Guía de procedementos e servizos

SA659E

Libro oficial de movemento de biocidas.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Sanidade

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Regular o Libro Oficial de Movemento de Biocidas da Comunidade Autónoma de Galicia, no sucesivo LOMB, como sistema de control dos biocidas moi tóxicos, tóxicos, canceríxenos, mutaxénicos e tóxicos para a reprodución categorías 1 e 2, que se comercialicen ou apliquen en Galicia por establecementos e servizos, autorizados ou recoñecidos nesta comunidade autónoma.

O Libro Oficial de Movemento de Biocidas é o soporte físico onde se rexistrarán as operacións de cesión ou adquisición, a título oneroso ou gratuíto, dos produtos especificados no artigo 3º desta orde, en cumprimento do disposto no artigo 28 do Real decreto 1054/2002, do 11 de outubro, polo que se regula o proceso de avaliación para o rexistro, autorización e comercialización de biocidas.

Están obrigados á tenza do LOMB todos os establecementos e servizos, inscritos no Rexistro Oficial de Establecementos e Servizos Biocidas da Comunidade Autónoma de Galicia, que adquiran, expendan e/ou apliquen biocidas clasificados como moi tóxicos, tóxicos, canceríxenos, mutaxénicos e tóxicos para a reprodución categorías 1 e 2.

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de A Coruña

R/ Durán Loriga, 3-7ª

15003  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981155800

Fax: 981155801

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo

R/ Montevideo, 9

27001  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982292127

Fax: 982292115

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de Ourense

Avda. Zamora, 13

32005  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988066372

Fax: 988066302

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra

Fernández Ladreda, nº 43 - 1ª planta

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986885860

Fax: 986885802

Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes comezará ou día 24 de agosto de 2016.

Os establecementos e servizos unha vez inscritos no Rexistro Oficial de Establecementos e Servizos Biocidas terán obrigatoriamente que estar en posesión do LOMB antes de iniciar a súa actividade é telo á disposición da autoridade sanitaria.

O requisito de anotación no LOMB afecta os biocidas clasificados como moi tóxicos, tóxicos, canceríxenos, mutaxénicos e tóxicos para a reprodución categorías 1 e 2, que estean xa envasados na forma na que se lles subministran aos usuarios, desde o momento da súa primeira cesión no mercado da Comunidade Autónoma de Galicia ata a súa aplicación.

Quedan excluídos da exixencia de anotación no LOMB os desinfectantes de material clínico, farmacéutico ou de ambiente clínico, cirúrxico ou praguicidas de uso na hixiene persoal.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 25 de agosto de 2008 pola que se regula o Libro Oficial de Movemento de Biocidas da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 181 do 18 de setembro de 2008).

    • Orde do 28 de xullo de 2016 pola que se adaptan e habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Sanidade (DOG nº 147 do 4 de agosto de 2016).

Outros procedementos relacionados

MR203B

Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR435D

Inspección periódica dos equipos de aplicación de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR553C

Indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades

Tramitar en liña

Prazo aberto: 16/01/2025 00:00 - 28/11/2025 23:59

MR561A

Autorización de laboratorios de autocontrol de salmonelas nas explotacións gandeiras.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano