Guía de procedementos e servizos

TR353B

Subvención programas de emprego para persoas mozas.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2021 - Prazo pechado: 03/02/2021 00:00 - 02/03/2021 23:59

1. Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras, así como a convocatoria para o ano 2021, en réxime de concorrencia competitiva, respectando os principios de obxectividade, igualdade, transparencia e publicidade, das axudas e subvencións para a realización de programas de emprego dirixidos a mellorar a ocupabilidade, a cualificación e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil (etapa de formación e aprendizaxe) no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia .

2. Estes programas de emprego configúranse como programas mixtos de emprego e formación que teñen por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas participantes, mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten a realización dun traballo efectivo que, xunto coa formación profesional para o emprego recibida, relacionada directamente co dito traballo, procure a súa cualificación profesional e a súa posterior inserción laboral no mercado de traballo.

3. A súa programación integrarase, na medida do posible e conforme os itinerarios de inserción profesional que se definan, en proxectos que dean resposta ás demandas do mercado de traballo e sexan capaces de activar o desenvolvemento territorial, xerar riqueza e, consecuentemente, crear postos de traballo.

4. Unha vez rematada esta primeira etapa de formación e aprendizaxe, a Consellería de Emprego e Igualdade promoverá, mediante a oportuna convocatoria, a inserción laboral de todas as persoas participantes nos programas de emprego que rematen con resultado de apto/a, a través de incentivos á contratación por conta allea, durante un mínimo de 6 meses a xornada completa, en empresas para ocupacións do ámbito das materias impartidas e no ámbito territorial de Galicia.

Duración.

1. A etapa de formación en alternancia coa práctica profesional terá unha duración de doce meses e estará dirixida á aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional.

2. A data límite para o inicio da formación e as prácticas profesionais será, con carácter xeral, o 16 de xuño de 2021. As actuacións subvencionadas non poderán comezar antes da resolución de concesión. Os gastos subvencionables deberán estar realizados entre o 1 de xaneiro do exercicio de inicio das actuacións e a data límite para a presentación da documentación xustificativa correspondente.

1. Poderán ser persoas beneficiarias participantes destes programas aquelas persoas mozas de dezaoito ou máis anos que non superen a idade máxima que estableza a normativa vixente no momento da selección do alumnado, inscritas e en situación de beneficiarias no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 90.1.a) da Lei 18/2014, do 15 de outubro, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia.

Ademais, deberán manter o cumprimento dos requisitos exixidos na Lei 18/2014 modificada polo Real decreto lei 6/2016, do 23 de decembro, con carácter previo a participar nos programas de emprego.

2. Para poder participar neste programa é imprescindible cumprir os requisitos establecidos na normativa reguladora do contrato para a formación e a aprendizaxe co obxecto de estar vinculada mediante un contrato de tales características ao proxecto durante toda a duración deste, de acordo co previsto no artigo 11.2 e na disposición adicional segunda do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

3. Se a formación que se imparta no proxecto vai dirixida á obtención de certificados de profesionalidade de nivel de cualificación 2 ou 3, garantirase que o perfil do alumnado se adecúe aos requisitos sinalados nos reais decretos que regulan os ditos certificados.

Entidades beneficiarias da subvención: entidades promotoras.

1. Os proxectos que se financien ao abeiro desta convocatoria poden ser promovidos polos concellos de Galicia, polas mancomunidades de concellos e polas entidades públicas dependentes ou vinculadas a concellos ou mancomunidades cuxa titularidade corresponda integramente a elas.

2. As entidades promotoras deberán ser competentes para a execución das correspondentes obras ou servizos e dispoñer da capacidade técnica e de xestión suficiente para a realización dos proxectos. No caso dos concellos ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a un concello, ademais, deberán ter unha media de paro rexistrado no ano 2020 superior a 500 persoas no ámbito territorial do proxecto, entendendo como tal o territorio do concello solicitante ou, se é o caso, a suma dos territorios dos concellos limítrofes da mesma provincia que concorran agrupados. No caso de solicitudes por parte dun concello que, segundo os últimos datos oficiais dispoñibles na data de publicación da convocatoria, teña un número igual ou inferior a 2.000 habitantes, a media de paro no ano 2020 deberá ser superior a 200 persoas. Aplicarase esta mesma media de paro mínima se se trata dunha agrupación de dous concellos na que ambos reúnan esa característica.

