Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
TR301K - Accións formativas para o emprego dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas.
Establecer as bases reguladoras e as condicións polas que se rexerán, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, as convocatorias públicas e a execución das accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) xestionadas pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, a través das súas direccións territoriais.
As bases reguladoras terán vixencia temporal para o período 2024-2026. Coa publicación desta orde realízase a súa primeira convocatoria para o período 2024-2025.
1. Poderán solicitar e obter a condición de beneficiarias das subvencións reguladas nestas bases as entidades e centros de formación que, na data de entrada en vigor da correspondente convocatoria, estean acreditados ou, de ser o caso, inscritos para impartiren no ámbito da Comunidade Autónoma as ofertas formativas do Sistema de formación profesional dos graos B e C e/ou as competencias clave para as cales soliciten subvención, xa sexa na modalidade presencial ou virtual, entendida esta última como modalidade de teleformación.
As entidades solicitantes deberán estar acreditadas ou inscritas para impartir as ofertas de formación profesional dos graos B e C ou as especialidades formativas de competencias clave, no Rexistro de Centros e Entidades de Formación da Comunidade Autónoma de Galicia ou, no caso de que a formación se imparta na modalidade virtual, no correspondente Rexistro Estatal.
2. As entidades deberán dispor, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, das instalacións debidamente acreditadas que permitan a impartición das actividades presenciais das accións formativas solicitadas.
3. As entidades que soliciten impartir a formación na modalidade virtual deberán contar con autorización previa para a impartición das mesmas ofertas na modalidade presencial.
No caso de contar coa autorización para impartir a oferta presencial, deberá garantirse que se dispón dos requisitos de espazos e recursos necesarios para a súa realización ou, de ser o caso, deberá formalizarse un convenio ou acordo público cun centro de formación profesional localizado na Comunidade Autónoma de Galicia que, estando acreditado na data de entrada en vigor da convocatoria para impartir as referidas ofertas na modalidade presencial, garanta a presencialidade nos casos necesarios, incluídas as probas finais de cada módulo profesional. Estes centros non se poderán modificar durante o desenvolvemento da acción formativa.
O convenio ou acordo de vinculación deberá estar formalizado, vixente e dado de alta no Rexistro de Centros e Entidades de Formación da Comunidade Autónoma de Galicia, logo de resolución favorable da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, con anterioridade á presentación da solicitude de subvención.
4. O incumprimento por parte da entidade solicitante do requisito de acreditación e inscrición en prazo para impartir algunha especialidade formativa solicitada dará lugar á exclusión das accións formativas afectadas da solicitude.
5. As entidades beneficiarias poderán facer uso da aula virtual, nos termos establecidos nesta orde e nas instrucións que ao respecto publique a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
6. Non poderán obter a condición de entidades beneficiarias das subvencións previstas nesta orde aquelas nas cales concorran algunhas das circunstancias establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 7.6 da Orde EFP/942/2022, do 23 de setembro.
A xustificación polas entidades solicitantes de non estaren incursas en ningunha das anteditas circunstancias realizarase mediante unha declaración responsable incluída no modelo de solicitude definido no anexo II de cada convocatoria, cuxo contido deberá respectar o disposto no artigo 69 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Tampouco poderán ser beneficiarias, en aplicación do disposto no artigo 82 da Lei 4/2023, do 28 de febreiro, para a igualdade real e efectiva das persoas trans e para a garantía dos dereitos das persoas LGTBI, aquelas entidades que cometan, inciten ou promocionen LGTBIfobia, incluíndo a promoción ou realización de terapias de conversión.
7. Se así o determina a correspondente convocatoria, será requisito para ser beneficiaria da subvención que, con relación á ultima convocatoria deste procedemento para a que rematou o prazo de execución das accións formativas:
• Non se incorrese nun incumprimento total do expediente.
• Non abandonase máis do 50 % do alumnado con respecto ao total dos comunicados e iniciados do conxunto das accións formativas financiadas. Para o cómputo deste punto non se entenderán como abandonos os considerados xustificados de acordo co disposto no artigo 38.2 desta orde.
• A entidade comunicase e iniciase máis do 60 % das prazas financiadas con respecto ao total das accións formativas financiadas. Para os efectos do cálculo do tanto por cento, non serán computables as renuncias xustificadas a que se refire o artigo 16 desta orde.
8. As solicitudes que presenten as entidades deberán aliñar a oferta formativa que soliciten e prevén impartir coa demanda de formación do mercado laboral e co perfil do potencial alumnado a que van dirixidas. Os compromisos asumidos deberán responder a unha previsión real e posible que permita o seu cumprimento.
9. As entidades deberán dispor e manter, durante todo o período de execución da formación solicitada, a capacidade suficiente, en termos económicos, técnicos, de recursos humanos, materiais e organizativos, e de aulas, talleres e instalacións e equipamento en xeral, para asumir a xestión e a impartición da totalidade das accións formativas que solicitan.
Para estes efectos, deberán dispor da documentación acreditativa do cumprimento dos citados requisitos, documentación que porán á disposición da Administración cando esta llelo demande.
