Guía de procedementos e servizos

TR600B

Programa II de apoio ás persoas traballadoras autónomas individuais e persoas traballadoras autonómas ou empresas con ata 10 persoas traballadoras ou de ata 25 persoas traballadoras cun volume de facturación de ata 2 millóns de euros.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2021 - Prazo pechado: 14/06/2021 00:00 - 30/09/2021 23:59

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

O obxecto deste programa é a concesión dunha axuda económica as persoas traballadoras autónomas con dez ou menos persoas traballadoras ou empresas ata vinte e cinco persoas traballadoras que teñan un volume de facturación de ata dous millóns de euros no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, para o apoio á solvencia e redución do seu endebedamento

Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde todas as persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou no Réxime de Traballadores do Mar como persoas traballadoras por conta propia, os profesionais e empresas.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

SAN LÁZARO

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981957590/ 981545612/ 981957729/ 981957725

Email: autonomos.emprego@xunta.es

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Se vostede é una persoa autónoma que tributa no réxime de estimación obxectiva (módulos) debe presentar a solicitude polo programa TR600A

Prazo de presentación: PECHADO

14/06/2021 00:00 - 30/09/2021 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será do 14 de xuño ao 30 de setembro de 2021, ambos incluídos.

1. Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde todas as persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou no Réxime de Traballadores do Mar como persoas traballadoras por conta propia, os profesionais e empresas, que reúnan as condicións establecidas no artigo 32 desta orde e que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que acrediten unha caída do volume de operacións, no ano 2020 respecto ao ano 2019, de mais dun 30%  para aquelas que desenvolvan unha actividade económica incluída no Anexo I do Real Decreto-lei 5/2021, de 12 de marzo, ou ben que acrediten unha caída do volume de operacións, no ano 2020 respecto ao ano 2019,  dun 40%  ou mais, para aquelas que desenvolvan unha actividade económica que non se atope incluída no Anexo I Real decreto-lei 5/2021.

b) Os demais requisitos establecidos no artigo 7 desta Orde.

2.  No caso de grupos consolidados que tributen no Imposto sobre sociedades no réxime de tributación consolidada, entenderase como destinatario a efectos do cumprimento dos requisitos de elixibilidade e transferencias, o citado grupo como un contribuínte  único, e non cada unha das entidades que o integran, polo que o resultado o volume de operacións a considerar par determinar a caída da actividade será o resultado de sumar todos os volumes de operacións das entidades que conforman o grupo.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible como Anexo II na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. Deberase cubrir, necesariamente, todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios.

Documentación acreditativa da baixada de facturación (só para CNAEs non incluídos no anexo I do Real decreto lei 5/2021, do 12 de marzo):

Modelo 390 Ano 2019 Ano 2020

Modelo 303 Ano 2019 Ano 2020

Modelo 130 IV trimestre Ano 2019 Ano 2020

Modelo 131 Ano 2019 Ano 2020

Modelo 111 Ano 2020

Modelo 190 Ano 2020

Modelo 184 para entidades en réxime de atribución de rendas Ano 2019 Ano 2020

Modelo 100 Ano 2019

Modelo 200 Ano 2019 Ano 2020

Modelo 202 Ano 2019 Ano 2020

Modelo 220 para o caso de grupos Ano 2019 Ano 2020

Modelo 222 para o caso de grupos Ano 2019 Ano 2020

Modelo 322 para o caso de grupos Ano 2019 Ano 2020

Outros documentos.

Certificado de alta na mutualidade correspondente, se é o caso.

Poder suficiente para actuar en nome da persoa solicitante segundo modelo de representación da sede ou calquera outro válido en dereito, se é o caso.

Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente e achegar unha copia dos documentos.

DNI/NIE da persoa solicitante.

DNI/NIE da persoa representante.

Certificación de estar ao día das súas obrigas coa Seguridade Social.

Este formulario só poderá presentarse nashttps://sede.xunta.gal formas previstas na súa norma reguladora.

Certificación de estar ao día das súas obrigas coa Axencia Tributaria de Galicia.

Consulta de inhabilitación para obter subvención e axudas.

Vida laboral da persoa solicitante..

Consulta código conta de cotización (número de persoas traballadoras).

Prazo de resolución:

O prazo máximo para resolver e notificar é o 31 de decembro de 2021

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 9 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do III Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas particularmente afectadas pola crise da COVID-19 mediante axudas directas para o apoio á solvencia e redución do endebedamento do sector privado, a través do Programa I de persoas traballadoras autónomas en estimación obxectiva (TR600A), do Programa II de apoio ás persoas traballadoras autónomas individuais e persoas traballadoras autónomas ou empresas con ata 10 persoas traballadoras, ou de ata 25 persoas traballadoras cun volume de facturación de ata 2 millóns de euros (TR600B), e do Programa III de apoio ás persoas traballadoras autónomas ou empresas con máis de 10 persoas traballadoras, e cun volume de facturación de máis de 2 millóns de euros, ou empresas de máis de 25 persoas traballadoras (TR600C), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (DOG nº 110 do 11 de xuño de 2021).

