Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR351A
Subvención para entidades locais que contraten traballadores desempregados para a realización de obras e servizos de interese xeral e social.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Entidades locais
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.
Disculpe as molestias que poida ocasionarlle.
Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a convocatoria pública en réxime de concorrencia competitiva, das axudas e subvencións que están destinadas ao financiamento de accións de fomento de emprego en colaboración coas entidades locais a través da contratación de persoas traballadoras desempregadas para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social (procedemento TR351A), co obxecto de proporcionarlles a experiencia e práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral.
A contía da subvención que percibirán as entidades beneficiarias será, para efectos salariais, a equivalente á necesaria para sufragar os custos salariais totais, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social por todos os conceptos na mesma cantidade que a fixada para o salario, segundo o convenio colectivo vixente no momento de formular a solicitude, por cada persoa traballadora desempregada contratada, cos seguintes máximos:
- Para o grupo de cotización 1: 2.700 .
- Para o grupo de cotización 2: 2.200 .
- Para o grupo de cotización 3: 2.000 .
- Para o grupo de cotización 4: 1.900 .
- Para o grupo de cotización 5: 1.800 .
- Para o grupo de cotización 6: 1.700 .
- Para o grupo de cotización 7: 1.600 .
- Para o grupo de cotización 8: 1.500 .
- Para o grupo de cotización 9: 1.500 .
- Para o grupo de cotización 10: 1.500 .
Estes importes máximos incrementaranse nun 15 % no caso de que as contratacións se realicen nunha obra ou servizo solicitado conxuntamente, de acordo co número 2.3 do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 28 de febreiro de 2013.
A contía da subvención reducirase proporcionalmente en función da xornada realizada, cando os contratos se concerten a tempo parcial.
Para os efectos destas subvencións, non se consideran custos salariais subvencionables, o importe da indemnización prevista polo artigo 49.1.c) do Estatuto dos traballadores, así como os incentivos e complementos extrasalariais que non formen parte da base de cotización.
O importe das subvencións reguladas nesta orde en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou internacionais, supere o custo da actividade que vai desenvolver a entidade beneficiaria ou, se é o caso, a porcentaxe máxima do investimento subvencionable que legalmente se estableza.
Poderán ser beneficiarios das axudas e subvencións previstas nesta orde os concellos e as mancomunidades de concellos, os consorcios locais e as entidades locais menores sempre que todos eles dispoñan de capacidade técnica e de xestión suficiente para a execución dos correspondentes proxectos.
As entidades beneficiarias, ademais das establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, deberán cumprir as seguintes obrigas:
a) Aceptación da subvención no prazo de 10 días, de conformidade co disposto no artigo 21.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Transcorrido o citado prazo sen que se producise manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.
b) Realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.
c) Aboarlles ás persoas contratadas os salarios que legal ou convencionalmente lles correspondan e sexan acordes á súa categoría profesional e titulación.
d) Con independencia do cobramento ou non da subvención, deberán satisfacer ao seu vencemento e, mediante transferencia bancaria, as obrigas económicas que deriven do funcionamento dos servizos subvencionados, especialmente as de carácter salarial.
e) Someterse ás actuacións de comprobación e control que poida efectuar a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Inspección de Traballo e Seguridade Social, ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e o Consello de Contas.
f) Comunicarlle á Consellería de Economía, Emprego e Industria aquelas modificacións substantivas que afecten a realización da actividade que vaian desenvolver as traballadoras e traballadores contratados, co obxecto de que poida valorar se o seu carácter produce unha alteración substancial das condicións tidas en conta para a concesión da subvención.
g) Comunicarlle á Consellería de Economía, Emprego e Industria a obtención doutras subvencións ou axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou ente público estatal ou internacional.
h) Realizar, cando proceda, e por requirimento dos órganos competentes da Consellería de Economía, Emprego e Industria, unha valoración do nivel de competencia profesional, así como un informe global en que se describan tanto os puntos fortes como as carencias dos mozos e mozas demandantes de emprego sen titulación de tipo profesional que se incorporen ao mercado de traballo a través dos programas regulados nesta orde.
i) As entidades beneficiarias deberán proporcionarlle ao persoal contratado tarxetas identificativas do servizo subvencionado, no modelo que estableza a Secretaría Xeral de Emprego e que se publica na web institucional da Xunta de Galicia no enlace http://traballo.xunta.es/carteis-informativos-programas-de-cooperacion, que farán constar a colaboración da consellería. O persoal contratado deberá levalas consigo cando estea a realizar a actividade obxecto da subvención.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña
Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social da Coruña
Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881881599
Fax: 881881576
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Lugo
Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294241
Fax: 982294282
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Pontevedra (Vigo)
Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Vigo
Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2ª
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817685 / 986817632
Fax: 986817010
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Ourense
Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Ourense
Avda. da Habana, 79, 6º
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386828
Fax: 988386829
Prazo de presentación: PECHADO
29/01/2016 00:00 - 29/02/2016 23:59
Un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da orde do 19 de xaneiro de 2016 no Diario Oficial de Galicia.
1. As obras ou servizos que se desenvolverán mediante a actividade das persoas traballadoras desempregadas deberán ser de interese xeral e social, competencia das entidades locais e cumprir os seguintes requisitos:
a) Que sexan executados polas entidades locais en réxime de administración directa ou polos organismos, entes ou empresas públicas a que se encomende a súa execución.
b) Que, na súa execución ou prestación, se favoreza a formación e práctica profesionais das persoas desempregadas.
c) Que a porcentaxe mínima de persoas traballadoras desempregadas que se vaian ocupar na realización da obra ou servizo sexa do 75 por 100.
d) Que a entidade local dispoña de asignación orzamentaria suficiente para facerse cargo das partidas orzamentarias non subvencionadas para a realización das obras ou servizos.
e) Que sexan proxectos que consideren profesións que favorezan a inserción laboral.
f) Que a duración dos contratos das persoas desempregadas que desenvolveran a prestación dos servizos non supere os tres meses desde a súa data de inicio, cando a xornada sexa a tempo completo. En caso de contratacións a tempo parcial, de ata o 50 por cento, a dita duración máxima poderá estenderse ata os seis meses.
