Guía de procedementos e servizos

SA659D

Inscrición no rexistro oficial de establecementos e servizos biocidas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano
TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Regular o Rexistro Oficial de Establecementos e Servizos Biocidas da Comunidade Autónoma de Galicia e establecer as condicións e requisitos básicos para a inscrición, estrutura e funcionamento deste.

Será de aplicación aos establecementos e servizos biocidas definidos no artigo 2º da Orde do 26 de maio de 2008, e que traballen, como mínimo, con algún dos tipos de biocidas que figuran no anexo I desa Orde (tipos 2, 4, 8, 11, 14, 18 e 19).

O artigo 2º define almacenamento, biocida, carácter corporativo, comercialización, envasamento, establecemento biocida, fabricación, instalación fixa de tratamento, responsable técnico e servizos

biocidas.

Estarán excluídos do ámbito de aplicación desta orde:

a) Os establecementos nos que se comercialicen exclusivamente biocidas que figuren inscritos no Rexistro Oficial de Biocidas para uso polo público en xeral ou para a hixiene humana.

b) Os establecementos nos que se fabriquen, formulen, manipulen, almacenen ou comercialicen desinfectantes de material clínico, farmacéutico ou de ambiente clínico, cirúrxico ou praguicidas de uso na hixiene persoal.

c) Os servizos biocidas de carácter corporativo que actúen exclusivamente en prevención e control da lexionelose, en aplicación do disposto no artigo 13 do Real decreto 865/2003, do 4 de xullo, polo que se establecen os criterios hixiénico-sanitarios para a prevención e control da lexionelose.

1 Deberán inscribirse no Rexistro Oficial de Establecementos e Servizos Biocidas da Comunidade Autónoma de Galicia, con carácter previo ao inicio da súa actividade, os establecementos e servizos biocidas incluídos no ámbito de aplicación da orde do 26 de maio de 2008.

2 Estarán sometidos á obriga de inscrición no rexistro:

a) As persoas físicas ou xurídicas, titulares de dos anteriormente referidos establecementos, que realicen unha ou varias das seguintes actividades:

1ª Fabricación de biocidas.

2ª Envasado de biocidas.

3ª Almacenamento de biocidas.

4ª Comercialización de biocidas.

b) As persoas físicas ou xurídicas que realicen servizos de aplicación con biocidas incluídos no ámbito de aplicación desta orde, cando os ditos servizos se presten en calquera dos seguintes supostos:

1º Con carácter corporativo.

2º De servizos a terceiros.

3º En instalacións fixas de tratamento.

3 Calquera modificación substancial ou cambio nas condicións nas que se dite unha resolución de inscrición do rexistro deberá solicitarse para a súa modificación no rexistro.

4 O cesamento da actividade tamén deberá notificarse para a súa cancelación no rexistro.

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Dirección Xeral de Saúde Pública

Subdirección Xeral de Saúde Ambiental e Seguridade Alimentaria

Servizo de Saúde Ambiental

San Lázaro s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881542955

Fax: 881542943

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de A Coruña

Servizo de Control de Riscos Ambientais de A Coruña

R/ Durán Loriga, 3-7ª

15003  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981155832

Fax: 981155813

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo

Servizo de Control de Riscos Ambientais de Lugo

Montevideo, 9

27001  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982292087

Fax: 982292128

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de Ourense

Servizo de Control de Riscos Ambientais de Ourense

Avda. Zamora, 13

32005  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988066325

Fax: 988066331

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra

Servizo de Control de Riscos Ambientais de Pontevedra

R/Fernández Ladreda, 43-1º

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986885878

Fax: 986505610

Servizo de Saúde Ambiental

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

a) Instalacións:

1. Deberá existir un almacén de uso exclusivo para os produtos biocidas, tanto nos servizos de aplicación como nos establecementos de fabricación, envasamento, almacenamento e comercialización de produtos biocidas.

2. Aos establecementos de fabricación, envasamento, almacenamento, comercialización e aplicación de biocidas e materiais con eles relacionados, seralles de aplicación o recollido no artigo 6 do Real decreto 3349/1983, do 30 de novembro, Regulamentación técnico-sanitaria para a fabricación, comercialización e utilización de praguicidas e posteriores modificacións, sen prexuízo do establecido no Real decreto 379/2001, do 6 de abril, polo que se aproba o Regulamento de almacenamento de produtos químicos e as súas instrucións técnicas complementarias, na medida en que lles sexa de aplicación.

