Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR356A
Incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL).
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras do Programa de incentivos ás empresas de inserción laboral e ás súas entidades promotoras e proceder á súa convocatoria para o ano 2018, coa finalidade de promover a inserción sociolaboral das persoas en situación ou en risco de exclusión social mediante o establecemento de medidas de fomento das empresas de inserción laboral que teñan centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, co fin de que poidan cumprir a súa función social.
Tipos de axuda.
1. As empresas de inserción laboral poderán acceder aos seguintes tipos de axuda:
a) Á contratación de persoas en situación ou en risco de exclusión social.
b) Á contratación de xerentes ou persoas técnicas de produción necesarias para garantir a viabilidade da EIL.
c) Á contratación de persoas técnicas en orientación e acompañamento á inserción.
d) Á creación e ampliación de novos postos de traballo para persoas en inserción.
e) O inicio e á posta en marcha da actividade.
f) Á asistencia técnica para a creación, mellora e diversificación da EIL.
g) Á formación para as persoas en proceso de inserción.
h) Á mediación laboral para a inserción no mercado laboral ordinario da persoa en situación ou en risco de exclusión social.
2. As entidades promotoras de empresas de inserción laboral poderán ser beneficiarias das axudas indicadas nas letras c) e f) do artigo 25.1
3. Se a subvención a solicitasen as entidades promotoras, non poderán solicitala a empresa ou as empresas de inserción laboral que promovan.
4. Co obxecto de que as axudas contidas nesta orde poidan chegar a todas as empresas de inserción laboral e ás súas entidades promotoras, establécese para cada unha delas un límite inicial de concesión do 15 % do total do orzamento consignado na convocatoria, sen prexuízo de que, unha vez finalizado o prazo de solicitudes e resoltos todos os expedientes, se poida ratear o importe do remanente de crédito entre as empresas cuxas solicitudes superasen o límite inicial do 15 %. Igualmente, procederase á repartición proporcional no caso das ampliacións de crédito que se poidan realizar ao abeiro do artigo 2.5 desta orde.
Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as entidades promotoras de empresas de inserción laboral e as empresas de inserción laboral que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nela para os distintos tipos de axudas.
Son obrigas das entidades beneficiarias das axudas e subvencións:
a) Realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención.
b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión da subvención.
c) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará a Consellería de Economía, Emprego e Industria, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación ou control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos coma estatais ou comunitarios, para o cal se achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
d) Comunicarlle ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e das obrigas asumidos polas entidades beneficiarias e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
e) Estar ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión e realizar a proposta de pagamento da subvención.
f) Dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á entidade beneficiaria en cada caso, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control.
Agás aquelas entidades beneficiarias que pola normativa vixente estean exentas da obriga de levar a cabo unha contabilidade, as entidades beneficiarias teñen a obriga de acreditar que levan unha contabilidade separada ou un código contable adecuado para os gastos obxecto da subvención.
g) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
h) Adoptar as medidas adecuadas de difusión para dar publicidade ao financiamento público das actuacións subvencionadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.
De acordo con esta obriga, a empresa de inserción laboral deberá anunciar que está sendo subvencionada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Servizo Público de Emprego Estatal no seu domicilio social e nos seus centros de traballo. Para isto, incorporarán un rótulo visible ao público, incluíndo o nome da empresa, a expresión «Empresa de inserción laboral» ou EIL e o logotipo da Xunta de Galicia. Os formatos que se deben utilizar serán proporcionados pola Secretaría Xeral de Emprego, no seguinte enlace: http://traballo.xunta.es/publicidade-de-empresas-de-insercion.
Igualmente, para cumprir esta obriga, a empresa de inserción laboral beneficiaria deberá presentar, para o pagamento da subvención concedida, a xustificación do cumprimento da obriga de informar as persoas traballadoras respecto da subvención do seu contrato, no modelo anexo IV desta orde.
i) Ter levado a cabo a organización preventiva, a auditoría, se procede, e o plan de prevención, de acordo co previsto na Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, e na normativa regulamentaria de desenvolvemento.
j) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
k) No caso das axudas dos artigos 26, 27 e 28, manter os postos de traballo durante o período subvencionado, con obriga de substitución da persoa traballadora no caso de cesamento da actividade laboral polo tempo que reste ata acadar o período subvencionado. A substitución realizarase no prazo máximo dun mes desde que se produza o cesamento da actividade laboral.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social
Subdirección Xeral de Economía Social
Servizo de Fomento do Emprego en Economía Social
Edificios Administrativos San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544682 / 981957732
Fax: 981544678
Prazo de presentación: PECHADO
03/01/2018 00:00 - 15/10/2018 23:59
O prazo de presentación das solicitudes das axudas previstas nesta orde comezará o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e rematará o 15 de outubro de 2018.
- Poderán solicitar e ser beneficiarias das axudas aquelas empresas que solicitasen, conforme o procedemento establecido para o efecto, a súa cualificación como empresa de inserción laboral. Non obstante, non se poderá proceder ao pagamento da axuda en canto non obteñan esa cualificación.
- Non poderán obter a condición de beneficiarias das axudas establecidas nesta orde as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
- Non poderán obter a condición de beneficiarias as entidades solicitantes que estean excluídas do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o disposto nos artigos 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
- A xustificación por parte das entidades solicitantes de non estar incursas nas prohibicións contidas nos números 3 e 4 do artigo 3 desta orde para obteren a condición de beneficiarias realizarase mediante declaración responsable.
As entidades e empresas beneficiarias presentarán xunto coa solicitude a seguinte documentación xeral:
a) Poder suficiente da persoa representante para actuar en nome da entidade.
b) Memoria descritiva da entidade solicitante en que se recollan as actividades de inserción realizadas durante o último ano natural e o cumprimento dos seus obxectivos económicos e de inserción. A memoria conterá a tipoloxía das accións realizadas, os recursos aplicados e as súas fontes.
c) Relación nominal da totalidade das persoas traballadoras do cadro de persoal da empresa de inserción laboral, segundo o modelo do anexo II, con indicación daquelas que se atopan en proceso de inserción e daquelas polas cales se solicita subvención. No caso de contratacións para o apoio xerencial, á produción ou á orientación e acompañamento á inserción, indicalo expresamente e cubrir o apartado dos custos laborais totais a cargo da empresa de inserción laboral, correspondentes ao período polo que se solicita a subvención.
d) Convenios de inserción laboral entre as empresas de inserción laboral, os servizos sociais e a persoa en proceso de inserción.
e) Anexo V asinado polas persoas traballadoras contratadas e/ou destinatarias finais da subvención.
Ademais da documentación xeral indicada no artigo 9.5, para cada un dos tipos de axuda que se regulan nesta orde presentarase a seguinte documentación específica:
a) Subvención pola contratación de persoas en situación ou en risco de exclusión social:
Contratos de traballo das persoas traballadoras polas cales se solicita subvención.
Recibos de salarios e documentos bancarios de transferencia acreditativos do pagamento das mensualidades xa aboadas na data da presentación da solicitude.
Relación nominal das persoas traballadoras (RNT) incluídas na cotización á Seguridade Social e recibo de cotización de liquidacións (RLC), así como os documentos bancarios de transferencia acreditativos do seu pagamento das mensualidades xa ingresadas na data da presentación da solicitude.
Descrición detallada dos postos de traballo que se van cubrir e as súas características técnicas.
b) Subvención pola contratación de xerentes ou persoas técnicas de produción:
Memoria explicativa da necesidade da contratación de xerentes ou persoas técnicas para o desenvolvemento da actividade empresarial, na cal conste o número e os perfís profesionais e os servizos que van prestar.
Contratos de traballo das persoas xerentes ou técnicas polas que se solicita subvención.
Recibos de salarios e documentos bancarios de transferencia acreditativos do pagamento das mensualidades xa aboadas na data da presentación da solicitude.
Relación nominal das persoas traballadoras (RNT) incluídas na cotización á Seguridade Social e recibo de Cotización de Liquidacións (RLC), así como os documentos bancarios de transferencia acreditativos do seu pagamento, das mensualidades xa ingresadas na data da presentación da solicitude.
c) Subvención pola contratación de persoal técnico en orientación:
Memoria descritiva da necesidade da contratación de persoal técnico en accións de orientación e acompañamento á inserción, na cal conste o número e os perfís profesionais, as funcións que van realizar, así como o número de persoas traballadoras en proceso de inserción que van orientar e a porcentaxe da xornada de traballo que lle van dedicar.
Contratos de traballo do persoal técnico polo que se solicita subvención.
Currículum vítae do persoal técnico, xunto coa documentación que acredite a súa formación e experiencia profesional.
Recibos de salarios e documentos bancarios de transferencia acreditativos do pagamento das mensualidades xa aboadas na data da presentación da solicitude.
Relación nominal das persoas traballadoras (RNT) incluídas na cotización á Seguridade Social e Recibo de Cotización de Liquidacións (RLC), así como os documentos bancarios de transferencia acreditativos do seu pagamento das mensualidades xa ingresadas na data da presentación da solicitude.
d) Subvención para a creación e ampliación de novos postos de traballo para persoas en inserción:
Contratos de traballo e das persoas traballadoras cuxos postos se crearon.
Memoria ampliada do proxecto e estudo económico-financeiro da súa viabilidade.
Detalle do plan de investimentos en inmobilizado e calendario para a súa execución, xunto coas facturas e, no caso de estar efectivamente pagadas, o seu correspondente xustificante bancario de pagamento ou, na súa falta, facturas pro forma ou orzamentos expedidos polas persoas provedoras ou acredoras.
Se é o caso, as 3 ofertas mencionadas no artigo 29.5 e a xustificación da súa elección.
e) Subvención para o inicio e a posta en marcha da actividade:
Orzamento dos gastos necesarios para o inicio e a posta en marcha da actividade, con indicación daqueles aos cales se vai destinar a subvención.