No caso das solicitudes conxuntas, cando non se acredite a realización conxunta da obra ou servizo e supoñan actuacións independentes en cada entidade local, as citadas solicitudes quedarán excluídas, de acordo co apartado 2.4 do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 28 de febreiro de 2013.
Non poderán ser beneficiarias as entidades que estean incursas nalgunha das circunstancias establecidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Xunto co formulario de solicitude, deberá anexarse a seguinte documentación que, nos casos recollidos no número 2 do artigo 8, a poderá identificar a entidade solicitante como información accesible de xeito que a correspondente xefatura territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria poderá acceder á dita documentación sen que sexa presentada polo solicitante:
a) Copia da tarxeta de identificación fiscal da entidade solicitante. No caso de que se autorice a súa verificación a traves do servizo de interoperabilidade correspondente no formulario de solicitude, non será necesaria a súa achega.
b) Copia do DNI da persoa que, en nome e representación da entidade, solicita a concesión da subvención (se se autoriza a consulta a traves do Sistema de verificación de datos de identidade (SVDI) no formulario de solicitude, non será necesaria a súa achega).
c) Unha memoria da obra ou servizo que se vai realizar co detalle do perfil das persoas desempregadas que se pretenden contratar, no modelo que se publica como anexo II, xunto co proxecto e planos cando o tipo de obra así o exixa, así como descrición da vinculación dos programas de cooperación solicitados coa estrutura do paro do ámbito territorial, cos colectivos a que van dirixidos e cos recursos e potencialidades da zona, apuntando os aspectos positivos que, previsiblemente, terá a posta en práctica dos programas no desenvolvemento económico e social do territorio, redactada polo ou pola axente de emprego e desenvolvemento local da entidade local, se o hai.
d) Certificación do secretario ou secretaria da entidade local en que consten os seguintes aspectos:
A representación que desempeña a persoa que asina a solicitude para o caso de que non se trate do representante legal.
A aprobación da solicitude de subvención.
A disposición de financiamento para as partidas orzamentarias que sexan financiadas por aquela.
As retribucións salariais brutas dos traballadores e traballadoras, en cómputo mensual, desagregadas por conceptos, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias e mais as cotizacións empresariais á Seguridade Social, con referencia da publicación oficial do convenio colectivo que resulte de aplicación, xuntando as táboas salariais vixentes no momento da solicitude.
e) Cando unha mesma entidade solicite máis dunha obra ou servizo, será suficiente coa presentación da documentación xeral coa primeira solicitude.
f) Para o caso de agrupacións de concellos baixo calquera modalidade: copia do convenio de colaboración, se e o caso, e memoria explicativa da prestación conxunta da obra ou servizo con indicación das achegas económicas e acgegas dos concellos agrupados, de acordo co número 1 do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 28 de febreiro de 2013.
Forma parte da solicitude a declaración responsable que conten e que fai constar os seguintes aspectos:
a) Cumprimento dos requisitos establecidos para obter a condición de entidade beneficiaria, segundo o disposto no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e especificamente de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra debeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
b) Conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas para a mesma finalidade das distintas administracións públicas competentes.
c) Que as copias dos documentos sinalados nas letras a) e b) do punto anterior coinciden cos orixinais e que se pon á disposición da Administración actuante para achegalos cando lle sexan requiridos.
Se do exame do expediente se comproba que a documentación non reúne os requisitos necesarios, e insuficiente ou non se achega na súa totalidade, faráselle un único requirimento á entidade solicitante para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fai, de acordo co disposto no artigo 71.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, se terá por desistida da súa petición, logo da correspondente resolución que deberá ditarse nos termos previstos no artigo 42 desta lei.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia. Estes formularios só terán validez se están debidamente asinados polo representante legal da entidade correspondente ou persoa debidamente acreditada.
A documentación complementaria presentarase electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
Na sede electrónica encóntranse publicados os formatos admitidos para a presentación de documentación. Se o solicitante desexa presentar calquera documentación en formatos non admitidos, poderá realizalo de forma presencial a traves de calquera dos rexistros habilitados. A persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
As entidades solicitantes deberán presentar unha solicitude por cada obra ou servizo que se vaia desenvolver.
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
- Xustificación
- Anexo III
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego e mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades locais e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2016 (DOG nº 248 do 30 de decembro de 2015).
-
Orde do 19 de xaneiro de 2016 pola que se fan públicos os anexos da Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego e mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades locais e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2016 (DOG nº 18 do 28 de xaneiro de 2016).
-
Orde do 28 de xuño de 2016 pola que se fai pública a ampliación dos importes existentes para a concesión das axudas previstas na Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego e mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades locais e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2016 (DOG nº 125 do 4 de xullo de 2016).
-
Resolucion do 15 de decembro de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego e mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades locais, e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2016 (Diario Oficial de Galicia número 248, do 30 de decembro) (DOG nº 12 do 17 de xaneiro de 2018).
-
Outros procedementos relacionados
Inscrición/acreditación de centros de formación para o emprego.
Aberto todo o ano
Mantemento da inscrición / acreditación por cambio de titularidade dun centro de formación.
Aberto todo o ano
Promoción do emprego autónomo das persoas traballadoras autónomas.
Prazo aberto: 24/01/2025 00:00 - 30/09/2025 23:59
Habilitación do Libro de subcontratación para o sector da construción
Aberto todo o ano