Así mesmo, as instalacións deberan dispoñer dun sistema de prevención de riscos por roturas e derramas.

b) Persoal:

O responsable técnico e o persoal que desenvolva actividades laborais relacionadas coa aplicación de biocidas, deberá posuír a capacitación necesaria de acordo coa normativa vixente ao respecto.

c) Certificado:

Os servizos de aplicación de biocidas deberán entregar, ao responsable das instalacións onde realicen un servizo, un certificado acreditativo do tratamento biocida no que figuren, como mínimo, os seguintes contidos:Datos do titular do servizo e do contratante, data, hora e lugares de aplicación, axente que se vai combater, biocidas empregados (nome comercial, nº de rexistro e dosificación), métodos de aplicación, prazo de seguridade e medidas recomendadas, datos do aplicador e do responsable técnico con acreditación dos seus niveis de capacitación, sinatura do responsable técnico e do contratante.

  •  Solicitude segúndo o Anexo I.

  •  SE A ACTIVIDADE QUE SE VAI REALIZAR É DE FABRICACIÓN, ENVASADO, ALMACENAMENTO, COMERCIALIZACIÓN E/OU TRATAMENTOS EN INSTALACIÓNS FIXAS

    • Acreditación da representación, se procede.

    • Memoria técnica descritiva do establecemento e/ou instalación, referida a súa localización, características construtivas, equipamentos, maquinaria e actividade que se vai realizar.

    • Plano das instalacións.

    • No caso de que se apliquen biocidas clasificados como productos moi tóxicos (T+) e carcinóxenos, mutáxenos e tóxicos para a reproducción (CMRs) ou productos que sexan ou xeren gases, presentar xustificación de que o persoal aplicador dispón da capacitación específica necesaria de acordo coa normativa vixente ao respecto.

    • Xustificante da solicitude de apertura do Libro oficial de movemento de biocidas, se é o caso.

    • Xustificante de pagamento de taxas.

  • SE A ACTIVIDADE QUE SE VAI REALIZAR É DE SERVIZOS DE APLICACIÓN DE BIOCIDAS:

    • Acreditación da representación, se procede.

    • Memoria técnica descritiva da actividade que se vai realizar, indicando os responsables dos tratamentos, relación de persoal operario, natureza dos tratamentos, ámbito de actuación, almacéns, instalacións, equipamentos etc.

    • Acreditación de dispoñer dun almacén para os seus produtos, maquinaria e outros aparellos de traballo.

    • No caso de que se apliquen biocidas clasificados como productos moi tóxicos (T+) e carcinóxenos, mutáxenos e tóxicos para a reproducción (CMRs) ou productos que sexan ou xeren gases, presentar xustificación de que o persoal aplicador dispón da capacitación específica necesaria de acordo coa normativa vixente ao respecto.

    • Modelo de certificado acreditativo do tratamento biocida onde figuren: datos do titular do servizo e do contratante, data, hora e lugares de aplicación, axente que hai que combater, biocidas empregados (nome comercial, nº de rexistro e dosificación), métodos de aplicación, prazo de seguridade e medidas recomendadas, datos do aplicador e do responsable técnico con acreditación dos seus niveis de capacitación, sinatura do responsable técnico e do contratante.

    • Xustificante da solicitude de apertura do Libro oficial de movemento de biocidas, se é o caso.

    • Xustificante de pagamento de taxas. 

Prazo de resolución: Tres meses, contados desde o día de presentación da solicitude.

Sentido do silencio: Non especificado

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 26 de maio de 2008 pola que se crea o Rexistro Oficial de Establecementos e Servizos Biocidas, e se establecen as bases para a inscrición neste e o seu funcionamento na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 109 do 6 de xuño de 2008).

    • Orde do 20 de novembro de 2013 pola que se modifica a Orde do 26 de maio de 2008 pola que se crea o Rexistro Oficial de Establecementos e Servizos Biocidas e se establecen as bases para a inscrición neste e o seu funcionamento na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 229 do 29 de novembro de 2013).

Outros procedementos relacionados

MR203B

Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR435D

Inspección periódica dos equipos de aplicación de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR553C

Indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades

Tramitar en liña

Prazo aberto: 16/01/2025 00:00 - 28/11/2025 23:59

MR561A

Autorización de laboratorios de autocontrol de salmonelas nas explotacións gandeiras.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano