.

A elección entre as ofertas presentadas, que se deberán achegar coa solicitude da subvención, realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía e deberase xustificar expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

  • c) Subvención para o inicio de actividade:

    • Facturas e, no caso de estar efectivamente pagadas, ou seu correspondente xustificante bancario de pagamento ou, no seu defecto, facturas pro forma ou orzamentos expedidos polos provedores e acredores dos gastos necesarios para o inicio da actividade que se vaian ter en conta para o cálculo da contía da subvención.

    • Declaración do número de empregos estables creados ou que se crearán ata o 31 de xullo de 2017 e relación nominal das persoas que os vaian ocupar, con indicación daquelas polas cales se solicita a subvención segundo o modelo anexo IV.

  • d) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.

    • Libro de familia, co nome das persoas titulares da familia e dos fillos e fillas menores de tres anos, e nome, apelidos e número de DNI do cónxuxe, só no caso de non autorizar a súa consulta no anexo VII. De ser o caso, documentos acreditativos do carácter monoparental da familia.

    • Documento acreditativo do custo da mensualidade da gardaría.

    • Facturas e, no caso de estar efectivamente pagadas, o seu correspondente xustificante bancario de pagamento das mensualidades xa aboadas na data da solicitude.

  • En relación coa presentación de solicitudes, as entidades beneficiarias ás cales vai dirixida esta orde de subvencións son as empresas, as iniciativas locais de emprego e as persoas promotoras para a axuda de conciliación. Todas elas, incluídas as persoas autónomas, exercen unha actividade económica e dispoñen de ferramentas informáticas cun coñecemento básico do seu funcionamento en calquera actividade comercial que realicen, polo que se considera que a presentación electrónica suporá un importante aforro de tempo e recursos materiais na súa tramitación, tanto para a persoa solicitante como para a propia Administración. Polo tanto, as solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

    Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

    Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  • Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente, sempre que a persoa interesada expresase o seu consentimento para que sexan consultados ou obtidos eses documentos. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos.

    Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

  • A documentación complementaria presentarase por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá requirir de maneira motivada a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

    Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 10 de maio de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 97 do 23 de maio de 2017).

    • Corrección de erros. Orde do 10 de maio de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 107 do 7 de xuño de 2017).

    • Orde do 13 de novembro de 2017 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas da Orde do 10 de maio de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 221 do 21 de novembro de 2017).

    • Resolución do 3 de maio de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 10 de maio de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (Diario Oficial de Galicia número 97, do 23 de maio de 2017) (DOG nº 98 do 24 de maio de 2019).

Outros procedementos relacionados

IG402A

Axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (Programa Re-acciona), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027

Prazo aberto: 21/01/2025 09:00 - 17/11/2025 14:00

IN612A

Rexistro de entidades recoñecidas para impartir cursos teórico-prácticos no ámbito da seguridade industrial.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IN612B

Memoria anual de actividades realizadas por entidades de formación no ámbito da seguridade industrial.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE621F

Curso para a expedición da certificación profesional para extracción de recursos específicos con técnicas de mergullo.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano