Guía de procedementos e servizos

TR802G

Axudas para o fomento do emprendemento en economía social. Programa I: Fomento do emprego en cooperativas e sociedades laboráis.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2019 - Prazo pechado: 30/01/2019 00:00 - 01/10/2019 23:59

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que rexerán a concesión de subvencións da Consellería de Economía, Emprego e Industria, en réxime de concorrencia non competitiva, coa finalidade de fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras temporais a cooperativas e sociedades laborais e proceder á súa convocatoria para o ano 2019.

Programa I: fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais (procedemento TR802G).

Este programa ten por obxecto establecer incentivos para o fomento da incorporación de persoas socias traballadoras ou de traballo en cooperativas ou sociedades laborais, con carácter indefinido ou a proba.

O período de execución de accións abranguerá desde o 2 de outubro de 2018 ata o 15 de novembro de 2019.

1. Poderán acollerse aos incentivos previstos neste programa as cooperativas e sociedades laborais que incorporen como persoas socias traballadoras ou de traballo con carácter indefinido, en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia, as seguintes persoas:

a) Persoas que no momento da incorporación sexan desempregadas inscritas como demandantes de emprego.

b) Persoas que no momento da súa incorporación estean vinculadas á cooperativa ou sociedade laboral por un contrato de traballo temporal.

c) Persoas que no momento da súa incorporación sexan socias a proba da cooperativa a que se incorporan, sempre e cando estiveren desempregadas e inscritas como demandantes de emprego no momento de incorporarse como tales persoas socias a proba.

A incorporación deberá supoñer incremento do emprego fixo e do número de persoas socias traballadoras ou de traballo da cooperativa ou sociedade laboral beneficiaria da subvención, respecto á media dos últimos doce meses anteriores á incorporación dos novos socios e socias por quen se percibe a subvención. Para os efectos do incremento do emprego, non se terán en conta os traballadores e traballadoras temporais, nin as persoas socias en situación de proba.

2. Tamén poderán acollerse a estes incentivos as cooperativas e sociedades laborais que incorporen en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia, como persoas socias traballadoras ou de traballo a proba, persoas menores de 30 anos que no momento da incorporación estean desempregadas e inscritas como demandantes de emprego.

3. A incorporación poderá ser a xornada completa ou a tempo parcial. Cando a dedicación sexa a tempo parcial, deberá comprender como mínimo o 50 % da xornada ordinaria calculada en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, na xornada ordinaria legal.

Admitirase a incorporación en condición de persoa fixa descontinua, sempre que a ocupación acade como mínimo o 50 % da xornada de traballo anual establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, as 868 horas.

4. Non poderá concederse esta subvención cando se trate da incorporación de persoas socias traballadoras ou de traballo que tiveron tal condición na mesma cooperativa ou sociedade laboral nos dous anos anteriores á súa incorporación como socios ou socias (agás cando fose en situación de proba). Tampouco poderá concederse cando se trate da incorporación de persoas polas cales se obtiveron as subvencións previstas para a incorporación como persoas socias, para a contratación de persoas directoras ou xerentes ou para apoio ás entidades que presten servizos de natureza social e á comunidade, nos últimos cinco anos.

5. As cooperativas e as sociedades laborais deberán acreditar o cumprimento das previsións da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e da Lei 44/2015, do 14 de outubro, de sociedades laborais, ao respecto dos topes máximos de traballadores ou traballadoras por conta allea.

6. En todo caso, as cooperativas ou sociedades laborais deberán acreditar a viabilidade do seu proxecto empresarial.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social

Subdirección Xeral de Economía Social

Servizo de Fomento do Emprego en Economía Social

Edificios Admvos. San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545679

Fax: 981957748

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social da Coruña

Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881881591 / 881881595

Fax: 981881581

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Lugo

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Lugo

Ronda da Muralla nº 70 baixo

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294329 / 982294288

Fax: 982294258

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Ourense

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Ourense

Avda. da Habana, nº 79 - 6º

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386401 / 988386822

Fax: 988386770

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Pontevedra (Vigo)

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Vigo

Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2º

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817753

Fax: 986817010

Servizo de Fomento do Emprego en Economía Social

Prazo de presentación: PECHADO

30/01/2019 00:00 - 01/10/2019 23:59

O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 1 de outubro de 2019, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

No suposto de que antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes se esgotase o crédito establecido na convocatoria, o órgano concedente acordará a inadmisión de solicitudes e publicará tal circunstancia no DOG e na páxina web da consellería

Con carácter xeral as persoas e entidades beneficiarias deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.

b) Estar ao día nas súas obrigas tributarias e de Seguridade Social.

c) Non ter sido sancionadas mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións.

d) Non estar incursas nas prohibicións para obter a condición de beneficiaria sinaladas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e reunir os restantes requisitos previstos nesta.

e) As cooperativas e sociedades laborais deberán estar ao día no cumprimento das súas obrigas legais referidas ao depósito de documentos e inscrición de acordos sociais nos rexistros competentes desde o momento de presentación da solicitude.

1. A documentación que deben presentar as cooperativas e sociedades laborais para solicitar a subvención deste programa, de acordo co previsto no artigo 8, é a seguinte:

a) Documentación que acredite, por calquera medio válido en dereito, a representación con que actúa a persoa que asina a solicitude.

b) Se é o caso, alta no censo de obrigados tributarios do Ministerio de Facenda.

c) Memoria técnica e económica do proxecto empresarial ou o plan de empresa, que deberá conter os datos de identificación e descrición do proxecto, os aspectos técnicos de produción e comercialización, a previsión de postos de traballo netos que se van crear, así como unha descrición detallada dos aspectos económicos, técnicos e financeiros que permitan avaliar a viabilidade do proxecto. Esta memoria deberá axustarse ao modelo dispoñible na páxina web da consellería (http://ceei.xunta.gal/portada), no seu punto de axudas e subvencións.

d) Certificación da relación nominal das persoas polas cales se solicita subvención, segundo o modelo do anexo II.

e) Comunicación á persoa socia sobre a comprobación de datos, conforme o modelo do anexo IV, relativa a cada unha das persoas polas cales se solicita a subvención, debidamente asinada por estas.

f) Se é o caso, documentos acreditativos da discapacidade ou da situación ou risco de exclusión social das persoas polas cales se solicita a subvención. No caso de discapacidade, só será necesario se foi recoñecida por outra comunidade autónoma.

g) No caso de que as persoas polas cales se solicita a subvención teñan a condición de emigrantes retornadas, documentos xustificativos do seu nacemento en Galicia ou, no caso de alegar algunha relación de parentesco coa persoa nacida en Galicia, documentación que acredite este nacemento e o vínculo con aquela.

h) No caso de que as persoas polas cales se solicita a subvención teñan a condición de emigrantes retornadas, certificado de emigrante retornado expedido polas delegacións ou subdelegacións do Goberno, baixa consular ou calquera outra documentación que acredite fidedignamente a residencia no exterior e a data de retorno a España.

i) No caso de que as persoas polas cales se solicita a subvención teñan a condición de trans, documentación xustificativa de ter obtido ante o Rexistro Civil a rectificación da mención relativa ao sexo ou ben o cambio de nome para a asignación dun diferente ao do sexo rexistrado ao nacer.

j) No caso da incorporación dunha persoa socia que teña a condición de fixa descontinua, declaración responsable de que a súa ocupación acada como mínimo o 50 % da xornada de traballo anual establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, as 868 horas, debidamente asinada pola persoa representante da entidade e pola persoa que se incorpora na condición de fixa descontinua.

k) Se é o caso, certificación do órgano competente da cooperativa acerca da condición de persoa socia a proba das persoas por quen se solicita subvención, referida á data de incorporación (ou á data de presentación da solicitude, se aínda non tivo lugar a incorporación).

l) Calendario laboral da cooperativa ou sociedade laboral e certificación relativa á xornada de traballo asignada ás persoas que se incorporan como socias traballadoras ou de traballo. Pódese obter un modelo na páxina web da consellería (http://ceei.xunta.gal/portada), no seu punto de axudas e subvencións.

m) No caso de sociedades laborais, nota simple ou certificación de ter depositadas as contas correspondentes ao último exercicio, emitida polo Rexistro Mercantil correspondente.

