Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
TR301K - Accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas.
1. Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, tanto a convocatoria pública como a execución das accións formativas dirixidas ás persoas traballadoras desempregadas, correspondentes aos exercicios de 2018 e 2019, xestionadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través das súas xefaturas territoriais.
2. A convocatoria das subvencións previstas nesta orde realizarase mediante réxime de concorrencia competitiva.
Programación e financiamento. Reservas de crédito.
As accións formativas pódense solicitar na modalidade de programación da oferta formativa para persoas traballadoras desempregadas, na cal poderán participar as entidades a que se refire o artigo 3 desta orde.
As accións que poden ser obxecto de financiamento son aquelas que se determinen no anexo I de cada convocatoria, así como os módulos transversais e complementarios que se impartan asociados ás anteriores.
Cada convocatoria especificará as accións formativas que se consideran prioritarias así como o financiamento e as reservas de crédito que, se for o caso, se establezan para determinadas accións formativas.
Poderán obter a condición de beneficiarias das subvencións a que se refire a presente convocatoria, as entidades que, na data de entrada en vigor desta orde, sexan titulares de centros ou entidades de formación acreditados no correspondente certificado de profesionalidade ou tivesen solicitado a inscrición mediante declaración responsable nesa data na correspondente especialidade formativa, na Administración pública competente para impartir formación profesional para o emprego no ámbito laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia.
Obrigas das entidades beneficiarias.
Ademais das obrigas establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e das establecidas con carácter xeral para todos os centros e entidades de formación no artigo 7 do Decreto 106/2011, do 19 de maio, as entidades beneficiarias das axudas deberán:
1. Requirir de cada persoa alumna, no momento da súa incorporación, a seguinte documentación, que deberá arquivarse separadamente por cada curso:
– DNI.
– Ficha individual.
– Documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos de acceso, para a formación correspondente.
– Documentación acreditativa para a exención do módulo de prácticas profesionais non laborais, se é o caso.
– Diploma do módulo transversal ou obrigatorio, de ser o caso.
– Documentos de información ao alumnado da subvención, debidamente asinados.
No caso de que existan alumnos ou alumnas que non cumpran os requisitos exixidos de acceso ao curso, non se lles emitirá diploma ao finalizar a formación. Na liquidación realizarase unha minoración proporcional ao número de alumnos ou alumnas que non cumprían os requisitos.
2. Como mínimo cinco días antes do inicio do curso:
Introducir na aplicación informática na ficha de SIFO de inicio os seguintes datos:
– Planificación temporal.
– Programa completo, agás naquelas especialidades que teñen programación modular.
– Enderezo completo.
– Instrumentos de avaliación válido e fiables, cun sistema de puntuación e corrección obxectivo.
– A relación de persoal docente que vai impartir o curso. Farase constar a súa formación metodolóxica e relación dos módulos que impartirá cada un deles.
– Dixitalmente a través dos medios electrónicos a que se refire o artigo 4, facilitar á xefatura territorial correspondente a planificación temporal dos módulos do curso, indicando a previsión das visitas didácticas ao longo do curso.
– No caso de accións formativas vinculadas a certificados de profesionalidade:
• Convenio ou acordo subscrito coa empresa ou empresas en que realizará o módulo de prácticas profesionais non laborais en empresas incluída no certificado de profesionalidade.
• Planificación didáctica, elaborada segundo o anexo III da Orde ESS/1897/2013, do 10 de outubro.
• Programación didáctica de cada módulo formativo e, se é o caso, unidades formativas, utilizada como guía de aprendizaxe e avaliación, elaborada segundo o anexo IV da Orde ESS/1897/2013, do 10 de outubro.
• Planificación da avaliación, completada de acordo co anexo V da Orde ESS/1897/2013, do 10 de outubro.
Cada módulo formativo do certificado de profesionalidade poderá ser impartido, como máximo, por dúas persoas formadoras, que deberán cumprir cos requisitos que se establezan para cada módulo formativo no real decreto que regule o correspondente certificado de profesionalidade.