10. Será requisito para conceder subvencións a entidades locais titulares de entidades ou centros de formación que cumprisen o deber de remisión ao Consello de Contas das contas xerais de cada exercicio.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña
Servizo de Formación e Cualificación para O Emprego da Coruña
Rúa Gregorio Hernández, nº 2-4 Espazo Amizar
15011 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881881564
Email: orientacionlaboral.traballo.coruna@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Lugo
Servizo de Formación e Cualificación para O Emprego de Lugo
Ronda da Muralla, nº 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294887
Email: formacionecolocacion.emprego.lugo@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Ourense
Servizo de Formación e Cualificación para O Emprego de Ourense
Avenida da Habana, nº 79, 6º
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386104/ 988687325
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Pontevedra (Vigo)
Servizo de Formación e Cualificación para O Emprego de Vigo
Rúa Concepción Arenal, nº 8, 2º
36201 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986817064
Email: servizo-formacion.ctb.vigo@xunta.gal
Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego
Orde do 1 de xullo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para as accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2024-2026, e se realiza a súa primeira convocatoria para os exercicios 2024-2025 (DOG nº 132 do 9 de xullo de 2024).
Extracto da Orde do 1 de xullo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para as accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2024-2026, e se realiza a súa primeira convocatoria para os exercicios 2024-2025 (DOG nº 132 do 9 de xullo de 2024).
Prazo de presentación: PECHADO
10/07/2024 00:00 - 09/08/2024 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día da entrada en vigor da orde, de conformidade co establecido na disposición derradeira segunda.
Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.
Solicitudes .
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado dispoñible na aplicación SIFO, anexo II, accesible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal ou no enderezo directo https://emprego.xunta.es/sifo-solicitudes
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude ou a documentación presencialmente, requiriráselle para que a emende mediante a súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
2. No suposto de que a solicitude non cumpra os requisitos sinalados nas bases reguladoras e/ou a correspondente convocatoria, ou a documentación presentada conteña erros ou sexa insuficiente, requirirase a persoa solicitante para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se considerará que desiste da súa solicitude, logo de resolución que así o declare.
No caso de que o requirimento afecte só algunha das accións formativas da solicitude, entenderanse como desistidas unicamente tales accións, continuándose coa tramitación do resto do expediente.
Non se admitirán a trámite e, por conseguinte, non existirá a posibilidade de emenda, as solicitudes presentadas fóra de prazo.
3. As solicitudes dirixiranse á dirección territorial en cuxa provincia se imparta a correspondente acción formativa.
No suposto de que a formación se imparta na modalidade virtual, a solicitude deberá dirixirse á dirección territorial da provincia en que estea localizado o centro de formación en que se impartirá a parte presencial da acción formativa.
As entidades de formación poderán presentar unha única solicitude por provincia e incluirán nela, dentro da súa capacidade real de execución e con respecto aos límites e requisitos que se determinan nas bases reguladoras e na correspondente convocatoria, todas e cada unha das accións formativas que se vaian impartir nos centros de formación da provincia para as que solicita subvención.
Para os posibles efectos de desempate, as accións formativas para as cales se solicita subvención deberán ir ordenadas en función da prioridade de impartición que lles outorgue a entidade solicitante.
Non poderán formularse solicitudes de subvencións para impartir accións formativas que teñan previsto comezar nunha data anterior ao prazo ou data que, de ser o caso, para cada convocatoria se estableza.
4. A solicitude deberá presentarse acompañada da documentación complementaria relacionada no artigo 8 desta orde.
Declaración responsable que forma parte da solicitude .
1. Forma parte da solicitude a declaración responsable que se contén nela e na cal se farán constar os aspectos seguintes:
a) Que, en relación con outras axudas concedidas ou solicitadas:
• Non se solicitou nin se concedeu ningunha outra axuda para este mesmo proxecto e conceptos para os que se solicita esta subvención.
• De se solicitar e/ou conceder outras axudas para este mesmo proxecto e conceptos para os que se solicita esta subvención, deberán relacionarse.
b) Que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan son certos.
c) Que cumpre os requisitos para obter a condición de beneficiaria, que está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións e que non está incursa en ningunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e no artigo 7 da Orde EFP/942/2022, do 23 de setembro.
d) Que coñece as estipulacións da presente orde, que cumpre cos requisitos sinalados nela e que se compromete a destinar o importe da axuda ao obxecto da subvención indicada.
e) Que as dotacións, equipamentos, medios materiais, instalacións, lugares e modalidades de impartición das accións formativas serán aqueles para as que están acreditadas e inscritas para tal fin, e que son aptos e que cumpren e manterán durante todo o período de impartición das accións formativas as condicións e requisitos que exixe a normativa aplicable.
f) Que a entidade conta con capacidade suficiente, en termos económicos, técnicos, de recursos humanos, materiais e organizativos, así como, de ser o caso, de aulas, talleres e instalacións en xeral, para asumir na súa totalidade a execución completa das accións formativas que solicita.
g) Que a entidade dispón da documentación que acredita o cumprimento dos anteriores puntos e que a porá á disposición da Administración cando lle sexa requirida.