2. Para este programa I o órgano xestor comprobará de oficio a seguinte documentación, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta, de acordo co disposto no artigo 10 desta orde:

a) Número de identificación fiscal da entidade solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante e das persoas por quen se solicita subvención.

c) Alta no imposto de actividades económicas da entidade solicitante.

d) Vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social das persoas por quen se solicita subvención.

e) Certificación emitida polo Servizo Público de Emprego dos períodos de inscrición como demandante de emprego da persoa socia traballadora ou de traballo por quen se solicita subvención.

f) Certificación de atoparse ao día das obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

g) Certificación de atoparse ao día das obrigas coa Atriga.

h) Certificación de atoparse ao día das obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

i) Certificado acreditativo da discapacidade da persoa por quen se solicita subvención, cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a dita circunstancia e cando o dito certificado sexa emitido pola Xunta de Galicia.

j) Certificado de empadroamento da persoa por quen se solicita subvención, cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a dita circunstancia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas, segundo proceda:

a) Número de identificación fiscal da entidade solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa solicitante ou representante e das persoas por quen se solicita subvención.

c) Alta no imposto de actividades económicas da entidade solicitante.

d) Vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social da persoa solicitante ou das persoas por quen se solicita subvención.

e) Certificación emitida polo Servizo Público de Emprego dos períodos de inscrición como demandante de emprego da persoa solicitante ou da persoa socia traballadora ou de traballo por quen se solicita subvención.

f) Certificación de atoparse ao día nas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

g) Certificación de atoparse ao día nas obrigas coa Atriga.

h) Certificación de atoparse ao día das obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

i) Certificado acreditativo da discapacidade da persoa solicitante ou da persoa por quen se solicita subvención, cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a dita circunstancia e cando o dito certificado fose emitido pola Xunta de Galicia.

j) Alta na Seguridade Social das persoas socias traballadoras ou de traballo incorporadas.

k) Certificado de empadroamento da persoa solicitante ou das persoas por quen se solicita subvención.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio ou solicitude de pagamento, segundo corresponda, e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Solicitudes.

1. As solicitudes de subvención deberán presentarse por separado para cada un dos programas desta orde, nos modelos de solicitude que figuran como anexos (anexos I e VII), acompañadas da documentación sinalada nesta orde e dirixiranse ao órgano competente para resolver.

2. Para os procedementos do programa I (TR802G) as solicitudes (anexo I) presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 27 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-Economía Social) e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2019)

    • Extracto da Orde do 27 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-Economía Social) e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2019).

    • Orde do 17 de xullo de 2019 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 27 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-Economía Social) e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 144 do 31 de xullo de 2019).

    • Resolución do 2 de setembro de 2020, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dá publicidade das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-economía social), e se convocan para o ano 2019 (Diario Oficial de Galicia número 20, do 29 de xaneiro de 2019).(DOG núm. 187 do 15 de setembro de 2020).

Outros procedementos relacionados

TR301R

Accións formativas de formación para o emprego non financiadas con fondos públicos conducentes á obtención de certificados de profesionalidade.

Aberto todo o ano

TR340A

Cualificación iniciativas de emprego.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

TR340D

Cualificación de iniciativa de emprego de base tecnolóxica (IEBT).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

TR340E

Incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica-IEBT.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 21/04/2025 00:00 - 30/09/2025 23:59