Para tales efectos, entenderase que unha persoa formadora cumpre cos requisitos para impartir un determinado módulo formativo no ámbito territorial dunha xefatura territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria se foi acreditada en tal sentido por calquera outro departamento territorial da mesma consellería. Por tanto, aquelas persoas docentes que foron consideradas acreditadas durante o ano 2017 ou posteriormente, entenderase que cumpren cos requisitos, ao abeiro desta orde de convocatoria, agás que a normativa que regula o correspondente certificado de profesionalidade fose modificada con posterioridade á acreditación, que non se cumpran os requisitos de experiencia ou que sobreveña algunha causa que o inhabilite como persoa formadora.
As persoas docentes encargadas da impartición do módulo de formación sobre igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e corresponsabilidade familiar e doméstica deberán acreditar 150 horas de formación en materia de xénero ou de experiencia profesional ou docente en materia de xénero, e seranlles de aplicación os mesmos criterios de equiparación da acreditación que se establecen no parágrafo anterior para as persoas docentes que impartan módulos dos certificados de profesionalidade.
– A documentación acreditativa da formación e experiencia do profesorado, cando esta non estea en poder da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
– A identificación do persoal de preparación de clases, titorías para o reforzo formativo e impartición da docencia.
– A identificación do persoal que asuma as tarefas de administración e dirección estritamente necesarias para a preparación, xestión e execución da acción formativa.
– O seguro de accidentes das persoas participantes.
– Chaves de acceso á correspondente plataforma, se é o caso.
3. O día de inicio de cada curso remitirase á xefatura territorial correspondente a seguinte documentación:
– Certificación xustificativa do comezo do curso e, de ser o caso, das modificacións producidas respecto dos datos sinalados no número 2 deste artigo.
– As datas de inicio e remate do curso, así como o horario de impartición.
– O enderezo completo do lugar de impartición.
4. Nos 5 días lectivos seguintes ao inicio do curso, o DNI dos alumnos e alumnas, esta obriga de remisión entenderase referida ao día en que fagan a achega do DNI ou o día de incorporación ao curso, pero non alén do 10º día de comezo da acción formativa.
5. Mensualmente, remitirase á xefatura territorial correspondente a seguinte documentación :
– Partes diarios de asistencia asinados polos alumnos, alumnas e persoal docente
Este documento deberá ser o xerado pola aplicación SIFO, logo de completar a información necesaria, e deberán arquivarse os orixinais asinados, separadamente, por cada curso.
6. No prazo dun mes desde o remate de cada curso, e respectando os límites máis restrictivos que poida impoñer a convocatoria:
– Completar a información relativa á finalización do curso na aplicación SIFO.
– Proceder á xustificación do curso, nos termos do artigo 19.
7. Como complemento aos anteriores apartados, no momento da solicitude de persoas candidatas á oficina de emprego, a entidade beneficiaria deberá facilitar á oficina de emprego as datas de inicio e de finalización da acción formativa que se deberán introducir na aplicación informática SIFO.
-
Non poderán obter a condición de entidades beneficiarias das subvencións previstas nesta orde aquelas nas cales concorran algunhas das circunstancias establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
A xustificación polas entidades solicitantes de non estar incursas en ningunha das anteditas circunstancias, realizarase mediante unha declaración responsable que deberá incluír no modelo de solicitude que se contén no anexo VI, cuxo contido deberá respectar o que establece o artigo 69 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, así como referirse á capacidade suficiente, en termos económicos, técnicos, de recursos humanos, materiais e organizativos, para asumir a xestión dos cursos que solicita.