Facturas e, no caso de estar efectivamente pagadas, o seu correspondente xustificante bancario de pagamento ou, no seu defecto, facturas proforma ou orzamentos expedidos polas persoas provedoras ou acredoras dos gastos necesarios para o inicio e a posta en marcha da actividade que se vaian ter en conta para o cálculo da contía da subvención.
No caso de reorientación ou diversificación da actividade inicial. Memoria explicativa da súa necesidade por apertura de novo centro.
f) Subvención pola asistencia técnica para a creación, mellora e diversificación da EIL:
Memoria da persoa, entidade ou empresa que realizará o servizo e que deberá incluír a modalidade de axuda solicitada, a xustificación da súa necesidade e o orzamento. No suposto da creación dunha empresa de inserción deberá incluír a actividade a desevenvolver pola empresa de inserción laboral e unha previsión económico-financeira para os dous exercicios iniciais.
No caso das subvencións para a realización de estudos de mercado, proxecto de apertura de mercados ou de reorientación da actividade empresarial que se somete a estudo, deberá presentarse un índice do seu contido.
g) Subvención para a formación de persoas en inserción:
Memoria descritiva do curso/actividade de formación solicitada en que consten, entre outros, a xustificación da súa necesidade para a inserción laboral das persoas en situación ou en risco de exclusión social.
Certificación da entidade formadora en que consten, entre outros, os seguintes aspectos:
1. Nome do curso/actividade.
2. Lugar e datas de realización.
3. Módulos que se impartirán e distribución temporal (número de horas).
4. Prazo de inscrición.
5. Número de prazas.
Solicitude de inscrición ou matrícula no curso/actividade, se procede.
No caso de estar realizando o curso, facturas e o seu correspondente xustificante bancario de pagamento; de non ser así, factura proforma.
h) Subvención pola mediación laboral para a inserción no mercado laboral ordinario:
Contrato de traballo formalizado ou documentación acreditativa da alta da persoa traballadora en proceso de inserción en calquera réxime especial da Seguridade Social por conta propia, segundo o caso.
Se é o caso, declaración da empresa contratante, sociedade cooperativa ou laboral de que a incorporación da persoa traballadora ao mercado laboral ordinario se realizou por mediación da empresa de inserción laboral, xunto coas nóminas aboadas á persoa traballadora.
Se é o caso, declaración do traballador ou da traballadora autónoma de que a súa iniciativa de autoemprego realizouse mediante o asesoramento, apoio e acompañamento da empresa de inserción laboral, xunto cos xustificantes das cotizacións á Seguridade Social desde o alta no réxime especial da Seguridade Social por conta propia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación do procedemento regulado nesta orde consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI ou NIE da persoa representante.
b) Certificación de estar ao día a entidade solicitante das súas obrigas coa Seguridade Social.
c) Certificación de estar ao día a entidade solicitante das súas obrigas coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
d) Certificación de estar ao día a entidade solicitante das súas obrigas coa Axencia Estatal Tributaria.
e) NIF da entidade solicitante.
f) Informe da vida laboral das persoas traballadoras polas que se solicita a subvención e informe da vida laboral das persoas en risco ou situación de exclusión social destinatarias finais da subvención.
g) Inscrición como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego relativa ás persoas polas que se solicita a subvención e ás que lles sexa de aplicación esta circunstancia.
h) Contratos de traballo das persoas polas que se solicita a subvención da das persoas en risco ou situación de exclusión social destinatarias da subvención.
i) DNI ou NIE das persoas traballadoras obxecto da subvención e/ou destinatarias finais da subvención
2. No caso de que as persoas polas que se solicita a subvención se opoñan a estas consultas deberán indícalo expresamente no anexo V e achegar os documentos que correspondan.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
As solicitudes de subvención deberán presentarse xunto coa documentación sinalada nesta orde para cada tipo de axuda e dirixiranse ao órgano competente para resolver.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Ás solicitudes xuntaranse os documentos sinalados no artigo 35 desta orde, salvo que os documentos exixidos xa estivesen en poder de calquera órgano da Administración actuante; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido no artigo 53.d) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sempre que se faga constar a data e o órgano ou dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica por parte da persoa solicitante ou representante superase os tamaños máximos establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación destes de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaños máximos admitidos da documentación complementaria para cada procedemento.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código do rexistro.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
- Relación nominal do cadro do persoal (Anexo II)
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 5 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 1 do 2 de xaneiro de 2018).
-
Extracto da Orde do 5 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG nº 1 do 2 de xaneiro de 2018).
-
Resolución do 11 de febreiro de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 5 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (Diario Oficial de Galicia número 1, do 2 de xaneiro de 2018) (DOG nº 37 do 21 de febreiro de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Cualificación iniciativas de emprego.
Aberto todo o ano
Cualificación de iniciativa de emprego de base tecnolóxica (IEBT).
Aberto todo o ano
Incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica-IEBT.
Prazo aberto: 21/04/2025 00:00 - 30/09/2025 23:59
Habilitación do Libro de subcontratación para o sector da construción
Aberto todo o ano