Este requisito do número mínimo de persoas desempregadas non será de aplicación cando a solicitude agrupe, cando menos, tres concellos limítrofes da mesma provincia, ou dous no caso de que un deles sexa resultado da fusión de dous ou máis concellos.

3. As entidades promotoras non poderán presentar máis dunha solicitude; en caso contrario, só se terá en conta a primeira solicitude realizada. Tampouco se admitirán as solicitudes con distinto promotor cando exista coincidencia de todos os participantes da agrupación, incluso no caso de que non coincidan as actuacións. Neste caso rexeitaranse todas as solicitudes nas cales exista coincidencia de participantes.

4. Non poderán ser beneficiarias as entidades que estean incursas nalgunha das circunstancias establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

5. Será requisito para a concesión da subvención que a entidade local solicitante ou entidades locais no caso de solicitudes presentadas por agrupación de concellos cumprisen coa súa obriga de remisión ao Consello de Contas das contas xerais do último exercicio a que estean obrigadas.

Obrigas.

As entidades beneficiarias das subvencións previstas nesta orde, ademais de cumprir as obrigas establecidas pola normativa aplicable con carácter xeral ás axudas e subvencións públicas, deberán:

a) Realizar as actividades para as cales se concede a subvención, de conformidade coas disposicións previstas nesta orde e nas resolucións, instrucións ou circulares que a desenvolvan.

b) Acondicionar e dotar as instalacións de xeito que reúnan as condicións de seguridade e saúde laboral que permitan o normal desenvolvemento das actividades formativas desde o inicio do proxecto.

c) Formar as persoas participantes nos aspectos teóricos e prácticos das actividades profesionais contidas no plan formativo e contratar o alumnado participante, na modalidade contractual e pola duración prevista no artigo 4 desta orde, e formalo nos aspectos teóricos e prácticos das actividades profesionais ou oficios obxecto do programa.

d) Acreditar ante a Consellería de Emprego e Igualdade a realización das actividades e o cumprimento dos requisitos exixidos para a concesión da axuda ou subvención, achegando a documentación que lles sexa requirida co fin de comprobar o cumprimento das obrigas que derivan da dita concesión.

e) Satisfacer, no seu vencemento, as obrigas económicas que deriven do funcionamento do proxecto subvencionado, especialmente as de carácter salarial, con independencia de que se percibise con anterioridade a subvención concedida.

f) Someterse ás actuacións de supervisión e control que en calquera momento poidan acordar os servizos competentes da Consellería de Emprego e Igualdade ou da Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos, tanto no relativo ao desenvolvemento das accións formativas como á súa xestión e tramitación administrativa, así como as previstas no artigo 11.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Tamén ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Consello de Contas e do Tribunal de Contas, relativas ás verificacións que poidan realizar os organismos implicados na xestión ou seguimento do Fondo Social Europeo, que comprenderán as oportunas visitas sobre o terreo, e ás que poidan corresponder, no suposto de cofinanciamento polo Fondo Social Europeo, á Comisión e ao Tribunal de Contas das Comunidades Europeas.

g) Dispoñer de libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como aqueles estados contables e rexistros específicos que sexan exixidos por esta orde, coa identificación e conta separada ou epígrafe específica da súa contabilidade de todos os ingresos e gastos de execución das accións realizadas, para garantir a rastrexabilidade dos pagamentos e o seguimento da pista de auditoría.

h) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, durante os dous anos seguintes á certificación dos gastos á Comisión Europea, de conformidade co artigo 140.1, parágrafo segundo, do Regulamento (UE) 1303/2013, modificado polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control. O comezo do prazo será oportunamente comunicado pola Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos.

i) Comunicar á Consellería de Emprego e Igualdade a obtención doutras subvencións ou axudas para o mesmo proxecto ou finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou ente público estatal ou internacional, no momento de presentar a solicitude, así como con ocasión da xustificación da execución total do proxecto e, en todo caso, antes do derradeiro pagamento.

j) Procurar a inserción laboral posterior das persoas desempregadas participantes nos proxectos.

k) Respectar as normas de subvencionabilidade do gasto financiado polo FSE, reguladas na Orde ESS/1924/2016, do 13 de decembro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo FSE durante o período de programación 2014-2020 e mediante os artigos 69 e 125 do Regulamento (UE) 1303/2013, e o artigo 13 do Regulamento (UE) 1304/2013, modificados polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046, así como as que se diten no seu desenvolvemento para o período 2014-2020.

l) Aceptar a súa inclusión na lista de persoas beneficiarias publicada, segundo o disposto no artigo 115, punto 2, do Regulamento (UE) 1303/2013 modificado polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046.

m) Comunicar a todas as persoas que participan no proxecto que os custos derivados da súa realización son cofinanciados polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, nun 91,89%, con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, para o período 2014-2020.

n) Cumprir con cantas obrigas deriven da normativa de aplicación do cofinanciamento polo FSE e a Iniciativa de emprego xuvenil, de conformidade co establecido no artigo seguinte.

o) Remitir á xefatura territorial correspondente da Consellería de Emprego e Igualdade copia dos certificados de aproveitamento, en que consten o número de horas da formación recibida e a cualificación final, entregados ao alumnado participante no proxecto.

p) Garantir o cumprimento do principio de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres no deseño e desenvolvemento do proxecto.

q) Procurar, na execución do programa de emprego, un uso non sexista da linguaxe e velar por transmitir unha imaxe igualitaria, plural e non estereotipada, de mulleres e homes.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego

Subdirección Xeral do Servicio Público de Emprego de Galicia

Edificios Admvos. San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981547224

Fax: 981545765

Email: dx.emprego-formacion@xunta.es

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña

Servizo de Formación e Cualificación para O Emprego da Coruña

Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º andar

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881881597/ 881882579

Fax: 881881576

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Lugo

Servizo de Formación e Cualificación para O Emprego de Lugo

Ronda da Muralla, 70 baixo

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294257

Fax: 982294282

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Ourense

Servizo de Formación e Cualificación para O Emprego de Ourense

Avda. da Habana, 79, 6º

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386827

Fax: 988386829

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Pontevedra (Vigo)

Servizo de Formación e Cualificación para O Emprego de Vigo

Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2ª

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817022

Fax: 986817766

Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego

Prazo de presentación: PECHADO

03/02/2021 00:00 - 02/03/2021 23:59

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase como último día de prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se este último día é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non hai día equivalente, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

Presentación de solicitudes.

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Documentación complementaria.

1. De carácter xeral: xunto coa solicitude (anexo I) deberá anexar a seguinte documentación complementaria:

a) A que acredite a personalidade xurídica da entidade solicitante, tendo en conta que se é unha mancomunidade, consorcio ou calquera outro tipo de asociacións dos concellos galegos ou algunha das entidades públicas dependentes ou vinculadas a unha Administración local, deberá achegarse, segundo proceda, norma ou acordo de creación ou estatutos publicados no diario oficial correspondente, o que se poderá substituír por unha certificación expedida para tal efecto.

b) A que acredite o poder suficiente de quen actúa en nome e representación da entidade solicitante ou, se é o caso, de cada un dos concellos asociados. Esta circunstancia farase constar mediante copia da norma ou acordo de nomeamento publicada no correspondente diario oficial ou mediante certificación expedida para o efecto.

c) Certificación expedida pola persoa titular da secretaría ou órgano equivalente da entidade promotora, en que se recolla o acordo de aprobación do proxecto e de solicitude de subvención á Consellería de Emprego e Igualdade, adoptado polo órgano competente ou, se é o caso, as certificacións das aprobacións por cada un dos concellos participantes no proxecto e, se procede, do convenio de colaboración asinado entre eles para o efecto.

d) Declaración asinada pola persoa representante legal, en que se recolla o conxunto de todas as axudas ou subvencións, solicitadas ou concedidas, para o mesmo proxecto ou para a mesma finalidade, polas distintas administracións públicas competentes ou entes públicos estatais ou internacionais, segundo o modelo que se xunta como anexo I. No caso dunha asociación de concellos, ademais da citada declaración asinada polas persoas representantes legais do concello solicitante, cada un dos representantes legais dos concellos asociados deberá presentar unha declaración en que se recolla o conxunto de todas as axudas ou subvencións, solicitadas ou concedidas, para o mesmo proxecto ou para a mesma finalidade, polas distintas administracións públicas competentes ou entes públicos estatais ou internacionais, segundo o modelo que se xunta como anexo II.

e) Certificado da persoa titular da secretaría, da persoa titular da intervención ou cargo equivalente da entidade promotora ou, se é o caso, de cada un dos concellos asociados, en que consten as fontes de financiamento da parte do custo do proxecto que non sexa subvencionada pola Consellería de Emprego e Igualdade así como unha declaración responsable da entidade solicitante, que se recolle no anexo I, de que dispón da experiencia, aptitude e capacidade administrativa, financeira e operativa necesarias para cumprir as condicións da axuda.