    • Extracto da Orde do 9 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do III Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas particularmente afectadas pola crise da COVID-19 mediante axudas directas para o apoio á solvencia e redución do endebedamento do sector privado, a través do Programa II de apoio ás persoas traballadoras autónomas individuais e persoas traballadoras autónomas ou empresas con ata 10 persoas traballadoras, ou de ata 25 persoas traballadoras cun volume de facturación de ata 2 millóns de euros (TR600B), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (DOG nº 110 do 11 de xuño de 2021).

    • Corrección de erros. Orde do 9 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do III Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas particularmente afectadas pola crise da COVID-19 mediante axudas directas para o apoio á solvencia e redución do endebedamento do sector privado, a través do Programa I de persoas traballadoras autónomas en estimación obxectiva (TR600A), do Programa II de apoio ás persoas traballadoras autónomas individuais e persoas traballadoras autónomas ou empresas con ata 10 persoas traballadoras, ou de ata 25 persoas traballadoras cun volume de facturación de ata 2 millóns de euros (TR600B), e do Programa III de apoio ás persoas traballadoras autónomas ou empresas con máis de 10 persoas traballadoras, e cun volume de facturación de máis de 2 millóns de euros, ou empresas de máis de 25 persoas traballadoras (TR600C), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (DOG nº 111 do 14 de xuño de 2021).

    • Orde do 12 de xullo de 2021 pola que se modifica a Orde do 9 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do III Plan de Rescate das persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas particularmente afectadas pola crise da COVID-19 mediante axudas directas para o apoio á solvencia e redución do endebedamento do sector privado, a través do Programa I de persoas traballadoras autónomas en estimación obxectiva (TR600A), do Programa II de apoio ás persoas traballadoras autónomas individuais e persoas traballadoras autónomas ou empresas con ata 10 persoas traballadoras, ou de ata 25 persoas traballadoras cun volume de facturación de ata 2 millóns de euros (TR600B), e do Programa III de apoio ás persoas traballadoras autónomas ou empresas con máis de 10 persoas traballadoras e cun volume de facturación de máis de 2 millóns de euros, ou empresas de máis de 25 persoas traballadoras (TR600C), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (DOG nº 132 do 13 de xullo de 2021).

    • Resolución do 17 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se procede á publicación da reasignación dos créditos orzamentarios recollidos na Orde do 9 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do III Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas particularmente afectadas pola crise da COVID-19 mediante axudas directas para o apoio á solvencia e redución do endebedamento do sector privado, a través do Programa I de persoas traballadoras autónomas en estimación obxectiva (TR600A), do Programa II de apoio ás persoas traballadoras autónomas individuais e persoas traballadoras autónomas ou empresas con ata 10 persoas traballadoras, ou de ata 25 persoas traballadoras cun volume de facturación de ata 2 millóns de euros (TR600B), e do Programa III de apoio ás persoas traballadoras autónomas ou empresas con máis de 10 persoas traballadoras, e cun volume de facturación de máis de 2 millóns de euros, ou empresas de máis de 25 persoas traballadoras (TR600C), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.(DOG nº 229 do 29 de novembro de 2021).

    • Resolución do 13 de xuño de 2023, da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 9 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do III Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas particularmente afectadas pola crise da COVID-19 mediante axudas directas para o apoio á solvencia e redución do endebedamento do sector privado, a través do Programa I de persoas traballadoras autónomas en estimación obxectiva (TR600A), do Programa II de apoio ás persoas traballadoras autónomas ou empresas con ata 10 persoas traballadoras, ou de ata 25 persoas traballadoras cun volume de facturación de ata 2 millóns de euros (TR600B), e do Programa III de apoio ás persoas traballadoras autónomas ou empresas con máis de 10 persoas traballadoras, e cun volume de facturación de máis de 2 millóns de euros, ou empresas de máis de 25 persoas traballadoras (TR600C), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (DOG nº 120 do 26 de xuño de 2023).

Outros procedementos relacionados

FA901A

Alegacións no Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia (TACGAL).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF504C

Actividade comercial portuaria de consignación de buques.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF504D

Actividade comercial portuaria de posta a disposición de medios mecánicos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IG408A

Axudas a proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027

Prazo aberto: 12/02/2025 09:00 - 30/09/2025 14:00