2. A presentación dunha declaración responsable que falsee ou oculte circunstancias que impidan ou limiten a concesión da subvención ou o seu pagamento, así como que alteren a puntuación obtida na baremación, terá a consideración de infracción moi grave, nos termos do artigo 56 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, coas posibles consecuencias sancionadoras que se recollen na dita norma e no texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
Coa finalidade de garantir a veracidade das declaracións responsables contidas neste artigo, poderá realizar comprobacións durante calquera das fases do procedemento o persoal técnico das direccións territoriais, das cales poderán derivar, de ser o caso, as consecuencias sinaladas neste punto para os supostos de falseamento do contido das declaracións responsables.
Documentación complementaria .
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude, anexo II, a seguinte documentación:
a) Ficha das accións formativas que se solicitan, anexo III.
b) Acreditación da capacidade legal suficiente para asinar a solicitude (escritura notarial de poderes ou calquera outro medio válido en dereito).
c) De ser o caso, acreditación documental de que a entidade dispón dun plan de igualdade:
• Para as empresas que teñan contratado persoal na Comunidade Autónoma de Galicia nun número inferior a 50 persoas traballadoras de media nos seis meses anteriores ao da data de entrada en vigor desta orde, acreditación documental de que a empresa solicitante dispón, de ser o caso, dun plan de igualdade de xénero en vigor e inscrito no correspondente rexistro, ou acreditación de telo presentado, e de que está pendente de resolución, para a súa inscrición no rexistro na data límite de presentación da solicitude.
• Para as empresas que teñan contratado persoal na Comunidade Autónoma de Galicia nun número igual ou superior a 50 persoas traballadoras de media nos seis meses anteriores ao da data de entrada en vigor desta orde, acreditación de dispor dun plan de igualdade negociado, de acordo co previsto no artigo 5 do Real decreto 901/2020, do 13 de outubro, polo que se regulan os plans de igualdade e o seu rexistro e se modifica o Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo, e ter implantadas, cando menos, o 25 % das medidas previstas nel.
A acreditación do cumprimento da citada porcentaxe realizarase mediante a presentación dunha declaración responsable de ter implantadas un mínimo do 25 % das medidas previstas no plan de igualdade. A declaración estará asinada e deberá incluír unha memoria explicativa na que se detallen as medidas do plan de igualdade xa implantadas e as pendentes de implantación, con indicación expresa da porcentaxe de medidas previstas implantadas en relación co total de medidas que inclúe o plan.
d) De ser o caso, compromiso de subscribir un convenio ou acordo coa empresa ou empresas en que terá lugar o módulo de formación en empresa.
e) De ser o caso, naquelas accións formativas en que estea previsto o uso de aula virtual como medio complementario e adicional para desenvolver o proceso formativo, memoria explicativa detallada que acredite, de acordo co disposto no artigo 24.6 da presente orde, a viabilidade de impartir mediante aula virtual aqueles contidos do programa formativo que estea previsto realizar utilizando este medio.
A memoria deberá indicar expresamente que contidos se impartirán mediante aula virtual, a súa duración e datas de realización, así como o calendario de sesións presenciais e de exames que se realizarán.
f) De ser o caso, de tratarse de entidades locais, xustificación documental de ter remitido ao Consello de Contas as contas xerais do último exercicio a que estean obrigadas, segundo o establecido no artigo 223 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.
g) De ser o caso, as entidades de formación que soliciten impartir ofertas formativas na modalidade virtual deberán acreditar que contan con autorización previa para impartilas na modalidade presencial. Esta acreditación non será necesaria en caso de estar dadas de alta no Rexistro de Centros e Entidades de Formación da Comunidade Autónoma de Galicia para impartir as ofertas solicitadas na modalidade presencial.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no apartado anterior.
A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
5. De existir discrepancia entre a información contida na solicitude (anexo II) e/ou na ficha da acción formativa (anexo III), en relación coa información achegada no resto de documentación que se vaia presentar, será considerada como correcta, para os efectos de tramitar e revisar a solicitude, a alegada nos citados anexos II e III, con independencia de que para ter validez esta deba acreditarse documentalmente.
Comprobación de datos .
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) NIF da entidade solicitante.
d) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.
e) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
f) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os correspondentes documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites posteriores á presentación de solicitudes .
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban efectuar tras a presentación da solicitude deberán ser realizados electronicamente a través da aplicación informática SIFO; a presentación da documentación derivada das notificacións practicadas pola Administración deberase adecuar ao disposto no artigo 11.6 da presente orde.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Inscrición/acreditación de centros de formación para o emprego.
Accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas.
Subvencións para a execución das horas de formación que excedan do 25% da xornada laboral asociadas aos contratos de formación e aprendizaxe regulados polo Real Decreto 1529/2012, do 8 de novembro.
Accións formativas de formación para o emprego non financiadas con fondos públicos conducentes á obtención de certificados de profesionalidade.