2. De carácter específico: ademais da indicada no punto anterior, as entidades promotoras dos proxectos deberán xuntar a seguinte documentación:

a) Certificado expedido pola persoa titular da secretaría ou órgano equivalente da entidade promotora que acredite a titularidade xurídica de cada un dos obxectos de actuación e a súa dispoñibilidade para realizar as obras ou a prestación dos servizos previstos no proxecto. No caso de titularidade privada, documento de cesión para o seu uso público por un período de tempo non inferior a vinte e cinco anos.

b) Certificado expedido pola persoa titular da secretaría ou órgano equivalente da entidade promotora, que conteña a relación de todas as autorizacións administrativas que sexan exixibles atendendo á natureza xurídica e ao réxime de protección dos obxectos sobre os cales se pretende actuar con ocasión do desenvolvemento do proxecto ou, se for o caso, que faga constar que non son necesarias.

c) Autorizacións administrativas relacionadas no certificado descrito na alínea anterior. A falta dalgunha autorización non impide que o expediente sexa valorado e aprobado sempre que se acredite que se presentou a solicitude ante o organismo competente antes do fin do prazo de presentación da solicitude de subvención. Neste caso, a adxudicación da subvención quedará condicionada á efectiva obtención das ditas autorizacións con anterioridade á data de inicio do programa de emprego.

d) Memoria do proxecto para o cal se solicita a subvención, segundo o modelo que se xunta como anexo III, na cal se recollerán os seguintes aspectos:

– Descrición detallada da obra ou servizo que se vai realizar ou prestar, indicando o destino previsto para a súa utilización posterior. No caso de que a obra que se vaia executar o requira, achegarase proxecto básico asinado polo persoal técnico competente. O dito proxecto constará, cando menos, de memoria descritiva, planos xerais e orzamento con estimación global por capítulos.

– Plan formativo por especialidades en relación co proxecto de obra ou servizo que se vai desenvolver, de xeito que se estableza a correspondencia entre o plan formativo por especialidades e as unidades de obra ou servizos. Os itinerarios formativos adecuaranse, na medida do posible, ao establecido nos reais decretos dos correspondentes certificados de profesionalidade ou, na súa falta, especificaranse os módulos formativos da ocupación, indicando o número de horas e os seus contidos teórico-prácticos.

– Cada itinerario formativo deberá incluír a denominación dos módulos que o integran e a súa duración, o obxectivo xeral do módulo e os contidos teórico-prácticos.

– Orzamento e financiamento do proxecto, detallado segundo o disposto no artigo 18 desta orde.

– Datas previstas de comezo e finalización da actividade do proxecto.

e) Se é o caso, documentación acreditativa de adhesión ao convenio Doing Business Galicia: certificado conxunto da Fegamp e da Xunta de Galicia, expedido con anterioridade ao remate do prazo de presentación de solicitudes, en que se acredite a proposta de habilitación do concello como Concello emprendedor-Concello Doing Business ou diploma en que se acredita como Concello emprendedor-Concello Doing Business.

3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.

4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

6. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

 Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI/NIE da persoa que en nome e representación da entidade solicita a concesión da subvención.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente, habilitado no anexo I, e achegar os ditos documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para a realización de programas de emprego para persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil (formación e aprendizaxe) no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (DOG nº 21 do 2 de febreiro de 2021).

    • Extracto da Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para a realización de programas de emprego para persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil (formación e aprendizaxe) no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (DOG nº 21 do 2 de febreiro de 2021).

    • Orde do 10 de agosto de 2021 pola que se modifica o artigo 34 da Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para a realización de Programas de emprego para persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil (formación e aprendizaxe) no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (DOG nº 161 do 23 de agosto de 2021).

    • Resolución do 15 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para a realización de programas de emprego para persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil (formación e aprendizaxe), no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (DOG núm.226 do 24 de novembro de 2021).

Outros procedementos relacionados

TR350D

Habilitación do Libro de subcontratación para o sector da construción

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

TR353C

Primeira experiencia profesional mocidade.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 27/05/2025 00:00 - 30/09/2025 23:59

TR353D

Bono remuda das persoas traballadoras autónomas.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 24/01/2025 00:00 - 30/09/2025 23:59

TR356A

Axudas ás empresas de inserción (EI) e ás súas entidades promotoras. Programa IV: Axudas ao mantemento do custo salarial das persoas traballadoras en risco ou situación de exclusión social nas empresas de inserción.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 30/05/2025 00:00 - 30/09/2025 23:59