-
Será requisito para a concesión de subvencións que as entidades locais teñan cumprido o deber de remisión ao Consello de Contas das contas xerais de cada exercicio.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña
Servizo de Formación e Cualificación para O Emprego da Coruña
Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881881564
Fax: 881881576
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Lugo
Servizo de Formación e Cualificación para O Emprego de Lugo
Ronda da Muralla, 70 27071 LUGO
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294887
Fax: 982294282
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Ourense
Servizo de Formación e Cualificación para O Emprego de Ourense
R/ Curros Enríquez, 1-4º
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386103 / 988386104
Fax: 988386829
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Pontevedra (Vigo)
Servizo de Formación e Cualificación para O Emprego de Vigo
Avda. Fernández Ladreda, 43-5º
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986817065
Fax: 986817010
Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego
Orde do 16 de marzo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública de subvencións para a programación de accións formativas dirixidas ás persoas traballadoras desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia correspondente aos exercicios de 2018 e 2019 (DOG nº 61 do 27 de marzo de 2018)
Extracto da Orde do 16 de marzo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública de subvencións para a programación de accións formativas dirixidas ás persoas traballadoras desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia correspondente aos exercicios de 2018 e 2019 (DOG nº 61 do 27 de marzo de 2018).
Corrección de erros. Orde do 16 de marzo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública de subvencións para a programación de accións formativas dirixidas ás persoas traballadoras desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia correspondente aos exercicios de 2018 e 2019 (DOG nº 88 do 8 de maio de 2018)
Resolución do 7 de setembro de 2018 pola que se redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes recollidos na Orde do 16 de marzo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública de subvencións para a programación de accións formativas dirixidas ás persoas traballadoras desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia correspondente aos exercicios de 2018 e 2019 (código de procedemento TR301K) (DOG nº 174 do 12 de setembro de 2018).
Orde do 19 de setembro de 2018 pola que se publica a ampliación de crédito da Orde do 16 de marzo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública de subvencións para a programación de accións formativas dirixidas ás persoas traballadoras desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia correspondente aos exercicios de 2018 e 2019 (DOG nº 183 do 25 de setembro de 2018).
Prazo de presentación: PECHADO
28/03/2018 00:00 - 27/04/2018 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
-
As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
-
a) Ficha do curso de formación profesional para o emprego no anexo VII.
-
b) Acreditación documental de dispor dun sistema de calidade.
-
c) Xustificación documental de ter cumprido na execución das accións formativas concedidas na convocatoria do ano 2016 co compromiso de inserción laboral, para os efectos do establecido no artigo 8.
-
d) Acreditación da capacidade legal suficiente para asinar a solicitude (escritura notarial de poderes ou calquera outro medio válido en dereito).
-
e) Cando as especialidades formativas que se solicitan correspondan a certificados de profesionalidade as entidades deberán achegar o compromiso da subscrición do convenio ou acordo coa empresa ou empresas en que realizará o módulo de prácticas profesionais non laborais en empresas incluídas no certificado de profesionalidade.
-
-
f) No caso de tratarse de entidades locais, xustificación documental de ter remitido ao Consello de Contas as contas xerais do último exercicio a que estean obrigadas segundo o establecido no artigo 223 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.
Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a entidade interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas entidades interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir á entidade interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
-
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
-
a) DNI/NIE da persoa representante.
-
b) NIF da entidade solicitante.
-
c) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.
-
d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
-
e) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
3 Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
-
A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal mediante a aplicación SIFO, ou no enderezo directo https://emprego.xunta.es/sifo-solicitudes.
Se alguna das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
A documentación complementaria, tanto a presentada na solicitude como noutras fases do procedemento, presentarase electrónicamente, mediante a presentación do documento orixinal de se tratar dun documento dixital, ou da imaxe electrónica do documento orixinal, de se tratar dun documento en papel. Neste último caso, a imaxe electrónica adaptarase ao previsto do Real decreto 4/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema nacional de interoperabilidade no ámbito da Administración electrónica, e na Resolución do 19 de xullo de 2011, da Secretaría de Estado para a Función Pública, pola que se aproba a Norma técnica de interoperabilidade de dixitalización de documentos.
As imaxes electrónicas aplicarán os formatos establecidos para ficheiros de imaxe na Norma técnica de interoperabilidade do catálogo de estándares; o nivel de resolución mínimo para imaxes electrónicas será de 200 píxeles por polgada, tanto para as imaxes obtidas en branco e negro, cor ou escala de grises; a imaxe electrónica será fiel ao documento orixe (respectará a xeometría do documento orixe en tamaños e proporcións, non conterá caracteres ou gráficos que non figurasen no documento de orixe e a súa xeración realizarase por un medio fotoeléctrico).
A Administración actuante poderán solicitar o cotexo das copias presentadas pola interesada, para o cal se poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal. Para estes efectos a entidade interesada deberá conservar o documento orixinal por un prazo de 5 anos desde a presentación da imaxe electrónica.
As imaxes electrónicas que presenten as entidades interesadas ao procedemento administrativo terán eficacia exclusivamente no ámbito da actividade das administracións públicas.
As imaxes electrónicas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
Para cada número de censo poderanse solicitar, como máximo, dúas edicións dunha mesma especialidade, agás naqueles supostos en que se trate de accións formativas incluídas no anexo II, caso en que poderán solicitarse ata seis edicións.
De se tratar de especialidades formativas recollidas nos anexos III e IV, poderán solicitarse ata catro edicións.
No caso de especialidades formativas incluídas en máis dun anexo, o límite de edicións será o do anexo que permita un maior número.
As anteriores limitacións ás edicións das especialidades formativas deberán respectar, en calquera caso, o número máximo de horas por aula permitido no artigo 7.5 desta orde.
-
No suposto de que a solicitude non cumpra os requisitos sinalados na convocatoria ou a documentación presentada conteña erros ou sexa insuficiente, requirirase a solicitante para que, nun prazo de 10 días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, considerará desistida da súa solicitude, logo de resolución que así o declare.
-
Forma parte da solicitude a declaración responsable que se contén nela e que fai constar os aspectos seguintes:
-
a) Que, en relación con outras axudas concedidas ou solicitadas:
-
Non solicitou nin se lle concedeu ningunha outra axuda para este mesmo proxecto e conceptos para os cales se solicita esta subvención.
-
De solicitar e/ou ter concedidas outras axudas para este mesmo proxecto e conceptos para os que se solicita esta subvención, deberán relacionarse.
-
-
b) Que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se xuntan son certos.
-
c) Que non está incurso/a en ningunha das circunstancias previstas no 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
-
d) Que non está incurso/a en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
-
e) Que está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme ao artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
-
f) Que os lugares de impartición dos cursos serán aqueles que están inscritos ou acreditados para tal fin, nos termos do artigo 15 da Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, e que cumpren e manterán as condicións e requisitos que exixe a normativa aplicable á correspondente especialidade formativa, nomeadamente, a obriga de impartir a formación nos espazos e cos medios formativos acreditados e/ou inscritos para tal fin, así como a de manter as exixencias técnico-pedagóxicas, de instalacións, equipamento e medios humanos tidas en conta para a acreditación ou inscrición da especialidade.
-
g) Que coñece as estipulacións da presente orde, que cumpre cos requisitos sinalados nela e que se compromete a destinar o importe da axuda ao obxecto da subvención indicada.
-
h) Que a entidade conta con capacidade suficiente, en termos económicos, técnicos, de recursos humanos, materiais e organizativos, para asumir na súa totalidade a execución completa dos cursos que solicita.
-
-
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das entidades interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica.
Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
-
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
-
No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supera os tamaños máximos establecidos ou ten un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no paragrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Inscrición/acreditación de centros de formación para o emprego.
Accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas.
Subvencións para a execución das horas de formación que excedan do 25% da xornada laboral asociadas aos contratos de formación e aprendizaxe regulados polo Real Decreto 1529/2012, do 8 de novembro.
Accións formativas de formación para o emprego non financiadas con fondos públicos conducentes á obtención de certificados de profesionalidade.